jueves, 6 de octubre de 2011

FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO

XORNADA: “ACCIÓNS DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN DO COOPERATIVISMO MEDIANTE A PLATAFORMA DE TELEFORMACIÓN “
 
Organiza

A Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo e Benestar, pon en marcha novas edicións dos cursos de formación e divulgación do cooperativismo a través da plataforma de teleformación do Consello Galego de Cooperativas. As accións formativas desenvolveranse de outubro de 2011 a xuño de 2012 e son totalmente gratuítas.
Obxecto
O obxectivo principal destas accións formativas é achegar, mediante as tecnoloxías da información e a comunicación, unha formación empresarial cooperativa de calidade, actualizada e interactiva, que versará sobre distintas temáticas: divulgación cooperativa, habilidades sociais, igualdade de oportunidades, responsabilidade social, así como ferramentas de xestión empresarial adaptadas ó eido cooperativo.
Destinatario
As accións formativas diríxense prioritariamente ás persoas socias e/ou traballadoras de cooperativas pero tamén a calquera persoa interesada nesta formación.
Cursos
-Dez edicións do curso Formación cooperativa básica, de 30 horas de duración.
-Cinco edicións do curso Formación cooperativa en xestión e dirección, de 50 horas de duración.
-Dez edicións do curso Habilidades sociais básicas en cooperativas, de 30 horas de duración.
-Cinco edicións do curso Habilidades sociais en cooperativas: nivel avanzado, de 50 horas de duración.
-Dez edicións do curso Marketing/comercialización de produtos/servizos, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Responsabilidade social das cooperativas, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Planeamento estratéxico, de 15 horas de duración.
-Dez edicións do curso Muller, cooperativismo e igualdade de xénero, de 15 horas de duración.
 Datas
De outubro de 2011 a xuño de 2012
Lugar
As persoas interesadas en participar nos cursos poden formalizar a inscrición en http://www.teleformacioncooperativa.com/, ou ben a través do Consello Galego de Cooperativas, na web http://www.cooperativasdegalicia.com/ e no teléfono
881 999 268.
Máis información
Tlf: 881 999 268
http://www.teleformacioncooperativa.com/