miércoles, 27 de marzo de 2019

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR ARTESÁN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2019 e, excepcionalmente a organización e participación en feiras do Nadal 2018-2019 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2018 derivados destas.
Considéranse actuacións subvencionables:
– Para titulares de obradoiros artesáns:
a) A participación como expositor/a en feiras profesionais nacionais ou internacionais en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.
Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de 500 euros, 1.500 euros e 3.000 euros (IVE excluído). O tícket de 3.000 euros concederase unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa superior a 3.000 euros.
b) A participación como expositor/a en feiras non profesionais de artesanía, nacionais ou internacionais, celebradas fóra do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda de 750 euros (IVE excluído) cun máximo de seis tíckets por obradoiro.
c) Feiras non profesionais de artesanía, nacionais ou internacionais, do Nadal 2018-2019.
Tícket de feira non profesional de Nadal cun importe máximo de axuda de 2.000 euros (IVE excluído) cun máximo de dous tíckets por obradoiro.
A porcentaxe subvencionable por cada feira será do 80 % do investimento subvencionable.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000 euros, IVE excluído.
– Para concellos:
a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluíndo a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.
b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluíndo a edición en curso. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores/as, sobre o total de postos, de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non acaden o 80 % dos expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.
No caso de concellos fusionados, as contías da subvención incrementaranse nun 15 %.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 euros.
– Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás:
a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de distintos oficios cun número de 15 edicións, incluíndo a edición en curso, e que conten cun mínimo de 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 30.000 euros de subvención por certame.
b) Participación como expositor/a en feiras profesionais nacionais ou celebradas no extranxeiro nas cales non se realice venda directa con retirada de mercadoría.
A axuda consistirá nun tícket de impulso á comercialización a través de asistencia á feira profesional cun importe máximo de axuda de 7.000 euros.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento e o importe máximo de subvención para estas actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 45.000 euros.

Beneficiarias/os
Titulares de obradoiros artesanais que figuren inscritos/as no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Asociacións profesionais e empresariais de artesáns/ás de Galicia.
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación.