CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE
Advertidos erros no dito extracto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 6, do 11 de xaneiro de 2022, é necesario facer as seguintes correccións:
No artigo Primeiro.3 Beneficiarios, na paxina 799, onde di: «Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia», debe dicir: «Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período igual ou superior aos doce (12) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia».