martes, 18 de enero de 2022

TIPO DE XURO DO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2022 PARA OPERACIÓNS ACOLLIDAS A DIFERENTES CONVENIOS E PROGRAMAS DE AXUDA DO IGAPE

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2022 pola que se publica o tipo de xuro do primeiro semestre de 2022 para as operacións acollidas a diferentes convenios e programas de axuda deste instituto.

Primeiro. Os tipos de xuro de referencia para o primeiro semestre do ano 2022 para as operacións acollidas aos seguintes convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes:
– Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: -0,534 %.

– Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG nº 133, do 10 de xullo de 2001): -0,534 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG nº 222, do 15 de novembro de 2004): -0,534 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG nº 195, do 9 de outubro de 2006): -0,534 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG nº 101, do 28 de maio de 2007): -0,534 %.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 244, do 19 de decembro de 2007): -0,534 %

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 58, do 25 de marzo de 2009): -0,534 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG nº 47, do 4 de marzo de 2008): -0,534 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (programa Re-Imaxina), liñas 2 e 3 (DOG nº 148, do 30 de xullo de 2009): -0,534 %.

– Bases reguladoras para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol) (DOG nº 142, do 27 de xullo de 2010; DOG nº 40, do 28 de febreiro de 2011, e DOG nº 110, do 11 de xuño de 2012): -0,534 %.

Segundo. As entidades financeiras deberán comunicarlles aos beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.