lunes, 19 de mayo de 2014

SUBVENCIÓNS AOS TITULARES DE OBRADOIROS ARTESANAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA



Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega, a través do apoio aos obradoiros artesanais.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder dos límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013,L352/1).
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en diante Lei 9/2007, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais que a continuación se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2014 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2013 exixidos en concepto de anticipo para a participación en eventos expositivos realizados en 2014.
Beneficiarios/as
1. Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os/as titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
b) Figurar o obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia no momento da presentación da solicitude de axuda.
Prazo de solicitude: ata o 19 de xuño de 2014.