jueves, 8 de junio de 2017

SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN, POSTA EN MARCHA E CONSOLIDACIÓN DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para:
– A creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.
– A consolidación das unidades mixtas de investigación xa existentes.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2017 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN853A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.
Entidades beneficiarias
Agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha empresa (excepcionalmente dúas), nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que teñan constituída unha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i. Estas unidades mixtas deberán ter un orzamento mínimo elixible de 2 millóns de euros para o período 2017-2020.
No marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:
Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.
As universidades do Sistema universitario galego.
Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.
Os centros en Galicia do Instituto Español de Oceanografía.
As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.
Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.
As empresas integrantes das unidades mixtas de investigación poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE núm. 187, do 26 de xuño).
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.