jueves, 28 de febrero de 2019

CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1,2,3 E 4

PREMIO COMUNICAR EN IGUALDADE PARA O ANO 2019

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
O premio ten por obxecto recoñecer e recompensar traballos de tipo xornalístico que contribúan á defensa e difusión dos valores da igualdade entre mulleres e homes, así como á loita contra a violencia de xénero (código do procedemento SI437B).
O Premio Comunicar en Igualdade convócase baixo as seguintes modalidades:
a) Premio para profesionais do xornalismo.
b) Premio para o alumnado universitario.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias dos premios previstos nesta convocatoria os/as profesionais do xornalismo e o alumnado universitario, sempre que cumpran os demais requisitos e condicións establecidos nas bases reguladoras.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación das bases e da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 16 de setembro de 2019.

miércoles, 27 de febrero de 2019

SUBVENCIÓNS AOS OBRADOIROS ARTESÁNS PARA INCENTIVAR ACORDOS DE FORMACIÓN DE APRENDICES

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar a realización de acordos de períodos formativos de carácter non laboral entre obradoiros artesáns e aprendices que contribúan a asegurar a continuidade dos oficios e a súa remuda xeracional (código de procedemento IN201K).

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os obradoiros artesáns, sexan persoas físicas, xurídicas ou comunidades de bens, que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 16 de setembro de 2019, salvo esgotamento de crédito, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no portal da Consellería de Emprego e Industria e que suporá o peche do prazo e a inadmisión das solicitudes que se presenten con posterioridade.


MODIFICACIÓN.- AXUDAS AO ALUGAMENTO DE VIVENDA DO PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-21

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA


1.Modifícase o artigo 34 da Orde do 22 de xuño de 2018, que queda redactado do seguinte xeito:
Artigo 34. Xustificación dos pagamentos mensuais
Segundo o establecido no artigo 21 das bases reguladoras, a xustificación dos pagamentos das rendas mensuais desta convocatoria realizaranse do seguinte xeito:
1. Ata o 29 de febreiro de 2020, a xustificación do pagamento mensual realizarase utilizando o modelo normalizado para a achega de documentación xustificativa dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben na área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda, a través dun extracto ou dun certificado bancarios, de acordo co establecido nos artigos 42 e 60 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
a) No caso de contratos de alugamento vixentes a 1 de xaneiro de 2018 ou celebrados con posterioridade a esta data e con anterioridade á notificación da resolución de concesión, o pagamento da renda das mensualidades anteriores á data da resolución de concesión deberase xustificar nos dez primeiros días naturais, contados desde a notificación da citada resolución.
b) Para o suposto da liña B, axuda á mocidade para o alugamento de vivenda habitual e permanente, cando non se dispoña de contrato no momento de presentación da solicitude, deberase xustificar o pagamento da primeira mensualidade no momento de achegar o contrato xustificativo da subvención.
Nos casos de non terse xustificado o pagamento mensual da renda no prazo establecido, perderase o dereito ao cobramento da subvención do citado mes.
2. A partir do 1 de marzo de 2020, o sistema de xustificación será o seguinte:
A persoa beneficiaria da subvención deberá ingresar o importe da renda mensual de alugamento, descontando a contía mensual da subvención concedida, na conta bancaria do IGVS designada para o efecto, dentro dos dez (10) primeiros días naturais de cada mes segundo as consideracións que se establezan na resolución de concesión ou de renovación.
Unha vez comprobado o ingreso realizado pola persoa arrendataria, o IGVS procederá ao pagamento íntegro da renda á persoa titular da vivenda dentro da última quincena de cada mes, mediante transferencia bancaria á conta bancaria indicada pola persoa arrendadora no anexo III.
No caso de falta de pagamento da renda, no prazo dos dez (10) primeiros días naturais de cada mes, por parte da persoa arrendataria na conta bancaria do IGVS designada para o efecto, perderase o dereito á subvención desa mensualidade, e a persoa arrendataria será a responsable do pagamento íntegro da renda estipulada á persoa arrendadora na súa conta bancaria.

2. Modifícase o artigo 35 da Orde do 22 de xuño de 2018, que queda redactado do seguinte xeito:

Artigo 35. Pagamento da subvención
1. Ata o 29 de febreiro de 2020, o ingreso da subvención realizarase unha vez xustificado o correspondente pagamento da renda mensual, mediante transferencia bancaria na conta de titularidade da persoa beneficiaria da subvención sinalada para estes efectos no anexo III.
2. A partir do 1 de marzo de 2020, o ingreso da subvención realizarase na conta de titularidade da persoa arrendadora indicada no anexo III, de conformidade co disposto no artigo anterior.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

martes, 26 de febrero de 2019

MODIFICACIÓN.- AXUDAS AOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS A ESTABLECEMENTOS HOTELEIROS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAIS PARA A REFORMA DOS ESTABLECEMENTOS (REFORMA_TUR 19)

CORRECIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA

lunes, 25 de febrero de 2019

MODIFICACIÓN.- ORDE POLA QUE SE FIXAN OS PREZOS PRIVADOS CORRESPONDENTES Á PRESTACIÓN DE SERVIZOS NAS INSTALACIÓNS XUVENÍS E A EXPEDICIÓN DE CARNÉS DIRIXIDOS Á MOCIDADE

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Artigo único. Modificación da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Os puntos A.2.1. Campamentos e A.2.2. Albergues, do punto A.2 do anexo I da Orde do 1 de abril de 2016 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quedan redactados da seguinte maneira:

«A.2.1. Campamentos:

Tarifa en euros

Actividades náuticas

Por día .......................................................................................................................... 17,25

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas

Por día ..........................................................................................................................14,67

Actividades turístico-deportivas

Por día .......................................................................................................................... 17,25

A.2.2. Albergues:

Tarifa en euros

Actividades náuticas

Por día ..........................................................................................................................19,33

Actividades educativas, culturais, de voluntariado, ao aire libre, ambientais e lúdico-deportivas

Por día ............................................................................................................................ 18,5

Actividades turístico-deportivas

Por día ........................................................................................................................18,5 ».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

150 BOLSAS DE EXCELENCIA PARA A MOCIDADE DO EXTERIOR CO FIN DE CURSAR ESTUDOS DE MÁSTER

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cento cincuenta (150) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2019/20 nunha universidade galega.

Persoas beneficiarias
Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 30 de abril de 2019, ás 23.59 horas (hora peninsular española).



viernes, 22 de febrero de 2019

AXUDAS PARA A PROGRAMACIÓN DE ACCIÓNS FORMATIVAS POLAS ENTIDADES COLABORADORAS DA CONSELLERIA DE MEDIO RURAL

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA


Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e as condicións polas cales se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas para a programación de accións formativas realizadas polas entidades colaboradoras da Consellería do Medio Rural para desenvolver actividades de formación continua profesional orientadas a persoas con relación profesional ou con expectativa de incorporación nos sectores produtivos da agricultura, a gandaría, a industria agroalimentaria e a cadea forestal-madeireira na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2019.

2. A convocatoria das subvencións previstas nesta resolución realizarase mediante o réxime de concorrencia competitiva.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas as entidades colaboradoras privadas, inscritas no Rexistro Administrativo de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural, que deberán cumprir co establecido na Orde do 17 de marzo de 2009 pola que se ditan normas relativas á inscrición no Rexistro de Entidades Colaboradoras da Consellería do Medio Rural para levar a cabo actividades de formación continua e transferencia de tecnoloxía en materia agraria e sobre o procedemento de homologación dos cursos realizados por estas entidades e a expedición de certificados e diplomas oficiais por parte da Administración pública, así como no Rexistro de Entidades de Formación en Materia de Benestar Animal, reguladas polo Decreto 60/2007, do 22 de marzo, e demais normas que se desenvolvesen ao abeiro da súa normativa.

Prazo de presentación de solicitudes
As solicitudes estarán dirixidas á Agacal e presentaraas a entidade solicitante, que debe cumprir o disposto nos artigos 2 e 11 da presente resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

jueves, 21 de febrero de 2019

OFERTA DE EMPREGO PUBLICO DE PERSOAL FUNCIONARIO DOS CORPOS DOCENTES QUE IMPARTEN ENSINANZAS REGULDAS NA LO 2/2006 DE EDUCACIÓN DE GALICIA PARA 2019

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Cuantificación da oferta de emprego público relativa á taxa de reposición e á estabilización de emprego temporal para o ano 2019, distribuída por corpos

Corpo de mestres: 770

Corpo de profesores técnicos de formación profesional: 138

Corpo de profesores de ensino secundario: 834

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas: 30

Corpo de profesores de música e artes escénicas: 16

miércoles, 20 de febrero de 2019

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA SUFRAGAR OS GASTOS DE FUNCIONAMENTO DAS ENTIDADES ASOCIATIVAS DE COOPERATIVAS, SOCIEDADES LABORAIS, CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO E EMPRESAS DE INSERCIÓN

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2019

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2019.

