INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
jueves, 30 de septiembre de 2021
PROGRAMA RE-ACCIONA COVID-19
miércoles, 29 de septiembre de 2021
AMPLIACIÓN DOS PRAZOS MÁXIMOS DE EXECUCIÓN, PRESENTACIÓN DA XUSTIFICACIÓN E SOLICITUDE DE COBRAMENTO DAS AXUDAS AO INVESTIMENTO PARA A FABRICACIÓN DE PRODUTOS RELACIONADOS
INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA
MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES DE USO TÉRMICO, DIRIXIDAS A PARTICULARES, PARA 2021
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Primeiro. Modificar a data límite que figura no artigo 22 das bases reguladoras para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa, quedando a redacción do artigo do seguinte xeito:
«O prazo para a execución das instalacións iníciase unha vez se teña efectuado a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2021.
Para todas as solicitudes de axuda nas que se puxera a disposición do solicitante a resolución de concesión a partir do 1 de xullo, o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 25 de outubro de 2021».
Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos no artigo 44 e 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Terceiro. De acordo co disposto no artigo 32.3 de la LPACAP, contra o presente acordo non cabe recurso de ningún tipo.
MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA SOLAR FOTOVOLTAICA, DIRIXIDAS A PARTICULARES, PARA 2021
AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA
Primeiro. Modificar a data límite que figura no artigo 22 das bases reguladoras para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa, quedando a redacción do artigo do seguinte xeito:
«O prazo para a execución das instalacións iníciase unha vez que se efectúe a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará o 30 de setembro de 2021.
Para todas as solicitudes de axuda en que se puxese á disposición do solicitante a resolución de concesión a partir do 1 de xullo, o prazo de execución das instalacións amplíase ata o 25 de outubro de 2021».
Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.gal), para os efectos previstos nos artigos 44 e 45.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).
Terceiro. De acordo co disposto no artigo 32.3 de la LPACAP, contra o presente acordo non cabe recurso de ningún tipo.
SUBVENCIONS PARA APOIAR A XESTIÓN E MANTEMENTO DAS REDES SECUNDARIAS DE FAIXAS DE XESTIÓN DA BIOMASA E DAS FAIXAS LATERAIS DAS VÍAS MUNICIPAIS EN MVMC.
FESTIVAL PORTAMÉRICA
Asiste ao festival
Portamérica co Carné Xove! xuventude.xunta.es O sorteo, que se iniciará ás 14.00 horas do
día 27 de setembro e finalizará o xoves 30 ás 12.00 horas, ten a seguin... |
martes, 28 de septiembre de 2021
AXUDAS A PERSOAS TITULADAS UNIVERSITARIAS EN SITUACION DE DESEMPREGO PARA A MATRICULA NUN MASTER UNIVERSITARIO OFICIAL OFERTADO POLAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA EN 2021/22
lunes, 27 de septiembre de 2021
INFORMACION XUVENIL-DO 18 AO 24 DE SETEMBRO
xuventude.xunta.es A Dirección Xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes
Xuvenís 3.0... |
|
O programa Carné Xove suma a
adhesión de varios establecementos do municipio de Chantada. xuventude.xunta.es Dende hoxe pasan a formar parte
da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora
do carné xove os seguintes e... |
Subvencións a actuacións
destinadas á xuventude e ao voluntariado xuventude.xunta.es A Consellería de Política Social convoca
subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para f... |
xuventude.xunta.es Como todos os anos, o servizo de información
europeo Eurodesk organiza a súa campaña "Time to Move" durante o
mes de outubro. Tim... |
|
xuventude.xunta.es EUGA impulsa Galicia Innovation Days, un
evento internacional gratuíto en liña centrado nas novas convocatorias de
Horizonte Europa. Os... |
xuventude.xunta.es Os 47 estados membros do Consello de Europa
animan a máis de 800 millóns de europeos a aprender outras linguas a calquera
idade, dentro... |
|
xuventude.xunta.es O IV Congreso XoveTIC, organizado polo
Centro de Investigación en TIC dá Universidade da Coruña (CITIC), terá lugar
en for... |
Curso de Monitor/a de
actividades de tempo libre da ETL Xirxilar xuventude.xunta.es Máis información na Escola de Tempo Libre
Xirxilar988 223 377 e 638 581 726Praza Luis Fernandez 1 baixo.
Ourensehttps://xirxilar.com/esc... |
|
Curso de Monitor/a de
actividades de tempo libre da ETL Actex xuventude.xunta.es https://actex.hubspotpagebuilder.eu/curso-oficial-monitor-de-tiempo-libre |
Curso en Santiago de
Compostela de Monitor/a de actividades de tempo libre da ETL de Cáritas xuventude.xunta.es |
|
xuventude.xunta.es Magnafor, empresa dedicada a servizos para o
emprego, está a organizar para a Deputación da Coruña unha acción formativa
e... |
Probas libres para obter a
certificación galega de competencias dixitais en ofimática xuventude.xunta.es A Axencia para a Modernización Tecnolóxica
de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a
obtenció... |
|
Bolsas para estudos e para
alumnado con necesidades específicas de apoio educativo xuventude.xunta.es O Ministerio de Educación e Formación
Profesional e o Ministerio de Universidades convocan bolsas para cursar
estudos de FP, Bacharelato... |
Últimos días!! Bolsas de
colaboración de estudantes en departamentos universitarios xuventude.xunta.es O Ministerio de Educación convoca 2.400
bolsas para promover a iniciación en tarefas de investigación dos/as
estudantes universit... |
|
Bolsas no Museo Nacional
Centro de Arte Raiña Sofía xuventude.xunta.es O Museo Nacional Centro de Arte Raiña Sofía
convoca as seguintes bolsas: 1 bolsa de formación en proxectos editoriais1
bolsa de f... |
Axudas para artistas para o
fomento da creación xuventude.xunta.es O Concello de Irun convoca dúas axudas para
artistas para o fomento da creación e o intercambio artístico, cunha
dotación... |
|
X Convocatoria Anual de
Axudas a Proxectos de Acción Social xuventude.xunta.es A Fundación Mutua Madrileña convoca a X
Convocatoria Anual de Axudas a Proxectos de Acción Social co obxectivo de
recoñece... |
Talleres en Rianxo do
proxecto Girl STEAM xuventude.xunta.es A Asociación Galega de empresas de Software
Libre (AGASOL), en colaboración coa AMTEGA, ofrece en Rianxo dous talleres
dentro do proxect... |
Actividades e formación para
a mocidade en Oleiros xuventude.xunta.es Dende as Casas da Mocidade de Oleiros -
Portaberta e As Pedras - organiza actividades e formacións para o mes de
outubro. Todas as activi... |
|
VIII Concurso de
Microrrelatos Científicos xuventude.xunta.es Coincidindo co Día Mundial da Ciencia, a
Fundación Aquae convoca O VIII Concurso de Microrrelatos Científicos. Bastan
100 palabra... |
xuventude.xunta.es Zenda Libros convoca o concurso de Relatos
Historias da Historia Escribe un relato ambientado en calquera momento
histórico que che pareza rele... |
|
xuventude.xunta.es O concello de Pontevedra convoca os premios
literarios Pinto e Maragota en colaboración con Edicións Xerais de Galicia,
para a visibiliz... |
xuventude.xunta.es A Dirección Xeral de Tradución da Comisión
Europea organiza "Juvenes Translatores", concurso de tradución en
liña p... |
|
xuventude.xunta.es O Ministerio de Educación convoca o concurso
nacional Unha Constitución para todos Esta convocatoria está dirixida ao
alumnado do... |
Saúdos
E-MARTES SOBRE CONTRATACION PUBLICA DE GALICIA
ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 5 e 19 de outubro de 2021.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas cada xornada.
Número de prazas
• Persoal empregado público: 16.
• Cidadanía: 13.
O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas adaptada ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nestas actividades, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que están integradas estas actividades (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada en que desexen matricularse:
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: contratación, 5 de outubro.
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: contratación, 19 de outubro.
As persoas que resulten seleccionadas para a primeira xornada, no caso de teren solicitadas as dúas xornadas, serán excluídas da listaxe de persoas seleccionables para a segunda xornada do mes, salvo renuncia recibida coa antelación prevista na base décima desta resolución.
5. Os prazos para inscribirse nestas actividades serán os seguintes:
• Para a xornada E-martes, que se desenvolverá o día 5 de outubro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 30 de setembro de 2021.
• Para a xornada E-martes, que se desenvolverá o día 19 de outubro: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 14 de outubro de 2021.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.
SUBVENCIONS A PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARACTER SOCIAL DIRIXIDOS A PROMOCION DA IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES, E DE PREVENCION E LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO
CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE