jueves, 29 de julio de 2021

EXPOSICION KINETICO O 14 DE AGOSTO DE 2021

 


SELECCIÓN DE PROPOSTAS PARA O APROVEITAMENTO DE PARCELAS INCORPORADAS ÁS ALDEAS MODELO

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), Xacebáns (Quintela de Leirado-Ourense), Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), Penedo (Boborás-Ourense), Trelle (Toén-Ourense), Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense) e Meixide (A Veiga-Ourense), e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento MR711C).

Obxecto
1. Aprobar as bases reguladoras do procedemento de concorrencia competitiva para a selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), Xacebáns (Quintela de Leirado-Ourense), Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), Penedo (Boborás-Ourense), Trelle (Toén-Ourense), Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense) e Meixide (A Veiga-Ourense), que se xuntan a esta resolución como anexo I, co código de procedemento MR711C.
2. Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, a presentación e selección de propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas ás aldeas modelo de Moreda (Folgoso do Courel-Lugo), Xacebáns (Quintela de Leirado-Ourense), Muimenta (Carballeda de Avia-Ourense), Penedo (Boborás-Ourense), Trelle (Toén-Ourense), Reboredo (O Pereiro de Aguiar-Ourense) e Meixide (A Veiga-Ourense).
3. Aprobar os anexos que se xuntan a esta resolución para a xestión da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes coas propostas para o aproveitamento de parcelas incorporadas á aldea modelo será de quince días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG).
Para o cómputo dos prazos observarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de resolución da convocatoria
O prazo para ditar resolución expresa e notificala será de cinco (5) meses, contados desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. A persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa.

Información
Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional a través dos seguintes medios:
a) Na páxina web da Agader: http://agader.xunta.gal
b) Na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
c) No teléfono 881 99 71 93 (Agader).
d) De xeito presencial, na Agader (lugar da Barcia, 56, Laraño, 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 881 99 71 93.

PRAZAS E BOLSAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL CUROS 2021-22

                                        CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 20 de xullo de 2021 pola que se determinan as bases reguladoras para a concesión de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes desta consellería e se convocan para o curso académico 2021/22 (códigos de procedemento BS303B, BS303C e BS303D).

Obxecto
O obxecto é convocar, en réxime de concorrencia competitiva, o procedemento de adxudicación de prazas e de bolsas, nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2021/22, e establecer as bases para a súa concesión.
As modalidades de adxudicación de prazas establecidas nesta orde regularanse a través dos seguintes procedementos:
a) BS303B: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes.
b) BS303C: prazas en residencias xuvenís para persoas estudantes colaboradoras bolseiras.
c) BS303D: prazas en residencias xuvenís para persoas traballadoras.

Persoas beneficiarias
1. A adxudicación de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2021/22, destínase a persoas estudantes e persoas traballadoras que cumpran os requisitos xerais e específicos establecidos na convocatoria. Así mesmo, coa adxudicación de prazas destínase unha liña de bolsas para persoas estudantes colaboradores que ademais dos requisitos xerais cumpran os requisitos específicos establecidos para a súa concesión.
2. Así poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser persoa estranxeira residente en España no momento de presentación da solicitude.
b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.
3. As persoas estudantes que soliciten prazas nas residencias sen bolsas deberán reunir os seguintes requisitos específicos (código de procedemento BS303B):
a) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2021.
b) Estar cursando estudos de bacharelato, formación profesional, ciclos formativos, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, doutorados ou estudos de mestrados universitarios oficiais.
c) Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
4. As persoas traballadoras que soliciten prazas nas residencias xuvenís deberán reunir os seguintes requisitos específicos (código de procedemento BS303D):
a) Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2021.
b) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
c) Que, no caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
d) Para o caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de persoas traballadoras autónomas da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.
5. As persoas estudantes que soliciten prazas nas residencias e a concesión de bolsas como colaboradores deberán reunir os seguintes requisitos específicos (código de procedemento BS303C):
a) Ter os 18 anos cumpridos e non superar os 30 na data do 31 de decembro de 2021.
b) Non ter perdido a condición de persoa colaboradora bolseira de que foi beneficiaria en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.
c) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade como persoa colaboradora na residencia xuvenil.
d) Ter unha renda media familiar inferior ao 150 % do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do ano en curso. A dita renda media calcúlase segundo o establecido no artigo 11.2.a).
e) Ademais, as persoas beneficiarias destas bolsas teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Non poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións aquelas persoas que non se encontren ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.