Persoas beneficiarias
Alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que estea cursando durante o curso 2018/19, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Número de prazas: 1.600.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- BASES REGULADORAS PRESTACIÓN PERIÓDICA PARA MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

martes, 19 de febrero de 2019

CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, NIVEL BÁSICO

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA


Requisitos do persoal participante
Empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indique na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.

 Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 28 de febreiro de 2019.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web co plugin de flash.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57 e 981 54 63 35 e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

CONVOCATORIA CURSOS DE LIGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LIGUA GALEGA CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4.

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto.
Convocar, con carácter gratuíto, cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, con código de procedemento administrativo PL600A.
Os cursos que se convocan na modalidade presencial relaciónanse no anexo II (niveis Celga 2, 3 e 4) e os que se convocan na modalidade de teleformación relaciónanse no anexo III (niveis Celga 1, 3 e 4).

Persoas destinatarias.
2.1. Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.
2.2. No caso dos cursos de teleformación, as persoas solicitantes deberán dispoñer dun equipamento informático que cumpra, como mínimo, os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– A conta de correo electrónico especificada na solicitude.
No curso Celga 1 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de:
– Calquera navegador web co plugin de flash.
Nos cursos Celga 3 e Celga 4 de teleformación, deberán dispoñer a maiores de:
– Un micrófono ou calquera medio alternativo que permita a gravación de voz.
2.3. Para solicitar un curso Celga 3 ou Celga 4 de teleformación será requisito indispensable o seguinte:
a) Se solicita un curso destinado á poboación que reside en Galicia, a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos da provincia galega correspondente.
b) Se solicita un curso destinado á poboación que reside no Bierzo (León) e Sanabria (Zamora), a persoa deberá estar empadroada nalgún dos concellos que conforman a comarca do Bierzo ou que están adscritos ao IES Valverde de Lucerna, de Puebla de Sanabria.
c) Se solicita un curso destinado ao resto da poboación, a persoa deberá estar empadroada fóra de Galicia.

Solicitudes e prazo.
3.1. Para conseguir o axeitado rendemento e o aproveitamento do curso hai que procurar a homoxeneidade dos coñecementos do alumnado. Polo tanto, á hora de formular a solicitude dun curso dun determinado nivel Celga, deberase ter en conta a definición de contidos previstos na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 146, do 30 de xullo de 2007 (corrección de erros no DOG núm. 178, do 13 de setembro).

3.2. No caso dos cursos presenciais:
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura territorial da Consellería de Cultura e Turismo da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
No caso de que unha persoa precise apoio para realizar o curso presencial por mor dunha discapacidade, indicará na súa solicitude o apoio concreto que necesita, cuxa concesión será valorada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

3.3. No caso dos cursos de teleformación:
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal.
En aplicación do previsto no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e do artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación (DOG núm. 28, do 9 de febreiro), as persoas que desexen participar nun destes cursos de teleformación deben dispoñer dun equipamento informático cos requisitos técnicos sinalados no punto 2.2, o que implica que contan coa capacidade técnica para acceder e dispoñer dos medios electrónicos necesarios. Polo tanto, as solicitudes dos cursos de teleformación presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
3.4. Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.
3.5. O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

viernes, 15 de febrero de 2019

PREMIOS LINGUA DE NAMORAR





Lingua de Namorar:
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.

O obxectivo principal deste concurso, organizado conxuntamente coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Para participar no concurso, só cómpre cubrir e enviar este formulario. Cada participante poderá enviar ata dúas mensaxes cunha extensión máxima de 350 caracteres. 

Categorías de idade e premios
 Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade:

 Categoría A (de 14 a 19 anos):

1° Tablet SPC Gravity PRO
2° Libro electrónico EareaderBQ Cervantes 
3° Altofalante portátil DAEWOO

Categoría B (de 20 a 35 anos):

1° Ordenador portátil HP
2° Sistema de son NEVIR
3° Auriculares True Wireless Stereo DAEWOO

Prazos de participación e votación
O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 28 de febreiro.
Do 1 ao 7 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
As mensaxes gañadoras poderán consultarsenesta mesma páxinaa partir do 18 de marzo.

