jueves, 30 de mayo de 2024

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DAS AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PERSOAS FÍSICAS 2024

INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2024 pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito da convocatoria efectuada pola Resolución do 28 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas por este instituto, e se establece a súa convocatoria para o ano 2024, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento MT402A).


PROGRAMA OPORTUNIUS: 3 POSTOS DE PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2024 pola que se convocan tres postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para as persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

Obxecto da convocatoria
A presente convocatoria ten por obxecto a cobertura, baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de tres prazas de investigador/a para persoas beneficiarias de bolsas do European Research Council (ERC): Synergy Grant (1 praza) e Consolidator Grant (dúas prazas), segundo se indica no anexo I.

Requisitos das persoas aspirantes
5.1. As persoas aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:
a) Estar en posesión dunha bolsa ERC Synergy Grant ou Consolidator Grant.
b) Ter a titulación de doutor/a ou equivalente.
c) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións.
e) Ter cumpridos os dezaseis anos.
f) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
g) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvía no caso de persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a.
h) Dispoñer dun compromiso de acollida por parte dun organismo público de investigación de Galicia para que o/a investigador/a desenvolva a súa actividade nel. Neste compromiso, que deberá ser achegado pola persoa candidata, a institución de acollida comprometerase a asinar un convenio coa Axencia Galega de Innovación segundo establece o artigo 9 do Decreto 64/2016.
5.2. Os requisitos deberán cumprirse no momento da formalización do contrato.

Solicitudes e prazo de presentación
6.1. O prazo para presentar as solicitudes será de quince días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
6.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). No caso de persoas solicitantes estranxeiras, co fin de proceder á solicitude e trámites por medios electrónicos, designarán un representante con sinatura dixital en España. A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.

Esta convocatoria ten por destinatario o persoal investigador con bolsa ERC Synergy Grant ou Consolidator Grant. As bolsas ERC teñen como finalidade apoiar proxectos de investigación na fronteira do coñecemento de calquera temática, xa sexan do mesmo país ou de calquera país do mundo, sempre que desenvolvan o traballo nun ou varios dos Estados Membros da UE ou dos países asociados.

Polo tanto, de acordo co sinalado polo artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a obrigatoriedade da presentación electrónica de solicitudes xustifícase no colectivo ao que se dirixe: persoal investigador de recoñecido prestixio nacional e internacional con bolsas do European Research Council (ERC).

PROGRAMA CONECTA VOLUNTARIADO GALICIA

 CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta Voluntariado Galicia, dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR930C).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas correspondentes ao programa Conecta Voluntariado Galicia para o ano 2024, que ten por finalidade facilitar á mocidade da Galicia exterior o coñecemento da realidade galega dunha forma diferente e o encontro cos seus familiares (código de procedemento PR930C).
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócase este programa para o ano 2024.
3. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán optar a este programa os mozos e mozas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter, o 15.7.2024, unha idade comprendida entre os 21 e os 30 anos.
b) Non ter participado en ningún programa convocado pola Secretaría Xeral da Emigración.
c) Ter nacido en Galicia ou ser descendentes dunha persoa emigrante galega.
d) Posuír a nacionalidade española.
e) Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.
f) Estar vinculadas con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 12 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
g) Carecer de discapacidades que lles impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

INSTRUCCIÓNS PARA PREINSCRIPCION, A ADMISIÓN, A MATRICULA E A ORGANIZACIÓN ACADÉMICA NAS ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS CURSO 2024-25

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, a admisión, a matrícula e a organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2024/25.

miércoles, 29 de mayo de 2024

PROGRAMA DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS EN INICIATIVAS EMPRESARIAIS EMERXENTES

UNIVERSIDADE DE VIGO

EXTRACTO da Resolución do 23 de maio de 2024 pola que se convoca o Programa de prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes promovidas pola comunidade universitaria e persoas tituladas pola UVigo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (proxecto C23.I05, BDNS 757441).

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é fomentar a cultura emprendedora no estudantado universitario a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha iniciativa empresarial promovida por estudantes, PDI, PAS ou membros da Comunidade Alumni-UVigo. A través da súa participación no programa, o estudantado será quen de formarse nunha contorna dinámica, creativa e áxil, e aprenderá a solucionar problemas e a importancia de adaptarse nunha contorna cambiante.

Persoas beneficiarias
Alumnado que esta matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou máster da Universidade de Vigo no curso 2023/24.

Persoas beneficiarias
Alumnado que esta matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou máster da Universidade de Vigo no curso 2023/24.

lunes, 27 de mayo de 2024

BOLSAS DE FORMACIÓN NA DIRECCIÓN XERAL DE COMERCIO E CONSUMO, 2024

 CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 8 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e Consumo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN225A).

