jueves, 18 de julio de 2024
BOLSA INTERNACIONAL IGAPE
BOLSAS INTERNACIONAL
IGAPE
Aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 22 de xullo
O
Igape convoca 50 prazas para formación e prácticas en internacionalización
empresarial
O
programa busca formar
especialistas no ámbito da internacionalización empresarial a
través de formación práctica nas Oficinas Comerciais e Económicas, tanto no
estranxeiro como en Galicia.
Os mozos
e mozas realizarán labores de investigación de mercados, estudos de empresas e
a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades
de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras:
- Duración: 1 ou 2 anos
- Destinos en 25 países
- Alta empregabilidade
A
convocatoria vai dirixida a persoas
menores de 35 anos, con titulación universitaria superior, e
achegará formación práctica en internacionalización que se poderá levar a cabo
no estranxeiro e ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados
coa internacionalización empresarial.
Os países
en que os seleccionados completarán a súa formación no estranxeiro inclúen
novos mercados internacionais, algúns deles de interese estratéxico para o
tecido empresarial galego. Así, os bolseiros terán como posibles destinos,
entre outros, Bogotá, Casablanca, Chicago, Dubai, Dusseldorf, Johannesburgo,
Kuala Lumpur, Lima, México, Miami, Montevideo, Oslo, Ottawa, Roma, Seúl,
Singapur, Tokio, Varsovia ou Yakarta.
Prazo aberto ata o 22 de xullo
martes, 2 de julio de 2024
CREANDO COMUNIDADE SECTORIAL: APICULTORES
CREANDO COMUNIDADE SECTORIAL: APICULTORES
Se es un apicultor ou apicultora en activo na zona da Fonsagrada e Ancares e estás interesado ou interesada en cooperar con outras persoas que se dedican ao mesmo, o Polo da Fonsagrada organiza esta sesión para facilitar este intercambio de propostas.
Con esta xornada búscase potenciar a colaboración en ámbitos como a creación de marca, márketing e comunicación, loxística, distribución e venda do mel. Tamén terá como obxectivo crear comunidade sectorial e deseñar un proxecto piloto de cooperación entre apicultores.
O programa será o seguinte:
10:00-10:15 h. Presentación da sesión de traballo
10:15-11:15 h. Presentación das persoas participantes
11:15-12:15 h. Vantaxes da cooperación e áreas de cooperación posibles
12:15-13:00 h. Deseño dun produto mínimo viable de cooperación sectorial
13:00h. Conclusión e compromisos
A xornada terá lugar o xoves 3 de xullo no Polo da Fonsagrada, na Avenida Galicia nº 28 (A Fonsagrada).
Anímate a vir e potenciar o teu negocio!