AXUDAS PARA PROGRAMAS DE CALIDADE DESENVOLVIDOS POR CONSELLOS REGULADORES DE DENOMINACIÓNS DE CALIDADE AGROALIMENTARIAS PARA 2019

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas que, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, vai conceder a Agacal para actuacións relacionadas coa implantación e desenvolvemento de programas de mellora e control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, ou acollidos á produción ecolóxica, así como efectuar a convocatoria para o ano 2019.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios destas axudas os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS Á NOVA PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDADE

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 28 de xaneiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento MR362A).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á nova participación de agricultores en réximes de calidade no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, así como proceder a súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2019 (código de procedemento MR362A).
Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento do prego de condicións do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol.
2. A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.
3. Non se tramitarán expedientes cuxa contía non supere os 50 euros.

Beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias, que cumpran a condición de agricultor activo conforme o establecido no artigo 9 do Regulamento (UE) núm. 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e no capítulo I do título II do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro, e que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2 e recollidos no PDR de Galicia 2014-2020. En todo caso, a data da alta no réxime de calidade ten que ser posterior ao 18 de novembro de 2015, data de aprobación do PDR de Galicia 2014-2020, e anterior á data límite do período subvencionable que se defina en cada convocatoria.
2. No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación produtiva debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración de actividade de autoconsumo. Para estes efectos, no anexo III recóllense, para distintas orientacións produtivas, os valores que se deben superar para considerar que a actividade ten vocación comercial e, polo tanto, está por riba dos valores do mero autoconsumo.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE EQUIPAMENTOS DE APROVEITAMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES E DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS DE PRODUCCIÓN AGRÍCOLA PRIMARIA

AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA


Obxecto
A instalación de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) As empresas legalmente constituídas e os/as empresarios/as autónomos/as que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector de produción agrícola primaria.
Consideraranse sector de produción agrícola primaria as actividades incluídas na sección A e, en concreto, as clases da 1.11 a 02.40 do CNAE-2009, ambas incluídas. Tamén serán subvencionables as actividades recollidas no IAE que se correspondan con estas clases do CNAE 2009.
Para os efectos destas bases, defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento UE 651/2014.
b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía. Os centros de consumo en que se actúe deben estar situados en Galicia e corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no punto anterior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará 10 días naturais despois daquel en que se publiquen as presentes bases no DOG, ás 9.00 horas, salvo que coincida en día inhábil, que se entenderá prorrogado ao primeiro días hábil seguinte, e concluirá o 31 de maio de 2019.
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

CORRECCIÓN DE ERROS.- APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS

jueves, 14 de febrero de 2019

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A DIXITALIZACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS Á CONSOLIDACIÓN DE UNIDADES MIXTAS DE INVESTIGACIÓN ALIÑADAS COS RETOS ESTRATÉXICOS E PRIORIDADES DA RIS3 PARA GALICIA

AXUDAS URXENTES PARA EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA AOS CONSUMIDORES VULNERABLES SEVEROS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Pagamento da factura eléctrica aos consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social para asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consumidor vulnerable severo en risco de exclusión social. Terán esta consideración aquelas persoas que reúnan os requisitos para ser consumidor vulnerable severo establecidos no artigo 3 do Real decreto 897/2017, do 6 de outubro, polo que se regulan a figura do consumidor vulnerable, o bono social e outras medidas de protección para os consumidores domésticos de enerxía eléctrica, cos límites de renda establecidos no punto 4 do citado artigo e, ademais, estean en risco de exclusión social. Esta situación deberá estar acreditada mediante certificado ou informe social expedido polos servizos sociais correspondentes.

Contía
A dotación orzamentaria é de 1.300.000 euros.
Importe máximo por solicitante de 300 euros/ano ou de 450 euros/ano no caso de familias numerosas.

Prazo de presentación de solicitudes
Comezará o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2019.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS PARA 2019

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
A concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan de recursos suficientes, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nadas en Galicia.
b) Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nadas en Galicia.
Todas as persoas beneficiarias deberán acreditar estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno e ter a súa residencia actual en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de agosto de 2019, incluído.

miércoles, 13 de febrero de 2019

AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESAMENTO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL


Obxecto
1. Poderán ser subvencionables os investimentos relativos ás operacións de aproveitamento, transformación e comercialización dos produtos forestais (madeira, cogomelos, castañas, plantas aromáticas e medicinais, biomasa e outros produtos forestais), a excepción dos referidos no artigo 4. No caso de produtos forestais alimentarios poderanse subvencionar unicamente investimentos de recolla e manexo no monte.
2. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga, subvencionando neste caso unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (pemes) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020 e descritos no anexo XIII. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. Os beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do seu importe ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria-modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
4º. Estudio de viabilidade asinado por un profesional independente cualificado, que contará, como mínimo, cun plan económico financeiro, que inclúa conta de resultados previsional en que se analice o impacto dos novos investimentos, plan de tesouraría previsional e balances previsionais, incluíndo unha descrición das hipóteses que sustenten as previsións.
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais, en vigor na data de publicación da convocatoria.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.
3. Así mesmo, os solicitantes con persoal contratado por conta allea nun número igual ou superior a tres traballadores, deberán ter, polo menos, na data de publicación da convocatoria o 33 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos 12 meses anteriores á data publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 33 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento. As empresas xa existentes deberán comprometerse, igualmente, a acadar a mesma porcentaxe mínima de estabilidade laboral respecto das novas contratacións que, se for o caso, deriven do proxecto de investimento que se subvencione. O persoal en réxime de autónomos non se computará aos efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.
4. Non poderán acadar a condición de beneficiarios:
a) Aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, número 18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 y 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Contía
Estas axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.A4.741A.770.0, código de proxecto 2018 00009, con 3.374.720,25 euros para o ano 2019 e 5.225.279,75 euros para o ano 2020.
Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 40 % dos gastos elixibles.
A axuda máxima por solicitante limitarase a 150.000 euros.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

PREMIOS AGADER ÁS INICIATIVAS DE DESENVOLVEMENTO RURAL

AXENCIA GALEGA DE DESENVOLVEMENTO RURAL


Obxecto
Fomentar actuacións que animen á participación privada no proceso de desenvolvemento rural mediante a concesión de premios ás iniciativas de desenvolvemento rural.

Beneficiarias
Persoas físicas ou xurídicas de natureza privada.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Outros datos
Este procedemento tramítase en réxime de concorrencia competitiva.

martes, 12 de febrero de 2019

CURSOS GRATUÍTOS PARA DESEMPLEADOS: PRODUCCIÓN Y TRANSFORMACIÓN DE LECHE ECOLÓGICA EN GALICIA Y ASTURIAS


CURSOS GRATUÍTOS PARA DESEMPLEADOS: LA APICULTURA ECOLÓGICA EN ESPACIOS PROTEGIDOS COMO FUENTE DE EMPLEO




OFERTAS DE TRABALLO EURES

SUBVENCIÓNS AO FINANCIAMENTO DE GASTOS CORRENTES DERIVADOS DA REALIZACIÓN DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO, 2019

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Finalidade
O financiamento de actuacións relativas á organización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames musicais, teatrais, de danza e outras artes escénicas que teñan lugar no territorio de Galicia e que adiquen unha especial atención á programación e difusión da música, o teatro e a danza de Galicia.

Beneficiarios
a) Institucións sen ánimo de lucro.
b) Entidades locais.
As axudas, no ámbito das entidades locais, están dirixidas a concellos de Galicia, mediante solicitude individual ou mediante xestión compartida, a través da solicitude conxunta de agrupación ou asociación de concellos, as mancomunidades de concellos e consorcios locais de Galicia constituídos exclusivamente por concellos; así mesmo, poderán ser beneficiarias as entidades resultantes dunha fusión municipal.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE ORIENTACIÓN LABORAL EN 2019

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto
Esta orde ten por finalidade o establecemento das bases reguladoras, así como a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións ás entidades que presten servizos de orientación laboral para o emprego e asistencia para o autoemprego, articulados en itinerarios personalizados para o emprego e dirixidos a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través da contratación de persoal técnico de orientación laboral, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (código do procedemento TR331A).

