miércoles, 29 de noviembre de 2023

PROGRAMA BONO ENERXIA PEME 2024

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2024 (código de procedemento IN417Z).

Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións da CNAE 2009:

Sector servizos-sección CNAE 2009     División
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 45 a 47
Sección H: transporte e almacenamento 49 a 53
Sección I: hostalaría 55 a 56
Sección J: información e comunicacións 58 a 63
Sección K: actividades financeiras e de seguros 64 a 66
Sección L: actividades inmobiliarias 68
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas 69 a 75
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares 77 a 82
Sección P: educación 85
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais 86 a 88
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento 90 a 93
Sección S: outros servizos 94 a 96

2. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o 10 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 26 de xuño dese mesmo ano.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 2 de outubro de 2024.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE EUROTAXI, VEHICULOS TAXI DE EMISIÓNS CERO E VEHICULOS TAXI ECO PARA 2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2024 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF303A).

Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo eco.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2024 (código de procedemento IF303A). Os prazos serán diferentes para as distintas liñas:
a) Para as liñas de taxi de cero emisións e eco poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 28 de febreiro de 2023 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2024). Porén, esta data límite do 31 de outubro para xustificar só será de aplicación a aqueles interesados que reciban a notificación de concesión con posterioridade ao 31 de xuño de 2024, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.
b) Para a liña Eurotaxi, poderán ser obxecto de subvención os seguintes vehículos:
Os vehículos que xa fosen adquiridos, en calquera momento, e estean adscritos ou non a unha autorización no momento de presentación da solicitude, sempre que manteñan o compromiso de manter a titularidade do vehículo e o seu destino efectivo á actividade de taxi durante, ao menos, cinco (5) anos, desde a data da presentación da solicitude da axuda ou no suposto de non estar adscritos a unha autorización nese momento, desde a data da súa adscrición.
Os vehículos novos que se adquiran con posterioridade á presentación da solicitude e a data límite establecida na orde para xustificar a axuda.
A data límite será o 31 de outubro de 2024, pero só para aqueles interesados que reciban a notificación da resolución de concesión con posterioridade ao 31 de xuño de 2024, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.
Os solicitantes non poderán ter sido persoas beneficiarias dunha axuda análoga da Xunta de Galicia nos termos indicados no artigo 4.2 c).
3. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de Mobilidade competentes.
Para xeraren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberán axustarse ás seguintes regras:
a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante, agás no suposto de que a mesma persoa interesada acadase a condición de persoa beneficiaria con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Xunta de Galicia desde o ano 2018, este incluído, para a mesma autorización VT-N, segundo os seguintes criterios:
– Os que obtivesen a condición de persoa beneficiaria na liña para taxi cero emisións non poderán obtela para a liña para taxi eco, e viceversa. Non obstante, en ambos os casos, sen prexuízo das obrigas de reintegro que puidesen proceder pola subvención outorgada con anterioridade, poderán ser persoas beneficiarias da liña para taxi adaptado (Eurotaxi).
– Os que obtivesen a condición de persoa beneficiaria na liña para taxi adaptado (Eurotaxi) non poderán obter esa condición para ningunha das tres liñas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2024.

Outros datos
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co código de procedemento IF303A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Este modelo irá acompañado ademais da documentación relacionada no artigo 6 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico.

martes, 28 de noviembre de 2023

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DAS AXUDAS E DOS PRÉSTAMOS PARCIALMENTE REEMBOLSABLES PARA O FINANCIAMENTO DOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial (código de procedemento IG408A).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO AXUDAS PARA MISIÓNS COMERCIAIS DAS GRANDES EMPRESAS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas para misións comerciais das grandes empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG423A).

PROBAS DE CONSTATACIÓN DA CUALIFICACIÓN INICIAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE DETEMINADOS VEHICULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA EN GALICIA 2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 8 de novembro de 2023 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro de 2023) e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2024.