Outros datos
Coa realización desta convocatoria preténdese favorecer o acceso ao ensino universitario, aos estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclos formativos de grao superior dos/das estudantes con escasos recursos e, ao mesmo tempo, dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial ás residencias xuvenís que se relacionan nesta orde.
Neste marco xeral hai que incardinar esta orde coa apertura dunha nova convocatoria para o ano 2021 do procedemento de adxudicación de prazas e bolsas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e proceder á súa convocatoria, tendo en conta, en todo caso, os principios de publicidade, obxectividade e concorrencia.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL PARA O EMPREGO 2020 E 2021

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 19 de xullo de 2021 pola que se modifica parcialmente a Orde do 17 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes aos exercicios 2020 e 2021 (código de procedemento TR301V).

miércoles, 28 de julio de 2021

SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS DE COMERCIANTES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA A DINAMIZACIÓN DOS CENTROS COMERCIAIS ABERTOS E PRAZAS DE ABASTOS

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN

ORDE do 16 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021(código de procedemento CO300A).

Obxecto
Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia.

Entidades beneficiarias
As asociacións de vendedores das prazas de abastos, sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
As agrupacións de persoas físicas e xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica, constituídas só para os efectos de compartir a unidade xerencial prevista nos puntos 4.1.1.f) e 3.1.2.f) do artigo 1 e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.
As asociacións de comerciantes de carácter territorial, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia, que leven a cabo proxectos de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

LEI 14/2021, DO 20 DE XULLO, MODIFICACIÓN DA LEI 11/2007 GALEGA PARA A PREVENCIÓN E O TRATAMENTO INTEGRAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 14/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica a Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

LEI 13/2021, MODIFICACIÓN DO DECRETO LEXISLATIVO 2/2015


PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 13/2021, do 20 de xullo, pola que se modifica o Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación.

martes, 27 de julio de 2021

CURSOS DE REPRODUCCIÓN NO GANDO VACUN NO CFEA DE BECERREÁ

 O CFEA de Becerreá convoca unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre: Reproducción no gando Vacun I e Reproducción no gando Vacun II

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

Lugar de Realización: CFEA BECERREÁ    

Parroquia: PENAMAIOR S/N

Concello: BECERREÁ

Duración: 20 HORAS

Nº días: 4

Horario: MAÑÁ DE 9:00 A 14:00

Data de Inicio: 13/09/2021 (VACUN I) e 20/09/2021 (VACUN II)

Data de finalización: 17/09/2021 (VACUN I) E 23/09/2021 (VACUN II)

* Presentar as solicitudes, preferentemente, nas unidades impartidoras organizadoras das accións formativas.

BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA


 AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2021/22 (código de procedemento TU200A).

Obxecto e réxime
Estas bases teñen por obxecto o establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG, para o curso 2021/22, código de procedemento TU200A.

Persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2021/22, no seu primeiro curso.
2. No caso de que non se outorguen a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2021/22, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.
En todo caso, só poderán obter bolsa neste suposto os/as alumnos/as que non obtivesen bolsa en ningunha ocasión anterior e superen o curso nas convocatorias de xuño a excepción do stage.

Clases e contías das bolsas
1. As bolsas supoñen un desconto no prezo da matrícula ordinaria por titulación en réxime externo, segundo se reflicte na Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do CSHG (DOG núm. 128, do 8 de xullo), modificada pola Orde do 3 de outubro de 2019 (DOG núm. 199, do 18 de outubro).
2. As bolsas serán de dous tipos, ao abeiro do disposto no artigo 6.2 da Orde do 4 de xullo de 2014, modificada pola Orde do 3 de outubro de 2019:
Tipo I. Supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
Tipo II. Supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.
3. Conforme as titulacións que se imparten no CSHG a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2021/22:
a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma superior en Xestión Hoteleira.
c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Aboamento e xustificación
A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a que lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.
Unha vez publicada a resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia a persoa beneficiaria poderá aplicar o desconto correspondente sobre o prezo da matrícula segundo o tipo de bolsa que lle foi concedido.

TERRITORIOS PARA OS EFECTOS DA APLICACIÓN DA OBRIGA DE COMUNICACIÓN

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se determinan os territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Primeiro. Determinación dos territorios para os efectos da aplicación da obriga de comunicación prevista na Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

De acordo co punto cuarto da Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios, deberán comunicar os datos de contacto e da súa estadía na Comunidade Autónoma de Galicia previstos no anexo da dita orde, nun prazo máximo de 24 horas desde a súa chegada, as persoas que cheguen á Comunidade Autónoma de Galicia despois de ter estado, dentro do período dos catorce días naturais anteriores á dita chegada, nos seguintes territorios:

a) En calquera dos países do continente africano.

b) Nos seguintes territorios do continente americano: Arxentina, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Curação, Illas Virxes, Panamá, Paraguai, Perú, Porto Rico, Venezuela, Haití, Xamaica, Nicaragua, República Dominicana, San Kitts e Nevis, Surinam, Trindade e Tobago.

c) Nos seguintes territorios de Asia: Bangladesh, Emiratos Árabes Unidos, Iraq, Malaisia, Maldivas, Mongolia, Nepal, Omán, Palestina, Kirguizistán, Afganistán, Indonesia, Mongolia, Myanmar, Paquistán e Siria.

d) Nos seguintes territorios de Europa: Andorra, Chipre, Grecia, Irlanda, Illa de Man, Illas Faroe, Jersey, Kosovo, Luxemburgo, Malta, Mónaco, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Rusia e Xibraltar.

e) Oceanía: Fidxi.

f) Nas comunidades autónomas e cidades autónomas de España: Aragón, Asturias, Balears, Cantabria, Castilla y León, Cataluña, Navarra e La Rioja.

Segundo. Actualización
A presente resolución será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Terceiro. Eficacia
A presente resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Recursos
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase recorrer en alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de sanidade no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

lunes, 26 de julio de 2021

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA CHEQUES DIXITALIZACIÓN COVID-19

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 29 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 (programa Cheques dixitalización COVID-19), susceptibles de ser financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG300E).

SUBVENCIÓNS PARA A MELLORA DA COMPETITIVIDADE DOS ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS E DE RESTAURACIÓN

AXENCIA TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para a mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e de restauración que serán susceptibles de financiamento ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503B).

Obxecto e réxime
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír á modernización e á mellora da competitividade dos establecementos hoteleiros e das empresas de restauración de 25 ou máis persoas traballadoras para o ano 2021.
En concreto, son actuacións subvencionables as que se realicen en calquera dos seguintes tipos de establecementos turísticos:
a) Os establecementos hoteleiros recollidos no artigo 55.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro.
b) As empresas de restauración que se enmarquen dentro dos grupos I, II e III do artigo 77 da Lei 7/2011, do 27 de outubro.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas e xurídicas titulares de establecementos hoteleiros e de restauración que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan autorizado ou clasificado, conforme estableza a normativa turística no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en adiante, REAT), o establecemento turístico para o cal se solicita a axuda, consonte os artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Prazo de xustificación de la subvención
A entrega da documentación xustificativa terá de prazo ata o 15 de novembro de 2021.

PLAN GALICIA EMPREGA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN E Á FORMACIÓN NA EMPRESA ORDINARIA, 2021

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 14 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR342C e TR342A).

Programa I: Incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C).
Obxecto
Este programa ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas cales se rexerán os incentivos á contratación por conta allea e á formación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e especialmente daquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral establecidas pola Consellería de Emprego e Igualdade.
Inclúe catro tipos de axudas compatibles:
1. Incentivos á contratación indefinida inicial, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
2. Incentivos á contratación temporal, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación temporal de persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
3. Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos só no caso das persoas mozas, mulleres e as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.
4. Incentivos á formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial e temporal por medio deste programa, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.
Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2 % de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, no seu defecto, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril).
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2021.
As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2020 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal ao da publicación e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.
As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida ou temporal pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Programa II: Emprego con apoio (código de procedemento TR342A).

Obxecto
Este programa ten como obxecto subvencionar as entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e da Seguridade Social derivados da contratación dos preparadores e das preparadoras laborais que leven a cabo as accións de emprego con apoio.
Trátase de favorecer a integración laboral das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social con especiais dificultades para a súa inserción laboral, favorecendo a súa integración en empresas con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia mediante a implementación de accións de emprego con apoio.

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos neste programa as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestar servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.
As empresas que teñan cincuenta ou máis persoas traballadoras deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade, conforme se dea ocupación, polo menos, ao 2% de traballadores e traballadoras con discapacidade sobre o total das persoas traballadoras ou, no seu defecto, as medidas de carácter excepcional establecidas no artigo 42 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, e reguladas no Real decreto 364/2005, do 8 de abril (BOE núm. 94, do 20 de abril).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30 de setembro de 2021.


ORDE DO 21 DE XULLO POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á EVOLUCIÓN DE SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA EN GALICIA QUE PRECISAN DE AUTORIZACIÓN XUDICIAL PARA A SÚA EFICACIA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de xullo de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan da autorización xudicial para a súa eficacia.

CORRECCIÓN DE ERROS. ORDE DO 22 DE XULLO DE 2021 POLA QUE SE PRORROGA E SE MODIFICA A ORDE DO 25 DE XUÑO 2021, MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de xullo de 2021 pola que se prorroga e se modifica a Orde do 25 de xuño de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 1 de xullo de 2021 pola que se aproba o Protocolo para a reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19.

viernes, 23 de julio de 2021

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 19 AO 25 DE XULLO

 






Descontos do carné xove noutras comunidades:

 

 

 

 

 

Cursos:

 

 

 

 

 

 

Bolsas:

Actividades en Oleiros:

Concursos:

 

 

E insistimos co noso premio, Xuventude Crea 2021