lunes, 26 de junio de 2017

PREMIOS DE ARTESANIA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.
Beneficiarios
Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de candidaturas iniciase a partir das 8.00 horas do 2 de novembro de 2017 e remata ás 14.30 horas do 17 de novembro de 2017.

AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de experiencias piloto destinadas á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C).
Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas para pór en marcha unha casa niño as persoas físicas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión ou contar, cando menos, cunha persoa socia, no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións que se recollen a seguir ou equivalente, ou da formación ou experiencia seguintes:
1º. Técnico/a superior en educación infantil.
2º. Grao en mestre/a de educación infantil/educación primaria.
3º. Grao en pedagoxía, psicoloxía ou educación social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
b) Residir nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
c) Contar cun inmoble nun núcleo rural en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha da experiencia piloto.
d) Dispoñer dun plan de actuación cos nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.
e) Establecerse como empresaria/o autónoma/o ou constituír unha cooperativa de traballo asociado.
f) Acreditar unha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado, esta revisión médica deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto piloto.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

jueves, 22 de junio de 2017

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS A PROXECTOS DE FORMACIÓN NDUSTRIA 4.0

BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA DE VELAZQUEZ EN MADRID

CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Obxecto
O establecemento das bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerá a convocatoria das bolsas de estadía na Casa de Velázquez en Madrid, na cal se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.
Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2011.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS PARA O FOMENTO DE CONTRATACIÓN DE TECNÓLOGOS

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


 Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas do programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun ano de persoal para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as devanditas axudas para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN848C). As axudas concedidas ás empresas axustaranse, no marco da presente resolución, ao establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, en virtude do cal o importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá de 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas:
a) As empresas con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.
b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

DETERMINACIÓN DE ÉPOCA DE PERIGO ALTO DE INCENDIOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 15 de xuño de 2017 pola que se determina a época de perigo alto de incendios.

As análises espazo-temporais dos lumes forestais en Galicia nos últimos vinte anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria e, polo tanto, débense considerar como épocas de perigo alto de incendios:
– Unha época fixa no período estival, que se corresponde normalmente coa campaña de incendios, durante os meses de xullo, agosto e setembro.
– Unha época variable, cunha duración aproximada dun mes, que oscila normalmente entre os meses de febreiro, marzo e abril.
Nestas épocas o despregamento de medios de extinción e alerta deberá ser máximo, en función dos índices de risco.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS PARA INVESTIMENTOS EN TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS AGRARARIOS

AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS NUMEROSAS PARA ESTADÍAS DE FIN DE SEMANA NAS ESTACIÓNS DE MONTAÑ

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Convocar para o ano 2017 o procedemento para a concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento BS423D).
O outorgamento das axudas a que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos na aplicación orzamentaria 12.02.312B.481.0 dos orzamentos do ano 2017 da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social, cunha contía global de 20.000 €.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos desta orde, enténdese por unidade familiar a composta por todos os membros que figuran no título de familia numerosa.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

PROGRAMA DE INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria
Obxecto
O obxecto deste programa é subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de seguridade social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.
Entidades beneficiarias
1. As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar as persoas traballadoras con discapacidade ás cales se lles vai prestar o emprego con apoio.
2. Os centros especiais de emprego, cualificados e inscritos como tales no rexistro correspondente, que subscriban un convenio de colaboración coa empresa que vai contratar persoas traballadoras con discapacidade procedentes do cadro de persoal do mesmo centro ou doutros centros especiais de emprego.
3. As empresas do mercado ordinario de traballo, incluídos os traballadores e traballadoras autónomos, que contraten as persoas traballadoras con discapacidade beneficiarias das ditas accións sempre que conten no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados ou se comprometan a incorporalos, e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento adecuado dos programas de emprego con apoio.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, regulado no capítulo III da orde, é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo.

Obxecto
Este programa ten por obxecto incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade nas empresas ordinarias coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.
Tipos de axudas
a) Subvención pola contratación indefinida.
b) Subvención pola contratación indefinida de persoas traballadoras con discapacidade dun enclave laboral.
c) Subvención pola contratación temporal (mínimo 1 ano de duración).
d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das axudas previstas neste programa os/as empregadores/as e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, fundacións, asociacións e outras institucións sen fin de lucro que contraten persoas traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo II da orde.
Prazo de presentación de solicitudes
a) As solicitudes de axudas á contratación poderán presentarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes, que finalizará o 30 de setembro de 2017.
b) As solicitudes de axuda pola adaptación de postos de traballo poderán presentarse antes do inicio desta adaptación, respectando, en todo caso, o prazo xeral de presentación de solicitudes, que finalizará o 30 de setembro de 2017.
c) As contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e as adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación desta orde poderanse acoller ás súas axudas, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a contratación ou se tivese iniciado a execución do proxecto de investimento. O prazo para a presentación destas solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

CONVOCATORIA SELECCIÓN DE PERSOAL PARA BRIGADAS INCENCIOS E DESBROCES.

AS NOGAIS Anuncio

 Por Xunta de Goberno do 15 de xuño de 2017, foron aprobadas as bases específicas para a selección e posterior contratación de 10 traballadores/as para a formación de dúas “brigadas de prevención e defensa contra incendios” , 1 traballador para actuacións de desbroces mecanizados e 3 traballadores para actuacións de Vehiculo Motobomba o abeiro do Convenio de colaboración subscrito entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de As Nogais para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais mediante a actuación de medios de prevención e defensa, para os seguintes postos: - 2 Xefes de brigada. - 2 Peóns condutor - 6 Peóns de brigada. - 1 Peón tractorista. - 3 Condutores motobomba Duración dos contratos: 3 meses. Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do concello en horario de 8.00 a 15.00 horas, de luns a venres. Mais información nas bases específicas da convocatoria que poderán ser consultadas no taboleiro de edictos do concello de As Nogais. Este proceso selectivo está exento de taxas.
 As Nogais, 16 de xuño de 2017.- O Alcalde, Jesús Manuel Núñez Díaz. R

CONTRATO EN PRÁCTICAS PARA ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO


O obxecto desta convocatoria é proceder a convocar, con carácter provisional, proceso selectivo para acceder a empregos mediante a formalización de contratos laborais temporais, baixo a modalidade “en prácticas”.
Características dos empregos obxecto da convocatoria:
DENOMINACIÓN DO EMPREGO TÍTULO ACADÉMICO Nº EMPREGOS
Enxeñeiro/a Técnico/a Agrícola Enxeñería Técnica Agrícola. 1





CONTRATOS EN PRÁCTICAS DE TITULADOS EN GRADO DE CIENCIAS DA CULTURA OU LICENCIATURA EN HUMANIDADES

martes, 20 de junio de 2017

AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUCTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Regular as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia a través de plans (colectivos e individuais) e realizar a súa convocatoria para 2017, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.Persoas beneficiarias
Persoas beneficiarias
1. Os viticultores inscritos no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) que destinen a produción de uva a vinificación.
2. Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.-AXUDAS ÁS ENTIDADES RECOÑECIDAS COMO AGRUPACIÓNS DE DEFENSA SANITARIA GANDEIRA

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE SUPERFICIES FORESTAIS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2017 en réxime de concorrencia competitiva (procedemento MR670B).
2. Estas axudas ampáranse nos artigos 21.1 e 22 do Regulamento (UE) 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello (DOUE 20.12.2013, L347), e tramítanse ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, aprobado pola Decisión de execución da Comisión do 18 de novembro de 2015.
3. As axudas obxecto de subvención son as seguintes:
a) Axudas á primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo I desta orde.
b) Axudas á primeira forestación de especies frondosas caducifolias con especies do anexo II desta orde.
Entidades beneficiarias
1. As entidades beneficiarias serán persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores, non admitíndose a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.
2. Das axudas previstas nesta orde serán persoas beneficiarias as sociedades de fomento forestal (Sofor), os propietarios particulares de forma individual, as asociacións e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os proindivisos, os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas e as comunidades de montes veciñais en man común (en diante CMVMC), que cumpran o establecido no punto 1.
3. As entidades beneficiarias deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda. Así mesmo, deberán ter presentadas as comunicacións dos ingresos e reinvestimentos no prazo establecido no capítulo III do Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal.
5. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de Sociedades de Fomento Forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre, polo menos, unha das seguintes circunstancias:
a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
b) Tratándose dunha sociedade na cal, polo menos, algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
c) Cando a empresa estea inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.
As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise, salvo que cumpran a condición establecida na letra c).
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
7. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde.
2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 21 da orde e estarán condicionados á aprobación da axuda. Para a realización da inspección previa, o solicitante da axuda deberá pedir ao Servizo Provincial de Montes da provincia que se realice a dita inspección previa.

AXUDAS PARA A CONSOLIDACIÓN E ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS E OUTRAS ACCIÓNS DE FOMENTO NAS UNIVERSIDADES DO SUG.



CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:
Modalidade A: grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e pola súa actividade de I+D, constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.
Modalidade B: grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e pola súa actividade de I+D, amosen potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.
Modalidade C: redes de investigación. Axudas a grupos de investigación para apoiar o desenvolvemento dun plan de actuacións en rede que permita conformar novas capacidades científicas e abordar con maior efectividade novos obxectivos en investigación.
Modalidade D: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional. Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades: 1. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada, e 2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.
Entidades beneficiarias
As seguintes entidades: a) as universidades do SUG; b) os organismos públicos de investigación de Galicia; c) as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur); d) os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia, segundo os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV para cada caso.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 16 de junio de 2017

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR PARA O ANO 2017.

UNIVERSIDADE DA CORUÑA


1. Quenda de acceso libre.
1.1. Persoal docente e investigador dos corpos docentes universitarios
Número de prazas   Corpo
7                              Profesor/a titular de universidade
1.2. Persoal docente e investigador contratado.
Número de prazas  Categoría
21                           Profesor/a contratado/a doutor/a
2. Quenda de promoción interna.
En aplicación do disposto na disposición derradeira segunda do Real decreto lei 10/2015, do 11 de setembro, que modifica o artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, inclúense na OPE para o ano 2017 as seguintes prazas polo procedemento de promoción interna:
Número de prazas  Corpo
7                             Catedrático/a de universidade
A OPE das mencionadas prazas non afecta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria establecidos para a Universidade da Coruña nin os demais límites fixados na Lei orgánica 2/2012, do 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira.

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS DE PRODUCIÓN GALEGA

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Finalidade
A finalidade das subvencións é o fomento dos traballos previos á produción audiovisual, nas modalidades establecidas na base seguinte, que se atopen en fase inicial de desenvolvemento e que se prevexa que se levará a cabo nos exercicios 2017 e 2018, nas modalidades seguintes:
1. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as seguintes:
a) Desenvolvemento de proxectos de ficción para cine e televisión (longametraxes, series e miniseries).
b) Desenvolvemento de proxectos de animación (longametraxes cinematográficas e series de animación para televisión).
c) Desenvolvemento de proxectos de documental para cine e televisión.
d) Desenvolvemento de proxectos de pilotos de programas para televisión que destaquen por ofrecer formatos innovadores e alto potencial de internacionalización.
Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas ou xurídicas constituídas como produtoras audiovisuais independentes cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano (epígrafe IAE 9611), e con sucursal ou oficina permanente polo menos un ano, previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES PRIVADAS SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE CARÁCTER SOCIOSANITARIO

CONSELLERÍA DE SANIDADE


Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas de carácter sociosanitario. Os devanditos programas están destinados á realización de actividades no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas ao alcoholismo, alcoholismo e outras adiccións sen substancia, ludopatía, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista, trastornos da conduta alimentaria, parálise cerebral e enfermidade de párkinson.
A súa finalidade é aumentar a autonomía, paliar as posibles limitacións e favorecer a rehabilitación e integración das persoas que compoñen os ditos colectivos.
As actividades subvencionables desagréganse nas seguintes liñas de axuda:
Liña A. Orientada a desenvolver programas de carácter sociosanitario destinados á realización de actividades no proceso de atención e rehabilitación de persoas con especiais necesidades de atención sociosanitaria asociadas á ludopatía, ao alcoholismo e/ou ao alcoholismo e outras adiccións sen substancia:
a) Ludopatía:
Programas sociosanitarios de rehabilitación en persoas afectadas por ludopatía.
b) Alcoholismo e/ou alcoholismo e outras adiccións sen substancia:
1º. Programas sociosanitarios de apoio á abstinencia en persoas non sometidas a tratamento ambulatorio.
2º. Programas sociosanitarios de prevención de recaídas dirixidos a pacientes que estean en tratamento ambulatorio.
Liña B. Orientada a desenvolver programas de carácter sociosanitario destinados á realización de actividades no proceso de atención e rehabilitación de persoas afectadas por dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista, trastornos da conduta alimentaria, parálise cerebral e enfermidade de párkinson:
1º. Programas de rehabilitación fisioterápica.
2º. Programas de rehabilitación logopédica.
3º. Programas de rehabilitación cognitiva.
4º. Programas de terapia ocupacional.
5º. Programas de apoio psicolóxico.
Entidades beneficiarias
Para seren beneficiaria das axudas publicadas nesta orde, as entidades deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser unha entidade privada sen ánimo de lucro cuxos fins estatutarios principais sexan a realización de actividades de apoio e axuda ao colectivo a que se dirixen os programas de atención sociosanitaria para os cales se solicita subvención: alcohol, alcohol e outras adiccións sen substancia, ludopatía, dano cerebral adquirido, enfermidades raras, trastorno do espectro autista, trastornos da conduta alimentaria, parálise cerebral e enfermidade de párkinson.
b) Estaren legalmente constituídas, polo menos con dous anos de anterioridade con respecto á data de publicación desta convocatoria, coa excepción das federacións recentemente constituídas que estean integradas maioritariamente por asociacións cunha antigüidade que sexa superior aos dous anos. Así mesmo, deberán estar inscritas no rexistro administrativo correspondente.
c) Dispoñer dunha sede central ou delegación permanente na Comunidade Autónoma de Galicia; enténdese como tal a presenza física e o domicilio social nela, e comprometerse, así mesmo, a desenvolver as actividades subvencionadas dentro do seu territorio.
d) Ter un horario mínimo de atención ao público de 20 horas semanais, destinadas a dar información e prestar axuda dun xeito prioritario aos colectivos afectados.
e) Dispoñer de estrutura técnica e capacidade suficiente para garantir o cumprimento dos obxectivos propostos no programa presentado, así como experiencia operativa na súa implementación.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 15 de junio de 2017

PREMIOS SMART COMMERCE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Smart Commerce como un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostan por situar o cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos á súa disposición co fin de lle achegar a súa oferta.
Persoas beneficiarias
Poderán optar aos premios os comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. Cada comerciante solicitará a participación nunha única categoría, para o cal marcará o recadro correspondente da solicitude.
Contía
Destínase un total de 9.500 euros da aplicación orzamentaria 09.30.751A.480.0.
Os premios do Comercio de Galicia constarán das seguintes categorías:
a) Premio Smart Commerce Galicia, cunha contía de 3.000 euros, na cal se incluirá o premio correspondente á provincia.
b) Premio Smart Commerce Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia.
c) Premio E-Commerce, cunha contía de 1.000 euros.
d) Premio Social Commerce, cunha contía de 1.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes
Dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o da publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓN PARA A MELLORA DA IMAXE, ACONDICIONAMENTO E MODERNIZACIÓN DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS RETALLISTAS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
A concesión de subvencións para a mellora da imaxe, acondicionamento e modernización dos establecementos comerciais retallistas.
Beneficiarias
As persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.
Que, tendo a condición de peme conforme os requisitos establecidos pola Comisión Europea na súa Recomendación 2003/361/CE, do 6 de maio (DOUE 124, do 20 de maio, p. 36), empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.
Que estea dada de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que esta constitúa a actividade principal do solicitante.
Que desenvolvan a actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros cadrados, agás que a actividade comercial se encadre na epígrafe 653.1 do IAE.
Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 14 de junio de 2017

