martes, 5 de abril de 2011

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Subvencións para a mellora da competitividade mediante o apoio á creación e consolidación dos clusters empresariais galegos.

SOLICITUDE

Obxecto: Teñen por obxecto as tres seguintes liñas:
Reforzamento: Dentro desta liña consideraranse subvencionables os servizos de consultoría, contratados polo clúster e prestados por consultores externos, que teñan por finalidade procurar a mellora competitiva do conglomerado empresarial que represente o clúster.
Formación: Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións formativas desenvolvidas ou contratadas polo clúster, que teñan por finalidade procurar a mellora da capacitación do capital humano pertencente ao conglomerado empresarial que represente o clúster.
Constitución: Dentro desta liña consideraranse subvencionables aquelas accións desenvolvidas ou contratadas pola entidade promotora dun novo clúster empresarial galego durante o proceso de constitución deste.
Beneficiarios: Para as liñas de reforzamento e formación poderán ser beneficiarios das  subvencións os clústers empresariais galegos. O Cluster ven definido no artigo 3 das bases.
Para a liña de constitución poderán ser beneficiarios das subvencións, as entidades que
promovan a constitución dun novo clúster empresarial galego, naquelas cadeas económicas ou conglomerados empresariais que non estean representados por un clúster empresarial galego xa constituído.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 05/05/2011 para a presentación telemática e 06/05/2011 para a presentación en papel.