martes, 19 de diciembre de 2023

SUBVENCIÓNS A SALAS DE ARTES ESCÉNICAS DE TITULARIDADE PRIVADA 2024

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT402D).

Finalidade
Determinar as condicións para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional das salas de artes escénicas de titularidade privada e, así, fomentar a súa estabilidade e consolidación e aprobar a convocatoria para o ano 2024.

Persoas beneficiarias
As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que se dean as seguintes circunstancias:
a) A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita.
b) A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
c) A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 50 representacións no ano 2023.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.