lunes, 31 de enero de 2022

APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR240D, MR241C e MR241D).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular e convocar na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2022, os pagamentos directos á agricultura e á gandaría, así como as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Persoas beneficiarias
Os pagamentos directos indicados no título II e as axudas de desenvolvemento rural recollidas no capítulo III e na sección 3ª do capítulo IV do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria. O requisito da actividade agraria tamén será exixible ás persoas solicitantes das axudas de agroambiente e clima recollidas na sección 2ª do capítulo IV do título III.

Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2022, iniciarase o 1 de febreiro e finalizará o 30 de abril, ambos incluídos.