lunes, 14 de diciembre de 2020

AXUDAS PARA A INSTALACIÓN, REFORMA E ADAPTACIÓN DAS TERRAZAS DOS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALARÍA E RESTAURACIÓN E A ADQUISICIÓN DE ELEMENTOS DE ENVASADO E EMPAQUETADO PARA O SERVIZO DE CONSUMO A DOMICILIO

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto subvencionar as seguintes actividades:
1. Instalación, reforma e adecuación das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, sitas en espazos públicos ou privados, na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Adquisición de envasado e empaquetado para o servizo de consumo no domicilio.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo, carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Ademais, deberán cumprir as seguintes condicións:
a) desenvolveren a súa actividade en Galicia, polo menos nun centro de traballo, dentro do sector da hostalaría e restauración, nomeadamente, restaurantes, cafetarías, bares e salóns de banquetes, cumprindo os requisitos establecidos legalmente para exercer a dita actividade; 
b) tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empregaren menos de cincuenta (50) traballadores; 
c) estaren dadas de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo I das bases reguladoras.


Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 28 de febreiro de 2021, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.