lunes, 7 de marzo de 2011

AXUDAS ECONÓMICAS, PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE RECUALIFICACIÓN PROFESIONAL DAS PERSOAS QUE ESGOTEN A PRESTACIÓN POR DESEMPREGO

REQUISITOS:
-Persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral que, desde o 16 de febreiro de 2011 ata o 15 de agosto de 2011, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego, ou ben esgoten os subsidios incluídos as súas prórrogas, e que estean inscritas como persoas demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego.
-Non poderán percibir as axudas reguladas neste programa as persoas que percibisen a prestación extraordinaria do programa temporal por desemprego e inserción, nin as que esgotasen ou puidesen ter dereito á renda activa de inserción, nin que esgotasen a renda agraria ou o subsidio por desemprego, ambos a favor das persoas traballadoras eventuais do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social.
-As persoas beneficiarias deste programa deberán carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 por cento do salario mínimo interprofesional excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. A estes efectos, aínda que a persoa solicitante careza de rendas, nos termos anteriormente establecidos, se ten cónxuxe e/ou fillos menores de 26 anos, ou maiores desa idade con, polo menos unha discapacidade do 33% ou menores acollidos, unicamente entenderase cumprido o requisito de carencia de rendas previsto no parágrafo anterior, cando a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar así constituída, incluída a persoa solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75 por cento do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
A solicitude deberá realizarse no prazo máximo de dous meses desde a data en que esgotasen o dereito á prestación.

Más información en BOE do 16 de febreiro de 2011