SUBVENCIÓNS PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Finalidade
Esta resolución ten por obxecto convocar, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago (procedemento VI408E).
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva ou coa cédula de rehabilitación de calidade.
No suposto de actuacións promovidas por comunidades de persoas propietarias, só poderán ser beneficiarias as persoas físicas titulares das vivendas ou dun dereito real que permita acometer as ditas actuacións. Estas persoas serán beneficiarias en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
2. Será requisito para poder ser persoa beneficiaria da subvención estar dedicando a vivenda a domicilio habitual e permanente, circunstancia que se acreditará do seguinte modo:
– No caso de destinarse a uso propio, mediante certificado de empadroamento que acredite o destino da vivenda rehabilitada a domicilio habitual e permanente desde o día seguinte ao data da notificación da cualificación definitiva e cunha duración mínima de cinco anos. Non obstante, no caso de que a cualificación definitiva se tivese notificado nun prazo inferior aos cinco anos, acreditarase o destino da vivenda a domicilio habitual e permanente desde esa data e ata a data da solicitude da subvención, sen prexuízo de ter que destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente durante o citado prazo de cinco anos.
– No caso de destinarse a alugamento, mediante un contrato de arrendamento cunha duración mínima de cinco anos e que deberá estar formalizado entre o día seguinte ao da notificación da cualificación definitiva e o da publicación da convocatoria de subvención.
No suposto de vivendas con cédula de rehabilitación de calidade ou actuacións promovidas por comunidades de propietarios/as, o requisito de estar dedicando a vivenda a domicilio habitual e permanente polas persoas propietarias ou inquilinas, no caso de alugamento, exixirase desde a data da solicitude da subvención.
No suposto de poboación galega residente no exterior da Comunidade Autónoma e que non destine as vivendas ao alugamento, a obriga de residencia habitual e permanente limitarase á residencia na vivenda rehabilitada ou reconstruída durante un período de, polo menos, 15 días ao ano.
3. Para o caso de actuacións con destino a uso propio, exixirase que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria non excedan os seguintes límites:
a) 3,5 veces o índice público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM), no caso de expedientes no ámbito rural iniciados ao abeiro do Decreto 157/2006, do 7 de setembro, que continuaron a súa tramitación en aplicación das disposicións transitorias segunda e cuarta do Decreto 44/2011, do 10 de marzo.
b) 6,5 veces o IPREM, no caso de expedientes no ámbito histórico ou dos Camiños de Santiago iniciados ao abeiro do Decreto 157/2006, do 7 de setembro, que continuaron a súa tramitación en aplicación da disposición transitoria segunda do Decreto 44/2011, do 10 de marzo.
4. Para o caso de actuacións con destino ao alugamento, exixirase que os ingresos ponderados das unidades de convivencia das persoas que residan na vivenda non excedan 4,5 veces o IPREM.
5. En ningún caso poderán ser beneficiarias destas axudas aquelas persoas que as solicitasen nas convocatorias dos últimos catro anos, agás que desistisen expresamente das súas solicitudes, as presentaran fóra do prazo ou, téndoa solicitada dentro de prazo, a data da cualificación definitiva exceda o límite establecido no seu día na correspondente convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CONVOCATORIA OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA



Obxecto
Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a adquisición, mediante un curso de preparación na modalidade de teleformación, das capacidades que constitúen o Plan formativo ofimático de Galicia e a súa posterior avaliación a través da correspondente proba presencial.
Destinatarios
Persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes do remate do prazo de inscrición.
Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 4 de setembro ao 26 de novembro de 2017.
Contido
1. No curso desenvolveranse os seguintes temas:
• Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas).
• Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer (30 horas).
• Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas).
• Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas).
• Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas).
2. O temario para a avaliación será o descrito no módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas), asociado á unidade de competencia UC0233_2 Manexar aplicacións ofimáticas na xestión da información e a documentación, do Catálogo nacional de cualificacións. As capacidades e criterios de avaliación do dito módulo formativo poden consultarse no Real decreto 558/2011, do 20 de abril, polo que se complementa o Catálogo nacional de cualificacións profesionais, mediante o establecemento de dúas cualificacións profesionais correspondentes á familia profesional de Administración e Xestión (BOE núm. 109, do 7 de maio).
Solicitudes de participación
1. As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través da internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal), ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
2. Con carácter previo á inscrición, é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.
3. O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
4. Unha vez que remate o prazo de inscrición e aplicados os criterios de selección que se recollen na base Sexta, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT (http://cemit.xunta.gal), así como un número adecuado de reservas.