Obxecto
Bolsas de formación que teñen como obxectivo unha formación práctica no campo da actividade comercial.

Persoas beneficiarias
Persoas que teñan unha titulación universitaria de licenciada/o ou de grao para que complementen os coñecementos teóricos adquiridos nos seus estudos cunha formación práctica que lles permita afrontar con maiores garantías o seu futuro profesional.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA DE PRAZAS NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS PARA O ANO 2024

 CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2024 (código de procedemento PL500F).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cinco (5) prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Persoas beneficiarias
Españois/españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.


BOLSAS DE FORMACIÓN NOS LECTORADOS DE LINGUA, LITERATURA E CULTURA GALEGAS 2024

 CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 13 de maio de 2024 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2024 (código de procedemento PL500E).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, sete (7) bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 24 de mayo de 2024

SUBVENCIÓNS PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 8 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CO300A).

Obxecto
A dinamización dos centros comerciais abertos de Galicia.

Entidades beneficiarias
As asociacións de comerciantes de carácter territorial sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE MICROPROXECTOS DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO NO EXTERIOR 2024

 CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 8 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR804B).

Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior (procedemento PR804B).
Para os efectos desta convocatoria, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais, de limitada intensidade, de duración non superior aos doce (12) meses, que teñan por obxecto fortalecer e/ou complementar outras actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, e na sección D: Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

XXVII PREMIO MANUEL COLMEIRO

 CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 8 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca a XXVII edición do Premio Manuel Colmeiro, para traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia (código de procedemento PR771A).

Obxecto e réxime xurídico
O obxecto do premio é fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e os entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma (código de procedemento PR771A).
A concesión do premio rexerase por estas bases; pola Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; e, subsidiariamente, pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de subvencións.
Este premio alíñase coa RIS3 e está relacionado co obxectivo estratéxico 4 e o programa 4: persoas e talento.
A concesión do premio regulado nesta convocatoria será incompatible coa de calquera outro premio de similares características financiado con fondos públicos.

Persoas destinatarias
Poderán participar nesta convocatoria persoas individuais ou grupos de traballo de calquera nacionalidade dos Estados membros da Unión Europea. Gardarase reserva sobre a identidade de cantas persoas participen no premio e unicamente serán obxecto de publicidade o nome e os apelidos da persoa ou persoas gañadoras.
No suposto de que se trate de grupos de traballo, acreditarase expresamente a persoa física responsable da dirección do equipo, que será a persoa que figure como solicitante no modelo normalizado de solicitude, así como a porcentaxe de participación de cada integrante do grupo no traballo presentado.
Non poderán acceder a este premio as persoas afectadas por algunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Dotación económica do premio
A dotación económica do premio é de 3.500 euros, que estará suxeita á correspondente retención fiscal. Tamén se lle entregará á candidatura gañadora un diploma acreditativo de tal condición.
No caso de que o traballo premiado o presente máis dunha persoa, a dotación económica do premio distribuirase proporcionalmente entre todas as persoas integrantes do grupo de traballo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes e dos traballos comezará coa entrada en vigor desta orde e finalizará o 21 de outubro de 2024.

Outros datos
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude e/ou traballo de investigación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A solicitude deberá ser asinada electronicamente pola persoa solicitante ou representante ou por aquela que se responsabilice da dirección do grupo de traballo, se é o caso.
Co obxecto de garantir o anonimato, nos traballos de investigación presentados non figurará ningún dato persoal da persoa autora deles, senón unicamente o título na primeira páxina. Así mesmo, o dito traballo será presentado nun arquivo independente ao do resto da documentación. No mesmo sentido, a Dirección da EGAP facilitaralle ao xurado, para o desenvolvemento das súas funcións, unicamente o documento que conteña o texto dos traballos presentados e manterá custodiada a identidade das persoas autoras ata que se resolva o procedemento.

AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR PARA OS ANOS 2024 E 2025

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2024 e 2025, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

