jueves, 3 de enero de 2013

TIPO DE XURO 2013 CONTRATOS ARRENDAMENTO FINANCEIRO PEMES

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Primeiro. O tipo de xuro máximo que se aplicará durante o ano 2013 aos contratos de arrendamento financeiro formalizados, a tipo variable, ao abeiro dos convenios de apoio financeiro aos investimentos das pemes dos anos 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004 e 2005 e do convenio ao sector transporte público por estrada de Galicia para a renovación da frota de vehículos dos anos 2004, 2005 e 2006 será de 1,55 %. No caso de que o tipo adicional sexa inferior a 1,15 puntos, o tipo de xuro que se aplicará será o resultado de engadirlle ao tipo de referencia (0,412) o tipo adicional que teñan pactado as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, arredondarase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

Segundo. As entidades de crédito deberán comunicarlles aos beneficiarios dos contratos de arrendamento financeiro subvencionados a variación do tipo de xuro.

Terceiro. O tipo de xuro do contrato de arrendamento financeiro resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ao límite fixado nos citados convenios e na resolución de concesión de axuda. No caso de que sexa inferior, limitarase a subsidiación ata o citado límite. Para o caso de que o tipo de xuro nominal sexa igual ou inferior ao límite suspenderase a subsidiación e o tipo de xuro que se aplicará ao contrato de arrendamento financeiro será o que lle corresponda segundo o establecido no punto primeiro da presente resolución.