ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Obxecto
A convocatoria dunha bolsa de formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade. A bolsa regulada nesta resolución concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Persoas beneficiarias
Poderán solicitar esta bolsa todas aquelas persoas en que non concorra ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e sempre que reúnan os seguintes requisitos no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
– Ter rematados os estudos académicos con posterioridade a xaneiro do ano 2016 e acreditadas a titulación de licenciatura ou grao en Socioloxía ou Ciencias Políticas.
– Non reunir ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o que se declarará de acordo co modelo que se inclúe nesta convocatoria como anexo I.
– Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que sexa esta, ou, no caso de ter emprego remunerado ou desfrutar doutra bolsa, manifestar un compromiso expreso de renunciar a eles con anterioridade ao momento de incorporación a esta escola, segundo o modelo que se inclúe como anexo I.
– Ter competencia en lingua galega no nivel de Celga 4 ou superior.
– Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa da EGAP para a formación para a xestión de procesos de avaliación e calidade en convocatorias anteriores, excepto que na convocatoria do ano inmediatamente anterior desfrutase da bolsa por un período de tempo non superior a seis meses. Para estes efectos, non será computado o período en que a persoa interesada estivese na situación de incapacidade temporal durante o desfrute da bolsa.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Outros datos
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal e que figura como anexo I a esta resolución.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude e/ou traballo de investigación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).