Desenvolvemento das probas

1. A data e hora de realización dos exercicios serán acordados polo tribunal, dentro do calendario publicado na Resolución do 8 de novembro de 2023 e publicaranse na web da Dirección Xeral de Mobilidade cunha antelación mínima de dez días hábiles á celebración do primeiro exercicio, de conformidade co disposto na sección 2ª do anexo V do Real decreto 284/2021, do 20 de abril. O lugar de realización será na cidade de Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, a distribución definitiva horaria e espacial das persoas aspirantes poderá ser modificada por decisión do presidente e do secretario do tribunal ata o momento da realización do exame por razóns organizativas.
2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento e perderá o dereito a realizar a proba quen non compareza.
3. As persoas aspirantes deberán presentarse á realización das probas provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal; a súa omisión dará lugar á súa non admisión á realización das probas. Poderán presentarse ás probas convocadas pola Comunidade Autónoma galega con independencia do seu lugar de residencia habitual e do lugar en que realizasen o curso preceptivo, ao abeiro do artigo 18 do Real decreto 284/2021, do 20 de abril.
4. O tempo para a realización do exame será de 2 horas.
5. As respostas correctas valoraranse con 1 punto e as erroneamente contestadas penalizaranse con 0,5 puntos negativos. As preguntas non contestadas ou que conteñan máis dunha resposta non puntuarán positiva nin negativamente.
6. Para aprobar será necesario obter unha puntuación non inferior á metade do total de puntos posibles.
7. Unha vez rematado o exame, publicarase a relación de respostas estimadas correctas, coa maior brevidade posible, na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade.
Durante o día seguinte á publicación da relación de respostas correctas, as persoas aspirantes poderán facer chegar as impugnacións que consideren oportunas sobre as preguntas formuladas e remitilas á/ao secretaria/o do Tribunal a través do seguinte enderezo electrónico: formacion.transportes@xunta.gal. Pasado o prazo indicado, non se admitirán novas impugnacións de respostas e respostas, nin se tomarán en consideración as ditas alegacións respecto da revisión de exames.
Á vista das impugnacións presentadas, o tribunal elaborará a relación definitiva de respostas correctas e procederá acto seguido a corrixir os exercicios de acordo con ela.
A relación definitiva de respostas correctas, así como a provisional de aptos/as e non aptos/as, serán publicadas na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade. A partir de entón abrirase un prazo de dous días hábiles para que as persoas interesadas fagan chegar á/ao secretaria/o do tribunal as peticións de revisión; para a súa toma en consideración. As solicitudes de revisión deberán presentarse directamente ante a/o secretaria/o do tribunal, dentro do referido prazo de dous días, mediante a remisión ao enderezo electrónico formacion.transportes@xunta.gal
Revisados os exercicios, o tribunal procederá a adoptar o acordo definitivo sobre as persoas aspirantes aprobadas.

jueves, 23 de noviembre de 2023

MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN DESEÑAPEME E INNOVAPEME 2023


CORRECCIÓN ERROS.- ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E Á FORMACIÓN 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro).

martes, 21 de noviembre de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 



Animador/a infantil papa noel y elfo

Lugo, Lugo |

FASTER EMPLEO selecciona a Animadores/as Infantiles para interpretar a PAPA NOEL y su ELFO en el CENTRO COMERCIAL AS TERMAS DE LUGO.

Se valolara experiencia como actor o animaciones dirigidas a público infantil. Deseable apariencia similar al del personaje a interpretar.

Disponibilidad para trabajar del 16 al 24 de Diciembre en horario de 17:00 a 20:00. El dia 22 disponibilidad para ir a visitar la planta infantil de dos Hospitales de Lugo de 9:00 a 12:30.

Requisitos mínimos:
- Que le gusten los niños. Don de gentes, buena disposición y amabilidad.

- Tener presente la importancia del personaje para los niños.

- Tener disponibilidad del 16 al 24 de Diciembre.

https://insertia.net/ver-oferta/c1c0538e-7777-415c-9d2b-3add854add4f

Animador/a infantil reyes magos

Lugo, Lugo |

FASTER EMPLEO selecciona a Animadores/as Infantiles para interpretar a los 3 REYES MAGOS en el CENTRO COMERCIAL AS TERMAS DE LUGO.

Se valolara experiencia como actor o animaciones dirigidas a público infantil. Deseable apariencia similar al del personaje a interpretar.

Disponibilidad para trabajar el 3 y 4 de Enero de 17:00 a 20:00.

Requisitos mínimos:
- Que le gusten los niños. Don de gentes, buena disposición y amabilidad.

- Tener presente la importancia del personaje para los niños.

- Tener disponibilidad el 3 y 4 de Diciembre.

https://insertia.net/ver-oferta/20430e4e-384b-4a7b-8e68-27aa463839ef


lunes, 20 de noviembre de 2023

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS A PROXECTOS TRACTORES PARA O TURISMO NA CONTORNA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 9 de novembro de 2023 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento ED523A).

Obxecto
Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2023, co código de procedemento ED523A, co fin de promover a realización de proxectos empresariais por parte do alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter estado matriculado durante o curso 2022/23 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
2. A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dúas persoas e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarias.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DE SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE COMERCIO CIRCULAR 2023

 CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da Orde do 16 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións do programa de comercio circular e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300D).

PROBAS DE CONSTATACIÓN DA COMPETENCIA PROFESIONAL PARA O DESEMPEÑO DAS FUNCIÓNS DE XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA 2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan para o ano 2024 as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada (códigos de procedemento IF312A e IF312B).

PROBAS DE CONSTATACIÓN DA CUALIFICACIÓN INICIAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE DETERMINADOS VEHÍCULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA 2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (códigos de procedemento IF310D e IF310E).

SUBVENCIÓNS A PROXECTOS TRACTORES PARA O TURISMO NO CONTORNA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a proxectos tractores para o turismo na contorna do Camiño de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2024, con carácter plurianual (código de procedemento TU503H).

Obxecto e réxime
1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto establecer as condicións para a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos tractores que teñan un efecto transformador no sector turístico galego e a posta en valor de elementos patrimoniais senlleiros de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta de aloxamento e de restauración e promover un turismo sustentable na contorna do Camiño de Santiago.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As axudas reguladas nestas bases ampáranse no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014) e, en particular, no seu artigo 14, que regula as axudas rexionais ao investimento, e no artigo 53, que regula as axudas á cultura e á conservación do patrimonio.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (en diante, pemes) e grandes empresas que proxecten levar a cabo un investimento para a posta en marcha dun novo establecemento turístico localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, considerado subvencionable ao abeiro do regulado nas presentes bases. Para estes efectos, as entidades solicitantes deberán acreditar a categoría da empresa de que se trate, pequena, mediana ou grande, no momento da presentación da solicitude de axuda.
2. Para os efectos das presentes bases, consideraranse pemes as empresas que respondan á definición de peme establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
3. Non poderán obter a condición de beneficiarias:
a) As empresas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante.
b) As empresas que estean en situación de crise, de acordo coa definición establecida no número 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño de 2014, e nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación da Comisión 2014/C 249/1, do 31 de xullo de 2014). A acreditación deste requisito realizarase mediante declaración responsable da entidade solicitante, sen menoscabo das accións de comprobación que poida realizar para estes efectos a Axencia de Turismo de Galicia.
c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por terse declarado axuda ilegal e incompatible co mercado interior ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
d) No caso de que a subvención supere os 30.000 euros e a entidade solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación de conta de perdas e ganancias abreviada, as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei.
e) Aquelas entidades que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de turismo pola Axencia de Turismo de Galicia nos últimos 2 anos.
4. Deberá acreditarse, por calquera título válido en dereito, a propiedade dos inmobles ou predios obxecto da actuación ou calquera outro dereito que autorice a persoa beneficiaria á realización do investimento subvencionado e que permita, igualmente, a explotación do establecemento durante todo o prazo de duración da obriga de manter a actividade prevista no artigo 10 destas bases.
5. Os requisitos para ser persoa beneficiaria deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Período de execución dos investimentos subvencionables
O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto. Para os proxectos tractores de competitividade e sustentabilidade turística o prazo de execución abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de outubro de 2025. Para os proxectos tractores dinamizadores do turismo cultural o prazo de execución abarcará desde o 1 de xaneiro de 2023 ata o 31 de outubro de 2025.
As persoas beneficiarias das axudas quedan obrigadas a acreditar como data límite o 31 de outubro de 2025, a realización dos proxectos subvencionados e a xustificar a totalidade do investimento subvencionable en virtude do establecido na resolución de concesión que lles foi notificada.

miércoles, 15 de noviembre de 2023

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN DAS AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT 2023

 AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización e á segunda transformación da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DO PROGRAMA DE AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACIÓN INDEFINIDA E A FORMACIÓN DE PERSOAS ASALARIADAS 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito do programa da Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida e a formación de persoas asalariadas, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349F) (Diario Oficial de Galicia número 24, do 3 de febreiro).

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E Á FORMACIÓN 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro).

MODIFICACIÓN.- PROGRAMAS DE ESTADÍAS FORMATIVAS EN ENTIDADES E EMPRESAS VINCULADAS A SECTORES ECONÓMICOS EXTRATÉXICOS DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 9 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 8 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de estadías formativas en entidades e empresas vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia, destinados ás persoas mozas rexistradas e beneficiarias do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (programa Xuventude Mentoring na empresa, código de procedemento BS324D).

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE VIXENCIA DA TARIFA ESPECÍFICA XENTE NOVA NO TRASPORTE PÚBLICO INTERURBANO DE COMPETENCIA DA XUNTA DE GALICIA PARA O ANO 2024

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2024.

martes, 14 de noviembre de 2023

FORMACION ONLINE SEPE GRATUÍTA


 

OFERTA DE EMPREGO

 


Azafata/o estanco lugo 1550€

Momentum Task Force | Lugo, Lugo |

Somos Momentum Task Force y estamos en la búsqueda de un equipo de azafatos/as para la promoción e incentivación de ventas en estancos de tu ciudad LUGO Y ALREDEDORES.

¿Qué es lo que tienes que hacer?

* Promocionar e incentivar los productos de una conocida Marca de tabaco dando visibilidad e incremento de ventas.
* Fidelización de clientes
* Informar de todos los datos obtenidos diariamente (Reporte de resultados)


Ofrecemos:

* Contrato LABORAL estable.
* Jornada completa de horas semanales de L a V.
* Incorporación inmediata.
* Salario de 1260 € Brutos/mes y con los siguientes bonus que incrementaran tu salario mensualmente
* Por cumplir con el objetivo de ventas mensual. 190 € brutos mensuales más.
* Por no faltar ningún dia a trabajar. 100 € brutos mensuales más.
* Esto puede hacer que tu sueldo mensual pueda llegar hasta los 1550 € brutos mes, ademas:
* Pago de Kilometraje
* Pago de Manutención según las características de la plaza 12 € diarios.
* Apoyo diario de un coordinador/a y un equipo especializado que te ayudaran a dar lo mejor de ti mismo y conseguir todos los objetivos del puesto (Formación, visitas de ayuda, resolución de incidencias, apoyo logístico y personal)


Quieres trabajar, formarte y crecer profesionalmente con Momentum Task forcé, ¡ESTA ES TU OFERTA!, Inscríbete y deja que nuestros compañeros te informen más de todas las posibilidades de este puesto de trabajo

Requisitos mínimos:

* Movilidad dentro de tu provincia
* Vehículo propio.
* Experiencia en la incentivación de ventas (si es el sector tabaco un +)
* Persona comunicativa, extrovertida y con don de gentes.
* Compromiso y estabilidad en un proyecto de larga duración

https://insertia.net/ver-oferta/9e9b96f4-f369-430d-bdff-b7ad6bc0d9a6

jueves, 9 de noviembre de 2023

MODIFICACIÓN.-AXUDAS PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN REALIZADAS POR GRUPOS DE PRODUTORES NO MERCADO INTERIOR 4º TRIMESTRE 2023

AXENCIA GALEGA DA CALIDADE ALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 10 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio ás actividades de información e promoción realizadas por grupos de produtores no mercado interior, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o cuarto trimestre do exercicio orzamentario 2023 (código de procedemento MR302A).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS A ENTIDADES PRIVADAS PARA O FOMENTO DA GRATUIDADE DE ATENCIÓN EDUCATIVA DOS NENOS E NENAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA EN ESCOLAS INFANTÍS 0-3 CURSP 2023-24

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 2 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 19 de maio de 2023, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2023/24 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420C).

Obxecto e finalidade
A presente modificación ten por obxecto concretar os meses efectivos da gratuidade da atención educativa establecidos na Orde do 19 de maio de 2023, mantendo o máximo de 11 meses por curso e excluíndo o mes de agosto; incrementar o crédito en 660.000 € na anualidade de 2023 e en 1.155.000 € na anualidade de 2024 na aplicación orzamentaria 13.02.312B.470.2, facilitarlles o acceso a esta convocatoria de axudas a aquelas entidades cuxos prezos se sitúan por debaixo dos topes previstos nela e adiantar o prazo de xustificación.

Entidades beneficiarias
As persoas beneficiarias, ao abeiro desta modificación, son as entidades previstas na Orde do 19 de maio de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2023/24 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420C).

Prazo de presentación de solicitudes
En virtude da modificación, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes presentadas segundo o establecido no parágrafo anterior tramitaranse de acordo coas bases establecidas na Orde do 19 de maio de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e das nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3 para o curso 2023/24 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420C).

AXUDAS ECONÓNMICAS PARA COMPENSAR OS GASTOS DE SERVIZO DE COMEDOR DAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DE ENTIDADES PRIVADAS DE INICIATIVA SOCIAL PARA O CURSO 2023/24

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 31 de outubro de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas para compensar os gastos do servizo de comedor das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social para o curso 2023/24, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS420F).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia non competitiva, o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas ás entidades privadas de iniciativa social titulares das escolas infantís 0-3 anos coa finalidade de bonificar e compensar os gastos derivados da prestación do servizo de comedor aos nenos e nenas como persoas usuarias da escola e do dito servizo durante o curso escolar 2023/24, e proceder á súa convocatoria (código de procedemento BS420F).
2. Para os efectos desta orde enténdese por servizo de comedor o prestado ben por persoal do propio centro, ben por persoal alleo a el e contratado con tal fin (servizo de catering), e que inclúe os alimentos.
Só poderá facer uso do servizo de comedor os nenos e nenas como persoas usuarias do servizo de atención educativa da escola infantil 0-3.
3. Non será subvencionable o uso do servizo de comedor por días soltos.

Entidades beneficiarias
Poderán optar a estas axudas as entidades privadas de iniciativa social titulares dunha ou máis escolas infantís 0-3 en funcionamento que desenvolvan a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a entidade titular da escola infantil 0-3 que presta o servizo de comedor pola que solicita as axudas fose beneficiaria das axudas convocadas a través da Orde do 30 de decembro de 2020 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para o funcionamento das escolas infantís 0-3 dependentes de entidades privadas de iniciativa social, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento BS420A), publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 13.1.2021.
b) Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) da Consellería de Política Social e Xuventude, de acordo co disposto no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
c) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicita as axudas dispón do permiso de inicio de actividades para a prestación do servizo de escola infantil outorgado pola consellería competente na materia.
d) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que solicitan as axudas dispón da documentación que acredita que os nenos e as nenas que asisten a ela seguen o calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación de conformidade coa normativa de aplicación e teñen a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que a escola infantil 0-3 da entidade que presta o servizo de comedor pola que se solicitan as axudas estea aplicando, pola utilización do dito servizo, un réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, entón órgano competente na materia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

martes, 7 de noviembre de 2023

CORRECCIÓN DE ERROS.- 4º EDICIÓN DOS PREMIOS VALEDORA DO POBO AOS MELLORES TFG E TFM EN MATERIA DE IGUALDADE E DEREITOS DAS MULLERES

 VALEDOR DO POBO

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 9 de outubro de 2023 pola que se aproba a convocatoria da cuarta edición dos premios Valedora do Pobo aos mellores traballos fin de grao (TFG) e traballos fin de máster (TFM) en materia de igualdade e dereitos das mulleres.

AMPLIACIÓN PRAZO SOLICITUDE PROGRAMA UNICO-BONO SOCIAL

 AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2023 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións do Programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables (Programa UNICO-Bono Social), enmarcado no investimento C15.I3 do compoñente 15 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento AP400A).

ACREDITACIÓN DA EXCELENCIA E DAS AXUDAS PARA A ESTRUTURA, A MELLORA E O APOIO AOS CENTROS DE INVESTIGACIÓN DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 24 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística) e das axudas para a estrutura, a mellora e o apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, e se convocan para o exercicio 2023 (código de procedemento ED431G).


Obxecto
Establecer as condicións para a concesión, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística), así como das axudas para a estrutura, mellora e o apoio dos centros de investigación do SUG.

Esta convocatoria ten como finalidade os seguintes obxectivos:
a) A acreditación en excelencia dos centros de investigación do SUG, segundo as súas capacidades e o resultado do proceso de avaliación en concorrencia competitiva que se desenvolva ao abeiro desta convocatoria.
b) A contribución ao financiamento e á execución dos seus proxectos estratéxicos de investigación, durante o período 2023-2027, para: fortalecer as súas capacidades científicas; potenciar o liderado internacional da investigación feita en Galicia; impulsar a agregación de capacidades científico-técnicas, incluíndo a colaboración con outros centros e co tecido empresarial; mellorar a xeración de resultados de alto impacto científico, social e económico; contribuír á formación, atracción e incorporación de talento; incrementar a masa crítica de persoal investigador; impulsar a transferencia tecnolóxica e actuar como axentes tractores no Sistema galego de I+D+i.

Beneficiarios
As universidades do SUG e destinaranas aos centros de investigación do SUG que obteñan a acreditación en excelencia (científica, técnica ou artística) ou a consideración de Centro de Investigación Colaborativo nesta convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.

(E-MARTES) USO DE CERTIFICADOS DIXITAIS NA XUNTA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.

Obxectivos
O Universo EGAP Innova é un proxecto multidisciplinar e transversal da Escola Galega de Administración Pública que se desenvolve co obxectivo principal de contribuír, a través de novas prácticas formativas que implican a participación do alumnado, á autoxestión da aprendizaxe e a identificación de novas oportunidades, á innovación e ao cambio nas administracións públicas.
Ao abeiro desta iniciativa, os E-martes teñen como finalidade proporcionar formación práctica presencial ao persoal empregado público da Administración autonómica galega e á cidadanía nas transformacións tecnolóxicas, organizativas e lexislativas derivadas da Administración electrónica.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 14 de novembro de 2023 abordará o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia cunha dobre perspectiva:
• Uso interno nas administracións públicas: certificados de empregado público, certificados de selo electrónico para actuacións administrativas automatizadas e portasinaturas corporativo.
• Cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Proxecto Chave365. Sala electrónica de sinaturas.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación que, na súa parte práctica, se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Data: o martes 14 de novembro de 2023.

Horario: de mañá e tarde.

Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen (Administración autonómica, para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou Cidadanía, no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o uso de certificados dixitais na Xunta de Galicia.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 9 de novembro de 2023.
Poderá obterse calquera outra información, das 8.30 ás 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

MODELOS DE ESTATUTOS PARA AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA E MODELOS TIPO PARA CONSTITUIR DEREITOS DE USO E APROVEITAMENTO EN GALICIA

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se publican modelos de estatutos para agrupacións forestais de xestión conxunta e modelos tipo para constituír dereitos de uso e aproveitamento en Galicia.

PROGRAMA RESPONSABILÍZATE (4ª EDICIÓN)

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás bases reguladoras e á convocatoria para a selección de pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas ás cales se prestarán servizos do programa Responsabilízate (4ª edición) (código de procedemento TR320B).

