viernes, 20 de noviembre de 2026

XORNADA FORMATIVA/ O LIÑO EN GALICIA: DA RECUPERACIÓN DA SEMENTE Á CADEA DE VALOR TÉXTIL


 

España é a maior importadora europea de tea de liño e Galicia, que no pasado foi referente na súa produción, concentra o 65 % desas importacións. A xornada "O liño en Galicia: da recuperación da semente á cadea de valor téxtil" percorre a cadea de valor do liño —semente, cultivo, transformación, mercado e modelo cooperativo—  e dá a coñecer iniciativas galegas para o seu desenvolvemento e recuperación, como estudos en marcha e principais resultados, para permitir valoralo como oportunidade de negocio para cooperativas e persoas agricultoras.

🪡  Patrimonio e artesanía: o liño na cultura galega e o valor diferencial dun liño con orixe
💪  A Iniciativa Galega polo Liño: orixe, entidades socias, orzamento, folla de ruta 2026-2028 e estudos previstos
🔎  Material vexetal de liño para Galicia: primeiros resultados agronómicos e próximos pasos
🧑‍🌾  O cultivo na práctica: experiencia de campo desde 2020 (solo, sementeira, rotación, sanidade e rendementos observados)
🧵  Colleita e primeira transformación: arrinca, enriado, gramado e espadelado, maquinaria necesaria 
🛒   Mercado e demanda téxtil: importacións, prezos, requisitos de calidade da fibra, validación industrial e certificacións
🗨️   Mesa participativa

📆 26/11/2026 
🖥️ Online: Zoom
🎟️ Inscrición gratuíta
✍️ Reserva a túa praza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/_62Y0ttpRNu5dNkcHjg6jQ#/registration

➕ Máis información:  🖥️ online ou 📞 981 58 47 83.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDA PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO 2026

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 16 de novembro de 2026 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 3 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MT809B).

jueves, 19 de noviembre de 2026

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN OU AUTOPROMOCIÓN DE VIVENDAS EN CONCELLOS DE GALICIA CON POBOACIÓN RESIDENTE IGUAL OU INFERIOR A 10.000 HABITANTES 2026

 Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2026 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 11 de agosto de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a adquisición ou autopromoción de vivendas en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia con poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento VI501B).


AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAÍSES 2027

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 6 de novembro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países, e se convocan para o ano 2027 (código de procedemento MR440D).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2027. O código de procedemento é o MR440D.

Persoas beneficiarias
Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas en que, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado, máis do 50 % da súa facturación proveña de produtos do anexo IV ou cuxa produción supere os 500 hectolitros deses produtos. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.
b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo cos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.
c) Organizacións interprofesionais.
d) Organizacións profesionais que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.
e) Órganos de xestión e de representación das denominacións de orixe protexidas e indicacións xeográficas protexidas vitivinícolas, así como as súas asociacións.
f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.
g) Cooperativas que comercialicen viños elaborados por elas ou polos seus asociados.
h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.
i) Os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción e comunicación de produtos e mercados en terceiros países, coa condición de que o dito organismo non sexa o único beneficiario da axuda.
No caso das asociacións temporais ou permanentes de produtores designarase un representante da agrupación, que deberá ter poderes suficientes para poder cumprir as obrigas que corresponden á citada agrupación como beneficiaria das axudas, tal e como establece o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Todos os membros da agrupación obterán a condición de beneficiarios, e manteranse na agrupación desde o momento de presentación da solicitude ata o cesamento das obrigas de control financeiro establecidas pola Lei 38/2003, do 17 de novembro.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes remata o día 30 de decembro de 2026.

CONVOCATORIA 2027 PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan, para o ano 2027, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento administrativo IF312A e IF312B).

Convocatoria.
Convócanse, para o ano 2027, as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada, tanto na súa modalidade de mercadorías como na de persoas viaxeiras, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución (procedementos IF312A e IF312B).

Calendario.
No ano 2027, as persoas interesadas dispoñerán de ata catro chamamentos para realizar o correspondente exame. Os exercicios terán lugar nos períodos abarcados entre as seguintes datas:
– Primeiro período: entre o 22 de febreiro e o 31 de marzo de 2027, para aqueles aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día da apertura do prazo para presentar a solicitude, que será a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e o 20 de xaneiro de 2027.
– Segundo período: entre o 24 de maio e o 30 de xuño de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o 21 de xaneiro e o 15 de abril de 2027.
–Terceiro período: entre o 30 de agosto e o 24 de setembro de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 16 de abril e o 29 de xuño de 2027.
– Cuarto período: entre o 8 de novembro e o 17 de decembro de 2027, para aquelas persoas aspirantes que soliciten realizar o exame nas datas comprendidas entre o día 30 de xuño e o 1 de outubro de 2027.
As persoas aspirantes que cumpran os requisitos para acceder ás probas poderán presentarse á modalidade de xestor de transporte para empresas de transporte de mercadorías por estrada e á de xestor de transporte para empresas de transporte de persoas viaxeiras por estrada, ou só a unha delas. As persoas aspirantes que estean interesadas en presentarse a ambas as modalidades deberán presentar unha solicitude por cada modalidade e aboar as taxas correspondentes, de acordo co establecido no punto 10 da presente resolución.

miércoles, 18 de noviembre de 2026

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO DAS AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS OCASIONADOS POLO OSO PARDO 2026

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 15 de novembro de 2026 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan axudas para o ano 2026 (código de procedemento MT815A).

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDAS PARA FOMENTAR A ADOPCIÓN DE ANIMAIS DOMÉSTICOS DE COMPAÑIA ABANDONADOS 2026

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 12 de novembro de 2026 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 20 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomentar a adopción de animais domésticos de compañía abandonados acollidos nos centros de recollida autorizados da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan axudas para o ano 2026 (código de procedemento MT811C).


INCREMENTO DA DOTACIÓN ORZAMENTARIA DA PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO 2026

 Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 11 de novembro de 2026 pola que se publica o incremento da dotación orzamentaria da Orde do 10 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión da prestación periódica para mulleres que sofren violencia de xénero e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento SI434A).

martes, 17 de noviembre de 2026

REGULAMENTO SOBRE O USO DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2026 pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do Regulamento sobre o uso da intelixencia artificial nesta universidade.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS DESTINADAS Á COLABORACIÓN NO FINANCIAMENTO DE INTERVENCIÓNS ARQUEOLÓXICAS 2026

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 11 de novembro de 2026 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 20 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de intervencións arqueolóxicas e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT104B).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR

 Consellería de Política Social e Igualdade

ORDE do 9 de novembro de 2026 pola que se modifica a Orde do 10 de xullo de 2026 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2026 e 2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

WEBINAR: ECONOMÍA VERDE EN EL COOPERATIVISMO AGRARIO: ENVASES, RAP Y NUEVOS CAMBIO NORMATIVOS


 

♻️ La transición hacia una economía más verde plantea nuevos retos y oportunidades para las entidades de economía social, especialmente para el sector agroalimentario, a raíz de las novedades en el marco regulatorio.


El proyecto ES-Factory ofrece el webinario "Economía verde en el cooperativismo agrario: envases, RAP y nuevos cambios normativos"  para dar a conocer los cambios normativos, anticiparse a nuevas obligaciones y avanzar hacia modelos de producción más sostenibles y competitivos.

Contamos con Laura Ramos (Ecoembes) para hablar de:
⚖️ Marco normativo de la Responsabilidad Ampliada del Productor (RAP) de envases: de la Ley 7/2022 y el Real Decreto 1055/2022 al nuevo Reglamento (UE) 2025/40.
 👌 Cumplimiento de las nuevas obligaciones que ha traído el nuevo Reglamento Europeo de envases a las empresas del sector agroalimentario
📃 Y con Demetrio Bediñana (responsable de Sostenibilidad en AGACA) que presentará los objetivos de ES-Factory y la Agenda intersectorial de la economía verde de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal 

📆 27/11/2026. De 11:00 a 13:00 h 
🖥️ Online: Zoom
🎟️ Inscrición gratuita
✍️ Reserva tu plaza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/Mu3mJUWUTfqw23MRBQ9TpA#/registration 


lunes, 16 de noviembre de 2026

(E-MARTES) SOBRE SISTEMAS PARA A CONTRATACIÓN PÚBLICA

 Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2026 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes), que se desenvolverá o día 24 de novembro de 2026, abordará os seguintes contidos:
– A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
– Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
– O xestor de expedientes de contratación (Plation).
– Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).
– Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Data: o martes 24 de novembro de 2026.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e cos requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar, primeiro, a área na que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e, despois, seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 22 de novembro de 2026.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 41 e 981 54 63 42.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DAS AXUDAS DO BONO EMANCÍPATE 2026

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se dá publicidade ao esgotamento do crédito da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas económicas a través do Bono Emancípate, no ano 2026, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT501B).

FIN DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DAS AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA 2026

 Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a Resolución do 2 de novembro de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, convocadas pola Orde do 18 de xuño de 2026 e cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento SI429A).

CONVOCATORIA PROBAS DE CONSTATACIÓN DA CUALIFICACIÓN INCIAL PARA O EXERCICIO DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA.

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2027, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D/IF310E).

Convocatoria.
Convócanse, para o ano 2027, as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución. Os procedementos asociados a esta norma son o de inscrición ás ditas probas (anexo I-IF310D) e o de devolución de taxas en relación a dita inscrición (anexo II-IF310E).

Calendario.
No ano 2027 realizaranse nove convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E

Inscrición.
4.1. Solicitudes:
a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.
As persoas aspirantes deberán superar os cursos de formación e cumprir os requisitos exixidos no Real decreto 284/2021, do 20 de abril, ou norma que o substitúa, para poder participar nas probas de constatación da cualificación inicial.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
b) As persoas aspirantes excluídas ou non admitidas á realización das probas poderán solicitar a devolución das taxas que aboasen, de ser o caso, a través do procedemento IF310E, presentando para o efecto unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.
O prazo para solicitar a devolución das taxas será dun mes contado a partir da publicación na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, sección de Formación, da relación de aspirantes admitidos e excluídos en cada convocatoria, empregando para o efecto o modelo IF310E, de conformidade coa disposición quinta da Resolución do 1 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril.
c) As solicitudes de devolución de taxas (IF310E-anexo II) presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
d) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, en que xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

4.2. Documentación complementaria:
As persoas interesadas deben achegar xunto coa solicitude (IF310D-anexo I) a seguinte documentación complementaria:
O xustificante do aboamento da taxa (código taxa: 310120), polo importe vixente no momento de facer a inscrición, conforme o que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, agás que sexa aplicable algunha exención.
O impreso de liquidación das taxas estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou pode recollerse nas Oficinas de Atención á Cidadanía e de Rexistro.
Deberase aboar unha taxa por cada unha das actividades mencionadas a que cada interesado se presente, e por cada convocatoria. O pagamento da taxa ten que realizarse durante o período de inscrición da correspondente convocatoria.
O pagamento da/das taxa/s efectuarase a través da sede electrónica ou en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia.
No suposto de presentar a solicitude a través da sede electrónica, esta permite facer o pagamento directamente, polo que xa non será necesario achegar o xustificante do aboamento da taxa.
Os códigos que deberán cubrir nos impresos de autoliquidación son os seguintes:
Consellería: 04-Presidencia, Xustiza e Deportes.
Delegación: 13-Servizos Centrais.
Servizo: 26-Mobilidade.
Taxa: 310120-Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte, a cualificación profesional para a condución de determinados vehículos dedicados á actividade de transporte, e/ou cualificación como conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas.
Na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, tamén se dará información dos códigos que correspondan para cubrir os impresos de autoliquidación.
A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible utilizada para a inscrición.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA DO PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR PARA O ANO 2026

 Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2026.

