lunes, 31 de enero de 2011

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto: aprobar as bases polas que se rexerán a concesión de 4 bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio para contribuír á formación titorial de profesionais no campo da actividade comercial e o seu ámbito, e proceder a súa convocatoria.
Beneficiarios:
As persoas que reúnan os seguintes requisitos :
a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así
como estar domiciliada na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior. A persoa solicitante
deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao
remate do prazo de presentación de solicitudes, e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005
ou posterior. Titulacións: ciencias económicas e empresariais, dereito, ciencias políticas, administración e dirección de empresas, ciencias do traballo, técnica/o superior en comercio e márketing (superiores e grao medio)
d) Non ter obtido anteriormente outra bolsa das mesmas características na Dirección Xeral de
Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento
das súas obrigas como bolseiro/a.
g) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas
no artigo 10º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia ( Diario Oficial de Galicia
nº 121, do 25 de xuño).
Prazo de presentación de solicitudes: 01/02/2011 ao 01/03/2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Axudas enmarcadas no Programa Iniciativa Xove.
SOLICITUDE
Obxecto: Convocatoria de axudas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas como proxectos dirixidos á mocidade, e nos cales os mozos e mozas participan activamente en actividades deseñadas por eles/elas mesmos/as. Considéranse áreas de atención prioritarias as seguintes:
a) Proxectos de ocio e lecer educativo.
b) Proxectos relacionados coa creación de espazos para a comunicación e coas novas tecnoloxías.
c) Proxectos de fomento de actitudes creativas, emprendedoras, innovadoras e participativas dos xoves na súa comunidade e contorno.
Beneficiarios:a) Os grupos informais de mozos/as que desexen realizar unha iniciativa xuvenil e reúnan os requisitos establecidos.
b) As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á mocidade que carezan de interese de lucro e as súas respectivas federacións sempre, que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/02/2011

jueves, 27 de enero de 2011

BASES E TIPOS DE COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL PARA 2011

NOVAS: CAPITALIZACIÓN PRESTACIÓN DESEMPREGO, MICROFINANCIAMENTO PROGRESS, S.M.I.

-O Pleno do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade a proposta de incrementar ata o 100% a capitalización da prestación por desemprego para todos os desempregados que inicien "proxectos de autoemprego, que actualmente está fixada no 80% e restrinxida aos parados menores de 30 anos, 35 anos no caso das mulleres.
-O Instrumento europeo de microfinanciamento Progress concede micropréstamos de ata 25.000 euros para apoiar a creación de pequenas empresas que empreguen a menos de 10 traballadores e axudar ás persoas desempregadas ou inactivas que desexen establecerse por conta propia.
 Os pequenos emprendedores que desexen beneficiarse desta iniciativa poden facelo na súa propia localidade a través de provedores de microfinanciamento: bancos, microprestamistas sen ánimo de lucro ou institucións que proporcionan garantías financeiras, por exemplo. Estes provedores accederán aos fondos a través do Fondo Europeo de Investimentos.
-O Consello de Ministros aprobou a contía do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) para o ano 2011 que se fixou en 641,40 euros mensuais, o que supón un incremento do 1,3 por 100 respecto á establecida en 2010.Con carácter xeral o Salario Mínimo Interprofesional queda fixado en 21,38 euros ao día, ou 641,40 euros ao mes e en cómputo anual en ningún caso inferior a 8.979,60 euros. Para os traballadores eventuais e temporais cuxos servizos a unha mesma empresa non excedan de cento vinte días, o salario non poderá ser inferior a 30,39 euros por xornada. Por último, para os empregados de fogar a contía establecida é de 5,02 euros por hora traballada.

miércoles, 26 de enero de 2011

PLAN LUGO EMPREGA/ LISTADO DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS DO CONCELLO DE AS NOGAIS

Por resolución da Presidencia da Excma. Deputación Provincial de Lugo de data 24 de xaneiro de 2011, aprobase a  seguinte lista provisional de admitidos e excluídos do Concello de As Nogais, correspondente ao proceso selectivo do Plan Lugo Emprega, cuxa convocatoria fíxose pública no BOP nº 9 de 13 de xaneiro de 2011.



APELIDOS E NOME
DNI
1
 ÁLVAREZ NOGUEIRA, ROI
33.547.829
2
AMEIJENDA DEL RÍO, NATALIA
36.521.571
3
ARIAS FERNÁNDEZ, MARIA
71.631.444
4
BOADA PERDIGONÉS, JONATAN
45.546.228
5
CARBALLO MARCOS, SERGIO
76.529.738
6
CEJUDO FERNÁNDEZ, RUBÉN
46.464.791
7
FERNÁNDEZ ALBA, JAVIER
76.576.767
8
FERNÁNDEZ DÍAZ, YESSICA
33.540.865
9
FERREIRO ÁLVAREZ, FÉLIX
33.344.417
10
FONTAL BALBOA, CHRISTIAN
76.580.404
11
FONTAL CORREDOIRA, JAIRO
33.546.643
12
GAGO LÓPEZ, CÉSAR
76.567.422
13
GALLARDO RODRÍGUEZ, DIEGO
76.574.794
14
LOLO LÓPEZ, ISIDRO
71.499.314
15
LÓPEZ PÉREZ, GINÉS
33.542.717
16
LÓPEZ VÁZQUEZ, ELMO
33.553.899
17
MARCOS MENDEZ, IVÁN
76.574.202
18
NOVO BERNEDO, LUIS
76.567.384
19
NOVO CASTRO, JOSÉ MANUEL
76.580.399
20
NOVO FREIJO, NANDI
33.548.763
21
PÉREZ FREIJO, MARCOS
33.558.388
22
PÉREZ SANTÍN, ELISEO
33.836.051
23
POY LEGASPI, JESÚS
76.570.866
24
RODRÍGUEZ LÓPEZ, MANUEL
33.843.745
25
RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, JESÚS
33.559.782
26
SANTIAGO BUSTO, MANUEL
33.308.408
27
SIMÓN CABELLO, EMILIO JOSÉ
33.552.835
28
SIMÓN SOUTO, MANUEL
76.570.898
29
VALCARCE VEIGA, CARMEN
76.574.896
30
VICENTE RODRÍGUEZ, ANGEL
33.336.093
31
VIZCAÍNO BUSTO, MARCOS
33.349.187


B) EXCLUÍDOS


APELIDOS E NOME
DNI
CAUSA DE EXCLUSIÓN
1
GÓMEZ MUÑIZ, MARISA
33.320.737
Non cumplir o requisito de estar desempregada ao presentar a tarjeta de mellora de emprego
2
MARTÍNEZ PAIS, JAIME
33.291.803
Non cumplir o requisito de estar desempregado ao presentar a tarjeta de mellora de emprego


As exclusións da presente lista non son subsanables salvo que se producirá un erro material. Nese suposto o/os interesado/os deberán acreditar documentalmente a existencia do erro antes de que se inicie a proba tipo test convocada mediante anuncio publicado no BOP nº 17 de 22 de xaneiro de 2011 ( Información 982 26 00 43).


Rematado o prazo sinalado o Ilmo. Sr, Presidente ditará resolución aceptando ou rexeitando as alegacións presentadas e publicará a citada resolución coas listas definitivas completas de admitidos e excluídos no Taboleiro de Anuncios da Excma. Deputación Provincial de Lugo, Taboleiro do Concello  e na páxina web da Excma. Deputación Provincial de Lugo (www.deputacionlugo.org).

De non presentarse ningunha alegación a lista provisional esta entenderase definitiva.

Contra resolución que aprobe a lista definitiva os aspirantes excluídos poderán interpoñer potencialmente recurso de reposición, diante do Ilmo. Sr, Presidente no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a publicación da resolución no Taboleiro de Anuncios da Excma. Deputación Provincial de Lugo ou ben recursos Contencioso-Administrativo diante do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo no prazo de dous meses contados dende o día seguinte a citada publicación.

O feito de figura na relación de admitidos non prexulga que se recoñeza aos interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse no Concello, no caso de superar o procedemento selectivo, se desprenda que non posúen algúns dos requisitos, os interesados decaerán en todos os dereitos que puideran derivar da súa participación no procedemento.


Pazo Provincial de Lugo, 25 de xaneiro de 2011.


O SECRETARIO.- Faustino Martínez Fernández.

IGAPE


ENLACES RELACIONADOS:

lunes, 24 de enero de 2011

IGAPE

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios
Obxecto: convocatoria de axudas para o fomento da contratación dos seguros para os seguros incluídos no Plan de Seguros Agrarios Combinados.
Beneficiarios: os asegurados titulares de explotacións agrarias situadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre e cando subscriban pólizas de seguros de liñas agrícolas do plan 2011 e liñas gandeiras dos plans 2010 e 2011, formalizadas en 2011. Tamén poderán ser beneficiarios os titulares de explotacións de piscifactorías de troitas.
Prazo de presentación de solicitudes: A formalización da declaración do seguro considerarase solicitude de axuda.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: convocatoria de axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de riscos laborais.
Beneficiarios: as entidades sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social en Galicia e que entre os seus fins teñan o fomento da prevención de riscos laborais entre as empresas e as traballadoras e os traballadores de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 24/02/2011

viernes, 21 de enero de 2011

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
SOLICITUDE
Obxecto: Establecer as axudas económicas, individuais e de carácter periódico, de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación na que corren perigo.
A axuda consiste nunha contía económica destinada directamente á beneficiaria, de carácter periódico, ata o máximo de doce mensualidades, sempre que nese período subsistan as circunstancias polas que se concedeu. O cómputo do período comeza o mes da solicitude. No suposto de que a solicitante estivese percibindo ingresos doutras axudas incompatibles con esta e, atendendo ao disposto no artigo 10º, renuncie a elas, detraerase do cómputo total o número de mensualidades coincidentes no período de percepción.

Beneficiarios:Mulleres que, residindo na Comunidade Autónoma de Galicia e acreditando unha situación de convivencia que as poña en risco de sufrir violencia de xénero, se atopen nunhas condicións económicas que lles impida afrontar o seu futuro dun xeito autónomo e independente do seu agresor e que dispoñan dalgún dos documentos acreditativos desta situación de violencia adoptado ou emitido no período de doce meses inmediatamente anteriores á data da solicitude sempre que nese momento se producise o cesamento da convivencia.
Non poderán ser beneficiarias as mulleres que, reunido estes requisitos, percibiran esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
Prazo de presentación de solicitudes:  20/01/2011 - 31/10/2011

IGAPE


Obxecto: Convocar para o exercicio 2011, en réxime de concorrencia competitiva e trámite anticipado de gasto, as axudas do Igape aos proxectos colectivos empresariais segundo as bases reguladoras aprobadas polo Consello de Dirección do Igape o 1 de marzo de 2010 e modificadas polo dito Consello de Dirección o 15 de novembro de 2010 e publicadas inicialmente no Diario Oficial de Galicia nº 73, do 20 de abril, e posteriormente modificadas segundo resolución publicada no Diario Oficial de Galicia nº 11, do 18 de xaneiro de 2011.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/02/2011
ENLACES RELACIONADOS:

CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR

Programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede a súa convocatoria para o ano 2011.
SOLICITUDE
Obxecto: Bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social, apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación e modernización deste tipo de empresas, mediante unha mellora da súa competitividade, así como a promoción do cooperativismo a través dos seguintes programas:
- Programa I- Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa II- Mellora da competitividade en cooperativas e sociedades laborais.
- Programa III- Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
- Programa IV- Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
- Programa V- Actividades de promoción do cooperativismo.
Beneficiarios: Poderanse acoller ás subvencións recollidas nesta orde:
a) As cooperativas e sociedades laborais para as actuacións previstas no programa I de Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
b) As cooperativas con socios/as traballadores/as ou de traballo e as sociedades laborais para as actuacións previstas no programa II relativas á realización de investimentos.
c) As cooperativas e sociedades laborais de nova creación ou que acometan novos proxectos nos termos e para as actuacións previstas no programa III de Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica, así como as persoas e empresas privadas que presten os servizos de asesoramento e acompañamento nos termos previstos no punto 3.2.1 da base terceira.
d) As persoas desempregadas, os demandantes de mellora de emprego, así como os asalariados/as das cooperativas e sociedades laborais, nos termos e para as axudas previstas no programa IV de Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
e) As cooperativas para as actuacións previstas no programa V de Actividades de promoción do cooperativismo.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21/02/2011

miércoles, 19 de enero de 2011

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

Subvención relativa ao Plan Renove de Equipos de Iluminación Interior e se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión.

Obxecto: convocatoria de axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes que se renoven de forma que cumpran, polo menos, coas exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación (HE3), reducindo o consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarios:- Entidades colaboradoras: as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen.
- Beneficiarios da axuda: as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda,…) sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas, edificios de vivendas ou edificios terciarios da súa titularidade sitos en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:
Para as entidades colaboradoras: ata o 05/03/2011
Para os beneficiarios da axuda: ata o esgotamento de crédito

martes, 18 de enero de 2011

IGAPE

Obxecto:
O obxecto destas axudas é a concesión de 16 bolsas de promoción exterior coa finalidade de formar a especialistas no ámbito da captación internacional de investimentos, a expansión exterior da empresa galega, a detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, a busca de oportunidades de negocio e a investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.
Beneficiarios:
Titulados universitarios ( con titulación posterior ao 31 de decembro de 2002).
Requisitos:
Poderán presentar solicitude para acollerse a estas bolsas aqueles titulados que cumpran os seguintes requisitos:
*O cumprimento dalgunha das seguintes condicións:
- Ter veciñanza administrativa en Galicia cunha antigüidade superior a 24 meses.
- Ser natural de Galicia.
- Ser fillo ou descendente en liña directa ata o terceiro grao, de emigrantes galegos no exterior.
*Cumprir os requisitos do artigo 10º da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, para ser considerado beneficiario de subvencións.
*Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións universitarias (superior ou media) na data en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes: arquitectura, bioloxía, biotecnoloxía, ciencias ambientais, ciencias do mar, física, xeoloxía, enxeñería, matemáticas, química, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía, dereito, ciencias políticas, xornalismo, comunicación audiovisual, publicidade e relacións públicas e turismo. A titulación deberá terse obtido con posterioridade á data indicada na resolución de convocatoria.
Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros privados españois deberán estar homologados polo Ministerio de Educación español na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
*Dominio dun dos seguintes idiomas (falado e escrito): alemán, francés, inglés, ou portugués.

Para estes efectos os candidatos deberán realizar unha proba do idioma elixido. Os candidatos poderán examinarse como máximo dun dos idiomas anteriores, para o que deberán indicar o idioma obxecto de exame na solicitude.
* Non ter concedida mediante resolución ou desfrutado con anterioridade ningunha outra bolsa do Igape, así como non estar desfrutando durante o proceso de selección dunha bolsa no Igape concedida a través doutras institucións.
* Non ter desfrutado doutra bolsa no estranxeiro concedida por outros organismos. Exceptúanse as bolsas de estudos desfrutadas durante os anos escolares ou universitarios.
* Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro.
* Estar ao corrente das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e da Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración Pública da comunidade autónoma. O cumprimento deste requisito acreditarase cubrindo no cuestionario telemático a declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da comunidade autónoma, de acordo co establecido no artigo 11º g) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación: do 4/1/2011 ao 4/2/2011