miércoles, 27 de julio de 2022

SUBVENCIÓNS ACTUACIÓNS DO PLAN CORRESPONSABLES 2022

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades locais, a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e a asociacións de pais e nais para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento SI436A, SI436B e SI436C).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto regular a concesión de subvencións destinadas desenvolver e financiar o desenvolvemento do Plan Corresponsables, consistente en actuacións orientadas a facilitar a corresponsabilidade nas familias con fillas e fillos de ata 16 anos incluídos, mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a creación de emprego de calidade no ámbito dos coidados e a formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados.

Procedementos e liñas de subvencións
Estas bases reguladoras contemplan os seguintes procedementos:
a) Liña de Plan Corresponsables no ámbito local, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento SI436A).
b) Liña de Plan Corresponsables para desenvolver polas entidades de iniciativa social (código de procedemento SI436B).
c) Liña de Plan Corresponsables para desenvolver polas asociacións de nais e pais, de centros sostidos pola Xunta de Galicia, federacións e confederacións de nais e pais (código de procedemento SI436C).

Actuacións subvencionables
Considéranse subvencionables as actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con fillas e fillos menores de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.
As actuacións destinaranse ao coidado de menores en familias con fillas e fillos de ata 16 anos incluídos, e con carácter prioritario en caso de vítimas de violencia de xénero en todas as súas manifestacións, especialmente cando teñan que acudir a interpoñer denuncias, procesos xudiciais, citas médicas e terapéuticas, ou outros trámites burocráticos; familias monoparentais; mulleres en situación de desemprego para realizar accións formativas ou procura activa de emprego; mulleres maiores de 45 anos ou unidades familiares en que existan outras cargas relacionadas cos coidados.
Ao abeiro do disposto na presente resolución, serán subvencionables as seguintes tipoloxías de proxectos:
1. Bolsas de coidado profesional de menores en familias con fillas e fillos de ata 16 anos de idade, coa posibilidade de desenvolver unha ou máis das seguintes modalidades:
a) Habilitación de servizos de coidado profesional de calidade, e con garantía de dereitos laborais dos profesionais que presten os seus servizos neste marco, de nenas, nenos, mozos e mozas de ata 16 anos de idade que poidan prestarse en domicilio por un número determinado de horas semanais.
b) Habilitación de servizos de coidado profesional de calidade, e con garantía de dereitos laborais dos profesionais que presten os seus servizos neste marco, de nenas, nenos, mozos e mozas de ata 16 anos de idade, que poidan prestarse en dependencias públicas convenientemente habilitadas para o efecto, tales como escolas, centros municipais, multiúsos, polideportivos, ludotecas, entre outros, cumprindo coas garantías sanitarias, así como coa normativa que lles sexa de aplicación.
2. Plans de sensibilización e formación en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias: implementación de plans e actuacións de formación en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias, para promover a perspectiva de xénero e fomentar a corresponsabilidade no ámbito de coidados.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

martes, 26 de julio de 2022

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 16 AO 22 DE XULLO

 



CONCURSO FOTOGRÁFICO SENSACIÓNS SAUDABLES 2022

xuventude.xunta.es

Vas pasar un verán cheo de actividades ao aire libre! Cóntanolo con imaxes! PARTICIPA NO  CONCURSO FOTOGRÁFICO  SE...

Segue aberto o prazo:



 

 





 

 

 



 



 

 



 

 





http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico



Saúdos

AMPLIACION DE PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDE DA III EDICIÓN DOS PREMIOS DE INNOVACIÓN EN SAÚDE

 AXENCIA GALEGA PARA A XESTIÓN DO COÑECEMENTO EN SAÚDE

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022 pola que se acorda a ampliación de prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Resolución do 9 de maio de 2022 pola que se aproban e se publican as bases reguladoras da III edición dos Premios de innovación en saúde no Sistema público de saúde de Galicia 2022 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento SA304A).

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDAS PARA O DESENVOLVEMNTO DO PLAN FOEXGA 2021-2022

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022 pola que se amplía o crédito dispoñible establecido na Resolución do 15 de marzo de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para o desenvolvemento do Plan Foexga 2021-2022, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IG422B), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (código de procedemento IG422A), e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.


viernes, 22 de julio de 2022

AXUDAS EXCEPCIONAIS A DETERMINADAS EXPLOTACIÓNS GANDEIRAS PARA COMPENSAR AS DIFICULTADES ECONÓMICAS DERIVADAS DA INVASIÓN RUSA DE UCRAÍNA

 FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína.

Obxecto e finalidade
O obxecto desta resolución é establecer o procedemento para conceder as axudas gandeiras do Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.
A finalidade destas axudas é apoiar as explotacións gandeiras que leven a cabo algunha das actividades a favor do ambiente previstas no artigo 1.3 do Regulamento delegado 2022/467 da Comisión, do 23 de marzo de 2022.

Persoas destinatarias
Poderán ser beneficiarias das axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras de vacún de carne, de ovellas, de cabras, de aves ou de coellos que cumpran os requisitos establecidos no Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.

Límites máximos e mínimos para recibir axudas
Os límites subvencionables por persoa beneficiaria son:
a) Explotacións de carne de vacún: ata 125 vacas nutrices.
b) Cebadeiros de vacún: ata 520 xatos de ceba.
c) Explotacións de ovino ou cabrún: ata 800 ovellas ou cabras.
d) Explotacións de aves: desde 251 prazas.
e) Explotacións de coellos: desde 50 prazas.
As contías unitarias máximas por animal para os produtores de vacún, ovino e cabrún de carne e a axuda máxima por persoa beneficiaria para as explotacións de avicultura de carne e de coellos serán as recollidas no artigo 6 do Real decreto 428/2022.

Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes
De acordo cos artigos 7 e 9 do anexo da resolución.

10 BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROXECTOS DE INVESTIGACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 13 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán o concurso público, correspondente ao ano 2022, de dez bolsas de formación en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PL500D).

Obxecto
Contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas bolsas as persoas licenciadas ou graduadas universitarias en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan, ademais dos requisitos específicos que se sinalan nos anexos desta orde, os seguintes requisitos xerais, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión do título universitario de licenciatura ou de grao exixido no proxecto para o cal presente a solicitude. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes ao curso académico 2007/08 ou posterior.
c) Acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4, agás os que acrediten estar en posesión do título de licenciatura en Filoloxía Galega ou graos equivalentes.
d) Non resultar beneficiario dunha bolsa en concursos anteriores ou contratos no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.
e) Posuír unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6,5 puntos, calculada de acordo cos parámetros publicados na Resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 15 de setembro de 2011 (DOG número 188, do 30 de setembro).
As persoas solicitantes que cursasen os seus estudos en universidades non pertencentes ao Sistema universitario de Galicia e posúan certificación académica nun idioma distinto do galego ou do castelán deberán xuntar a correspondente tradución xuramentada. A certificación do expediente académico indicará: a data de iniciación e remate dos estudos, os créditos superados e as cualificacións obtidas; e deberá axustarse aos criterios estatais, tanto aos do Real decreto 1125/2003, do 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE número 224, do 18 de setembro de 2003), como aos que deben incluírse no suplemento europeo ao título (SET), e a nota media do expediente académico calcularase de acordo cos parámetros fixados pola devandita Resolución do 15 de setembro de 2011.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria.

Outros datos
As solicitudes formalizaranse no modelo que se xunta como anexo II a esta convocatoria e deberán ir acompañadas da documentación indicada na base sexta da orde.

Proxectos de investigación
Os proxectos de investigación en que poderán formarse son: Bibliografía da literatura galega; Fraseoloxía galega (2 bolsas); Corpus de Referencia do Galego Actual; Cantigas de Santa María; Prosa literaria medieval; Terminoloxía científico-técnica; Recursos para o desenvolvemento das tecnoloxías da fala; Base de datos do ALIR e Dicionarios de literatura.

jueves, 21 de julio de 2022

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA A PREPARACIÓN E REALIZACIÓN DE PROXECTOS DE COOPERACIÓN ENTRE GRUPOS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de xullo de 2022 pola que se publica o Acordo do Consello de Dirección, do 28 de xuño de 2022, polo que se modifica o Acordo do 30 de xullo de 2018 polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a preparación e realización de proxectos de cooperación entre grupos de desenvolvemento rural, ao abeiro da medida Leader (submedida 19.3), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MR710A).

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DO EMPREGO COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2022

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 12 de xullo de 2022 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento TR352A).

Obxecto

Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e das condicións polas cales se rexerá, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a convocatoria pública, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións que, baixo a rúbrica xeral de programas de cooperación institucionais, están destinadas ao financiamento de accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro sinaladas no artigo 3, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas e mulleres vítimas de violencia de xénero desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social (código de procedemento TR352A), co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas e subvencións previstas na presente orde as entidades sen ánimo de lucro que, na data de publicación da presente convocatoria, estean inscritas na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), cuxa actividade principal estea dirixida a desenvolver ou fomentar accións específicas para a inserción das persoas con discapacidade, en risco de exclusión social, servizos comunitarios, igualdade, maiores, familia, infancia, menores ou mulleres, de conformidade coas áreas de actuación recollidas no RUEPSS (comunidade, dependencia, discapacidade, inclusión, maiores, familia, infancia, menores e igualdade), sempre que non estean incursas nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
As entidades deberán dispoñer dun centro de traballo, entendendo por tal unha oficina ou delegación permanente que poida ser habilitada para o efecto, na Comunidade Autónoma de Galicia, distinta da sede social da entidade cando coincida co domicilio das persoas físicas que dirixen a entidade, en propiedade, arrendada ou cedida formalmente a esta.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.