martes, 12 de noviembre de 2013

CONVOCATORIA PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO DAS COMPETENCIAS PROFESIONAIS ADQUIRIDAS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA LABORAL

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto e ámbito de aplicación: Esta resolución ten por obxecto convocar, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento para a avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación nas unidades de competencia das cualificacións profesionais de:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio (SSC089_2): 500 prazas
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2): 500 prazas
- Servizos para o control de pragas (SEA028_2): 100 prazas
- Socorrismo en espazos acuáticos naturais (AFD340_2): 300 prazas
- Socorrismo en instalacións acuáticas (AFD096_2): 300 prazas
- Información Xuvenil (SSC567_3): 100 prazas.