lunes, 2 de marzo de 2020

SUBVENCIÓNS A ESTABLECEMENTOS E SERVIZOS TURÍSTICOS DE XESTIÓN PÚBLICA E/OU PRIVADA, NOS PROCESOS DE CERTIFICACIÓN, SEGUIMENTO E RENOVACIÓN DA CORRESPONDENTES NORMAS UNE CO OBXECTO DA OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA Q DE CALIDADE TURÍSTICA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto e réxime
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Turismo de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada nos procesos de certificación, seguimento e renovación das correspondentes normas UNE co obxecto da obtención e/ou mantemento da marca Q de Calidade Turística do ICTE, así como efectuar a súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento TU970A).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións:
Categoría 1ª: os concellos.
Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.
En ambas as dúas categorías as persoas ou entidades beneficiarias deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT), de conformidade cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Prazo de xustificación da subvención
O prazo para a xustificación da subvención será o 30 de novembro de 2020.

MODIFICACIÓN.- PRAZO DE PRESENTACION DE SOLICITUDES DAS AXUDAS PARA O APIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIÓNS AGRÍCOLAS, PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA AS PERSOAS AGRICULTORAS MOZAS E PARA A CREACIÓN DE EMPRESAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PEQUENAS EXPLOTACIÓNS

MODIFICACIÓN.- AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021

CORRECCIÓN DE ERROS.- BOLSAS DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN MERCADOS EMISORES MEDIANTE A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS DE ESPECIALIZACIÓN EN OFICINAS DE TURISMO EN MERCADOS EMISORES DURANTE 2020

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS DESTINADAS AO REFORZO E EXTENSIÓN DAS REDES DE DISTRIBUCIÓN ELÉCTRICA QUE DAN SERVIZO AOS PARQUES EMPRESARIAIS DE GALICIA

RESOLUCION POLA QUE SE COMPLETA AS PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE


Logo de detectar a omisión dos anexos da Resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 24 de febreiro, procede ditar a seguinte resolución:

DISPOÑO:

Incorporar os anexos IF312A e IF312B da resolución anteriormente citada.

Declarar que o prazo de presentación de solicitudes comezará a contar a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de febrero de 2020