lunes, 10 de enero de 2022

AXUDAS DESTINADAS AO ALUMNADO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA QUE, POR CAUSAS SOBREVIDAS E IMPREVISTAS OCORRIDAS AO LONGO DO CURSO ACADÉMICO 2021/22, TEÑA DIFICULTADES ECONÓMICAS PARA CONTINUAR ESTUDOS

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 26 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que, por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas ao longo do curso académico 2021/22, teña dificultades económicas para continuar estudos (código de procedemento ED433A).


Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia cunha necesidade urxente de recursos económicos, motivada por causas sobrevidas e imprevistas ocorridas durante o actual curso académico, que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos.

Persoas beneficiarias
O alumnado que curse estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, no curso académico 2021/22, nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. Se a causa sobrevida e imprevista aconteceu con anterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Se a causa sobrevida e imprevista acontece con posterioridade á publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde que aconteceu a causa sobrevida e, nestes casos, a data límite para a presentación das solicitudes será o 31 de xullo de 2022, sen prexuízo do sinalado no artigo 3.2.