jueves, 31 de marzo de 2022

PROGRAMA DE INCENTIVOS PARA A IMPLANTACIÓN DE INSTALACIÓNS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS EN DIFERENTES SECTORES DA ECONOMÍA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).

Finalidade
1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2022-2023 para o programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía de acordo coas bases reguladoras previstas no Real decreto 1124/2021, do 21 de decembro (publicado no BOE núm. 305, do 22 de decembro) código de procedemento IN422N.
2. Pola presente resolución convócanse axudas para as seguintes actuacións:
Programa de incentivos 1: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas nos sectores industrial, agropecuario, servizos e outros sectores da economía incluíndo o sector residencial.
3. Dado o carácter incentivador do programa de incentivos 1, só se admitiran os proxectos iniciados con posterioridade á data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014.
4. As actuacións subvencionadas atenderán ao principio de «non causar dano significativo» a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, de 18 de xuño de 2020, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sostibles, e polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/2088.

Beneficiarios
1. Serán destinatarios últimos das axudas os suxeitos que se enumeran nos seguintes puntos, sempre que realicen unha actividade económica pola que ofrezan bens ou servizos no mercado:
a) Persoas físicas que deberán estar dadas de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
b) Persoas xurídicas.
c) Calquera entidade do sector público institucional de calquera administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, así como as entidades de dereito privado ou organizacións privadas sen ánimo de lucro.
d) Agrupacións, asociacións, consorcios ou calquera outra forma de colaboración de calquera das figuras dos tres puntos anteriores, con ou sen personalidade xurídica.
2. Non serán beneficiarios destas axudas:
a) Aqueles en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme a definición que, para estes efectos, se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión, 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014).
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
3. Non poderán considerarse actuacións subvencionables mediante estas axudas as que se realicen por calquera dos destinatarios últimos previstos neste artigo:
a) No sector dos produtos da pesca e da acuicultura tal e como se recolle no punto 3 do artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.
b) En proxectos situados en ningunha das fases de fabricación de combustibles que estean suxeitos a un sistema nacional de obrigas no ámbito do transporte.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará as 9.00 horas do día 20 de abril de 2022 e rematará o 31 de decembro de 2023, ao ser inhábil, prorrógase ata o 2 de xaneiro de 2024.

Prazos de execución e xustificación das actuacións
O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DE PERSOAL ESTATUTARIO FACULTATIVO/A ESPECIALISTA DE ATENCIÓN PRIMARIA PARA 2022

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 38/2022, do 24 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente á categoría de persoal estatutario facultativo/a especialista de atención primaria para o ano 2022.


Facultativo/a especialista de atención primaria 

Total prazas ofertadas      Reserva discapacidade xeral         Reserva discapacidade intelectual

              106                                          6                                                  0



miércoles, 30 de marzo de 2022

(E-MARTES) SOBRE SISTEMAS PARA A CONTRATACIÓN PÚBLICA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de marzo do 2022 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

Obxectivos
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 19 de abril de 2022 abordará os seguintes contidos:
• A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
• Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
• O xestor de expedientes de contratación (Plation).
• Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).
• Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de destinatarios.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 19 de abril de 2022.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen (Administración autonómica, para o persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou cidadanía, no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en Nome do curso a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 6 de abril de 2022.
Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

AXUDAS Á NOVA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDADE PARA 2022

 AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MR362A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, así como proceder á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2022 (código de procedemento MR362A).
Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol. No caso das persoas beneficiarias por mor de comezar unha nova orientación produtiva dentro da produción ecolóxica, os gastos deberán estar relacionados con esa nova orientación produtiva.
A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.
Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 €.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias que cumpran a condición de agricultor activo conforme o establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, e que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2 e recollidos no PDR de Galicia 2014-2020. En todo caso, a data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015, data de aprobación do PDR de Galicia 2014-2020, e anterior á data límite do período subvencionable que se defina en cada convocatoria.
No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación produtiva debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración de actividade de autoconsumo. Para estes efectos, no anexo III recóllense, para distintas orientacións produtivas, os valores que se deben superar para considerar que a actividade ten vocación comercial e, polo tanto, está por riba dos valores do mero autoconsumo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 18 de maio de 2022.

CORRECCIÓN DE ERROS.- II PLAN DE RESCATE DAS PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS E DAS MICROEMPRESAS AFECTADAS POLA CRISE DA COVID-19 PARA 2021

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 17 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do II Plan de rescate das persoas traballadoras autónomas e das microempresas afectadas pola crise da COVID-19, mediante o Programa I de persoas traballadoras autónomas (TR500A), susceptible de ser financiado parcialmente polo Fondo Social Europeo (FSE), e o Programa II de microempresas (TR500B), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS PARA 2022

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR905A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración que teñen por finalidade a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas, dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR905A).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.
c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2022, incluído.

PRÉSTAMOS PEMES GALICIA 2022

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2022 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto poñer á disposición das pemes liñas de financiamento directo que melloren o seu acceso ao crédito, e faciliten a execución de proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), que cumpran os seguintes requisitos:
a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.
c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do punto 1 anterior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) O 30 de setembro de 2022.

ORDE DO 23 DE MARZO DE 2022, PRÓRROGA DA ORDE DO 22 DE OUTUBRO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS DERIVADAS DA COVID-19 EN GALICIA, A ORDE DO 14 DE SETEMBRO DE 2021 NOVO PLAN DE HOSTALARÍA SEGURA DE GALICIA E ORDE DO 29 DE SETEMBRO DE 2021 NOVO PLAN DE LECER NOCTURNO DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 23 de marzo de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 22 de outubro de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia; a Orde do 14 de setembro de 2021, pola que se aproba o novo Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia, e a Orde do 29 de setembro de 2021 pola que se aproba o novo Plan de lecer nocturno da Comunidade Autónoma de Galicia.

ORDE DO 23 DE MARZO DE 2022, PRÓRROGA DA ORDE DO 16 DE NOVEMBRO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS COMO CONSECUENCIA DA EVOLUCIÓN DA SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA DERIVADA DA COVID-19 NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS HOSPITALARIOS, E A ORDE DO 14 DE DECEMBRO DE 2021 DE MEDIDAS PREVENTIVAS DE SEGURIDADE SANITARIA NO QUE SE REFIRE AOS CENTROS SOCIOSANITARIOS RESIDENCIAIS DE MAIORES E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 23 de marzo de 2022 pola que se prorrogan a Orde do 16 de novembro de 2021 pola que se aproba a exixencia de determinadas medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia no que se refire aos centros hospitalarios, e a Orde do 14 de decembro de 2021 pola que se establecen medidas preventivas de seguridade sanitaria consistentes na exhibición de documentación que acredite o cumprimento de determinados requisitos para o acceso a certos establecementos, no que se refire aos centros sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con discapacidade.

SUBVENCIÓNS PARA A PRODUCIÓN E COPRODUCIÓN DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS 2022

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT207A).

Finalidade
Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos convocadas para o 2022 (código de procedemento CT207A).

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes e dadas de alta na epígrafe IAE 961.1, que conten cunha antigüidade mínima e sen interrupcións dun ano en ambos os dous casos. Ademais, deberán ter unha sucursal ou oficina permanente de, polo menos, un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.

Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, artigo 4.n).

Cando a persoa xurídica sexa unha agrupación de interese económico (AIE), os requisitos citados deberán ser cumpridos por todas as empresas que a integran no momento da súa constitución. A agrupación non poderá disolverse ata que teña rematado o prazo de prescrición para o reintegro e as infraccións previsto polos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN ESCÉNICA 2022

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento CT403B).

PRIMAVERA XOVE

 



 

 

 

Máis información e inscricións

INFORMACION XUVENIL: SEMANA DO 19 AO 25 DE MARZO

 



 

Primavera Xove 2022

xuventude.xunta.es

Tras a primeira experiencia piloto de 2021, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segu...