Primeiro. Publicar a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador da Universidade de Santiago de Compostela para o ano 2026, consistente en 174 prazas de profesorado con vinculación permanente. Da totalidade destas prazas, 124 (53 de profesorado permanente laboral, 69 de profesorado titular de universidade e 2 de catedrático/a de universidade) corresponden ao sistema de quenda libre. Delas resérvanse 19 prazas (9 de profesorado permanente laboral, 9 de profesorado titular de universidade e 1 de catedrático/a de universidade) para dar cumprimento á obriga, recollida no artigo 71.1 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, de destinar, como mínimo, un 15 % do total de prazas que se ofrecen para a incorporación de persoal investigador doutor que teña o certificado I3 ou R3. Na OEP inclúense, ademais, 50 prazas de catedrático/a de universidade para a quenda de promoción interna.
Segundo. Esta OEP, detallada no anexo, inclúe as necesidades de recursos humanos de carácter permanente no ámbito docente e investigador, con asignación orzamentaria, que non poden ser cubertas cos efectivos de persoal existentes, dentro do contexto global de restrición orzamentaria que afecta a todas as administracións públicas.
Terceiro. A planificación dos recursos humanos na USC oriéntase á atención das funcións prioritarias, á correcta dimensión do volume de efectivos e a potenciar a estabilización do seu persoal docente e investigador.
Cuarto. Para lle dar cumprimento ao establecido no artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e no artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a reserva do 5 % correspondente a esta oferta de emprego público realizarase nas convocatorias que se publiquen en execución da oferta aprobada.
Quinto. As convocatorias dos concursos derivados desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e, de ser o caso, no Boletín Oficial del Estado, para garantir a súa publicidade, e executaranse dentro do prazo máximo establecido no artigo 70 do Estatuto básico do empregado público.
Sexto. Coa finalidade de lles dar unha maior difusión ás convocatorias de concursos relacionados con esta oferta de emprego, así como aos actos que deriven destes, poderase consultar a documentación correspondente na páxina web do Servizo de Planificación de PDI da USC, sección de convocatorias de prazas:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO PERSOAL TÉCNICO, DE XESTIÓN E DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS PARA O ANO 2026 DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2026 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal técnico, de xestión e de administración e servizos para o ano 2026.

Publicación da oferta de emprego público
Publicar a oferta de emprego público correspondente aos distintos corpos e escalas de persoal funcionario da Universidade de Santiago de Compostela e categorías do persoal laboral para o ano 2026, nos termos que se establecen nesta resolución.

Determinación da oferta de emprego público
O anexo I recolle as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que deben proverse mediante a incorporación de persoal de novo ingreso con cargo ao 120 % da taxa de reposición de efectivos prevista para o ano 2026.
O anexo II desta oferta inclúe tres prazas de consolidación de persoal laboral indefinido non fixo derivado dunha sentenza xudicial. Estas prazas están encadradas na categoría de persoal laboral, segundo consta na relación de postos de traballo aprobada polo Consello de Goberno para cumprir o establecido no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. O proceso selectivo que se convoque para a oferta das prazas de consolidación establecerá o sistema de concurso-oposición e deberá garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.
O anexo III contén a oferta de promoción interna independente, de conformidade co ordinal quinto.

Publicidade das convocatorias
As convocatorias das probas selectivas de acceso libre derivadas desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado para garantir a publicidade exixida no artigo 91.2 da Lei 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario.

martes, 10 de noviembre de 2026

DIXITALIZACIÓN DE SERVIZOS TÉCNICOS DAS COOPERATIVAS

 


Achégase un período de cambios técnicos e normativos que tocarán de cheo aos servizos técnicos que ofrecen as cooperativas.

Novos requirimentos da PAC e do rexistro de explotacións, a fertilización sustentable e a obrigatoriedade do caderno dixital de explotación a partir do 1 de xaneiro de 2027 son só algúns dos retos que se tratarán o 19 de novembro na xornada online 'Dixitalización dos servizos técnicos das cooperativas. Datos, clima, fertilización e caderno dixital', con especialistas que proporán solucións e apoios baseados na dixitalización.

🖲️ Do dato ao asesoramento: intelixencia artificial, big data e internet das cousas para os servizos técnicos do sector agroalimentario
🗺️ Folla de ruta agraria 2026-2028. Novas necesidades da persoa socia e esixencias regulatorias: o caderno dixital, o REA e os novos requirimentos da PAC
🗨️ Mesa redonda sobre 'servizos técnicos que demandan hoxe as persoas socias' e coloquio sobre 'prioridades dos servizos técnicos para 2027'
🖥️🌱 Cadros de mando de fertilización: a ferramenta definitiva para o asesoramento técnico
📱O C3 na práctica: cuestións operativas

📆 19/11/2026 
🖥️ Online: Zoom
🎟️ Inscrición gratuíta
✍️ Reserva a túa praza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/XxkYf4YFSKCox-8W56PZzw#/registration

➕ Máis información: 🖥️ online ou 📞 981 58 47 83.

