miércoles, 26 de febrero de 2014

CONVOCATORIA CURSOS GRATUÍTOS PREPARATORIOS CELGA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2014, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican no anexo II.
Os cursos impartiranse entre marzo e maio de 2014, en horario de mañá ou de tarde
Beneficiarios dos cursos:Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
Solicitudes e prazos: As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.