martes, 31 de marzo de 2015

BEN EMPREGADO II

EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
ÁREA DE EMPREGO, ECONOMÍA SOSTIBLE E DEMOGRAFÍA
Anuncio

CONVOCATORIA E BASES QUE REGULAN O PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO E A ECONOMÍA DOS SECTORES ESTRATÉXICOS DA PROVINCIA DE LUGO- BEN EMPREGADO II.

OBXECTO
O obxecto da presente convocatoria ten como finalidade articular as condicións polas que rexerá a convocatoria publica en réxime de concorrencia competitiva para a selección de Entidades da provincia de Lugo, susceptibles de percibir subvencións para o fomento do emprego e a economía dos sectores estratéxicos da provincia de Lugo a través da contratación por 12 meses de traballadores en situación de desemprego. A finalidade do plan é seleccionar ás entidades máis capacitadas para acadar o obxectivo das bases que é a incorporación o mercado de traballo de desempregados e crear un incentivo económico que redunde nunha mellora das perspectivas de empregabilidade.
BENEFICIARIOS
Nesta convocatoria poderán ser entidades beneficiarias da subvención, pequenas empresas e microempresas (segundo a definición recollida na Recomendación 2003/361 da U.E), calquera que sexa a súa forma xurídica, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, así como asociacións, federacións, fundacións, e outras entidades sen ánimo de lucro que reúnan os seguintes requisitos.
- Dispoñer de capacidade e solvencia técnica.
- Estar inscritas no rexistro público correspondente.
- Dispor dos medios técnicos necesarios para que o traballador desempeñe ás súas tarefas.
- Contar cun centro de produción ou que realicen a prestación de servizos na provincia de Lugo. Para o caso de entidades que dispoñan de máis dunha sede, só será beneficiaria aquela situada no ámbito provincial de Lugo quedando automaticamente excluída calquera outra.
- Atoparse en actividades encadradas dentro do sectores estratéxicos definidos no Plan Estratéxico da Deputación provincia de Lugo publicado na páxina web www.deputacionlugo.org
- Non ter realizado despedimentos calificados como improcedentes ou nulos de traballadores nos seis meses
anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- No caso de realizar contratos en prácticas e para a formación e aprendizaxe ter capacidade de xestión suficiente para a execución dos proxectos formativos de práctica laboral solicitados así coma deseñar un proxecto ou programa formativo de práctica laboral por medio do cal os traballadores poidan adquirir competencias para o exercicio de actividades profesionais que faciliten a súa empregabilidade tal e como establece a normativa laboral
- Estar relacionada a súa actividade cos perfís de traballadores solicitados.
- Dispoñer de persoal cualificado que se encargue de exercer as funcións de coordinador e interlocutor coa
Deputación de Lugo.
 Prazo de solicitude: O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais (15) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.