Xa podes votar a mensaxe de Lingua de Namorar que máis che guste

xuventude.xunta.es

Xa podes votar polas túas mensaxes favoritas de Lingua de Namorar, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a...

 

Fase clasificatoria de Parlamento Xove na categoría de Universidade

xuventude.xunta.es

O sábado 26 de marzo desenvolverase en no Centro Residencial Docente A Coruña (Culleredo) a fase clasificatoria de Parlamento Xove na ca...



 

Premios Nacionais de Mocidade 2022

xuventude.xunta.es

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca os Premios Nacionais de Mocidade para o ano 2022. Os Premios Nacionais de Mocidade 2022, supoñen un re...

Premios extraordinarios de formación profesional de grao superior

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de forma...

 

Protexe as túas redes sociais

xuventude.xunta.es

A Oficina de seguridade do internauta dache uns consellos para ter a salvo as túas redes sociais e evitar suplantacións de identidade.&n...


 

Curso intensivo en Santiago de Compostela de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Altair Galiza

xuventude.xunta.es

A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre Santiago-Intensivo (Fase te&...

Curso de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Aldebarán

xuventude.xunta.es

Curso de fins de semana (en Semana Santa realizarase os día non festivos) Datas: 2-3 de abril comenzo do curso e remantado no mes de xuñ...

 

Curso na Coruña de Director/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Aventeira Escola

xuventude.xunta.es

A ETL Aventeira Escola convoca un curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre, que inclúe técnicas de facilitación, mediaci...

Curso en Bergondo de Monitores/as de actividades de tempo libre da ETL Fervenza

xuventude.xunta.es

A escola de tempo libre Fervenza organiza en Bergondo un curso de Monitores/as de actividades de tempo libre DatasInicio: 2 de abril de 2022Final: 21...

 

Curso en Pontevedra de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL Estoupo

xuventude.xunta.es

A Escola Universitaria de Tempo Libre do Campus de Ourense e de Pontevedra, ESTOUPO, organiza un curso de Monitor/a de actividades de tempo libre. htt...


 

Silvicultura e Xestión Forestal

xuventude.xunta.es

No Plan de Emprego de Cruz Vermella Santiago van a poñer en marcha a formación "Silvicultura e Xestión Forestal" dirixida a perso...

Intrahistorias da arquitectura

xuventude.xunta.es

O Centro Galego de Arte Contemporáneo convoca o curso Intrahistorias da arquitectura Programa19 abril. Territorio e paisaxe no Antropoceno. Esp...

 

Fotografía, Xénero e Diversidade: Diálogos e aprendizaxes a través da imaxe

xuventude.xunta.es

O Espazo Diverso organiza, no Centro Cívico Cidade Vella da Coruña, a terceira Edición do Obradoiro "Fotografía, Xé...


 

Residencias artísticas Mariñán música

xuventude.xunta.es

Este programa da Deputación da Coruña ten por obxecto seleccionar catro proxectos do ámbito musical para desenvolver a súa...

 

Plan de formación CICERONE

xuventude.xunta.es

O Centro nacional de investigacións cardiovasculares convoca 31 prazas para o plan de formación CICERONE O CNIC ofrece a estudantes de m...

Bolsas do Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller

xuventude.xunta.es

O Ministerio de Igualdade convoca 6 bolsas de formación no Observatorio Estatal de Violencia sobre a Muller para o período 2022-2023. ht...

 

Bolsas de formación en materias educativas

xuventude.xunta.es

O Ministerio de Educación convoca bolsas para a formación especializada en áreas e materias educativas, nas seguintes área...

Bolseiras para realizar Estadías en Cooperativas

xuventude.xunta.es

Búscanse Bolseiras para realizar Estadías en Cooperativas Programa Creando Mellora, 10ª ediciónPrazo: 28 marzo 2022. Na Uni&...