 


martes, 3 de noviembre de 2026

AXUDAS DE MOBILIDADE PARA O ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS DE GRAO BÁSICO E GRAO MEDIO

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 22 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de centros educativos públicos que forman parte do consorcio de mobilidade do proxecto Erasmus+ 2025-1-ES01-KA121-VET-000332915 no curso 2026/27 (código de procedemento ED322B).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia competitiva as axudas económicas para a realización de mobilidades de alumnado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de formación profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2025-1-ES01-KA121-VET-000332915 establecidos no punto sexto, anexo I (código de procedemento ED322B).

Persoas beneficiarias
Poderán concorrer a esta convocatoria as persoas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
Estar matriculadas durante o curso 2026/27 nun ciclo formativo de grao básico ou grao medio de formación profesional ou nun curso de especialización de formación profesional de grao medio, nalgún dos centros educativos que se relacionan no anexo I, e estar en condicións de realizar un período de formación en empresa antes do comezo da mobilidade.
Ter obtido unha titulación de grao básico ou grao medio de formación profesional ou certificado dun curso de especialización de formación profesional de grao medio nalgún dos centros educativos que se relacionan no punto sexto, anexo I, durante os 12 meses anteriores á finalización da mobilidade prevista.

Prazo de execución das mobilidades
A data de finalización das mobilidades financiadas ao abeiro desta convocatoria non poderá ser posterior á data de finalización ampliada do proxecto 2025-1-ES01-KA121-VET-000332915, isto é, o 31 de maio de 2027.

jueves, 29 de octubre de 2026

AXUDA FINANCEIRA DIRECTA DE EMERXENCIA ÁS PERSOAS AGRICULTORAS AFECTADAS POLO SOBRECUSTO DOS FERTILIZANTES E DA ENERXÍA COMO CONSECUENCIA DA CRISE EN ORIENTE PRÓXIMO

 Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2026 pola que se establece o procedemento para a concesión dunha axuda financeira directa de emerxencia destinada ás persoas agricultoras afectadas polo sobrecusto dos fertilizantes e da enerxía como consecuencia da crise en Oriente Próximo, ao abeiro do Regulamento de execución (UE) 2026/1894 da Comisión, do 27 de xullo de 2026 (código de procedemento MR243A).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer o procedemento de concesión directa dunha axuda financeira de emerxencia destinada a compensar parcialmente os sobrecustos de produción soportados polas explotacións agrarias como consecuencia do aumento dos prezos dos fertilizantes e, se é o caso, do gasóleo, derivado da crise en Oriente Próximo, producido a partir do 1 de marzo de 2026, data de inicio do conflito.
2. A axuda terá carácter compensatorio e estará destinada a contribuír ao mantemento da viabilidade económica das explotacións beneficiarias, sen que en ningún caso poida producir unha sobrecompensación das perdas económicas sufridas.

Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias da axuda as persoas agricultoras que cumpran simultaneamente os seguintes requisitos:
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que cumpran os seguintes requisitos comúns:
a) Ser titulares dunha explotación agraria situada total ou parcialmente na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Exercer unha actividade agraria baixo o seu control efectivo, consonte o estipulado no Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, obter os beneficios derivados dela e asumir o risco empresarial correspondente.
c) Ter presentado en Galicia a solicitude única da política agrícola común (PAC) correspondente á campaña 2026.
d) Cumprir os demais requisitos establecidos nesta resolución e non ter creado artificialmente as condicións exixidas para obter a axuda.
2. Ademais dos requisitos comúns establecidos no número anterior, aplicaranse condicións segundo a tipoloxía da persoa ou entidade beneficiaria

Prazo de presentación das comunicacións de aceptación das axudas
O prazo de presentación da comunicación da aceptación da axuda será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS PARA A CONCESIÓN DIRECTA DE BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DOS GRAOS A, B OU C.

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 23 de outubro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento TR301V).

Obxecto, finalidade e ámbito de aplicación
1. A orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería.
Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego ou con fondos provenientes da Unión Europea.
2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de novembro de 2026, día da entrada en vigor desta orde, e o 31 de outubro de 2027 (ambos incluídos).

