INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
viernes, 28 de agosto de 2020
4ª CONVOCATORIA. AXUDAS PROGRAMA FÁBRICA DO FUTURO, FÁBRICA INTELIXENTE E SUSTENTABLE DA INDUSTRIA 4.0
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Finalidade
– Na mellora de procesos, buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade, nos compromisos ambientais e no emprego de enerxías limpas.
– Na mellora de produtos, de forma que se xeren produtos novos ou con novas funcionalidades para adaptalos ás novas tendencias.
– No desenvolvemento de novos modelos de negocio, a través das tecnoloxías que conecten o mundo físico co dixital, as tecnoloxías que permitan a comunicación e o tratamento dos datos e as tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, así como o traballo colaborativo con outras empresas.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2020, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código procedemento IN854A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.
Beneficiarias
MODIFICACIÓN PARCIAL DE DISTINTAS ORDES DE CONVOCATORIAS DE SUBVENCIÓN NO ÁMBITO DA FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO COMO CONSECUENCIA DA SITUACIÓN E EVOLUCIÓN DO COVID-19
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
miércoles, 26 de agosto de 2020
SUBVENCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DE FUNCIÓNS DE ARTES ESCÉNICAS E MÚSICA DURANTE O ANO 2020
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
FinalidadeFixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a representación de funcións de artes escénicas e música producidas e realizadas por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais que desenvolvan a maior parte da súa actividade en territorio galego, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro (código de procedemento CT406A).
Persoas beneficiarias
Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as persoas que a continuación se sinalan:
Artes escénicas.
Modalidade A.1: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Modalidade A.2: subvencións para a realización de funcións de artes escénicas en Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos de artes escénicas que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
B. Música.
Modalidade B.1: subvencións para a realización de funcións musicais fóra de Galicia.
Persoas beneficiarias: persoas físicas (autónomas) e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á realización de funcións de espectáculos musicais que desenvolvan a maior parte da súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
SUBVENCIÓNS AO IMPULSO DO SECTOR ESCÉNICO GALEGO 2020
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
CONVOCATORIA PREMIOS FIN DE CARREIRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ALUMNADO QUE REMATOU OS SEUS ESTUDOS UNIVERSITARIOS NO ANO 2019 NAS UNIVERSIDADES DO SUG
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
martes, 25 de agosto de 2020
AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA AXUDAS A MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
SUBVENCIÓNS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL DIRIXIDOS Á PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES E DE PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
Obxecto
lunes, 24 de agosto de 2020
AXUDAS PARA O RESCATE DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN GALEGOS PRESENTADOS Á CONVOCATORIA DE EXPRESIÓNS DE INTERESE DO ISCIII PARA O FINANCIAMENTO DE PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN SOBRE O SARS-COV-2 E A ENFERMIDADE COVID-19
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
ObxectoEsta resolución ten por obxecto aprobar as bases e convocatoria para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas da Axencia Galega de Innovación a proxectos sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade do COVID-19 que foron presentados á convocatoria de expresións de interese realizada pola Resolución do 19 de marzo da Dirección do Instituto de Saúde Carlos III e que non acadaron financiamento (código de procedemento administrativo IN845D).
Beneficiarios
Poderán ter a condición de beneficiarios os organismos de investigación e difusión do Sistema galego de I+D+i, públicos ou privados, que presentaron un proxecto á convocatoria de expresións de interese do ISCIII para a financiamento de proxectos de investigación sobre o SARS-CoV-2 e a enfermidade COVID-19 con cargo ao Fondo COVID-19.
Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberanse contabilizar por separado. Ademais, as empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como derradeiro día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Outros datos
Poderase anticipar ata o 100 % do importe da subvención concedida para cada anualidade.
viernes, 21 de agosto de 2020
CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Requisitos do persoal participante
CORRECCIÓN DE ERROS.- CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS CELGA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA EMEGA
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
martes, 18 de agosto de 2020
MODIFICACIÓNS.- AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
lunes, 17 de agosto de 2020
MODIFICACIÓN.- AXUDAS DO PROGRAMA SINERXIA DA INTERNACIONALIZACIÓN
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
SUBVENCIÓNS ESTATAIS ÁS EXPLOTACIÓNS OVINAS E CAPRINAS CON DIFICULTADES DE COMERCIALIZACIÓN DE AÑOS E CABRITOS
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer o desenvolvemento da normativa básica que regula o Real decreto 508/2020, do 5 de maio, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións estatais destinadas no exercicio 2020 ás explotacións ovinas e caprinas con dificultades de comercialización de años e cabritos, durante os meses de marzo e abril, como consecuencia das limitacións impostas polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e as súas prórrogas.Persoas beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, ou entes sen personalidade xurídica, que cumpran todos os requisitos que se indican a continuación:
a) Que presentasen ou presenten en 2020 a solicitude única prevista na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control, dentro do prazo establecido pola norma.
b) Que sexan beneficiarias do pagamento das liñas de axuda por ovella e cabra que regula o artigo 2.1.c), 6ª, 7ª ou 8ª da Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.
c) Que sexan persoas titulares dunha explotación inscrita no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) cos requisitos que se indican nalgún dos guións seguintes:
– Explotacións de ovino cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de carne», «reprodución para a produción de leite» ou «reprodución para produción mixta» con máis de 10 femias reprodutoras conforme a última declaración censual obrigatoria establecida no artigo 11.4 do Real decreto 685/2013, do 16 de setembro, polo que se establece un sistema de identificación e rexistro dos animais das especies ovina e cabrúa.
– Explotacións de caprino cunha clasificación zootécnica de «reprodución para a produción de carne», «reprodución para a produción de leite» ou «reprodución para produción mixta» con máis de 10 femias reprodutoras conforme a última declaración censual obrigatoria establecida no artigo 11.4 do Real decreto 685/2013, do 16 de setembro.
Solicitude e prazo
1. A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020 da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, dentro do prazo establecido para a presentación da dita solicitude.
2. As persoas solicitantes deberán efectuar unha declaración responsable sobre se teñen concedidas axudas en réxime de minimis (Regulamento (UE) nº 1408/2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola), neste ano e nos dous anteriores, segundo o modelo que figura no anexo desta orde no prazo máximo de 10 días hábiles desde a entrada en vigor desta orde.
3. A remisión ao Fogga da declaración responsable poderá efectuala a persoa interesada na concesión da axuda ou ben as entidades colaboradoras que teñan asinado un convenio de colaboración co Fogga para a tramitación da solicitude única das axudas da política agrícola común (PAC) e outras solicitudes relacionadas con esta. Neste caso a persoa solicitante deberá autorizar a entidade colaboradora mediante a súa indicación na epígrafe correspondente da declaración responsable que figura no anexo desta orde.
viernes, 14 de agosto de 2020
PRÉSTAMOS PEMES GALICIA
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C).
Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto poñer á disposición das pemes liñas de financiamento directo que melloren o seu acceso ao crédito, e faciliten a execución de proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do punto 1 anterior.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) O 30 de decembro de 2020.
CORRECCIÓN DE ERROS E MODIFICACIÓN.- GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
jueves, 13 de agosto de 2020
SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e das condicións polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social (código de procedemento TR352A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que, na data de publicación da presente convocatoria, estean inscritas na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), cuxa actividade principal estea dirixida a desenvolver ou fomentar accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres, de conformidade coas áreas de actuación recollidas no RUEPSS (comunidade, dependencia, discapacidade, inclusión, maiores, familia, infancia, menores e igualdade), sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As entidades deberán dispoñer dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sede social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
CONVOCATORIA PROBAS DIRIXIDAS Á OBTENCIÓN E RENOVACIÓN DO CERTIFICADO DE CONSELLEIRO DE SEGURIDADE PARA O TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS POR ESTRADA E POR FERROCARIL
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
MODIFICACIÓN.- AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA
VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA
miércoles, 12 de agosto de 2020
AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA SUBVENCIÓN PROGRAMA INFRAVIVENDA DO PLAN REHAVITA
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO
SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTAICA PARA 2020-21
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Obxecto1. Aprobar as bases reguladoras das subvencións, para proxectos de enerxía fotovoltaica, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, para o exercicio 2020-2021, que se xuntan á resolución como anexo I (código de procedemento IN421Y e IN421S).
2. Seleccionar, en réxime de concorrencia non competitiva, as entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.
3. Aprobar os formularios para a xestión da convocatoria do ano 2020-2021 que se xuntan á resolución como anexos II a VIII.
4. Publicar o convenio de colaboración para poder tramitar as axudas ás entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos para proxectos de enerxía fotovoltaica, ao cal deben adherirse as entidades colaboradoras (anexo III).
5. Convocar para o ano 2020-2021, en réxime de concorrencia non competitiva, segundo o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as subvencións dirixidas a proxectos de enerxía fotovoltaica.
Entidades beneficiarias
1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.
As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases.
2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, o máis tardar, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.
4. As entidades sen ánimo de lucro non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo para presentar as solicitudes
1. Cando o beneficiario sexa unha entidade sen ánimo de lucro ou ben unha empresa ou autónomo, a solicitude de axudas presentaranse a través de entidade colaboradora que estea dada de alta na Consellería de Economía, Emprego e industria como empresa con actividade de instalación de baixa tensión (código de procedemento IN609A).