 

Bolsa de Investigación para Mocidade sobre os Roteiros da Seda

xuventude.xunta.es

A UNESCO fai un chamamento a mozos e mozas menores de 35 anos para que soliciten a "Bolsa de Investigación para Mocidade sobre os Roteiros da S...

 



Promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero a través das ANPAS

xuventude.xunta.es

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da vi...

Talento audiovisual galego, axudas á creación audiovisual

xuventude.xunta.es

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca subvencións para o fomento á creación de obras audiovisuais con decidi...

 

Financiamento de bolsas a mocidade da provincia de Lugo

xuventude.xunta.es

A Fundación de EOI convoca subvencións a asociación e a empresas de calquera sector, da provincia de Lugo, para o financiamento d...

Subvencións a entidades sen ánimo de lucro da provincia de Pontevedra

xuventude.xunta.es

A Deputación de Pontevedra concederá subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a edición de monografía...



Recalculando ruta en Vilagarcía de Arousa

xuventude.xunta.es

Obradoiro que impartirá Quérote+ no Espazo Xove de Vilagarcía de Arousa Espazo Xove de VilagarcíaR/ Juan Carlos I, 3736600...

 



Fluxo e Conexión: Movemento espontáneo e danza intuitiva

xuventude.xunta.es

Taller organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia.O obxectivo do taller é crear espazos para o movemento espo...

 

 

VI edición do UkpDay en Ribadavia

xuventude.xunta.es

4 de xuño de 2022 no Castelo de RibadaviaO festival ofrece un 50% de desconto co Carné Xove Artistas: https://ogatocosmico.wixsite....

Meu corpo non minte: Igualdade de xenero para unha mañá sostible. Meditación, Movemento, Teatro.

xuventude.xunta.es

O obxectivo principal do taller é sentir os nosos corpos e ser máis conscientes das súas posibilidades. O noso corpo non minte, p...



XIII Concurso de viñetas “Matildas”

xuventude.xunta.es

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas para reflexionar, concienciar, visibilizar e mudar mentalidades da c...

Concurso de ilustración e cómic sobre a obra de Sorolla

xuventude.xunta.es

O Museo Sorolla organiza o seu primeiro concurso de ilustración e cómic dirixido a mozos e mozas de entre 15 e 25 anos cos obxectivos de...

 

Cli[c]mafoto

xuventude.xunta.es

A Fundación Plant for the Planet España e a Asociación de Fotógrafos Profesionais de España lanzan Cli[c]mafoto, o...

XXI Premio de poesía Miguel González Garcés

xuventude.xunta.es

A Deputación da Coruña convoca o XXI Premio de poesía Miguel González Garcés. Poderán optar ao premio todas...

 

30 días en bicicleta

xuventude.xunta.es

Chega abril, chegan as bicicletas e chega a convocatoria do Concurso de Fotografía 30 Días en bicicleta con Ciclosfera 2022. Tendes un m...

XXI Premio de poesía Miguel González Garcés

xuventude.xunta.es

A Deputación da Coruña convoca o XXI Premio de poesía Miguel González Garcés. Poderán optar ao premio todas...

 

Premios Educacompostela de recursos educativos

xuventude.xunta.es

O Concello de Santiago de Compostela e Nova Escola Galega convocan os Premios Educacompostela co fin de recoñeceren, promoveren, premiaren e di...

XVII Premio de banda deseñada “Castelao”

xuventude.xunta.es

A Deputación da Coruña convoca o XVII Premio de banda deseñada “Castelao” Poderán participar todas as persoas,...

 

XXIII Mostra de Curtas Vila de Noia

xuventude.xunta.es

O Concello de Noia convoca a “XXIII Mostra de Curtas Vila de Noia 2022” Poderán participar todas as producións profesionais...

XXXIV Premio de narrativa “Torrente Ballester”

xuventude.xunta.es

A Deputación da Coruña convoca o XXXIV Premio de narrativa “Torrente Ballester” Poderán optar ao premio todas aquelas...




http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico