viernes, 14 de octubre de 2022

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DAS AXUDAS PARA FACILITAR A OBTENCIÓN DOS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B E C Á MOCIDADE GALEGA

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para facilitar a obtención dos permisos de condución clases B e C á mocidade galega, dirixidas ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS321A).

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA INICIATIVA XOVE 2022

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 6 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 28 de abril de 2022 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2022 (código de procedemento BS306B).

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN VINCULADA AOS PROGRAMAS DE EMPREGO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 3 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación vinculada aos programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciado polo FSE, programa operativo de emprego xuvenil, e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento TR349L).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2022 do programa de incentivos a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, vinculados aos Programas de emprego regulados nas ordes do 27 de decembro de 2019 e do 31 de decembro de 2020 polas que se establecen as bases reguladoras das axudas e subvencións para a realización de programas de emprego para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX (formación e aprendizaxe) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede ás súas convocatorias para os anos 2020 e 2021, publicadas no DOG núm. 13 do martes 21 de xaneiro de 2020 e DOG núm. 21 do martes 2 de febreiro de 2021, respectivamente (código de procedemento TR353B). Ambas as dúas ordes cofinanciadas polo FSE, POEX.
2. A finalidade é favorecer o emprego e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas mozas que obtiveron a cualificación de aptas nos programas de emprego descritos no parágrafo anterior.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas e entidades beneficiarias as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nos artigos 5, 6 e 7 desta orde. Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego, e as empresas de inserción laboral excepto para celebrar contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social respectivamente.

Prazo de presentación de solicitudes
2. O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 15 de novembro de 2022.

BONOS CULTURAIS 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 7 de outubro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a través dos bonos culturais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 e á apertura do prazo para a adhesión das entidades e dos establecementos culturais (códigos de procedemento CT500B e CT500C).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas a través dos bonos culturais e proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT500B).
Así mesmo, por medio desta orde procédese á apertura do prazo de adhesión dos establecementos culturais interesados (código de procedemento CT500C).

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5.

Prazo para que os establecementos culturais se adhiran ao programa
O prazo para que os establecementos culturais se poidan adherir ao programa será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Data de activación dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles na web https://www.bonocultura.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 2 de novembro de 2022 e serán válidos ata o 31 de decembro de 2022.
Mediante orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderase modificar a dita data se razóns organizativas, sanitarias ou doutra índole así o aconsellan, do cal se dará a oportuna publicidade.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS 2022 PLAN ESPECÍFICA DE ACCIÓN COMUNITARIA

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 10 de outubro de 2022 pola que se modifica o artigo 15 da Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, dentro do Plan específico de acción comunitaria destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 9, do 14 de xaneiro de 2022).

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDAS URXENTES DE TIPO SOCIAL (AUXS)

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 29 de setembro de 2022 pola que se publica a ampliación de crédito da Orde do 16 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN414D).

jueves, 13 de octubre de 2022

SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE PROXECTOS E OBRAS QUE EMPREGUEN PRODUTOS DE MADEIRA COMO ELEMENTOS ESTRUTURAIS

 AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G).

Obxecto
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar o uso da madeira como elemento estrutural mediante as seguintes liñas de apoio:
– Liña 1.1 (código de procedemento MR502B): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
– Liña 1.2 (código de procedemento MR502D): axudas á redacción de proxectos de construción nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
– Liña 2.1 (código de procedemento MR502F): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
– Liña 2.2 (código de procedemento MR502G): axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:
– Para as liñas 1.1 (código de procedemento MR502B) e 2.1 (código de procedemento MR502F): as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, que conten con domicilio social ou cun centro de traballo radicado en Galicia e as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Para os efectos das axudas de minimis conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento. En todo caso, a persoa solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.
Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe persoas autónomas que cumpran a condición de empresa). A Axencia Galega da Industria Forestal fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.
– Para as liñas 1.2 (código de procedemento MR502D) e 2.2 (código de procedemento MR502G): as persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.
No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ademais, no caso de agrupacións de persoas físicas, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das persoas solicitantes, que determinarán proporcionalmente o importe da subvención que se aplicará a cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria corresponden á agrupación, e coa cal a Administración efectuará as actuacións no marco do procedemento administrativo.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias:
• Aquelas persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
• Aquelas persoas que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de subvencións pola Axencia Galega da Industria Forestal nos últimos 2 anos.
3. Os requisitos para ser beneficiarias deberán cumprirse antes da presentación da solicitude de axudas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 15 de novembro de 2022 ou ata o esgotamento dos fondos asignados, no caso de que se produza con anterioridade a esa data.