Obxecto
1. Esta orde ten como obxectivo o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria de subvencións destinadas a persoas físicas ou cooperativas de traballo asociado para a posta en marcha de casas do maior nos anos 2024 e 2025.
2. As subvencións destinaranse á consecución da seguinte finalidade:
A posta en marcha de casas do maior destinadas á atención de mulleres e homes maiores de 60 anos de idade, en situación de dependencia grao I, e para persoas maiores de 60 anos sen dependencia, como recurso de promoción da autonomía persoal, mediante o seu establecemento nos concellos de menos de 5.600 habitantes da Comunidade Autónoma de Galicia que non conten con recurso de atención diúrna en funcionamento.
Para os efectos desta orde, considérase que no concello existen recursos de atención diúrna cando, de acordo cos datos que figuran no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais adscrito á Consellería de Política Social e Igualdade, conte con centros de día ou centros de día de alzhéimer con permiso de actividades.
3. A concesión das subvencións establecidas nesta orde regularase a través do procedemento BS212A: subvencións para a posta en marcha de casas do maior.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas da presente convocatoria as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas ou que constitúan cooperativas de traballo asociado, como promotoras da posta en marcha dunha casa do maior, que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, polo menos, cunha persoa socia que o estea, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguinte:
1º. Grao en Medicina.
2º. Grao en Enfermaría.
3º. Título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría establecido polo Real decreto 546/1995, do 7 de abril, polo que se establece o título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermaría e as correspondentes ensinanzas mínimas, ou os títulos equivalentes de Técnico Auxiliar de Clínica, Técnico Auxiliar de Psiquiatría e Técnico Auxiliar de Enfermaría, que se establecen no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, ou, se é o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
4º. Título de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia, regulado polo Real decreto 1593/2011, do 4 de novembro, polo que se establece o título de Técnico de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e se fixan as súas ensinanzas mínimas, ou o título equivalente de Técnico de Atención Sociosanitaria, ou, se é o caso, calquera outro título que se publique cos mesmos efectos profesionais.
5º. Título de Técnico Superior en Integración Social, establecido polo Real decreto 1074/2012, do 13 de xullo, polo que se establece o título de Técnico Superior en Integración Social e se fixan as súas ensinanzas mínimas, ou o título equivalente para aqueles profesionais que na data de publicación desta convocatoria estean traballando na categoría profesional de asistente persoal ou auxiliar de axuda a domicilio.
6º. O Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, polo que se establecen dous certificados de profesionalidade da familia profesional servizos socioculturais e á comunidade que se engaden no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade, ou, se é o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
7º. O Certificado de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio, regulado polo Real decreto 1379/2008, do 1 de agosto, ou o equivalente Certificado de profesionalidade da ocupación de auxiliar de axuda a domicilio, ou, se é o caso, calquera outro certificado que se publique cos mesmos efectos profesionais.
8º. Diploma que acredite a realización de cursos de formación integral e/ou complementaria para futuros profesionais da casa do maior. O curso terá unha duración de 30 horas e será impartido pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria.
9º. Habilitación para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regulada pola Orde do 19 de novembro de 2018 pola que se regula o procedemento de obtención das habilitacións para profesionais pertencentes ás categorías de persoal coidador, xerocultor, auxiliar de axuda no fogar e asistente/a persoal nos centros e servizos sociais do Sistema para a autonomía e atención á dependencia, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS800A).
b) Residir en concellos con menos de 5.600 habitantes que non dispoñan de recursos de atención diúrna a persoas maiores, en que se promova o establecemento da casa do maior, ou telo feito nos cinco anos anteriores á posta en marcha do proxecto.
c) Contar cun inmoble en condicións de accesibilidade nunha das poboacións mencionadas na letra anterior, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da casa do maior, nos termos establecidos na orde.
d) Acreditar unha revisión médica anual da persoa promotora ou da/das persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto, no caso de cooperativa de traballo asociado. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.
e) Dispoñer dun certificado de manipulador de alimentos. No caso de cooperativas de traballo asociado, este certificado deberá estar referido á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Permanencia mínima da actividade subvencionada
O período mínimo de permanencia da actividade empresarial subvencionada será de 5 anos contados desde a data de posta en marcha da casa do maior.
Para estes efectos, entenderase como data de posta en marcha a data de resolución de concesión da axuda concedida ao abeiro desta convocatoria ou a data de cumprimento de todos os requisitos e condicións previstos nesta orde nos casos de concesión condicionada.
Exceptúanse deste requisito aqueles supostos en que causas de forza maior alleas á vontade da persoa promotora da casa do maior impidan o desenvolvemento da actividade nas condicións establecidas nos números anteriores.

jueves, 23 de mayo de 2024

ENCONTRO ABERTO: O RURAL GALEGO, FONTE DE RIQUEZA

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego A Fonsagrada organiza un encontro aberto para reflexionar e debater sobre as posibilidades de emprendemento no rural galego e na montaña de Lugo.


OFICINA MOBIL ACELERA PEME: DIXITALIZACIÓN DOS NEGOCIOS

 



O día, 23 de maio de 2024, contaremos coa presenza da Oficina Móbil do programa Acelera Peme, posto en marcha pola Deputación de Lugo, na Praza do Concello, ás 12:30 horas.

Se eres autónomo, ou propietario dunha Peme e precisas de impulsar a dixitalización do teu negocio, achégate á Oficina Móbil Acelera Peme. Alí, contarás có asesoramento dos dinamizadores dixitais, podendo programar as citas presenciais ou telemáticas que precises para unha consulta individualizada.

Algúns dos servizos gratuitos do programa Acelera Peme son os seguintes:

·         Servizo de acompañamento dixital individual e personalizado.

