lunes, 28 de junio de 2021

viernes, 25 de junio de 2021

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 21 AO 27 DE XUÑO

 


Correspondentes Xuvenís en Plan Proxecta+

xuventude.xunta.es

Xa está aberto o prazo para solicitar o programa Correspondentes Xuvenís da Dirección Xeral de Xuventude, participación e...

 

 

     Prazas libres en Campos de Voluntariado: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran

 

 

 

 

 

Bolsas

 


Cursos de tempo libre

viernes, 11 de junio de 2021

ORDE DO 10 DE XUÑO, MODIFICACIÓN DA ORDE DO 28 DE MAIO DE 2021 DE MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se prorroga a eficacia e se modifica a Orde do 28 de maio de 2021, pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e se modifica a Orde do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen as actuacións necesarias para a posta en marcha do Plan de hostalaría segura da Comunidade Autónoma de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DO PROGRAMA BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL EXERCICIOS 2021 E 2022

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da convocatoria de 2021 de subvencións do Programa do bono de alugueiro social para os exercicios 2021 e 2022.


AXUDAS DO PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS614B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2021 (código de procedemento BS614B), así como proceder á súa convocatoria.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias da subvención aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitude comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de setembro de 2021.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

miércoles, 9 de junio de 2021

SUBVENCIÓNS PARA A CONSOLIDACIÓN E A ESTRUTURACIÓN DE UNIDADES DE INVESTIGACIÓN COMPETITIVAS NOS CENTROS TECNOLÓXICOS CONSOLIDADOS DE GALICIA, 2021

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN845A).

Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia para financiar gastos estruturais e de funcionamento, co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas ao mercado. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2021 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva (código de procedemento IN845A).

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consolidados.
Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñen resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE ACCIÓN HUMANITARIA NO EXTERIOR, E SE PROCEDE Á SÚA CONVOCATORI PARA O ANO 2021

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR811A).

Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior (código de procedemento PR811A).
Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte a iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións.
Así mesmo, no actual contexto da pandemia provocada pola COVID-19, considerarase fundamental reforzar os sistemas de saúde a través da provisión de recursos materiais, infraestruturas adaptadas, protocolos de actuación e formación e apoio psicosocial para persoal de saúde, para rematar coa transmisión do virus e prever e tratar futuras crises sanitarias e pandemias, reforzar os sistemas de protección social, promover o exercicio dos dereitos sociais básicos e mitigar o impacto socioeconómico desta crise.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais que estean inscritas na sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento e que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria ou que demostren contrastada experiencia neste sector.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

martes, 8 de junio de 2021

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS AO ABEIRO DA SUBMEDIDA 19.3 DA MEDIDA LEADER

 AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2021 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 24 de setembro de 2018 pola que se convocan subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.3 (cooperación no ámbito de Leader), da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2018 e 2019, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (código de procedemento MR710A).

PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA AO ALUMNADO DE GRAO UNIVERSITARIO OFICIAL NO CURSO 2019-20

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios de excelencia académica ao alumnado de grao universitario oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar os premios de excelencia académica de grao do curso académico 2019/20 no Sistema universitario de Galicia.

Persoas destinatarias
1. Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2019/20 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
2. Concederase un premio por cada un dos cursos nos que se estruturan os plans de estudos das titulacións oficiais de grao e en cada un dos centros nos que se imparta ao alumnado que finalizase no curso académico 2019/20, os estudos correspondentes a un dos cursos, agás o derradeiro da titulación.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso anual dos ditos programas.
No suposto de que o/a alumno/a estea matriculado/a en materias de varios cursos, segundo o programa de estudos, entenderase, aos efectos desta orde, que o curso polo que opta ao premio será no que estea matriculado/a de máis créditos. Na circunstancia de que o número de créditos sexa o mesmo interpretarase que opta ao premio polo curso superior.

Dotación do premio
a) Cada persoa premiada recibirá unha dotación económica de 1.000 euros e un diploma acreditativo desta distinción. O importe do premio estará suxeito ás retencións fiscais que legalmente correspondan.
b) No caso de existir remanente de crédito, as persoas premiadas que teñan unha nota media igual ou superior a 9 puntos recibirán unha contía complementaria de 500 euros, comezarase desde os expedientes con maior nota media.

Procedemento para a determinación dos premios: obrigas das universidades
a) Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.
b) O órgano competente en materia de xestión académica de cada unha das universidades do Sistema universitario de Galicia deberá:
1º. Publicar na páxina web da universidade a relación provisional do alumnado seleccionado de acordo cos requisitos establecidos nesta convocatoria.
2º. As persoas interesadas disporán dun prazo de 5 días desde a súa publicación para efectuar as súas reclamacións ante o órgano que publica en cada unha das universidades.
3º. A universidade, unha vez resoltas as reclamacións realizadas, publicará na súa páxina web a relación definitiva do alumnado proposto para o premio e, nesa mesma data, remitirase á Secretaría Xeral de Universidades.
4º. Na publicación da relación definitiva indicarase ao alumnado a necesidade de manifestar a súa aceptación expresa á Secretaría Xeral de Universidades no prazo de 10 días desde a dita publicación utilizando para iso o anexo II desta orde, advertíndolles que, de non presentala nese prazo, entenderase que renuncian ao premio.
As persoas propostas deberán presentar obrigatoriamente a súa aceptación expresa por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
c) Para os trámites indicados nos apartados anteriores o órgano competente en materia de xestión académica de cada unha das universidades do Sistema universitario de Galicia terá un prazo de dous meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria.
Nese prazo, a autoridade ou órgano competente en cada universidade, deberán remitir a súa proposta á Secretaría Xeral de Universidades mediante a certificación incluída como anexo I desta orde, na que constan os datos correspondentes ás persoas coa nota media máis alta en cada un dos cursos dos plans de estudos oficiais de grao de cada centro, así como dos programas de simultaneidade de grao. A proposta preséntase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
d) Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

lunes, 7 de junio de 2021

INFORMACIÓN XUVENIL: SEMANA DO 1 AO 6 DE XUÑO

 


Novidades do carné xove

 

Actividades

 

Que día tes que volver a clases?

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación publica no DOG do 4 de xuño o calendario escolar para o curso 2021/22 Cando se realizarán...

 

Premios extraordinarios de ESO

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico...

Estadías de tempo libre para mulleres con fillos/as

xuventude.xunta.es

A Secretaría Xeral da Igualdade convoca de estadías de tempo libre para mulleres soas, preferentemente vítimas de violencia de x&...

 

Prazos do proceso de admisión na FP

xuventude.xunta.es

Prazos do proceso de admisión na FP - FP DualPresentación de solicitudes a partir das 9:00 horas do 25 de xuño ás 9.00 ao...

Covid e saúde mental na mocidade

xuventude.xunta.es

A Asociación Española de Pediatría alerta ante o impacto psicosocial da pandemia entre a mocidade, que está empezando a saturar...

Axudas

 

Axudas económicas para a formación práctica en empresas

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca axudas económicas para a realización da formación práctica en centros de...

 

Subvencións a asociacións xuvenís

xuventude.xunta.es

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organ...

Bolsas

 

 

 

 

 

 

 

 


Premios e concursos

 

Ofertas de emprego: 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico

 

Cursos de Tempo Libre: 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/33-cursos-de-tempo-libre

 

 

Cursos: