martes, 5 de julio de 2016

PREMIOS AOS PROXECTOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA SOBRE CONSUMO RESPONSABLE GALICONS-NET

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular e convocar os premios aos proxectos de innovación educativa sobre consumo responsable Galicons-net, para difundir e promover os valores do consumo responsable nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Destinatarios
Poderán participar nesta convocatoria os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2015/16 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego de Consumo.
Categorías de participación
Establécense tres categorías de participación:
Categoría A: alumnado de segundo ciclo de educación infantil e de educación primaria.
Categoría B: alumnado de educación secundaria obrigatoria.
Categoría C: alumnado de bacharelato, de ciclos formativos de grao medio de formación profesional e de educación de persoas adultas.
Prazo de presentación
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de setembro de 2016.