·         Análise do estado de dixitalización, soporte e asesoramento á empresa.

·         Apoio na implantación de novas solución dixitais ao negocio.

·         Consultoría en marketing dixital (redes sociais, e-mail marketing, publicidade…)

·         Apoio e acompañamento na solicitude do Kit Dixital.

 


SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER A 1ª EXPERIENCIA PROFESIONAL DAS PERSOAS MOZAS MENORES DE 30 ANOS MEDIANTE CONTRATOS FORMATIVOS

 CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para promover a primeira experiencia profesional das persoas mozas menores de 30 anos mediante contratos formativos, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR353C).

Obxecto
Esta convocatoria ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2024 de subvencións para a contratación por conta allea, que realicen as empresas e persoas empregadoras, para facilitar a mozas e mozos menores de 30 anos en situación de desemprego unha primeira experiencia profesional mediante contratos formativos (código de procedemento TR353C).

Persoas empregadoras e empresas beneficiarias
Poderán ser persoas e empresas beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as comunidades de bens e sociedades civís que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
Tamén poden ser beneficiarios os centros especiais de emprego e as empresas de inserción laboral, que contraten persoas mozas traballadoras por conta allea, para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, excepto para subscribir contratos con persoas con discapacidade e contratos con persoas en situación ou risco de exclusión social, respectivamente.

Gastos subvencionables
Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións por conta allea de persoas mozas mediante a subscrición de:
– Contratos para a obtención da práctica profesional
– Contratos de formación en alternancia.
Os contratos terán unha duración mínima de 12 meses e deberán ser a xornada completa.
O período durante o que se teñen que producir os contratos formativos para que sexan subvencionables comprende desde o 1 de decembro de 2023 ata o 15 de outubro de 2024.

Presentación de solicitudes e prazo
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2024.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO NO EXTERIOR 2024

 CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

.ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR803D).

Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación (código de procedemento PR803D).
Exclúense destas bases os proxectos que teñan como obxecto a acción humanitaria e os de carácter asistencial que non poidan asegurar a súa viabilidade cando cese o financiamento externo.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as entidades recoñecidas como axentes de cooperación para o desenvolvemento pola Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, ben individualmente ou ben mediante unha agrupación de entidades (código de procedemento PR803D):
– Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.
– As universidades do Sistema universitario galego e as súas entidades dependentes e centros de investigación públicos.
– As cooperativas, empresas e asociacións empresariais.
– As organizacións sindicais.
– Comunidades galegas no exterior.
– Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.
Non se considerará agrupación de entidades aquela que estea formada por unha asociación ou federación á cal pertenza a dita entidade, ou aquela en que os órganos de goberno sexan coincidentes, total ou parcialmente, en todas as entidades agrupadas. Así mesmo, non terá a condición de entidade agrupada aquela que non participe economicamente na xestión do proxecto, ben con cargo á subvención ou ben con achegas propias.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

martes, 21 de mayo de 2024

BOLSA DE FORMACIÓN PRÁCTICA EN ESTUDOS RELACIONADOS CO DEREITO ADMINISTRATIVO

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo (código de procedemento PR770F).

Obxecto
1. Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación en estudos relacionados co dereito administrativo (código de procedemento PR770F).
2. A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán beneficiarse desta bolsa quen reúna os seguintes requisitos no momento de terminar o prazo de presentación de solicitudes:
– Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2019 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en Dereito ou en Ciencias Xurídicas das Administracións Públicas.
– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se declarará de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa de acordo co disposto na base 20ª, calquera que fose esta, ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación á EGAP, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.
– Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.
– Non ter gozado no último ano dunha bolsa da EGAP para a formación en estudos relacionados co dereito administrativo, excepto que gozase dela por un período de tempo non superior a un ano. Para estes efectos, non será computado o período en que a persoa interesada estivese na situación de incapacidade temporal durante o goce da bolsa. En tal sentido, tampouco poderán ser beneficiarias desta bolsa aquelas persoas que, sendo adxudicatarias desta mesma bolsa nunha convocatoria anterior, non se incorporasen ao centro de destino ou renunciasen a ela logo de iniciado o período de vixencia sen causa debidamente xustificada. Considérase xustificada a renuncia cando se deba á obtención doutra bolsa ou emprego incompatible con aquela.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

BOLSA DE FORMACIÓN PRÁCTICA PARA A XESTIÓN DE PROCESOS DE AVALIACIÓN E CALIDADE

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras e se convoca unha bolsa de formación práctica para a xestión de procesos de avaliación e calidade (código de procedemento PR770P).