Obxecto
É obxecto da presente resolución establecer os requisitos do proceso de selección das empresas ou entidades ás cales se prestarán os servizos do programa Responsabilízate, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023 (TR320B).

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias do programa Responsabilízate as pequenas e medianas empresas (pemes), así como as persoas traballadoras autónomas, que teñan radicado o seu domicilio social ou que conten con algún centro de traballo en Galicia e que non fosen beneficiarias nas anteriores edicións.
2. Ademais do especificado no punto anterior, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter, cando menos, unha persoa traballadora por conta allea.
b) Que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou o seu balance anual sexa inferior a 43 millóns de euros.
c) Non seren entidades sen ánimo de lucro.

Servizos a que optarán as empresas beneficiarias do programa
1º. Análise do estado, potencial competitivo e situación da responsabilidade social empresarial (RSE). Trátase de avaliar o estado inicial da empresa exercendo un estudo completo nos diferentes ámbitos da empresa.
2º. Asesoramento e formación. As pemes participantes recibirán un módulo formativo para afondar no coñecemento e ferramentas da RSE. Así mesmo, as empresas recibirán un asesoramento individualizado para a construción dun plan de acción RSE.
3º. Plan de acción, implantación e seguimento das accións de RSE: a partir do informe de resultados da diagnose e da formación impartida, definirase a metodoloxía para a elaboración dun plan de acción individualizado para a implantación dun mínimo do 20 % das accións previstas no Plan de acción en RSE.

Forma e lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado incluído como anexo I desta resolución e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Prazo para presentación de solicitudes
1. O prazo estará aberto desde o día seguinte ao da publicación destas bases no Diario Oficial de Galicia e ata que se acade o número de prazas máximo segundo a dispoñibilidade orzamentaria, que virá determinada pola contía de adxudicación do contrato de servizos do programa Responsabilízate.
2. Unha vez cuberto o número de prazas máximo, pecharase a inscrición, o que será comunicado a través da páxina web https://rse.xunta.gal e da sede electrónica da Xunta de Galicia.

INDEMNIZACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL EN GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións en materia de sanidade vexetal na Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR465A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena e pragas regulamentadas, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.
b) Convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2023 (código de procedemento MR465A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos vexetais ou produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2023-2027 e no Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022.
2. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, non sendo posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumprise este trámite.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS PARA A UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS DE EQUIPAMENTOS EN COMÚN EN RÉXIME ASOCIATIVO 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR323C).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de proxectos de explotación conxunta de instalacións e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo, e convocalas para o ano 2023 no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4 Investimentos en activos físicos, submedida 4.12 Instalacións e equipamentos en común (código de procedemento MR323C).

Entidades beneficiarias
a) Cooperativas agrarias titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
b) Cooperativas agrarias con socios titulares de explotacións agrarias inscritos no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 6 de noviembre de 2023

FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL PARA O ANO 2024

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

REASIGNACIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DAS SUBVENCIÓNS EMPRENDEMENTO PLUS

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, pola que se publica a reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 13 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións Emprendemento Plus para apoiar o investimento e a creación de emprego co obxectivo de fortalecer e consolidar iniciativas de emprendemento de persoas autónomas e pemes, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa Galicia Feder 2021-2027 (apoio ao investimento) e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR880B).

BOLSA DESTINADA PARA A FORMACIÓN EN PRÁCTICAS EN MATERIA DE COMUNICACIÓN ESCRITA, EDICIÓN E ASESORAMENTO, CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA E TRADUCIÓN NESTE ORGANISMO

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023 pola que se convoca unha bolsa destinada para a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución neste organismo.

Obxecto
A bolsa terá por obxecto a formación en prácticas en materia de comunicación escrita, edición e asesoramento, corrección lingüística e tradución das diversas publicacións en web e noutros medios do Valedor do Pobo.

Requisitos
Poderán ser beneficiarias desta bolsa as persoas que acrediten reunir os seguintes requisitos:
• Ter nacionalidade española ou ser nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais, lles sexa aplicable a libre circulación de persoas.
• Ser maior de 18 anos.
• Estar en posesión do grao en Tradución e Interpretación, en que a lingua de orixe principal da súa combinación lingüística (1ª lingua ou lingua A1) sexa a lingua galega; grao en Lingua e Literatura Galegas; grao en Estudos de Galego e Español con itinerario en lingua galega e española; ou equivalentes.

Duración
A bolsa terá a duración dun ano e non poderá ser prorrogada.
Ao finalizar entregarase un certificado acreditativo.

Convocatoria.
A convocatoria será publicada no Diario Oficial de Galicia e na web do Valedor do Pobo.

Presentación das solicitudes.
As solicitudes e a documentación adxunta presentaranse no Rexistro do Valedor do Pobo (rúa do Hórreo, nº 65, Santiago de Compostela –A Coruña–) o por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; neste caso, deberá enviarse, dentro do prazo de presentación, unha comunicación vía correo electrónico (rexistro@valedordopobo.gal) na cal se detalle o medio utilizado de presentación, segundo o modelo que consta no anexo I.

Prazo de presentación.
O prazo de presentación será de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2 POSTOS DE PERSOAL INVESTIGADOR DISTINGUIDO NO MARCO DO PROGRAMA OPORTUNIUS

 AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2023 pola que se convocan dous postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para as persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius (código de procedemento IN859A).

Obxecto da convocatoria
A presente convocatoria ten por obxecto a cobertura, baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de dúas prazas de investigador/a para persoas beneficiarias de bolsas do European Research Council (ERC): 1 Starting Grant e unha Consolidator Grant (anexo I).

Duración
O contrato terá duración determinada e a rescisión e mantemento do contrato supeditarase aos resultados derivados do proceso de avaliación establecido no capítulo II do título II do mencionado Decreto 64/2016, do 26 de maio, e na Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria do 29 de agosto de 2018 (DOG núm. 181, 21 de setembro.

Requisitos das persoas aspirantes
5.1. As persoas aspirantes deben reunir os requisitos seguintes:
a) Estar en posesión dunha bolsa ERC Starting Grant ou Consolidator Grant.
b) Ter a titulación de doutor/a ou equivalente.
c) Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións, poderán participar os seus descendentes e os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores de idade dependentes. Así mesmo, poderán participar os estranxeiros con residencia legal en España.
d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitacións físicas ou psíquicas incompatibles co desempeño das correspondentes funcións.
e) Ter feitos os dezaseis anos.
f) Non ter sido separado/a do servizo de calquera Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar, igualmente, non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.
g) Non atoparse en situación de inhabilitación absoluta ou especial para os empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo ou escala de funcionario, ou para exercer funcións similares ás que desenvolvían no caso de persoal laboral, no que fose separado/a ou inhabilitado/a.
h) Dispoñer dun compromiso de acollida por parte dun organismo público de investigación de Galicia para que o/a investigador/a desenvolva a súa actividade nel. Neste compromiso, que deberá ser achegado pola persoa candidata, a institución de acollida comprometerase a asinar un convenio coa Axencia Galega de Innovación segundo establece o artigo 9 do Decreto 64/2016.
5.2. Os requisitos deberán cumprirse no momento da formalización do contrato.

Solicitudes e prazo de presentación
6.1. O prazo para presentar as solicitudes será de quince días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
6.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). No caso de persoas solicitantes estranxeiras co fin de proceder á solicitude e trámites por medios electrónicos designarán un representante con sinatura dixital en España. A solicitude deberá reunir todos os datos de identificación requiridos.
Esta convocatoria ten por destinatario a persoal investigador con bolsa ERC Starting Grant ou Consolidator Grant. As bolsas ERC teñen como finalidade apoiar proxectos de investigación na fronteira do coñecemento de calquera temática, xa sexan do mesmo país ou de calquera país do mundo sempre que desenvolvan o traballo nun ou varios dos Estados membros da UE ou dos países asociados.
Polo tanto, de acordo co sinalado polo artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a obrigatoriedade da presentación electrónica de solicitudes xustifícase no colectivo a que se dirixe: persoal investigador de recoñecido prestixio nacional e internacional con bolsas do European Research Council (ERC).

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES NO ÁMBITO E PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS 2023 E 2024

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 23 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a realización de actividades no ámbito de prevención de riscos laborais conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia nos exercicios 2023 e 2024 (código de procedemento TR852B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2023 e 2024 da concesión de subvencións, pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Dirección Xeral de Relacións Laborais, mediante o réxime de concorrencia competitiva, para a realización de actividades no ámbito da prevención de riscos laborais, conforme a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais (código de procedemento TR852B).

Beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas:

Liña 1:
As asociacións sindicais intersectoriais, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, constituídas ao abeiro da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e as asociacións empresariais intersectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.

Liña 2:
a) As asociacións empresariais galegas sectoriais constituídas ao abeiro da Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical.
b) As organizacións sindicais con representatividade no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de carácter sectorial como intersectorial.
c) As fundacións sectoriais paritarias para a promoción da prevención da seguridade e saúde laboral, nadas da negociación colectiva ou de acordos sectoriais, con sede e actividade en Galicia.
d) Asociacións profesionais de persoas traballadoras autónomas rexistradas segundo o establecido no Decreto 406/2009, do 22 de outubro, que recollan expresamente nos seus estatutos que teñen entre os seus fins o fomento da prevención de riscos laborais.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación no DOG. Se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes e, se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS PARA REALIZAR PROGRAMA DE FORMACION DUAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL NOS CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO 2023-2026

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 20 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para realizar o Programa de formación dual para persoas con discapacidade intelectual nos centros especiais de emprego (CEE) e se efectúa a súa convocatoria plurianual (2023 a 2026) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento TR341X).

Obxecto e finalidade
O obxecto deste programa é fixar as bases reguladoras e a convocatoria plurianual de subvencións a centros especiais de emprego sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia para realizar proxectos de formación dual baseados nun réxime de alternancia entre o emprego e a formación recibida, no marco do Sistema de formación profesional para o emprego.

Entidades beneficiarias
1. Serán beneficiarias deste programa as persoas físicas ou xurídicas que na data de presentación da solicitude figuren inscritas como centros especiais de emprego no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento, e que na data de presentación da solicitude cumpran as seguintes condicións:
– Estar cualificados como sen ánimo de lucro, de conformidade co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.
– Contar cun mínimo de dez traballadores e o 30 % deles, como mínimo, debe ter discapacidade intelectual.
– Ter solicitado ante a xefatura territorial correspondente o inicio da actividade formativa para a impartición da formación profesional dual, mediante a contratación por conta allea de persoas con discapacidade intelectual desempregadas, na modalidade de contrato para a formación en alternancia.

Persoas destinatarias finais do programa
As destinatarias finais son persoas con discapacidade intelectual (incluídos trastornos de desenvolvemento) inscritas como demandantes de emprego que non teñan a cualificación profesional requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou para o emprego obxecto do contrato.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Período subvencionable
1. O inicio da actividade será o 1 de outubro de 2023, agás no caso en que os prazos desde que se publique a convocatoria imposibiliten resolver a autorización da actividade formativa nesa data, caso en que ditará resolución a Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social en que indique a data de comezo da actividade.
A data máxima de finalización das actividades subvencionables será o 30 de setembro de 2026 ou tres anos despois da data en que se iniciou a actividade formativa.
2. As entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar o investimento conforme a resolución de concesión e presentar a documentación xustificativa da axuda conforme o indicado nos artigos 26 e 27, nos seguintes prazos máximos ou nos que se indiquen na resolución de concesión, de ser o caso:
Anualidade 2023 (que comprende desde a data de inicio da actividade formativa ata o 31 de decembro de 2023): o 10 de febreiro de 2024.

Anualidade 2024 (que comprende desde o 1 de xaneiro de 2024 ata o 30 de setembro de 2024): o 10 de novembro de 2024.

Anualidade 2025 (que comprende desde o 1 de outubro de 2024 ata o 30 de setembro de 2025): o 10 de novembro de 2025.

Anualidade 2026 (que comprende desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026 ou ata o día anterior a que se fagan 3 anos desde o inicio da actividade formativa): o 10 de novembro de 2026.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN DE VIVEIROS INDUSTRIAIS EN PARQUES EMPRESARIAIS DE GALICIA 2022

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 27 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2022 (IN541A).


AXUDAS PARA A CONTRATACIÓN DE PERSOAL INVESTIGADOR PREDOUTORAL EN FORMACIÓN PARA O EXERCICIO 2024 DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 UNIVERSIDADE DE VIGO

EXTRACTO da Resolución do 25 de outubro de 2023 pola que se convocan, por tramitación anticipada, as axudas para a contratación de persoal investigador predoutoral en formación para o exercicio 2024.

Obxecto
O obxecto destas axudas é financiar a formación de dez persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico de tres anos de duración, conforme o artigo 21 da Lei 14/2011, do 1 de xuño da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, modificado pola Lei 17/2022, do 5 de setembro.

Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo que non goce doutras axudas para a formación de persoal investigador cuxa data de finalización dos estudos que deron lugar á obtención do/s título/s que habilitan o acceso ao programa de doutoramento, ou da superación de 60 créditos de posgrao, se é o caso, sexa posterior ao 1 de xaneiro de 2021, salvo as excepcións recollidas na base 5.c) da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o día 26 de outubro ata o 23 de novembro de 2023.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN E EN SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

PREMIOS GALICIA DE ACCIÓN VOLUNTARIA 2023

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 18 de outubro de 2023 pola que se regula o procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria 2023 e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508D).

Obxecto
Establecer a regulación do procedemento de concesión dos Premios Galicia de Acción Voluntaria coa finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia, así como realizar a súa convocatoria para o ano 2023.

Modalidades e persoas destinatarias
Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:
a) Premio persoa voluntaria do ano na modalidade individual, para as persoas físicas.
b) Premio entidade de acción voluntaria do ano na modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
c) Premio mellor proxecto de acción voluntaria que corresponderá a aqueles proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, vinculados a áreas de especial interese e que supoñan unha innovación social para a nosa Comunidade Autónoma.

Premios
Outorgarase un premio en cada unha das modalidades establecidas, cuxa dotación económica será de 4.000 euros por modalidade.

Outros datos
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.