Cando o beneficiario sexa unha Administración local, a solicitude faraa directamente o seu representante.
As solicitudes deberán presentarse exclusivamente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal) , ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal) de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Se a entidade interesada presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
2. As entidades colaboradoras contarán cun prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a súa adhesión, cubrindo e confirmando o formulario de adhesión (anexo II) (código de procedemento IN421Y).
3. O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o 21 de setembro ás 9.00 horas e finalizará o 1 de decembro de 2020 (código de procedemento IN421S).
VII XORNADA DE FORMACIÓN PRÁCTICA DIXITAL (E-MARTES)
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Obxectivos.O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, a autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.
Contidos.
A VII Xornada de formación práctica dixital (E-martes), que terá lugar o vindeiro 1 de setembro, abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
– Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
– Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
A formación constará dunha introdución xurídica e posterior práctica nas aulas de informática da escola.
Persoas destinatarias.
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. No caso das empregadas e empregados públicos priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.
Número de prazas:
Persoal empregado público: 16.
Cidadanía: 13.
Inscrición.
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deben introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 desta convocatoria. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica» para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais ou «outros» para a cidadanía).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. O prazo para a inscrición nesta actividade estará aberto dende as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 do día 25 de agosto de 2020.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39-981 54 62 41.
CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E CURSOS PREPARATORIOS PARA OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA, CELGA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ObxectoConvocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña, e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2020/21, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos I e II, respectivamente.
Os cursos impartiranse entre outubro de 2020 e maio de 2021, en horario de mañá ou de tarde.
Solicitudes e prazos de inscrición
As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas correspondente unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O alumnado con necesidades educativas especiais indicará na súa solicitude a acreditación do seu grao de discapacidade. A EOI poñerá esta circunstancia en coñecemento dos equipos de orientación específicos dependentes da xefatura territorial respectiva para que se determinen as adaptacións pertinentes.
Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente os datos necesarios para realizar o proceso selectivo do alumnado, non se axusten ao formulario de solicitude ou sexan presentadas fóra de prazo.
O prazo para a presentación das solicitudes abranguerá desde o día 2 ata o 11 de setembro de 2020, para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro); e desde o 5 ata o 15 de xaneiro de 2021, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
A falsidade ou a ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado.
Cursos que se ofertan
Os cursos de linguaxe administrativa galega ofertados nas distintas escolas oficiais de idiomas de Galicia figuran no anexo I desta resolución.
A oferta dos cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, figura no anexo II.
A oferta de cursos recollida nesta resolución poderá ser modificada en función da organización académica de cada escola, caso en que as escolas oficiais de idiomas farán pública a nova oferta con anterioridade suficiente ao inicio dos cursos.
SUBVENCIÓNS PARA O IMPULSO DA COMERCIALIZACIÓN DIXITAL PARA O ANO 2020
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización dixital para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 30 de outubro de 2020 e, excepcionalmente, a organización e participación en feiras do Nadal 2019-2020 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2019 derivados destas.Persoas e entidades beneficiarias
Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Comerciantes retallistas:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o seu domicilio social radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. No caso de comerciantes que realicen a actividade comercial en liña, deberán ter o domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de vinte (20) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Que estean dados de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e III e que esta constitúa a actividade principal da persoa solicitante. No caso de que a actividade principal sexa unha actividade das epígrafes relacionadas no anexo III, deberá estar dado de alta nalgunha actividade comercial relacionada no anexo II.
d) Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 300 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
2. Titulares de obradoiros artesanais inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.
3. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas en que cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesanais) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
4. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir coa obriga de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e ata o 30 de setembro de 2020 ou ata o esgotamento do crédito.
martes, 11 de agosto de 2020
BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA
AXENCIA TURISMO DE GALICIA
ObxectoO establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG para o curso 2020/21.
Clases e contías das bolsas:
As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.
Segundo a contía, establécense dúas modalidades:
Tipo I: supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Tipo II: supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2020/21:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2020/21, no seu primeiro curso.
No caso de que non se outorgue a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2020/21, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Importe
Bolsas tipo I: supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Bolsas tipo II: supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Aboamento e xustificación
A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a quen lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.
MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A PRODUCIÓNS E COPRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DE CONTIDO CULTURAL GALEGO 2019
AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS
CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA A ACREDITACIÓN, ESTRUTURACIÓN E MELLORA DE CENTROS DE INVESTIGACIÓN DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
ObxectoContribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que se sinalan nos anexos desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no curso académico 2007/08 ou posterior.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 15 de setembro de 2011 (DOG núm. 188, do 30 de setembro).
f) As persoas solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xuramentada. A certificación do expediente académico indicará a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas, e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE núm. 224, do 18 de setembro), como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola Resolución do 15 de setembro de 2011.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.
Outros datos
As solicitudes formalizaranse no modelo que se xunta como anexo II a esta convocatoria e deberán ir acompañadas da documentación indicada na base sexta da orde.
Proxectos de investigación
Os dez proxectos de investigación nos que poderán formarse son os seguintes:
Dicionario galego-italiano; Bibliografía da literatura galega; Fraseoloxía galega; Corpus de referencia do galego actual; Cantigas de Santa María; Prosa literaria medieval; Terminoloxía científico-técnica; Recursos para o desenvolvemento de tecnoloxías da fala; Bases de datos do ALIR; Dicionarios de Literatura.
AXUDAS A ESCOLAS DE MÚSICA PRIVADAS DEPENDENTES DE INSTITUCIÓNS SEN ÁNIMO DE LUCRO
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL
ObxectoConvocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas destinadas a subvencionar o funcionamento de escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais.
Requisitos
1. Poderán solicitar estas axudas os titulares das entidades sinaladas no punto anterior que conten coa correspondente autorización da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2020.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
AXUDAS ÁS LIBRARÍAS DE GALICIA PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE DIFUSIÓN DO LIBRO E DA LECTURA EN 2020
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
ObxectoEsta orden ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de seren titulares de libraría, con domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT224C).
As axudas van dirixidas a apoiar o sector libreiro galego, no que se refire aos gastos derivados das actividades destinadas ao fomento da promoción da lectura e de difusión do libro e de creadores galegos (escritores/as, ilustradores/as e tradutores/as) ou de fóra de Galicia, no 2020.
Para os efectos da presente orde, considéranse actividades de promoción da lectura e de difusión do libro e dos/das creadores/as, entre outras, as presentacións, encontros, lecturas ou actividades similares, levadas a cabo no espazo físico do establecemento libreiro, así como actos de difusión dos libros a través da páxina web e redes sociais da libraría, difusión en prensa, radio, internet ou a través doutros medios.
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de titulares de librarías e teñan o seu domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
PROGRAMA PILOTO SÉNIOR DIXITAL
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2020, de subvencións a entidades de formación para a realización dun programa piloto de recualificación profesional dixital, a través da modalidade en liña, de persoas desempregadas paradas de longa duración maiores de 45 anos para a súa capacitación, tanto en competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral como en competencias brandas, co fin de mellorar a súa empregabilidade e a súa inserción laboral.Consistirá, por tanto, na impartición de programas de formación, a través dunha plataforma de aprendizaxe interactiva, de 70 horas distribuídas ao longo de 3 semanas de formación sobre:
1. Competencias dixitais orientadas ao novo mercado laboral (ferramentas esenciais para desenvolverse con fluidez na era tecnolóxica. Isto é, coñecementos sobre dispositivos electrónicos, redes, seguridade cibernética, sistemas de comunicación, traballo na nube..., etc.).
2. Competencias brandas (motivación, boa comunicación, boa organización, traballo en equipo, puntualidade, pensamento crítico, sociable, ser creativo, habilidades interpersoais de comunicación, facilidade de adaptación, personalidade amigable, etc).
Entidades beneficiarias
Poden beneficiarse das subvencións recollidas nestas bases reguladoras as empresas cuxo obxecto social estea orientado á impartición de formación e teñan experiencia demostrable no ámbito da formación, e que na data de publicación desta convocatoria cumpran as seguintes condicións:
– Ter recollido no seu obxecto social as actividades de formación.
– Ter desenvolvido programas dirixidos especificamente á formación.
– Dispoñer ou por á disposición unha plataforma de aprendizaxe interactiva.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO 2020
CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, con domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT238A).
As axudas van dirixidas a apoiar o sector editorial galego galego, no que se refire aos gastos derivados da edición (produción), distribución e comercialización das súas publicacións, nos idiomas cooficiais en Galicia ou noutros idiomas, editadas e/ou distribuídas entre o 1.9.2019 e o 31.10.2020.
Para os efectos da presente orde, considéranse gastos de edición os de autoría, tradución, corrección, revisión, maquetación, custos de preimpresión e de impresión, dixitalización...
Distribución: transporte.
Comercialización: campañas de márketing e/ou publicidade en diferentes medios ou canles.
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras e teñan o seu domicilio social en Galicia, de acordo co establecido na presente orde.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.