viernes, 15 de julio de 2011

AXUDAS DE APOIO Á ETAPA PREDOUTORAL DO PLAN GALEGO DE INVESTIGACIÓN


 Obxecto: establecer as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Secretaría Xeral de Universi­dades da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de apoio á etapa predou­toral, do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015 (Plan I2C), e procede á súa convocatoria. O obxecto do Programa de apoio á etapa predoutoral é outorgar axudas ás universidades do SUG que contraten titulados/as superiores para a súa formación como doutores/as nos seus centros.
 Beneficiarios e solicitantes: Poderán ser beneficiarias das axudas desta convocatoria as universidades do SUG que contraten, por un tempo máximo de tres anos, os solicitantes seleccionados, a través dun contrato de traballo en prácticas ou, na súa falta, un contrato laboral de acordo co que establece o texto refundido do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en virtude do cal o/a solicitante seleccionado/a quedará vinculado/a á universidade onde desenvolva a súa actividade, asumindo ambas as partes as obrigas contractuais que deriven del e que, en todo caso, se adecuarán ao contido da solicitude de axuda.
Poderán ser solicitantes das axudas de apoio á etapa predoutoral, co visto e prace da súa universidade, os/as titulados/as superiores que se vaian formar como doutores/as nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.
Prazo: ata o 15 de agosto para a presentación de solicitudes.