lunes, 23 de septiembre de 2013

PROGRAMA BONOS DE INNOVACIÓN

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Convocatoria e bases reguladoras 
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases do Programa bonos de innovación (incluídas nos anexos I e II), polas que se rexerá a concesión de incentivos en forma de bonos ás pemes galegas para a preparación de propostas a convocatorias nacionais e internacionais de I+D+i a través da contratación de axentes intermedios homologados para o dito servizo.
Segundo o ámbito de aplicación, diferenciaranse dous tipos de incentivos ou bonos:
– Bonos nacionais: para a preparación de propostas a convocatorias nacionais de proxectos de I+D+i en cooperación a través da contratación de axentes intermedios homologados pola Axencia Galega de Innovación para a prestación deste servizo. Para que estas propostas poidan ser apoiadas deberán ser seleccionadas para o seu financiamento polo organismo nacional a que se presentaron e non contar a dita convocatoria nacional co cofinanciamento autonómico.
– Bonos internacionais: para a preparación de propostas a convocatorias internacionais de I+D+i a través da contratación de axentes intermedios homologados pola Axencia Galega de Innovación para a prestación deste servizo. Neste caso, as propostas deberán obter unha boa valoración do organismo internacional a que se presentaron. Isto comprobarase a través da superación dos limiares de valoración establecidos na propia convocatoria internacional.
Atendendo a unha valoración do servizo prestado polo axente intermedio en función da súa dedicación, as contías dos bonos, fixadas na táboa I do anexo II, dependerán do tipo de proxecto que se preparou, do papel desenvolvido pola peme dentro do consorcio e do resultado obtido no programa de financiamento a que se presentou a proposta.
2. Así mesmo, por medio desta orde:
– Defínese o procedemento polo que as entidades interesadas poderán solicitar a súa 
homologación como axentes intermedios do Programa bonos de innovación (código de 
procedemento IN851A) para cada un dos tipos de ámbitos previstos, nacional e internacional, e ábrese o prazo para solicitar a súa homologación e adhesión ao Programa, sempre 
que se cumpran os requisitos establecidos no anexo I.
– Convócanse as devanditas axudas con carácter plurianual e aberto ata o esgotamento dos fondos asignados ao Programa para a preparación de proxectos que se inicien con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2013.
O procedemento de concesión destas axudas (código de procedemento IN851B) tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis. Estas axudas poderán ser susceptibles de ser cofinanciadas con fondos procedentes do fondo nacional Euroingenio.

CONVOCATORIA NOVE EMPREGOS DE PEÓNS DE REPARACIÓN DE VÍAS PROVINCIAIS.

DEPUTACION DE LUGO


CONVOCATORIA. 
As presentes bases teñen por obxecto establecer o procedemento de selección á empregos temporais da 
Deputación Provincial de Lugo para o acceso: 
1.1.- Á condición de funcionario interino nos supostos previstos no artigo 10 da Lei 7/2007, de 12 de abril 
do Estatuto Básico do Empregado Público. 
1.2.- Á condición de contratado laboral temporal, nos supostos previstos no artigo 11 do EBEP, mediante contrato de interinidade ou calquera outra modalidade contractual diferente á sinalada anteriormente, de acordo coa lexislación laboral. 
As prazas/postos/empregos que se convocan así como as funcións a desempeñar se sinalan no Anexo I das 
presentes Bases. 
O persoal seleccionado prestará servizos nas unidades que se indiquen no Anexo I das presentes bases, sen 
prexuízo de que por necesidades motivadas do servizo poidan prestalos en unidades diferentes da Deputación Provincial, conforme ás normas contidas no Regulamento de Acceso, Promoción e Provisión de Postos de Traballo da Deputación (BOP, 30-09-2006). 
A convocatoria e as bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia, no taboleiro de anuncios da Entidade e na súa páxina web (www.deputacionlugo.org.)

