lunes, 3 de junio de 2013

SUBVENCIÓN PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO


Obxecto1. A presente resolución ten por obxecto abrir a convocatoria no exercicio económico de 2013, nun procedemento de concorrencia non competitiva, das subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
2. As bases reguladoras destas subvencións aprobáronse no Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
Persoas beneficiarias1. De acordo co establecido no artigo 26 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, ademais, teñan unha resolución de cualificación definitiva con data anterior ao 18 de abril de 2012 (non incluída) para as actuacións no medio rural e con data anterior ao 25 de abril de 2012 (non incluída) nas actuacións en conxuntos históricos e camiños de Santiago. Así mesmo, deberán destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente seu ou da persoa inquilina, no caso de rehabilitación para aluguer, e cumprir os requisitos establecidos na presente convocatoria.
2. Poderán presentarse a esta convocatoria de subvencións, de acordo co establecido na disposición transitoria 4, e no artigo 36 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo , as persoas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non tivesen presentado previamente a solicitude de subvención, ou que téndoa presentado, rematasen o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.
3. Tamén poderán presentarse aquelas persoas con solicitudes xa presentadas que non puidesen obter a subvención por non cumpriren o requisito do prazo temporal establecido na convocatoria anterior, figurando na resolución de conformidade unha data de finalización das obras posterior ao 31 de decembro de 2010.
4. No suposto de actuacións promovidas polas comunidades de propietarios, poderán ser persoas beneficiarias as titulares do inmoble ou dun dereito real que permita acometer as ditas actuacións, en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
Prazo de solicitude: ata o 8 de xullo.