Persoas beneficiarias
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.
2. Para os efectos desta orde, terá a consideración de persoa traballadora desempregada aquela inscrita no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada na data de inicio da acción formativa.
Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas, adquiran posteriormente a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupada durante o período de desenvolvemento da acción formativa.
Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.
A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixase de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

Tipoloxía de bolsas e axudas
As tipoloxías de bolsas e axudas reguladas por esta orde son as seguintes:
– Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos:
• Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33 %.
• Membros integrantes dunha familia numerosa.
• Membros integrantes dunha familia monoparental.
• Vítimas de violencia de xénero.
– Axudas por participar na acción formativa:
• Para transporte público, urbano e interurbano, ou vehículo propio.
• Para manutención.
• Para aloxamento e manutención.
• Para conciliación.

Prazo de presentación de solicitudes
A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites.

Forma e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Data de entrada en vigor da orde
A orde entrará en vigor o día 1 de novembro de 2026.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA O SECTOR EDITORIAL GALEGO PARA OS EXERCICIOS 2026 E 2027

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 21 de outubro de 2026 pola que se modifica a Orde do 22 de xuño de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para o sector editorial galego, relativas aos gastos á produción editorial literaria para os exercicios 2026 e 2027 (código de procedemento CT238D).

miércoles, 28 de octubre de 2026

VII PREMIOS VALEDORA DO POBO AOS MELLORES TRABALLOS FIN DE GRAO (TFG) E TRABALLOS FIN DE MÁSTER (TFM) EN MATERIA DE IGUALDADE E DEREITOS DAS MULLERES

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2026 pola que se aproba a convocatoria da sétima edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Obxecto
Estas bases teñen como obxecto regular a concesión dos VII premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

Requisitos
Os traballos deberán destacar polo seu elevado valor en materia de igualdade e dereitos das mulleres.
Os dereitos sobre os traballos presentados non poderán estar cedidos a terceiros con carácter de exclusividade.
Os traballos deberon ser lidos, defendidos ou xulgados e aprobados, segundo proceda, perante calquera universidade galega durante o curso académico 2025/26.
Os traballos serán presentados en idioma galego ou castelán. No caso de que se presenten nun idioma distinto dos anteriores, deberá achegarse a tradución.

Solicitudes
As solicitudes axustaranse aos modelos de instancia que figuran como anexos I e II, que estarán á disposición das persoas interesadas no enderezo electrónico do Valedor do Pobo (www.valedordopobo.gal), da Universidade de Santiago de Compostela (www.usc.es), da Universidade da Coruña (www.udc.es) e da Universidade de Vigo (www.uvigo.es), e no Rexistro do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, 65, 15701 Santiago de Compostela, A Coruña) das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 19.00 horas, de luns a xoves, e das 9.00 ás 14.00 horas os venres, e nos rexistros das universidades citadas.
Coas solicitudes presentarase a seguinte documentación:
Traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en formato papel e en formato electrónico (CD ou pendrive en formato word, libreoffice ou LaTeX (anexo I).
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude unicamente a un dos premios.

Lugar e prazo de presentación
Os traballos, dirixidos á valedora do pobo, presentaranse no Rexistro do Valedor do Pobo ou nos rexistros da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade da Coruña ou da Universidade de Vigo, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
No suposto de que non se presenten no rexistro das entidades convocantes, deberá enviarse, dentro do prazo de presentación, unha comunicación, vía correo electrónico a rexistro@valedordopobo.gal, na que se detalle o medio utilizado de presentación segundo o modelo que consta no anexo II.
As solicitudes presentaranse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata o 20 de decembro 2026. As persoas interesadas poderán consultar as bases da convocatoria no DOG e nas paxinas web do Valedor do Pobo e das universidades galegas.
Se a solicitude non reúne os datos ou os documentos exixidos, a persoa interesada disporá de 10 días hábiles para corrixir a falta ou achegar os documentos preceptivos desde a recepción da notificación de emenda. No caso de que non o fixese, considerarase que desistiu da súa petición.
Sen prexuízo do anterior, poderase requirir a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a valoración do traballo presentado. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición.
As comunicacións realizaranse exclusivamente a través do enderezo de correo electrónico proporcionado polas persoas solicitantes.

Dotación e tramitación dos premios

1. O xurado poderá conceder os seguintes premios:
– Premio ao mellor traballo fin de grao (TFG): 1.500 € e diploma acreditativo.
– Premio ao mellor traballo fin de máster (TFM): 1.500 € e diploma acreditativo.

lunes, 19 de octubre de 2026

ABERTA A INSCRICIÓN NO XV PROGRAMA DE APOIO A EMPRESAS AGROALIMENTARIAS DA FUNDACION JUANA DE VEGA

 

Logo da Fundación Juana de Vega

 

jueves, 15 de octubre de 2026

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DA ANUALIDADE 2027 DAS AXUDAS BONOS TALENTO EMPRESA

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da anualidade 2027 do código de procedemento TR302D, da Orde de 8 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á sua convocatoria para as anualidades 2026-2027 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 22 de maio de 2026).

CONVOCATORIA DA PROBA EN LIÑA PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA CELGA 4

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convoca a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026 (código de procedemento PL500G).

Obxecto.
Convocar a proba en liña para a obtención do certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2026, con código de procedemento administrativo PL500G.

Persoas destinatarias e número de prazas.
1. Esta convocatoria diríxese ás persoas maiores de dezaoito anos ou que os fagan antes da data de realización da proba, establecida no número 3.
2. O número de prazas dispoñibles para realizar a proba en liña do Celga 4 será de duascentas (200).

Data de realización da proba.
A proba terá lugar o 27 de novembro de 2026, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

Presentación de solicitudes e prazo.
1. As persoas que desexen inscribirse nesta convocatoria deberán presentar dúas solicitudes: unha, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para os efectos do rexistro oficial de entrada e a correspondente tramitación administrativa, e outra, a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, pois esta constitúe o soporte técnico indispensable para a realización da proba en liña. A orde de presentación de ambas as solicitudes é indiferente, sempre que se efectúe dentro do prazo establecido no número 4.5.

2. A presentación da solicitude a través da sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal, realizarase a través do formulario normalizado (anexo I). A capacidade técnica e a dispoñibilidade dun equipamento informático que permita realizar a proba en liña obxecto desta convocatoria xustifican a obrigatoriedade da devandita presentación electrónica.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e a clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) ou o sistema Cl@ve Pin ou Cl@ve Permanente.

3. A presentación da solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, https://formacion-lingua.xunta.gal, realizarase do seguinte xeito: primeiro, a persoa solicitante accederá á devandita plataforma mediante o seu nome de usuario/a e o contrasinal; a continuación, seleccionará a proba e inscribirase nela. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá rexistrarse previamente nela. O nome e apelidos facilitados na plataforma deben coincidir cos do documento que acredita a súa identidade (DNI, NIE ou pasaporte).

4. Para realizar a proba, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con:
• Conexión á internet (de banda larga).
• Navegador web debidamente actualizado (recoméndase ter instalada a última versión de Chrome).
• Cámara web debidamente configurada no ordenador, á cal accederá o sistema durante o tempo que dure a proba en liña para controlar e verificar que a persoa realiza o exame de xeito autónomo e sen axudas externas.
• Micrófono debidamente configurado no ordenador para permitir a gravación de voz en formato electrónico (mp3 ou equivalente).
• Altofalantes debidamente configurados no ordenador para permitir escoitar son (non se poderán utilizar auriculares durante a proba).
• Acceso á conta de correo electrónico especificada no formulario de solicitude.
– Un teléfono móbil que complementará o ordenador durante a proba e que permitirá que o sistema controle o posto en que a persoa realiza o exame en liña desde un segundo punto de vista diferente ao obtido pola propia cámara web do ordenador, con:
• Conexión á internet (de banda larga).
• Aplicación de cámara para vincular un código QR no momento de iniciarse a proba.
• Habilitación de permisos para acceder á cámara e ao micrófono.
• Aplicación Chrome instalada no teléfono móbil.

5. O prazo de presentación das solicitudes, tanto a través da sede electrónica como da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral de Lingua, será de dez días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

(E-MARTES) USO DE CERTIFICADOS DIXITAIS NA XUNTA DE GALICIA

 Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2026 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

Obxectivos
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e á identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da administración electrónica.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 27 de outubro de 2026 abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
– Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
– Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave 365. Sala electrónica de sinaturas.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Data: martes 27 de outubro de 2026.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Corenta e cinco (45).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática, accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizaren a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica» para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía» no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área na que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «Nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 21 de outubro de 2026.
Poderase obter calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.