viernes, 28 de febrero de 2014

PROGRAMA GALEUROPA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto
1. Esta disposición ten por obxecto establecer as bases para regular a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a mozos e mozas galegos e galegas para estancias de prácticas formativas non remuneradas que se realizarán en empresas de calquera Estado ou país estranxeiro, agás España, e proceder á súa convocatoria.
2. As estadías teñen como finalidade apoiar as persoas participantes en actividades de formación para adquirir os coñecementos, competencias e cualificacións que complementen o desenvolvemento persoal e profesional, facilitando a mobilidade dos/as traballadores/as polos distintos países a nivel mundial e promovendo o desenvolvemento e a súa transferencia entre os países participantes ao mesmo tempo que perfeccionan as habilidades lingüísticas nun idioma estranxeiro, salvo que o país de destino sexa un país de fala hispano-portuguesa.
3. As prácticas terán unha duración de 8 semanas (agás causa de forza maior debidamente xustificada segundo o establecido no último parágrafo do artigo 14), cun mínimo de 25 horas formativas semanais, e desenvolveranse no período comprendido entre o día seguinte ao da publicación da resolución definitiva de persoas beneficiarias e o 30 de outubro de 2014.
Destinatarios/as
1. Poderán solicitar as axudas as mozas e os mozos que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ademais os seguintes:
a) Ser galego/a e estar empadroado/a en calquera concello de Galicia.
b) Ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes.
c) Estar en posesión dalgunha das titulacións sinaladas nos parágrafos seguintes, acreditada por calquera centro público ou privado de Galicia, ou estar en condicións de obtela no momento de presentar a solicitude:
– Título de técnico/a ou técnico/a superior (grao medio ou superior) de Formación Profesional, de Ensinanzas Profesionais de Artes Plásticas e Deseño ou de Ensinanzas Deportivas.
– Título universitario de grao ou equivalente (licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a e diplomado/a, arquitecto/a, técnico/a, enxeñeiro/a técnico/a ou titulacións equivalentes das Ensinanzas Artísticas Superiores.
d) Que a dita titulación se obtivese nos cinco anos inmediatamente anteriores á data da convocatoria.
e) Posuír coñecemento da lingua do país de destino elixido na solicitude cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica formativa na empresa axeitada ao seu grao de formación académica. O coñecemento do inglés considérase válido como lingua vehicular para calquera país que non teña como lingua oficial o francés, alemán ou italiano.
2. Serán excluídos/as os/as solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 28 de marzo de 2014.

miércoles, 26 de febrero de 2014

BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMIA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



 Obxecto e finalidade
1. Por medio da presente orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos, así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.
2. Os bolseiros recibirán a súa formación nas bibliotecas públicas a que sexan destinados e serán coordinados e dirixidos pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do persoal técnico debidamente cualificado, designado para tal efecto por aquela. A relación das bibliotecas públicas en que deberán realizar a actividade publicarase conxuntamente coa resolución de adxudicación das bolsas.
3. A formación comprenderá unha parte teórica e outra práctica que será impartida por persoal técnico bibliotecario.
Número, duración e importe das bolsas
1. O número de prazas convocadas será de trinta e unha (31) que se adxudicarán mediante a aplicación do baremo indicado no artigo 6 desta convocatoria.
2. A bolsa terá unha duración total de oito meses, contados desde a data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura e poderán ser prorrogadas dependendo do informe favorable do titor responsable e mais da existencia de crédito adecuado e suficiente para o seu financiamento.
3. Financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 2014 09.20.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, por un importe total de douscentos quince mil setecentos sesenta euros (215.760 €).
4. En cumprimento do Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social, destinaranse 8.610,56 euros, en concepto de cotizacións á Seguridade Social por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por continxencias comúns e profesionais.
5. O importe individualizado de cada bolsa será de 870 euros brutos mensuais.
6. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no caso de que as bolsas concedidas non cubrisen a totalidade do crédito asignado, pode realizar unha nova convocatoria pública, nos mesmos ou en diferentes termos desta.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
– Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia, Filoloxía ou Humanidades.
– Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
– Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.
– Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo.
A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 26 de marzo do ano 2014.