Obxecto
1. Por medio desta resolución establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria dunha bolsa de formación práctica para a xestión de procesos de avaliación e calidade (código de procedemento PR770P).
2. A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Persoas beneficiarias
Poderán beneficiarse desta bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos no momento de terminar o prazo de presentación de solicitudes:
– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se declarará no anexo I.
– Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2019 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
– Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa de acordo co disposto na base 20ª, calquera que fose esta, ou, no caso de ter emprego remunerado ou gozar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación á EGAP, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.
– Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.
– Non ter gozado no último ano dunha bolsa da EGAP para a formación en xestión de procesos de avaliación e calidade, excepto que tivese gozado desta por un período de tempo non superior a un ano. Para estes efectos, non será computado o período en que a persoa interesada estivese na situación de incapacidade temporal durante o goce da bolsa. En tal sentido, tampouco poderán ser beneficiarias desta bolsa aquelas persoas que, sendo adxudicatarias desta mesma bolsa nunha convocatoria anterior, non se incorporaran ao centro de destino ou renunciaran a ela logo de iniciado o período de vixencia sen causa debidamente xustificada. Considérase xustificada a renuncia cando se deba á obtención doutra bolsa ou emprego incompatible con aquela.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes e documentación complementaria será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

BOLSAS DE PRÁCTICAS DO PROGRAMA CAMPUS RURAL DA UNIVERSIDADE DE VIGO CURSO 2023/24

 UNIVERSIDADE DE VIGO

EXTRACTO da Resolución do 8 de maio de 2024 pola que se convocan bolsas de prácticas do programa Campus rural, dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2023/24.

Obxecto
O obxectivo que se persegue é que o estudantado universitario de calquera titulación oficial poida completar a súa formación mediante a realización de prácticas académicas, tanto curriculares como extracurriculares, no ámbito rural, en zonas con problemas de despoboamento, e resida nel para coñecelo en profundidade e convivir e colaborar coa súa xente, de modo que poidan velo como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Persoas beneficiarias
Alumnado que está matriculado en titulacións oficiais de grao e mestrado no curso académico 2023/24.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 10 ao 30 de maio de 2024.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE PROGRAMACIÓN MUSICAL NA REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO EN SALAS PRIVADAS

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CT302D).

Finalidade
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia non competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de programación musical na Rede galega de música ao vivo en salas privadas habilitadas legalmente para organizar espectáculos musicais, contribuíndo ao desenvolvemento ordinario da programación das salas (código de procedemento C302D).

Persoas beneficiarias
Poderán acceder a esta convocatoria as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, propietarios, ou posuidores de calquera título válido en dereito, de espazos de exhibición musical privados, situados na Comunidade Autónoma, habilitados legalmente, coa correspondente licenza ou permiso municipal, para organizar espectáculos musicais en directo con público.

Tamén poderán ser persoas beneficiarias, sempre que cumpran cos requisitos anteriormente sinalados, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo o obxecto da subvención, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 16 de mayo de 2024

CORRECCIÓN DE ERROS.- CONVOCATORIA PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS PARA O CURSO 2024/25

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución de 9 de abril de 2024, da Dirección Xeneral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.

SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN DE PERSOAS ESCRITORAS, ILUSTRADORAS , TRADUTORAS E EDITORAS NAS ACTIVIDADES QUE SE CELEBREN NO SECTOR DO LIBRO, 2024

 CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas escritoras, ilustradoras, tradutoras e editoras nas actividades que se celebren no sector do libro, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT221A).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións a persoas físicas ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras e que desenvolvan o seu traballo no sector do libro e no ámbito da Comunidade Autónoma galega, facilitando a súa participación en actividades do dito sector que se celebren no ano 2024 (código de procedemento CT221A).
Serán obxecto de subvención os gastos de viaxe referidos ao aloxamento e transporte que permitan a asistencia fóra de Galicia, ata un máximo de dúas actividades por solicitante, realizadas no sector do libro de entre as seguintes: feiras, festivais, seminarios, encontros, obradoiros e estadías creativas e eventos de semellante natureza.
As empresas editoras poderán designar un máximo de dúas persoas do seu cadro de persoal para que asistan a un evento cada unha ou a un único traballador/a para que asista a un máximo de dous eventos.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2024.

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde as persoas físicas, sexan autónomas ou non, ou xurídicas, que sexan escritoras, ilustradoras, tradutoras ou editoras que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega, e que cumpran, ademais, todos os seguintes requisitos debidamente acreditados:
a) Terse inscrito, ter asistido ou participado nunha actividade subvencionable realizada no sector do libro fóra de Galicia, no prazo establecido na presente convocatoria.
b) Acreditaren o desenvolvemento do seu traballo no sector do libro maioritariamente no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
c) Ter publicado obra en Galicia, polo menos unha obra, como persoa escritora, ilustradora, tradutora ou editora, para a cal se solicita a subvención, nos cinco anos anteriores á publicación da presente orde.
2. Non poden beneficiarse das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas solicitantes que se atopen nos supostos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As persoas xurídicas deben acreditar a condición de editoras ou tradutoras de acordo co establecido nesta orde, para o que deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2024, na epígrafe 476.1, edición de libros, ou 774, tradutores e intérpretes, do imposto de actividades económicas, de acordo co establecido na presente orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 1 de xullo de 2024 (incluído).

martes, 14 de mayo de 2024

XORNADA DE PRODUCIÓN DE KIWI


 A busca de alternativas produtivas agroforestais en Galicia e a súa posible cooperativización é unha inquedanza constante que o Consello Reitor da Unión de Cooperativas AGACA desexa ofrecer ás persoas que conforman as nosas cooperativas agroalimentarias e o tecido emprendedor no rural galego. É necesario facilitar alternativas produtivas que xeren ingresos para as persoas do noso medio rural, ou mesmo que sexan actividades agroforestais complementarias ás tradicionais actividades silvopastorís.

 

Por tanto, no marco das axudas da Rede Eusumo, convocamos a Xornada de PRODUCIÓN DE KIWI que se desenvolverá online o día 23 de maio. Esta Xornada é para tratar de informar, posibilitar, asesorar e orientar ás persoas con producións e/ou inquedanzas nesta actividade coa finalidade de obter ingresos económicos da mesma de xeito que sexa unha saída económica e/ou laboral no medio rural, ou mesmo para complementar ingresos de actividades que xa están a desenvolver no mesmo. Na Xornada interveñen expertos neste ámbito, e mesmo persoas que nos contarán a súa experiencia na produción de KIWI: mercados, tendencias, zonas de posible implantación, axudas e apoios, aspectos técnicos, …. Achegamos programa previsto.

 

Dende AGACA entendemos que coas novas condicións de temperaturas ocasionadas polo cambio climático, amplíanse as comarcas galegas onde se pode producir este froito.

 

Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE KIWI é preciso inscribirse previamente no seguinte enlace

https://agaca.coop/gl/ag_curso/kiwi/

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE MÚSICA 2024

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e a súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento CT302F).

Finalidade
Fixar as bases reguladoras das subvencións, en concorrencia competitiva, a festivais de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2024.

Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cuxo obxecto social lles permita a organización de actividades escénico-musicais.
Tamén poderán obter a condición de persoas beneficiarias destas subvencións as asociacións en cuxo obxecto social se recolla a capacidade para desenvolver o obxecto desta axuda.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

CONDICIÓNS DE ADHESIÓN Á MARCA FEST GALICIA 2024

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2024 pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia e os requisitos para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para a celebración de festivais de música profesionais no ano 2024 (código de procedemento CT302A).

AXUDAS PARA O FOMENTO DE PLANTACIÓNS DE CASTIÑEIRO PARA FROITO E PARA A REXENERACIÓN E/OU MELLORA DE SOUTOS TRADICIONAIS DE CASTIÑEIROS

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR670D). 


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, en réxime de concorrencia competitiva, e convocalas para o ano 2024 a través de dúas liñas de axudas:
– Liña I: fomento de plantacións de castiñeiro para froito.
– Liña II: rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiro.
2. As axudas ampáranse nas actuacións incluídas no investimento 3 (I3), Restauración de ecosistemas e infraestrutura verde, do compoñente 4 (C4), Conservación e restauración de ecosistemas mariños e terrestres e a súa biodiversidade, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, e contribuirán ao cumprimento dos obxectivos asociados a esta, de acordo ca normativa reguladora do Mecanismo de recuperación e resiliencia e do Plan de recuperación a nivel europeo e nacional.
3. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Persoas beneficiarias
1. Serán persoas beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.
2. As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
4. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO DURANTE OS ANOS 2024,2025,2026 E 2027