BOLSA FORMATIVA NA ÁREA DE CULTURA E TURISMO

DEPUTACIÓN DE LUGO



Por medio destas bases establécense os criterios reguladores para proceder á convocatoria dunha bolsa formativa para colaborar no programa formativo de Cultura e Patrimonio para o ano 2013 – 2014. 
Nas presentes bases e tamén nos anexos (I, II e III) detállanse os requisitos xerais e específicos que deben reunir as persoas solicitantes. O bolseiro/a realizará a súa actividade no Servizo de Cultura da Deputación de Lugo, sendo os seus obxectivos participar no programa de recuperación do Patrimonio material lucense durante a duración temporal da bolsa. 
A bolsa - reguladas nestas bases - concederase en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia. 
Con esta bolsa formativa, o Servizo de Cultura da Deputación de Lugo pretende non só impulsar o coñecemento e maila conservación do Patrimonio Cultural lucense, senón que tamén - e unha vez máis – fomentar a formación dos profesionais universitarios.
Prazo de solicitude: 10 dias naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación no BOP.

martes, 17 de septiembre de 2013

SUBVENCIÓNS ÁS INDUSTRIAS CULTURAIS 2013

AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS


Obxecto
1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e dos obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción das industrias culturais, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2013.
2. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 2, números 2 ao 5 do Regulamento (CE) nº 1998/2006. A contía total das axudas de minimis concedidas a unha empresa non poderá exceder dos 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Este limiar aplicarase independentemente da forma da axuda ou do obxectivo perseguido. As axudas de minimis non se acumularán con ninguna axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables se esta acumulación dá lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso pola normativa comunitaria.
Beneficiarios
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e cos criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que cumpran os requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención, así como os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
O prazo para a presentación das solicitudes
Sen prexuízo das especificidades propias previstas para a modalidade C- será O 17 de outubro de 2013

AXUDAS A 1ª FORESTACION EN TERRAS NON AGRICOLAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR



Obxecto das axudas e ámbito de aplicación
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas e proceder a súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva, a través de dúas liñas de axuda.
2. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión:
a) Dos bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.
b) Dos bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.
c) Dos bosques que pertenzan a empresas públicas.
d) Dos bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.
Liñas de axuda
1. As liñas de axuda obxecto de subvención son as seguintes:
a) Liña I: primeira forestación de terras non agrícolas con especies do anexo 1. Unicamente inclúese a subvención de especies do anexo 2 ás superficies que, conforme coas letras c, d, e e g do anexo 2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, quedan reducidas exclusivamente a frondosas caducifolias.
b) Liña II: primeira forestación de terras non agrícolas con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico (anexo VIII) de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia, que comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte, concretamente:
1º. Provincia da Coruña: a comarca da Terra de Melide, e os concellos de Arzúa e Boimorto (comarca de Arzúa).
2º. O conxunto da provincia de Lugo, con excepción dos concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo (comarca da Mariña Occidental), Burela e Foz (comarca da Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo (comarca da Mariña Oriental).
3º. A totalidade dos concellos da provincia de Ourense.
4º. Provincia de Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e o concello de Cuntis (comarca de Caldas).
A demarcación da dita área de produción responde a unhas condicións pluviométricas, térmicas, ombrotérmicas, hipsométricas e de solos óptimas para o cultivo de castaña de calidade.
2. Un mesmo solicitante poderá solicitar axuda en ambas liñas.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de forma individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.
Prazo de solicitude: ata o 17 de outubro de 2013.

PROXECTO TIC LUGO II

 DEPUTACION DE LUGO


OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá o proceso de selección de 20 persoas beneficiarias do proxecto TIC LUGO II de axudas para estancias no estranxeiro coa finalidade formativa-profesional, a través da realización de prácticas en empresas de Italia, Portugal e Reino Unido, no 
do Programa de Aprendizaxe Permanente - Proxecto de Mobilidade Leonardo da Vinci.
PARTICIPANTES 
O número total de participantes é de 20. 

PROXECTO LUGOJOB II

DEPUTACION DE LUGO

BASES PARA A SELECCIÓN DE PARTICIPANTES DO PROXECTO LUGOJOB II PERTENCENTE Ó PROGRAMA DE BECAS EUROPEAS LEONARDO DA VINCI

 OBXECTO DA CONVOCATORIA
A presente convocatoria ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá o proceso de selección de 50 beneficiarios/as do proxecto “LugoJob II”, de axudas para estancias no estranxeiro coa finalidade formativa-profesional, a través da realización de prácticas en empresas de Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente Leonardo da Vinci. 
As devanditas estancias teñen como fin prioritario conseguir a especialización profesional dos beneficiarios aumentando as súas posibilidades de inserción no mercado laboral, permitíndolles adquirir novas habilidades e aptitudes profesionais. 
PARTICIPANTES 
O número total de participantes estará distribuido segundo o sector educativo de procedencia do seguinte xeito:

NUMERO DE PARTICIPANTES
SECTOR EDUCATIVO
10
Agricultura, silvicultura e pesca
10
Protección medioambiental
10
Viaxes, turismo e ocio
10
Informática
10
Ciencias da vida
50
Número total de participantes


lunes, 16 de septiembre de 2013

SUBVENCION PARA O DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS

AGADIC


Obxecto: Poderá ser obxecto de subvención o desenvolvemento das seguintes modalidades de proxectos:
a) Longametraxes de ficción: proxectos de longametraxe de imaxe real ou de animación cunha duración superior aos 60 minutos.
b) Longametraxes documentais: proxectos de longametraxes documentais cunha duración superior aos 50 minutos.
c) Películas para televisión: telefilmes para TV cunha duración de entre 75 e 90 minutos. No caso de películas de animación para TV, a duración mínima será de 60 minutos.
d) Formatos innovadores para televisión. Combinación única de elementos para crear un programa de televisión orixinal. Comprende o contido do programa ou serie de programas, ademais das indicacións técnicas para producilo, os elementos artísticos, avances orzamentarios (orzamento base) e knowhow (experiencia resolutiva) dos produtores.
e) Pilotos de series de animación para TV.
O importe máximo da subvención non poderá superar o cincuenta por cento do investimento subvencionable e, en todo caso, a cantidade de 20.000 euros.
Beneficiarios: Para poder ser beneficiario das subvencións, deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 3 das bases reguladoras.
Prazo de presentación das solicitudes: ata o 16 de outubro de 2013

AXUDAS PARA CONSTITUIR E INICIAR Á ACTIVIDADE DE SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL (SOFOR)

viernes, 13 de septiembre de 2013

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A CREACIÓN E MELLORA DE MICROEMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

MODIFICACION .-AXUDAS PARA A CREACIÓN E MELLORA DE EMPRESAS DE APROVEITAMENTOS FORESTAIS

CORRECION DE ERROS.- AXUDAS Á CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS DE CAZA MENOR

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO

jueves, 5 de septiembre de 2013

AXUDAS PROGRAMA CONCECTA PEME

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto: aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación do Programa Conecta peme para fomentar a agrupación empresarial a través de proxectos de investigación e desenvolvemento (I+D) de pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia.
Actividades subvencionables: Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental. Para os efectos desta resolución entenderase por investigación industrial e desenvolvemento experimental as definicións contidas no artigo 30 do Regulamento (CE) nº 800/2008 da Comisión Europea.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas as agrupacións de empresas formada por pemes, segundo a definición do anexo I do Regulamento (CE) nº 800/2008, validamente constituídas, que presenten un proxecto en cooperación entre elas e que deberán formar unha agrupación sen personalidade xurídica que se rexerá, ao abeiro do artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo acordo que as regule.
Prazo de solicitude: ata o 5 de outubro de 2013.

LIMITES, CONDICIÓNS E PROCEDEMENTOS PARA A TRAMITACIÓN DE NOVACIÓNS NOS PRESTAMOS DO IGAPE

lunes, 2 de septiembre de 2013

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto: Esta orde ten por obxecto convocar, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior e cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), nos niveis 1, 2, 3 e 4, para o ano 2013, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican nos anexos II e IV, respectivamente.
Os cursos impartiranse entre setembro de 2013 e febreiro de 2014, en horario de mañá ou de tarde.
Beneficiarios dos cursos
a) Os cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos ao persoal das diferentes administracións públicas de Galicia, exceptuando o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.
b) Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
Prazo de solicitude
Para os cursos de linguaxe administrativa galega o prazo para a presentación das solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para os cursos preparatorios de lingua galega, Celga o prazo para a presentación das solicitudes será a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso.

AXUDAS Á CONSERVACIÓN DAS POBOACIÓNS DE CAZA MENOR

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS 


Obxecto: Esta orde ten por obxecto o establecemento dun réxime de axudas destinadas aos/ás titulares de terreos cinexéticos ordenados para a recuperación das poboacións de perdiz rubia (Alectoris rufa) e do coello de monte (Oryctolagus cuniculus).
Beneficiarios/as
1. Poderán acollerse a estas axudas tanto corporacións locais titulares de tecores coma institucións sen ánimo de lucro, igualmente titulares de tecores, ou as agrupacións desta, que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso os terreos cinexéticos deberán ser lindeiros e estar situados nunha mesma zona rural das recollidas no anexo VIII desta orde. Para cada corporación local ou institución sen ánimo de lucro, só será admisible unha única solicitude.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as corporacións locais ou institucións sen ánimo de lucro en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º e 3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 2 de outubro de 2013.