Entidades beneficiarias
a) As entidades locais, coa excepción das entidades de ámbito territorial provincial, ou entidades públicas dependentes ou vinculadas a unha das anteriores, cuxa titularidade corresponda integramente a esta, sempre que por si soas ou asociadas entre concellos limítrofes teñan unha media de paro rexistrado no ano 2018 superior a 350 persoas ou formen parte dunha agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos (ou dous no caso de que un deles proceda da fusión de concellos).
Neste caso, un mesmo concello non poderá presentar solicitude por si só e en agrupación a través de convenio de colaboración.
b) As confederacións e asociacións empresariais e sindicais de Galicia, e as fundacións delas dependentes con experiencia na realización de accións de orientación laboral.
c) As entidades sen ánimo de lucro especializadas en atención a persoas con discapacidade, así como aquelas entidades que teñan por obxecto a atención a un colectivo específico de persoas en determinadas situacións de exclusión social (por razóns étnicas, adiccións, exreclusos, etc.), que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras. A entidade solicitante deberá xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.
d) As entidades sen ánimo de lucro non incluídas na alínea anterior que teñan entre as súas finalidades a atención a colectivos de persoas en risco ou situación de vulnerabilidade ou exclusión social que realicen accións de orientación laboral de acordo co previsto nestas bases reguladoras. A entidade solicitante deberá xustificar e cuantificar a súa atención a un número significativo de persoas na dita situación.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

CORRECCIÓN DE ERROS.- BASES REGULADORAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO A TRAVÉS DO PROGRAMA I E PROGRAMA II

CORRECCIÓN DE ERROS.- BASES REGULADORAS PARA O FOMENTO E CONSOLIDACION DE EMPREGO A TRAVÉS DO PROGRAMA I PARA PEQUENAS EMPRESAS DE NOVA CREACIÓN E DO PROGRAMA II DE INCENTIVOS AS IEBT PARA 2019

lunes, 11 de febrero de 2019

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS CREACIÓN, MELLORA E AMPLIACIÓN DE PEQUENAS INFRAESTRUTURAS PARA PROXECTOS DE BIOMASA DESTINADOS A PARTICULARES

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE APOIO INFRAESTRUTURAL E ADQUISICIÓN DE EQUIPAMENTOS ÁS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR 2019

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA


Obxecto
A concesión de subvencións ás entidades galegas no exterior para realizar os programas seguintes:
Programa A. Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural.
Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría de comunidades galegas, coa de centros colaboradores da galeguidade ou coa de federacións de comunidades e/ou entidades que conten con local social diferenciado do das entidades asociadas.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE ACTUACIÓN EN FAVOR DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR PARA 2019

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2019 (código de procedemento PR924B).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, en favor das entidades galegas do exterior para gastos de funcionamento e para proxectos de actuación dirixidos ao cumprimento dos seus fins, sinaladamente nas áreas sociais, de xuventude, formativas, culturais, que persigan o mantemento ou fomento dos lazos con Galicia, que se concretan nos seguintes programas de actuación (PR924B):
Programa 1. Axudas para gastos de funcionamento das entidades galegas do exterior.
Programa 2. Axudas para proxectos culturais, sociais, de accións informativas e proxectos promovidos pola xuventude.
Programa 3. Accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas.

Entidades beneficiarias
Programa 1:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría de comunidades galegas, coa de centros colaboradores da galeguidade ou coa de federacións de comunidades e/ou entidades.

Programa 2:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade, en calquera das categorías que figuran no artigo 4 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

Programa 3:
As entidades galegas inscritas no Rexistro da Galeguidade ao abeiro da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, coa categoría de comunidades galegas, ou coa de federacións de comunidades e/ou entidades.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS PARA O PROGRAMA INDUSTRIAS DO FUTURO 4.0

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Finalidade
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da terceira convocatoria do programa Industrias do futuro 4.0. Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0.
Os proxectos deberán ser estratéxicos para a renovación do modelo produtivo e actuar como tractores nos ámbitos máis destacados da economía de Galicia, cun efecto de transformación do tecido industrial galego cara a unha competitividade baseada na innovación, contribuíndo a conseguir unha «industria intelixente», para 2020. Ademais, caracterizaranse por un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras (TFE) para obter procesos e produtos de alto valor engadido en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, sempre aliñados co reto 2 da RIS3 galega.
Poderán estar centrados na mellora de procesos, buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade, na mellora de produtos, de forma que se xeren produtos novos ou con novas funcionalidades para adaptalos ás novas tendencias e nos novos modelos de negocio, a través das tecnoloxías que conecten o mundo físico co dixital, as tecnoloxías que permitan a comunicación e o tratamento dos datos e as tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, así como o traballo colaborativo con outras empresas.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2019, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN854A). As axudas concedidas no marco da presente resolución axústanse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
a) Empresas industriais cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico. As empresas poderán ser grandes ou pemes.
b) Agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que realicen proxectos en cooperación.
Recóllense dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación. Os organismos de investigación só poderán participar na modalidade en cooperación.
Poderán participar na modalidade de proxectos individuais unha peme ou unha empresa grande, no caso de proxectos de I+D. No caso de proxectos de innovación en materia de organización e de procesos, para a modalidade de participación individual, só poderá participar unha peme.
As entidades participantes en proxectos en cooperación deberán formar unha agrupación xurídica, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007. Esta agrupación estará constituída por:
No caso de proxectos de I+D:
– Empresas, pemes ou grandes, que pertenzan a un mesmo grupo empresarial ou por empresa/s, pemes ou grandes, que pertenzan a un mesmo grupo empresarial e un único organismo de investigación e difusión.
No caso de proxectos de innovación en materia de organización e procesos:
– Empresas, como máximo de dous grupos empresariais diferentes, en que será necesario que unha delas sexa unha peme.
Deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e de procesos, e terán un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e máximo de 10.000.000 de euros.

 Prazo de presentación de solicitudes
A empresa líder da agrupación presentará a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Esta convocatoria inclúe dúas edicións e, polo tanto, os prazos serán dous tal e como se detalla na táboa seguinte:

Edición      Inicio do prazo de presentación de solicitudes             Prazo de presentación de solicitudes

1ª edición  O día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG                                                        Un mes

2ª edición  Desde o día seguinte ao da publicación da resolución de concesión da 1ª edición no DOG                   Ata o 31.7.2019

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN DAS EMPRESAS EN GALICIA

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás pemes, destinadas ao financiamento das actividades integradas en plans de innovación que lles permitan o fortalecemento naquelas áreas que sexan relevantes para a sistematización e internacionalización dos procesos de innovación da empresa, e estean aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia.
Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2019 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IN848D). As axudas concedidas no marco da presente resolución axústanse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas:
1. As microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas no artigo 2, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicitan a axuda.
2. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o derradeiro día do mes.


AXUDAS AOS PLANS DE REESTRUCTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA EN GALICIA E SE CONVOCAN PARA 2019

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
1. Regular as axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e realizar a súa convocatoria para 2019, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións para calquera das superficies de viña das súas explotacións.

Persoas beneficiarias
1. As persoas viticultoras cuxas viñas se destinen a producir uva para vinificación e, así mesmo, as futuras persoas viticultoras que sexan titulares dunha resolución de arrinca, autorización de replantación, dereito de replantación ou autorización por conversión de dereitos inscritos ao seu nome no Rexistro Vitícola.
2. Non se subvencionarán as novas plantacións de viña nin tampouco a renovación normal das viñas que chegasen ao final do seu ciclo natural, entendida como a replantación dunha mesma parcela de terra coa mesma variedade de uva de vinificación e segundo o mesmo método de cultivo.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DO PROGRAMA I DAS BASES REGULADORAS PARA A PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO , ORDE DO 15 DECEMBRO 2017

PREMIOS Á COOPERACIÓN 2019

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Obxecto e finalidade
Os premios á cooperación teñen como finalidade fomentar e difundir o cooperativismo, os seus principios e valores, así como recompensar publicamente o labor que as cooperativas veñen realizando a prol do desenvolvemento do movemento cooperativo na Comunidade Autónoma galega.
Outorgaranse premios nas seguintes categorías:
– Premio aos valores cooperativos, á cooperativa galega que máis destacase no impulso dos valores e principios cooperativos.
– Premio ao mellor proxecto cooperativo novo, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade igual ou menor a corenta e dous meses e que destaque nas súas achegas nos aspectos sociais, económicos, culturais ou ambientais.
– Premio á traxectoria cooperativa, á cooperativa galega que na data de publicación da convocatoria teña unha antigüidade maior de corenta e dous meses e que destacase pola súa traxectoria no ámbito económico e social.

Entidades beneficiarias
Poden participar nos premios á cooperación as cooperativas galegas que realizasen un destacado labor no eido do cooperativismo.

Contía
O orzamento total ascende a quince mil euros (15.000,00 €).
Outorgarase un premio de cinco mil euros (5.000,00 €) en cada unha das categorías.

 Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes remata o 30 de abril de 2019. Non obstante, se o período de presentación resulta inferior a un mes, as solicitudes poderán presentarse no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.