MODIFICACIÓN.- ACTUACIÓNS DE REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións do Programa de rexeneración e renovación urbana da área de rehabilitación integral (ARI) dos Camiños de Santiago para a anualidade de 2017 (código de procedemento VI408H).
2. Estas subvencións están destinadas a financiar actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas situadas no ámbito da ARI dos Camiños de Santiago que conten coa correspondente resolución de cualificación definitiva outorgada polo IGVS.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias. Así mesmo, poderán ser beneficiarias as persoas físicas propietarias únicas de edificios ou de vivendas que estean en posesión da correspondente cualificación definitiva.
Contía
1. As subvencións contidas no Plan estatal 2013-2016 faranse efectivas con cargo á aplicación 08.80.451A.780.5 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017, por importe de 2.151.207,31 euros.
2. As subvencións autonómicas faranse efectivas con cargo á aplicación 08.80.451A.780.4 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017, por importe de 750.000 euros.
3. As axudas contidas no Plan estatal 2013-2016 terán un importe máximo de 11.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 35 % do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.
4. As axudas autonómicas terán un importe máximo de 4.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación, sen que en ningún caso poida exceder o 10 % do custo subvencionable da actuación reflectido na cualificación definitiva.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes de subvención comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2017 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario contido nesta convocatoria.

martes, 13 de junio de 2017

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE REHABILITACIÓN EDIFICATORIA DO PLAN ESTATAL DE FOMENTO DO ALUGAMENTO DE VIVENDAS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar as subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria para a anualidade 2017, código de procedemento VI422E.
2. Estas axudas están destinadas a subvencionar a realización de actuacións de rehabilitación que consisten na execución de obras e traballos de mantemento e intervención nas instalacións fixas e equipamento propio, así como nos elementos e espazos privativos comúns dos edificios de tipoloxía residencial colectiva que cumpran os seguintes requisitos:
a) Que estean finalizados antes de 1981.
b) Que, polo menos, o 70 % da súa superficie construída sobre rasante teña uso residencial.
c) Que, polo menos, o 70 % das súas vivendas constitúa o domicilio habitual das persoas moradoras.
3. Excepcionalmente, admitiranse neste programa os edificios nos que, sen cumprir as condicións anteriores, concorra algunha destas circunstancias:
a) Presenten graves danos estruturais ou doutro tipo, que xustifiquen a súa inclusión no programa.
b) Se destinen na súa totalidade ao alugamento durante, polo menos, 10 anos, contado desde a recepción da axuda.
Persoas beneficiarias
Poderán obter a condición de persoas ou de entidades beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios/as, as agrupacións de comunidades de propietarios/as e as persoas físicas propietarias únicas de edificios de vivendas.
Importe
1. As subvencións previstas nesta convocatoria farase efectivas con cargo á aplicación 08.80.451A.780.5 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017, por importe de 2.734.497 €.
2. A contía máxima das subvencións que se van conceder por edificio non poderá superar o importe de multiplicar 11.000 euros por cada vivenda e por cada 100 m2 de superficie útil de local, ou 12.100 euros cando se trate de edificios declarados bens de interese cultural catalogados ou que conten con protección integral no instrumento de ordenación urbanística correspondente, e determinarase en función do previsto no artigo 7 das bases.
3. A contía máxima das subvencións que se van conceder por edificio non poderá superar o 35 % do custo subvencionable da actuación. Non obstante, no caso de actuacións para a mellora da accesibilidade, e só na partida correspondente á accesibilidade, poderase chegar ao 50 %.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE APOIO Á IMPLANTACIÓN DO INFORME DE AVALIACIÓN DOS EDIFICIOS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións do Programa de apoio á implantación do informe de avaliación dos edificios do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas, 2013-2016, para a anualidade 2017.
2. Estas subvencións están destinadas a cubrir parte dos gastos dos honorarios profesionais derivados da emisión dun informe de avaliación dos edificios que inclúa a análise das condicións de accesibilidade, eficiencia enerxética e do seu estado de conservación.
Persoas beneficiarias
Poderán obter a condición de persoas ou de entidades beneficiarias destas axudas as comunidades de propietarios/as e as agrupacións de comunidades de propietarios/as, legalmente constituídas, así como as persoas físicas propietarias únicas de edificios de carácter predominantemente residencial.
Importe
1. As subvencións previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación 08.80.451A.780.5 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2017, polo importe de 600.000 €.
2. A contía da subvención será equivalente a unha cantidade máxima de 20 euros por cada unha das vivendas de que conste o edificio e unha cantidade máxima de 20 euros por cada 100 m2 de superficie útil de local, sen que en ningún caso poida superar a cantidade de 500 euros nin o 50 % do custo do informe de avaliación do edificio, excluído o IVE correspondente.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.


TIPO DE XURO DURANTE 2017 PARA AS OPERACIÓNS ACOLLIDAS AO PROGRAMA DE PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR PROXECTOS DE INVESTIMENTO EN GALICIA.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


O tipo de xuro de referencia que se aplicará a partir do 1 de xullo de 2017 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG núm. 209, do 3 de novembro), será do -0,118 %.

TIPO DE XURO 2º SEMESTRE PARA AS OPERACIÓNS ACOLLIDAS A DIFERENTES CONVENIOS E PROGRAMAS DE AXUDA.

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Os tipos de xuro de referencia para o segundo semestre do ano 2017 para as operacións acollidas aos seguintes convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes:

– Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: -0,2509 %.

– Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG nº 133, do 10 de xullo de 2001): -0,2509 %.

- Programa de apoio financeiro aos establecementos turísticos, hostalaría e comercio retallista nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (DOG nº 194, do 5 de outubro de 2007): -0,2509 %.

– Programa de préstamos para financiar producións audiovisuais na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 87, do 7 de maio de 2002): -0,2509 %.

– Programa de préstamos para financiar proxectos emprendedores na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 63, do 31 de marzo de 2003): -0,2509 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG nº 222, do 15 de novembro de 2004): -0,2509 %.

– Programa de préstamos para financiar proxectos en materia de innovación tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 84, do 3 de maio de 2005): -0,2509 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG nº 195, do 9 de outubro de 2006): -0,2509 %.

– Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para emprendedores (DOG nº 195, do 9 de outubro de 2006): -0,2509 %.

– Convenio entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas para a habilitación dunha liña de financiamento específica para proxectos de innovación na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 195, do 9 de outubro de 2006): -0,2509 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG nº 101, do 28 de maio de 2007): -0,2509 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para producións audiovisuais e investimentos en bens de equipo que van realizar pemes do sector audiovisual galego, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG nº 216, do 8 de novembro de 2007): -0,2509 %.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 244, do 19 de decembro de 2007): -0,2509 %.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG nº 58, do 25 de marzo de 2009): -0,2509 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG nº 47, do 4 de marzo de 2008): -0,2509 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Programa Re-Imaxina), liñas 2 e 3 (DOG nº 148, do 30 de xullo de 2009): -0,2509 %.

– Bases reguladoras para o apoio financeiro á hostalaría, ao comercio, ao turismo e aos servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol) (DOG nº 142, do 27 de xullo de 2010; DOG nº 40, do 28 de febreiro de 2011, e DOG nº 110, do 7 de xuño de 2012): -0,2509 %.

Segundo. As entidades financeiras deberán comunicarlles aos beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA A CREACIÓN, POSTA EN MARCHA E CONSOLIDACIÓN DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ASESORAMENTO E FORMACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Finalidade
A finalidade destas axudas é a de contribuír á mellora da empregabilidade mediante a adquisición de habilidades e capacidades prelaborais das persoas con discapacidade maiores de 16 anos e cun nivel de discapacidade igual ou superior ao 33 %, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia, mediante o desenvolvemento de proxectos que incidan nos seguintes ámbitos:
a) Promoverase o desenvolvemento da área persoal e social e/ou a área de formación básica e prelaboral.
b) Promoverase o desenvolvemento de accións previas que melloren as súas posibilidades de inserción laboral, como formación básica instrumental, formación para mellorar a autoestima e formación para mellorar as súas habilidades sociais en xeral.
Entidades beneficiarias
1. Confederacións e federacións cuxo obxecto social inclúa a promoción ou a realización de accións no eido das persoas con discapacidade e entidades de iniciativa social que, con análogo obxecto social, non se atopen asociadas nin federadas ás anteriores entidades de segundo nivel asociativo.
2. Confederacións e federacións referidas no parágrafo anterior que concorran conxuntamente con entidades de iniciativa social do seu ámbito federativo como agrupación de entidades, nos termos previstos polo artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Nos dous supostos anteriores, as persoas beneficiarias deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estar inscritas na área de persoas con discapacidade e na categoría de iniciativa social do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais de Galicia.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Teren o domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
e) Cumprir os requisitos e condicións establecidos nesta orde e na normativa xeral de subvencións.
Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.
2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.


CONVOCATORIA DE PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
1. A presente orde ten por obxecto convocar para o curso académico 2017/18, en réxime de concorrencia competitiva, 220 prazas para mozos e mozas, de 16 a 30 anos, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social (procedementos BS303B, prazas de residencias xuvenís para estudantes, e BS303D, prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras).
Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.

Período da estadía
1. O período máximo de estadía de todas as persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido no período establecido para o curso académico 2017/18; exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
2.As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no cal estivesen matriculadas, respectando sempre o período máximo antes indicado e, en todo caso, concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
3. En calquera caso, as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.
Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderán optar ás prazas obxecto da presente convocatoria os mozos e as mozas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
b) Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.
c) Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2017.
2. Requisitos específicos para a mocidade estudante:
a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
b) Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante.
3. Requisitos específicos para a mocidade traballadora:
a) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
b) No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
c) No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.
Solicitude, presentación e prazo
1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. Para a presentación das solicitudes poderán empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no DOG da presente orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo finaliza o derradeiro día do mes.
5. As solicitudes que non se presenten na forma, lugar e tempo sinalados nos puntos 1 a 4, non serán admitidas, agás que o número de solicitudes fose inferior ao número de prazas ofertadas, caso en que poderían admitirse e baremarse segundo o establecido no artigo 9.
6. Con carácter excepcional, poderanse presentar solicitudes fóra do prazo establecido no número 4 no caso de cambio de concello de residencia da unidade familiar. As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir xunto coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, a súa admisión estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles no centro onde se solicite a praza.
7. Se na solicitude se apreciasen defectos ou falta de documentación, a xefatura territorial correspondente requirirá a persoa solicitante para que nun prazo de 10 días hábiles emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa advertencia de que, se así non o fixese, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, logo de resolución, que será ditada nos termos do artigo 21 desa lei.

lunes, 12 de junio de 2017

PREMIOS AGADER ÁS INICIATIVAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 1 de xuño de 2017 pola que se convoca a oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural, que se xuntan a esta resolución como anexo I, co seguinte código de procedemento administrativo MR709A.
2. Convocar para o ano 2017, en réxime de concorrencia competitiva, a oitava edición dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural. Os premios que se convocan son os seguintes:
– O primeiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 25.000 euros.
– O segundo premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros.
– O terceiro premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 12.000 euros.
– O cuarto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 8.000 euros.
– O quinto premio constará dun diploma e unha dotación en metálico de 5.000 euros.
– O premio especial para mozos e/ou mozas constará dun diploma e unha dotación en metálico de 15.000 euros. Para estes efectos, terán a consideración de mozos ou mozas os que non teñan máis de corenta anos na data en que finalice o prazo para presentar a candidatura ou, no caso de persoas xurídicas, cando polo menos o 25 % dos seus membros cumpran este requisito.
3. Aprobar os anexos que se xuntan a esta resolución para a xestión da convocatoria.
Persoas destinatarias
Poderán presentar candidaturas aos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural as persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas.
Iniciativas que poden ser premiadas
1. Nos termos desta resolución poderanse conceder os premios ás iniciativas que cumpran os seguintes requisitos:
– Que se localicen no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.
– Que estean executadas con carácter previo á data de publicación da convocatoria.
2. Exclúense destes premios as iniciativas:
– Que obtivesen premio nalgunha das anteriores edicións dos premios Agader ás iniciativas de desenvolvemento rural ou do premio Agader ao embelecemento do medio rural.
– Que se encontren en fase de deseño ou execución na data de publicación da convocatoria dos premios.
– Que se desenvolvan nos sectores da pesca e acuicultura, nos da produción, transformación e comercialización dos produtos agrícolas incluídos no anexo I do Tratado constitutivo da CE, e noutros sectores e supostos segundo o previsto no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013, da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE nº L 352, do 24 de decembro), en que se ampara o procedemento de concesión dos premios.