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA DAS PERSOAS GALEGAS RETORNADAS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto e réxime das axudas
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que produce o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as devanditas subvencións para o ano 2014.
3. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non ser necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas, e concederanse a todas aquelas persoas solicitantes que reúnan os requisitos exixidos no artigo 3 desta resolución.
A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Secretaría Xeral da Emigración publicará no Diario Oficial de Galicia a indicada circunstancia, o que levará consigo a inadmisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que se poida incrementar o crédito orzamentario nos supostos previstos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. No caso de que o crédito establecido para esta subvención non sexa suficiente para proceder ao pagamento de todas as subvencións solicitadas, aplicarase, como criterio de prioridade, a data de presentación das solicitudes con toda a documentación relacionada no artigo 9 desta resolución.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á Comunidade Autónoma galega.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas relacionadas no punto 1 con residencia no estranxeiro que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos do establecido neste punto, terá a condición de parella de feito a que figure inscrita como tal no correspondente Rexistro de Parellas de Feito de Galicia regulado polo Decreto 248/2007, do 20 de decembro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2014.

SUBVENCIÓNS A PROGRAMAS DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais e as que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación:
Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento e proxectos de actividades promovidos polas entidades galegas do exterior.
– Liña I: axudas para o financiamento de gastos de funcionamento das entidades galegas.
– Liña II: axudas para proxectos culturais, promovidos pola mocidade, para accións informativas ou para o cumprimento dos seus fins.
Programa 2. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas que teñan como obxectivo a promoción cultural, social ou económica de Galicia ou da propia entidade.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as ditas subvencións para o ano 2014.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que estean recoñecidas en calquera das categorías establecidas no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.
2. Igualmente, e de conformidade co establecido nas disposicións transitorias terceira e cuarta da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, tamén poderán ser beneficiarias as entidades recoñecidas pola normativa anterior á dita lei.
No programa 1, liña I –gastos de funcionamento–, só se concederán axudas ás entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas ou de centros colaboradores da galeguidade.
No programa 1, liña II –proxectos de actividades–, poderán concederse subvencións a calquera entidade recoñecida.
No programa 2 –accións de especial relevancia– só se concederán axudas ás entidades que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas.
3. Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión en canto o dito proceso non estea rematado.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

CORRECCIÓN DE ERROS LEI 9/2013

CONVOCATORIA CURSOS GRATUÍTOS PREPARATORIOS CELGA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga) nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2014, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican no anexo II.
Os cursos impartiranse entre marzo e maio de 2014, en horario de mañá ou de tarde
Beneficiarios dos cursos:Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os cumpran no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
Solicitudes e prazos: As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e utilizarase o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
O prazo para a presentación das solicitudes será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

lunes, 24 de febrero de 2014

APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA, GANDERÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL PARA A UTILIZACIÓN SUSTENTABLE DAS TERRAS AGRÍCOLAS NO ANO 2014

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR


Obxecto e ámbito
1. Pagamentos directos á agricultura e á gandaría.
De acordo co Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro de 2009, (DOUE nº L 30/16, do 31 de xaneiro), polo que se establecen as disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa aos/ás agricultores/as no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axudas aos/ás agricultores/as e polo que se modifican os regulamentos (CE) nº 1290/2005, (CE) nº 247/2006, CE) nº 378/2007 e se derroga o Regulamento (CE) nº 1782/2003, e coas disposicións comunitarias e estatais de desenvolvemento e aplicación deste, esta orde regula os elementos e procedementos para a aplicación de determinados réximes de axuda comunitarios, así como as solicitudes dos/as agricultores/as da Comunidade Autónoma de Galicia das axudas que se indican a continuación:
1.1. Os procedementos para a xestión de dereitos do réxime do pagamento único (RPU), no marco do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro, que comprende:
a) A solicitude de dereitos da reserva nacional.
b) As comunicacións de cesión de dereitos.
1.2. O procedemento para a solicitude, tramitación e concesión aos/ás titulares de explotacións agrarias dos seguintes réximes de axuda comunitarios para o ano 2014, no marco do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, sobre a aplicación a partir de 2012 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría:
a) Pagamento único para os/as titulares de dereitos segundo o establecido no artigo 3.1 do Real decreto 1680/2009, do 13 de novembro, sobre a aplicación do réxime de pagamento único na agricultura e a integración de determinadas axudas nel a partir do ano 2010, de acordo co capítulo II do título II desta orde.
b) Réximes de axuda por gando vacún contidos no capítulo III do título II (Prima por vaca nutriz).
c) Axudas específicas aos/ás produtores/as por aplicación do artigo 68 do Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, contidas no capítulo IV do título II.
1.3. Así mesmo, esta orde regula a aplicación en Galicia do sistema integrado de xestión e control de determinados réximes de axuda comunitarios, de acordo co previsto no Regulamento (CE) nº 73/2009 do Consello, do 19 de xaneiro, e co Regulamento (CE) nº 1122/2009 da Comisión, do 30 de novembro.
2. Axudas ao desenvolvemento rural para a utilización sustentable das terras agrarias.
No marco do eixe 2 para a mellora do ambiente e do medio rural do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período 2007-2013 regúlase no título III desta orde a solicitude, tramitación e concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da indemnización compensatoria de zonas de montaña e outras zonas con dificultades, distintas das de montaña, conforme os artigos 36 letra a), incisos i) e ii) e 37, do Regulamento (CE) nº 1698/2005, así como aos artigos 17 a 20 do Regulamento (CE) nº 1257/1999.
Neste mesmo marco regúlase para o ano 2014 o pagamento das axudas agroambientais e o pagamento das axudas relativas ao benestar dos animais establecidas nos incisos iv) e v) da letra a) do artigo 36, do Regulamento (CE) nº 1698/2005, con base no contrato de explotación sustentable (CES).
O Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) contribuirá cunha participación do 75 % ao cofinanciamento das axudas para a utilización sustentable das terras recollidas no título III desta orde.
3. Tamén se establece en relación co Sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) o tipo, prazo, lugar e procedemento para a presentación das alegacións e solicitudes de modificacións de certa información contida nel.
4. Así mesmo, de acordo co previsto no Real decreto 486/2009, do 3 de abril, polo que se establecen os requisitos legais e de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deben cumprir os/as agricultores/as que reciban pagamentos directos no marco da política agrícola común, os/as beneficiarios/as de determinadas axudas de desenvolvemento rural e os/as agricultores/as que reciban axudas en virtude dos programas de apoio á reestruturación e reconversión e á prima por arrinca de viñedo, establécense os requisitos legais de xestión e as boas condicións agrarias e ambientais que deberán cumprir os/as solicitantes das axudas con relación á condicionalidade, así como o sistema de control e aplicación de reducións e exclusións.
5. Para os efectos do disposto nesta orde, para que unha explotación agraria se considere situada en Galicia deberá encontrarse nunha das dúas situacións seguintes:
a) No caso de que o/a produtor/a presente unha solicitude de axuda baseada na superficie, cando a maior parte da superficie da explotación se atope nesta comunidade autónoma.
b) Nos demais casos, cando o maior número de animais se atope en Galicia.
Prazo de presentación e de admisión de solicitudes
1. O prazo para a presentación da solicitude unificada de axudas PAC/DR 2014 empezará o día 17 de febreiro e finalizará o día 15 de maio de 2014, inclusive, segundo o indicado no artigo único da Orde AAA/69/2014 pola que se modifica para o ano 2014 o prazo de presentación da solicitude única do artigo 87.2 do Real decreto 202/2012, do 23 de xaneiro, sobre a aplicación a partir do ano 2012 dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría.
2. Non obstante o disposto no número anterior, admitiranse solicitudes de axuda ata 25 días naturais seguintes á data de finalización do prazo establecido, caso en que, a excepción dos casos de forza maior e circunstancias excepcionais, os importes de axuda reduciranse un 1 por cento por cada día hábil en que se supere a dita data. Se o atraso é superior a 25 días naturais, a solicitude considerarase inadmisible.
3. Para a consideración dos prazos para a presentación e admisión de solicitudes, terase en conta o indicado no número 2 do artigo 2 do Regulamento (CEE, Euratom) nº 1182/71 do Consello, do 3 de xuño de 1971 (DOUE do 8 de xuño de 1971), polo que se determinan as normas aplicables aos prazos, datas e termos; para a aplicación da presente orde entenderánse por días hábiles todos os días menos os días festivos, os domingos e os sábados.
4. No caso de que a finalización do prazo de presentación dunha solicitude de pagamento ou de xustificantes, contratos ou declaracións en relación coa dita solicitude ou de que a finalización do prazo para modificar a solicitude coincida cun día festivo, un sábado ou un domingo, considerarase que a finalización do prazo é o primeiro día hábil seguinte.

viernes, 21 de febrero de 2014

BOLSAS PARA INVESTIGADORES E TÉCNICOS CONTRATADOS EN CENTROS TECNOLÓXICOS DE GALICIA E EN ORGANISMOS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN CON CENTROS RADICADOS EN GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Convocatoria e bases reguladoras
1. Apróbanse as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación para a realización de estadías durante o ano 2014 fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, preferentemente no estranxeiro, dirixidas a investigadores e técnicos contratados en centros tecnolóxicos e organismos públicos de investigación (OPI), que teñen centros de I+D+i radicados en Galicia, alleos ao Sistema Universitario de Galicia (SUG), co fin de que este persoal poida realizar actividades que melloren a súa formación, así como entrar en contacto con ambientes de investigación e innovación diferentes, mellorando os seus contactos neste ámbito.
2. Así mesmo, convócanse estas axudas para o ano 2014 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código procedemento IN809A).
Requisitos dos solicitantes e duración máxima da estadía
As bolsas poderán ser solicitadas por investigadores e técnicos con vinculación en vigor en centros tecnolóxicos de Galicia ou en organismos públicos de investigación (OPI), alleos ao SUG, que teñan centros radicados na Comunidade Autónoma nos cales desenvolve a súa actividade o solicitante.
A vinculación laboral deberá estar vixente na data do remate do prazo de presentación da solicitude.
Cada persoa só poderá solicitar unha estadía de 1 a 6 meses de duración.
O prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de marzo.

PROBAS DE COMPETENCIA PROFESIONAL DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS


Convocatoria das probas
1. Convócanse probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, para a Comunidade Autónoma de Galicia e para o ano 2014.
2. As probas desenvolverante de conformidade coas bases que indican a continuación:
Primeira. Calendario das probas
1. As probas terán lugar preferentemente en sábado, domingo ou festivo abranguido entre:
– Primeira convocatoria: entre o 5 de abril e o 1 de xuño de 2014.
– Segunda convocatoria: entre o 4 de outubro e o 30 de novembro de 2014.
2. As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para presentarse ás probas poderán facelo a calquera das convocatorias, ou ás dúas sucesivamente; igualmente, en calquera delas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada ou á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas.
Requisitos das persoas aspirantes.
Para poder participar nas probas de xestor de transporte será preciso ter residencia habitual en Galicia antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Para tal efecto, presumirase que a residencia habitual da persoa aspirante se atopa no lugar en que figure o seu domicilio no documento nacional de identidade en vigor; só se admitirá que o domicilio sexa distinto ao que apareza no referido documento cando se dea algunha das seguintes circunstancias:
– Que a persoa aspirante acredite que tivo o seu domicilio en Galicia, cando menos, durante cento oitenta e cinco (185) días naturais do último ano, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes para concorrer aos exercicios;
– Que a persoa aspirante acredite que, sen cumprir o requisito do punto anterior, se viu obrigada por razóns familiares ou profesionais a cambiar a súa residencia en Galicia; non obstante, non se entenderá cumprida esta exixencia nin cando se trate de estadías temporais nunha localidade para a realización dunha actividade de duración determinada, nin cando se trate de supostos de asistencia a unha universidade, escola ou centro docente.
Os prazos de presentación de solicitudes establécense do seguinte xeito:
a) Primeira convocatoria: no prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Segunda convocatoria: do 1 ao 20 de agosto, incluídos ambos os dous días.

AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: establecer un programa de axudas económicas individuais e de carácter extraordinario, non periódico e social para o ano 2014 en réxime de concorrencia non competitiva, dirixido aos emigrantes de nacionalidade española e de orixe galega, e a determinados familiares, residentes nos países do estranxeiro establecidos no artigo 3.2 desta resolución, que se encontren en situación de precariedade económica. Están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
 Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas:
1. Os emigrantes galegos e os seus fillos maiores de 18 anos que posúan a condición de galegos residentes no exterior, de acordo co establecido no parágrafo seguinte deste punto, e que o acrediten segundo o establecido no artigo 14 desta resolución.
Para os efectos da presente convocatoria terán a condición de galegos residentes no exterior aqueles emigrantes que teñan nacido en Galicia ou ben acrediten ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española, así como tamén os seus fillos maiores de dezaoito anos que teñan nacionalidade española e que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior.
2. Os netos de emigrantes galegos, maiores de 18 anos, que teñan a condición de galegos residentes no exterior, que teñan nacionalidade española, que se encontren vinculados con calquera concello galego no censo electoral de residentes no exterior e que acrediten un ano de residencia continuada en Galicia.
3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos números 1 e 2, poderán ser beneficiarios por unha única vez das axudas previstas no artigo 5 desta resolución o seu cónxuxe viúvo, os fillos, a parella de feito ou relación análoga, sempre que non transcorresen máis de quince meses desde o falecemento.
4. Os fillos e netos de emigrantes galegos deberán ter a vinculación con Galicia, cando menos, cun ano de antigüidade.
 Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

miércoles, 19 de febrero de 2014

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A EMIGRANTES GALEGOS RETORNADOS

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto: Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración que teñen por finalidade a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos/ás emigrantes galegos/as retornados/as, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias: Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia que residindo fóra de España retornen á Comunidade Autónoma galega.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas relacionadas na letra a) con residencia no estranxeiro que residindo fóra de España se establezan na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos do establecido neste punto, terá a condición de parella de feito a que figure inscrita como tal no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia regulado polo Decreto 248/2007, do 20 de decembro.
Os/as anteditos/as beneficiarios/as deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2014.

martes, 18 de febrero de 2014

SUBVENCIÓN PARA PROGRAMAS REENCONTROS NA CASA PARA RESIDENTES NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2014, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa Reencontros na Casa para residentes no exterior, durante o ano 2014.

Obxecto
A presente resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar as axudas correspondentes ao programa Reencontros na Casa para o ano 2014, orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.
As axudas consistirán no financiamento parcial do custo da viaxe a Galicia dos emigrantes galegos que carezan de recursos desde os seus países de residencia ata Galicia.
Beneficiarios/as
1. Poderán ser beneficiarios deste programa aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1.1. Ser emigrante galego.
1.2. Ter a nacionalidade española.
1.3. Residir en América.
1.4. Ter, cando menos, 60 anos e estar xubilado ou ter, cando menos, 65 anos de idade, contados na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
1.5. Non ter participado nos últimos cinco anos naturais en programas de viaxes a Galicia desta secretaría xeral.
1.6. Para ser beneficiarios/as deste programa será necesario que poidan valerse por si mesmos e non padecer trastornos psicofísicos que alteren a normal convivencia e que estean en condicións de realizar unha viaxe de longa duración, circunstancias que deberán acreditarse mediante os correspondentes certificados médicos.
1.7. Ter familiares de ata o cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a súa estadía en Galicia.
1.8. Ter ingresos inferiores a tres veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego e Seguridade Social para o ano da convocatoria, segundo países de residencia. Se o solicitante convive con outra ou outras persoas nunha mesma unidade económica familiar, a contía anterior virá determinada pola suma do límite máximo de ingresos persoais máis o resultado de multiplicar o 70 % da devandita cifra polo número de conviventes menos un.
2. Poderán ser beneficiarias, como acompañantes, as persoas unidas por matrimonio, unión de feito ou relación análoga aos solicitantes do programa indicados no punto 1, sempre e cando cumpran os requisitos establecidos nos puntos 1.3, 1.5, 1.6 deste artigo e acheguen a documentación xustificativa.
3. Tamén poderán ser beneficiarios os fillos/as de emigrantes galegos que teñan a condición de galego e cumpran os requisitos indicados nos puntos 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 1.6, 1.7 e 1.8 deste artigo.
4. Entenderase como unidade económica familiar a integrada polo solicitante e, de ser o caso, o seu cónxuxe, parella de feito ou relación análoga, así como os fillos e parentes por consanguinidade ou adopción ata o segundo grao sempre que convivan co solicitante.
5. As relacións de feito análogas ao matrimonio terán que acreditar que levan convivindo polo menos un ano, e tal circunstancia poderase probar por medio da inscrición no rexistro correspondente, por manifestación expresa mediante acta de notoriedade ou por calquera outro medio admisible en dereito. No caso de teren fillos en común chegará con acreditar a convivencia.
 Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes para este programa será de corenta días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓN PARA PROGRAMAS DE APOIO INFRAESTRUTURAL E ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS ÁS COMUNIDADES GALEGAS NO EXTERIOR

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades galegas no exterior, para a realización dos seguintes programas:
– Programa A. Axudas para a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural.
– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.
2. Así mesmo, ten por obxecto convocar as devanditas subvencións para o ano 2014.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que, de acordo coa tipoloxía establecida no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas ou de centros colaboradores da galeguidade.
2. Igualmente, e de conformidade co establecido nas disposicións transitorias terceira e cuarta da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, tamén poderán ser beneficiarias as comunidades galegas e os centros colaboradores recoñecidos pola normativa anterior á devandita lei.
3. Non poderán concorrer ás subvencións establecidas nesta convocatoria as entidades galegas que teñan adoptado o acordo de iniciar un proceso de unión ou fusión mentres que o devandito proceso non estea rematado.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