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

ORDE do 26 de abril de 2024 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403C).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos de servizos durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027, destinados á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C).
Para os efectos desta orde, considéranse núcleos rurais as parroquias do territorio existentes nos concellos de menos de cinco mil habitantes e enténdese por recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas que reciban axudas da Xunta de Galicia para a gratuidade da atención educativa. Igualmente, entenderase que existen recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade se os devanditos equipamentos de tales servizos están en construción ou previstos nun documento de planificación da Administración autonómica ou local.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para a posta en marcha dos proxectos de casas niño durante os anos 2024, 2025, 2026 e 2027.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, cando menos, cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións ou formación que se recollen a seguir, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:
1º. Técnico/a superior en educación infantil.
2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.
3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
b) Residir nun núcleo rural do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha do proxecto.
c) Contar cun inmoble nun núcleo rural do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha do proxecto. O dito inmoble estará dotado cos seguintes recursos, para os cales poderá pedir esta axuda:
1º. Sistema de calefacción que cubra todas as estancias dedicadas ao desenvolvemento da iniciativa e conte coa protección dos elementos calefactores precisa para evitar as queimaduras por contacto, os atrapamentos ou outros riscos para a integridade das e dos menores.
2º. Unha sala con iluminación e ventilación naturais directas dun mínimo de 20 metros cadrados, distribuída e organizada con criterios de flexibilidade para dar resposta ás distintas necesidades das nenas e nenos de 0-3 anos.
3º. Dúas zonas, unha para o descanso e outra para a hixiene infantil. A zona de descanso e, de ser o caso, o mesado cambiador, poderán estar integrados na sala principal.
4º. Unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos dotada, cando menos, dun mesado, frigorífico, vertedoiro e microondas.
5º. Elementos de protección como enchufes de seguridade infantil, sempre que se sitúen por debaixo de 1,5 metros, protectores de dedos nas dúas caras das portas, seguros de ventás, barreira de seguridade con porta en zonas con diferentes alturas ou escaleiras e extintor/es para a protección contra incendios.
6º. Un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos que incluirá, como mínimo, un cambiador de cueiros, berces, sabas, mantas, colchóns, contedor de cueiros, ouriñais, tronas, hamacas, adaptadores de inodoro e materiais didácticos e de xogo axeitados para as idades dos nenos e nenas e con marcación de conformidade europea (CE).
En todo caso, o mobiliario deberá ter bordos romos ou protectores que os cubran para que careza de arestas. Así mesmo, na sala e na zona de descanso, no suposto de estaren nunha estancia separada, os materiais dos solos e das paredes ata unha altura de 1,5 metros deberán ser cálidos, lisos, non porosos, facilmente lavables e aptos para a súa desinfección. Na sala deberá crearse unha superficie continua e non esvaradía, axeitada para gatear.
As estancias e zonas anteriormente citadas deben estar situadas nun único andar. No caso de tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este deberá estar, ademais, en planta baixa.
d) Dispoñer dun plan de actuación cos/cas nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.
e) Acreditar o estado de saúde cunha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta acreditación deberá estar referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

lunes, 13 de mayo de 2024

AXUDAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS 2024

 CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

ORDE do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT104B).

Finalidade
A concesión de axudas, polo procedemento abreviado de concorrencia non competitiva, aos promotores particulares de calquera tipo de obras que afecten un conxunto histórico, zona arqueolóxica ou xacementos catalogados ou inventariados, nos casos en que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ou a figura de planeamento vixente determine a necesidade de realizar intervencións arqueolóxicas, en concepto de colaboración no financiamento do custo da execución do proxecto arqueolóxico realizado de acordo cos requisitos establecidos nos artigos 96 e 97 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Persoas beneficiarias
Empresarios (persoas físicas ou xurídicas) e as persoas físicas e xurídicas sen ánimo de lucro que promovesen as intervencións arqueolóxicas comprendidas no ámbito da presente orde, desenvoltas en bens inmobles de titularidade privada, sempre que non se atopen en ningún dos supostos dos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que as actuacións arqueolóxicas estean autorizadas e fosen realizadas desde o ano 2017 en diante e estean finalizadas na data de publicación desta orde.
b) Que as actuacións se desenvolvesen conforme os proxectos arqueolóxicos presentados e se cumprisen as obrigas de responsabilidade da dirección, de acordo co establecido no Decreto 199/1997, que regula a actividade arqueolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que se acredite a presentación e a entrega dos correspondentes informes valorativos ou das memorias técnicas e da acta de depósito dos materiais de acordo co citado Decreto 199/1997.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN DE PRAZO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA RETORNA TALENTO FP

 CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, CIENCIA, UNIVERSIDADES E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 8 de maio de 2024 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (código de procedemento ED333B).

BOLSAS PARA A FORMACIÓN DE PERSOAS EXPERTAS EN COOPERACIÓN INTERNACIONAL PARA O DESENVOLVEMENTO 2024

 CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 29 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR809A).

Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento (código de procedemento PR809A).
Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou, fóra desta, nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Persoas beneficiarias
As persoas beneficiarias das bolsas serán persoas tituladas universitarias e con veciñanza administrativa en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE ACCIÓN HUMANITARIA NO EXTERIOR 2024

 CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 26 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR811A).

Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior (procedemento PR811A).
Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte a iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións.
A acción humanitaria inclúe a protección de vítimas, así como a provisión de auga, comida, saneamento, refuxio, atención sanitaria e outros tipos de asistencia, emprendidos a favor das persoas afectadas, para facilitar o retorno á vida normal e aos seus medios de vida e sustento; tamén incorpora a redución e prevención do risco de desastres.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais que estean inscritas na sección A: organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria ou que demostren contrastada experiencia neste sector.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS PARA O AVANCE NO CUMPRIMENTO DE CRITERIOS AMBIENTAIS, SOCIAIS E DE GOBERNANZA (ASG) NAS PEMES GALEGAS PARA 2024

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2024 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas á implantación de medidas para o avance no cumprimento de criterios ambientais, sociais e de gobernanza (ASG) nas pemes galegas para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300F).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto a posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) nas pemes, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desperdicios, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso en outros procesos produtivos; e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organizacións.

Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no cal se vaia realizar o proxecto.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes, que en ningún caso será inferior a un mes, iniciarase o día hábil seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia desde as 8.00 horas e ata as 14.00 horas do día 15 de setembro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

martes, 7 de mayo de 2024

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS PARA O CURSO 2024/25

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.

Lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes
1. A solicitude de inscrición, tal como indica o artigo 27.1 da Orde do 22 de xullo de 2021, presentarase na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade deportiva, segundo consta na relación do anexo IV. Na modalidade deportiva de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica.

2. O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de educación secundaria obrigatoria e/ou na proba específica de grao medio será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 26 de xuño de 2024, ambos incluídos.

3. O prazo de inscrición na proba substitutiva do requisito de titulación de bacharelato será o comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 20 de maio de 2024, ambos incluídos.

4. Para tal fin, os centros docentes deberán expoñer nos seus taboleiros de anuncios o seguinte:

a) Normativa reguladora do procedemento de inscrición nas probas de acceso ás ensinanzas deportivas.
b) Calendario de publicación da listaxe provisional e definitiva de solicitudes admitidas e excluídas, así como dos prazos para presentar reclamacións.
c) Calendario e procedemento para formalizar a matrícula.

5. Os centros docentes facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo de solicitude de inscrición para a realización das probas.

6. Á solicitude de inscrición achegarase a documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

a) Copia do DNI, NIE ou pasaporte da persoa solicitante.
b) Orixinal da solicitude de inscrición conforme o modelo facilitado polo centro docente.
c) Xustificante do aboamento dos prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño, salvo en caso de estar exento/a do pagamento.
d) En caso de bonificación ou exención no pagamento do prezo público, documento que o acredite.
e) Certificación académica en que conste o expediente académico e/ou depósito dalgún dos seguintes títulos:
1º. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou título de bacharelato (ou declarados equivalentes para os efectos académicos), ou certificación académica en que figure que se realizou o depósito do correspondente título.
2º. Título de técnico superior.
3º. Título universitario.
f) Certificado de estudos do ciclo formativo en que figuren as cualificacións das materias cursadas e en que figure que se realizou o depósito do correspondente título.
g) Certificado de superación da proba substitutiva do requisito de titulación, de grao medio ou superior, de acceso ás ensinanzas deportivas.
h) Certificado de superación da proba substitutiva de titulación para acceder aos ciclos formativos de grao medio ou superior de artes plásticas e deseño.
i) Certificado de superación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou superior (parte común) de formación profesional.
j) Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
k) Certificado de superación da proba substitutiva de titulación para acceder ás ensinanzas artísticas superiores.
l) Resolución do órgano competente en materia de deporte pola que se acredita a consideración de deportista de alto nivel ou de alto rendemento.
m) Certificado de méritos deportivos expedido pola federación española ou autonómica correspondente.
n) Para titulacións obtidas no estranxeiro, achegarase a declaración responsable para a inscrición condicionada, tal como se establece na Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
ñ) Certificado do recoñecemento do grao de discapacidade.

7. As persoas solicitantes da exención da realización da proba substitutiva do requisito de titulación por superar totalmente as probas de acceso á universidade para maiores de 25 anos poderán quedar total ou parcialmente exentas de realizar esta proba, segundo o establecido no punto décimo da Orde do 24 de marzo de 2003 pola que se regulan as probas de madureza e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas, polo que deberán achegar o certificado correspondente onde conste a opción efectuada e a puntuación conseguida. A resolución sobre a exención correspóndelle ao tribunal avaliador.

8. As persoas solicitantes que deban realizar a proba substitutiva do requisito de titulación farano constar na epígrafe correspondente na solicitude de inscrición. No caso de non superar a dita proba, non serán admitidas na proba de carácter específico.


jueves, 2 de mayo de 2024

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTO DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES ELÉCTRICAS E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA PARA O ANO 2024

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común 2023-2027 en Galicia (código de procedemento IN421L).

Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables eléctricas e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector de produción agrícola primaria.
Para os efectos desta resolución, consideraranse sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 á 02.40 do CNAE-2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación destas bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas na alínea anterior.

Contía da axuda
A contía da axuda será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 100.000 € por proxecto e de 300.000 € por empresa, salvo no suposto de instalacións de autoconsumo colectivo en que se establece unha axuda máxima de 500.000 € por proxecto e de 500.000 € por empresa. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil prorrogarase ata o seguinte día hábil.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 15 de outubro de 2024.