martes, 3 de noviembre de 2015

PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR CIRCULANTE E INVESTIMENTOS EN GALICIA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto
Publicar as bases reguladoras do Programa de préstamos do Igape para financiar circulante e investimentos na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), e convocar os devanditos préstamos, que non terán a consideración de axuda de estado, en réxime de concorrencia non competitiva.
Modalidades
O Igape poderá conceder préstamos para financiar actividades empresariais en dúas modalidades:
A) Préstamos Igape-BEI-Circulante, destinados a proporcionar un fondo de manobra estable, que permita ás empresas galegas, industriais ou exportadoras, fortalecer a súa estrutura financeira para desenvolver plans de crecemento.
B) Préstamos Igape-BEI-Investimento, destinados a financiar proxectos de investimento en Galicia, fundamentalmente do sector industrial e estratexicamente relevantes.
Prestameiros.
2.2.1. Poderán ser prestameiros:
a) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme independente conforme o artigo 2.1 das presentes bases.
b) As sociedades mercantís que poidan ser consideradas peme dependente conforme o artigo 2.1 das presentes bases, dentro da limitación de contía de préstamos para este tipo de prestameiros establecida nos contratos de financiamento asinados entre o Igape e o BEI.
c) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Investimento, poderán ser prestameiros empresas que non cumpran a definición de peme, sempre que pertenzan ao sector do automóbil. Neste caso as devanditas operacións de préstamo terán que ser previa e formalmente autorizadas polo BEI.
d) Para o programa de préstamos Igape-BEI-Circulante, as empresas deberán ter o seu domicilio social e fiscal en Galicia. Para o programa Igape-BEI-Investimento, a prestameira deberá ter ou crear cando menos un centro de traballo en Galicia, debendo estar situados os investimentos en Galicia.
2.2.2. As sociedades holding financeiras ou as sociedades de leasing non poderán recibir financiamento mediante os préstamos regulados nestas bases.
2.2.3. Non poderán ter a condición de prestameiros as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 de xuño): «Solicitar a declaración de concurso, ser declarados insolventes en calquera procedemento, acharse declarados en concurso, estar suxeitos á intervención xudicial ou ser inhabilitados conforme a lei concursal sen que conclúa o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso».
Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia; no caso de coincidir en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, o prazo comezará o día hábil seguinte; e rematará o 31 de maio de 2016 ou no momento de esgotamento do crédito orzamentario, o cal será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape www.igape.es.