martes, 5 de marzo de 2013

CONVOCATORIA DE BOLSAS FORMATIVAS

DEPUTACION DE LUGO

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DUNHA BOLSA FORMATIVA DE XORNALISMO PARA ÁREA DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2013 – 2014

 OBXECTO.-
Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria dunha bolsa formativa para colaborar no programa formativo de Cultura e Xornalismo para o ano 2013 – 2014. Nas presentes bases e tamén nos anexos (I, II e III) detállanse os requisitos específicos que deben reunir as persoas solicitantes. O bolseiro/a realizarán a súa actividade na Área de Cultura, Turismo Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo.

A bolsa regulada nas presentes bases - concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. Con esta Bolsa formativa, a Área de Cultura, Turismo, Ensino, Normalización Lingüística e Patrimonio Histórico da Deputación de Lugo pretende non só impulsar o coñecemento e maila conservación do Patrimonio Cultural lucense, senón que tamén - e unha vez máis – fomentar a formación dos profesionais universitarios.

CONVOCATORIA E BASES QUE REXERÁN A OFERTA DE UNHA BOLSA FORMATIVA DE MEMORIA HISTÓRICA PARA A ÁREA  DE CULTURA, TURISMO, ENSINO, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PATRIMONIO HISTÓRICO DA DEPUTACIÓN DE LUGO 2013 – 2014.

OBXECTO.- Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria
de unha bolsa formativa para colaborar no programa formativo de Memoria Histórica para o ano 2013 – 2014. Nas presentes bases e tamén nos anexos (I, II e III) detállanse os requisitos específicos e obrigatorios que deben reunir as persoas solicitantes. O bolseiro/a realizará a súa actividade no Servizo de Cultura da Deputación de Lugo, sendo os seus obxectivos a revisión e a catalogación do material de investigación que se estime oportuno durante a duración temporal da bolsa.

A bolsa reguladas nestas bases - concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios
de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Con esta bolsa formativa, o Servizo de Cultura da Deputación de Lugo pretende non só impulsar o coñecemento e maila conservación do Patrimonio Cultural lucense, senón que tamén - e unha vez máis – fomentar a formación dos profesionais universitarios.

PRAZO DE SOLICITUDE: ata o 15 de marzo de 2013