jueves, 13 de febrero de 2014

AXUDAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS ESCRITAS ÍNTEGRAMENTE EN GALEGO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto e réxime das subvencións
1. De acordo co artigo 2 do Decreto 103/1994, do 21 de abril, polo que se establecen axudas dirixidas ás publicacións periódicas escritas integramente en galego normativizado, estas axudas económicas teñen por obxecto a expansión e difusión do galego normativizado e da cultura nas tarefas de información xornalística.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.
Beneficiarios e solicitudes
1. Os beneficiarios destas axudas serán as empresas xornalísticas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego, radicadas en Galicia e inscritas no Rexistro Mercantil, as cales fosen difundidas durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria.
2. Quedan excluídas da concesión de axudas:
a) Os boletíns de información interior ou de institucións.
b) As publicacións de organizacións políticas, empresariais, profesionais, sindicais ou de entidades públicas.
c) As publicacións que se distribúan como suplemento ou de forma conxunta con outra publicación.
d) As publicacións que, estando sometidas ao control da Oficina de Xustificación da Difusión (OXD), non presenten o certificado acreditativo da difusión expedido polo dito organismo.
e) As publicacións que durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria non se publicasen en galego normativizado, segundo informe da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que se incorporará á acta da comisión de avaliación, de acordo co establecido no Decreto 173/1982, do 17 de novembro, de normativización da lingua galega (DOG do 20 de abril de 1983), e na disposición adicional da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, e as que incluísen publicidade que non se ateña ao disposto no artigo 10 da dita lei en materia de toponimia.
f) Aquelas publicacións que non se editasen durante o ano natural anterior ao da correspondente convocatoria ou non manteñan a súa actividade no momento da solicitude da subvención.
Prazo de solicitude: ata o 13 de marzo de 2013.

martes, 11 de febrero de 2014

CONVOCATORIA TITULO DE BACHAREL PARA MAIORES DE 20 ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2014, nas modalidades de Ciencias e tecnoloxía e Humanidades e ciencias sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

 Condicións das persoas aspirantes.
1. Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2014.
b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.
c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2013/14.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
2. Os aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.
Poderanse matricular tamén na proba, para realizar o exercicio correspondente ás materias comúns, os aspirantes que teñan superadas as materias de modalidade de calquera das dúas vías da modalidade de Artes.
Forma de presentación, lugar de presentación e prazo.
1. As solicitudes deberán presentarse en soporte papel, de acordo co modelo que se incorpora como anexo I a esta resolución, nos centros sinalados no número 3 desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
2. As solicitudes irán dirixidas ao director ou directora do centro onde se presenten ou onde se dirixan esas solicitudes.
3. Os centros onde se pode presentar as solicitudes son os seguintes:
a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa Pepín Rivero 3, 15003 A Coruña.
b) IES San Clemente, rúa San Clemente, 15705 Santiago de Compostela.
c) Centro EPA Albeiros, Parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.
d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomaior 4, 32002 Ourense.
e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Bos Aires 26, 36002 Pontevedra.
f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.
4. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 17 e o 28 de febreiro de 2014.

viernes, 7 de febrero de 2014

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: Convocar as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria no ano 2014, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:
Condicións das persoas aspirantes
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.
3. Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
4. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2013/14 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
5. O alumnado matriculado durante o curso 2013/14 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
5.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
5.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.
Prazos de presentación de solicitudes:
Os prazos de matrícula serán:
– Convocatoria de maio: 24 de marzo ao 4 de abril de 2014, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE DETERMINADOS CARNÉS PROFESIONAIS E HABILITACIÓNS PROFESIONAIS NO ANO 2014

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 27 de xaneiro de 2014 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2014.

Obxecto: O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2014 nas seguintes especialidades:
– Operador/ora industrial de caldeiras.
– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
– Instalador/ora de gas, categoría A.
– Instalador/ora de gas, categoría B.
– Instalador/ora de gas, categoría C.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
– Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
– Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
– Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.
– Manipulador/ora de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.
Requisitos das persoas aspirantes: Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren en idade legal laboral ou teren cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.
b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.
Prazo de presentación de solicitudes:
1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 10 ao día 21 de febreiro de 2014, ambos os dous incluídos.
2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 12 de xullo de 2014, ambos os dous incluídos.

martes, 4 de febrero de 2014

SUBVENCIÓN PARA A APERTURA DE NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA



Obxecto e réxime das subvencións
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a apertura de novos establecementos comerciais.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro).
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
En concreto, considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 a adquisición de:
1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.
As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.
Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000,00 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.
4. Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.
5. En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000,00 €, IVE excluído.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.
b) Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio de 2003 (DOUE nº 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da actividade.
d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.
Prazo de solicitude: ata o 30 de xuño de 2014.