Escola Galega de Administración Pública
viernes, 14 de agosto de 2026
CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NIVEL BÁSICO
Requisitos do persoal participante
Poderán participar nesta actividade formativa: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
Desenvolvemento das actividades de formación
As actividades formativas realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para estas actividades se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <https://egap.xunta.gal>.
Solicitudes e prazos
1. O prazo de presentación de solicitudes será do 17 ao 27 de agosto de 2026.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
3. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.
4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
5. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil e, ao tratarse de actividades impartidas na modalidade de teleformación, deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:
– Un ordenador con conexión á internet.
– Un navegador web actualizado.
6. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53, 981 54 62 54, 981 54 62 73 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.
AXUDAS ECONÓMICAS A VÍTIMAS DE VIOLENCIA SEXUAIS 2026
Consellería de Política Social e Igualdade
Obxecto e finalidade
1. O obxecto desta orde é establecer as bases que rexerán na Comunidade Autónoma de Galicia a concesión da axuda prevista no artigo 41 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, de garantía integral da liberdade sexual. Así mesmo, por medio desta orde convócase a dita axuda para o ano 2026.
2. A finalidade da axuda establecida no referido artigo 41 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, é proporcionarlle apoio económico ás mulleres vítimas de violencias sexuais.
3. O código do procedemento correspondente a esta axuda é o SI434C.
Persoas beneficiarias e acreditación da condición de vítima
1. Para ser beneficiaria desta axuda a persoa solicitante deberá reunir, na data de solicitude da axuda, os seguintes requisitos:
a) Ser muller, nena ou neno vítima de violencia sexual segundo o disposto no artigo 3 da Lei orgánica 10/2022, do 6 de setembro, en España, con independencia da súa nacionalidade e da súa situación administrativa, ou no estranxeiro, sempre que sexan de nacionalidade española. Esta condición acreditarase mediante algún dos documentos establecidos no artigo 9.1.a).
b) Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. No caso de vítimas menores de idade ou economicamente dependentes da unidade familiar, o cómputo mensual das rendas da unidade familiar non poderá exceder dúas veces o salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias, ou de tres veces o salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias no caso de familias integradas por catro ou máis membros, ou que teñan recoñecida a súa condición de familia numerosa de acordo coa normativa vixente.
d) Ter acreditada a condición de vítima de violencia sexual conforme se establece no artigo 9.
Prazo de solicitude
1. A solicitude da axuda deberá realizarse nun prazo de cinco anos, contados desde o último dos títulos emitidos a favor da vítima acreditativo da violencia sexual sufrida.
O referido prazo empezará a contar desde o día seguinte a aquel en que se notifique a sentenza condenatoria, a orde de protección ou calquera outra resolución xudicial que acorde unha medida cautelar a favor da vítima; ou desde o momento en que se acredite a súa condición de vítima por algún outro dos medios previstos no artigo 3.4 do Real decreto 664/2024, do 9 de xullo.
2. No caso de vítimas menores de idade, estarán lexitimadas para solicitar a axuda por si mesmas cando estean emancipadas. No caso contrario, poderán solicitar a axuda a través de quen exerza a súa representación legal, a condición de que esta non sexa a persoa responsable da violencia sexual que dá dereito a axuda. Se non se solicitou a axuda durante a minoría de idade pola violencia sufrida neste período, a vítima poderá facelo por si mesma cando alcanzase a maioría de idade.
Se a acreditación da condición de vítima se produciu durante a minoría de idade, pero non se solicitou a axuda no devandito período, o prazo a que se refire o parágrafo anterior comezará a contar desde o día seguinte a aquel en que a vítima alcanzase a maioría de idade.
miércoles, 12 de agosto de 2026
AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS NIÑO DURANTE OS ANOS 2026,2027 E 2028.
Consellería de Política Social e Igualdade
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas para a posta en marcha de proxectos durante os anos 2026, 2027 e 2028 destinados á atención de nenas e nenos de ata tres anos de idade, mediante o establecemento dunha casa niño, nos núcleos rurais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún outro recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade (código de procedemento BS403C).
Para os efectos desta orde, considéranse núcleos rurais as parroquias do territorio existentes nos concellos de menos de cinco mil habitantes e enténdese por recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas que reciban axudas da Xunta de Galicia para a gratuidade da atención educativa. Igualmente, entenderase que existen recursos de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade se os anteditos equipamentos de tales servizos están en construción ou previstos nun documento de planificación da Administración autonómica ou local.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para a posta en marcha dos proxectos de casas niño durante os anos 2026, 2027 e 2028.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas para poñer en marcha unha casa niño as persoas físicas que se establezan como empresarias autónomas e as cooperativas de traballo asociado que reúnan os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión, ou contar cando menos cunha persoa socia que o estea no caso de cooperativas de traballo asociado, de calquera das titulacións ou formación que se recollen a continuación, ou equivalentes, ou da formación ou experiencia seguintes:
1º. Técnico/a superior en Educación Infantil.
2º. Grao en mestre/a de Educación Infantil/Educación Primaria.
3º. Grao en Pedagoxía, Psicoloxía ou Educación Social.
4º. Diploma que acredite ter realizado o curso de formación integral ou o curso de formación complementaria para futuros/as profesionais das casas niño impartidos pola Xunta de Galicia.
5º. Formación acreditada en áreas relacionadas coa atención á infancia e coidados infantís ou experiencia profesional acreditada neste ámbito.
b) Residir nun núcleo rural do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou facelo con anterioridade á posta en marcha do proxecto.
c) Contar cun inmoble nun núcleo rural do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia en que non exista ningún recurso de atención continuada á infancia de ata tres anos de idade, ou dispoñer del con anterioridade á posta en marcha do proxecto. O dito inmoble estará dotado cos seguintes recursos, para os cales poderá pedir esta axuda:
1º. Sistema de calefacción que cubra todas as estancias dedicadas ao desenvolvemento da iniciativa e conte coa protección dos elementos calefactores precisa para evitar as queimaduras por contacto, os atrapamentos ou outros riscos para a integridade das e dos menores.
2º. Unha sala con iluminación e ventilación naturais directas e un mínimo de 20 metros cadrados, distribuída e organizada con criterios de flexibilidade para dar resposta ás distintas necesidades das nenas e nenos de 0-3 anos.
3º. Dúas zonas, unha para o descanso e outra para a hixiene infantil. A zona de descanso e, se é o caso, o mesado cambiador poderán estar integrados na sala principal.
4º. Unha zona para a preparación, almacenamento e conservación de alimentos dotada, cando menos, dun mesado, frigorífico, vertedoiro e microondas.
5º. Elementos de protección como enchufes de seguridade infantil sempre que se sitúen por debaixo de 1,5 metros, protectores de dedos nas dúas caras das portas, seguros de ventás, barreira de seguridade con porta en zonas con diferentes alturas ou escaleiras e extintor/es para a protección contra incendios.
6º. Un mobiliario e equipamento básico para a atención das nenas e nenos, que incluirá, como mínimo, un cambiador de cueiros, berces, sabas, mantas, colchóns, contedor de cueiros, ouriñais, tronas, hamacas, adaptadores de inodoro e materiais didácticos e de xogo axeitados para as idades dos nenos e nenas e con marcación de conformidade europea (CE).
En todo caso, o mobiliario deberá ter bordos romos ou protectores que os cubran para que careza de arestas. Así mesmo, na sala e na zona de descanso, no suposto de estar nunha estancia separada, os materiais dos solos e das paredes ata unha altura de 1,5 metros deberán ser cálidos, lisos, non porosos, facilmente lavables e aptos para a súa desinfección. Na sala deberá crearse unha superficie continua e non esvaradía, axeitada para gatear.
As estancias e zonas anteriormente citadas deben estar situadas nun único andar. No caso de tratarse dun inmoble non destinado a vivenda, este deberá estar ademais na planta baixa.
d) Dispoñer dun plan de actuación cos/coas nenos/as para atender eventuais emerxencias que se poidan producir na casa niño.
e) Acreditar o estado de saúde cunha revisión médica anual. No caso de cooperativas de traballo asociado esta acreditación deberá estar referida á/s persoa/s socia/s que desenvolvan o proxecto.
2. Os requisitos establecidos nas letras a), d) e e) do número anterior deberán acreditarse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. O resto de requisitos b) e c) previstos no número anterior deberán acreditarse no prazo de dous meses desde a notificación da resolución de concesión, ampliable a tres para os supostos de constitución dunha cooperativa de traballo asociado. Todos os requisitos previstos no número 1 deberán manterse durante o período de permanencia da actividade. Respecto das cooperativas de traballo asociado, de non estaren constituídas, no momento de presentación da solicitude deberán ter iniciado os trámites para a súa constitución.
3. As persoas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non están incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para obter a condición de beneficiarias.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
martes, 11 de agosto de 2026
PROGRAMA RESPIRO FAMILIAR PARA PERSOAS COIDADORAS 2026
Consellería de Política Social e Igualdade
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas cales se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas a persoas coidadoras dentro do programa Respiro familiar para persoas coidadoras para o exercicio 2026 (código de procedemento BS614B), así como realizar a súa convocatoria.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante un informe médico e social.
Requisitos para acceder á subvención
1. Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención, é necesario que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a persoa coidadora solicitante da subvención e a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que a persoa atendida se encontre nalgunha das seguintes situacións:
1º. Que presente unha discapacidade física, psíquica ou mental e necesite axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e que teña recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75 %.
2º. Que teña recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente nos graos II ou III.
3º. Que, no caso de non encontrarse nas situacións enumeradas nos ordinais anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante un informe médico e social.
2. Ademais, as persoas coidadoras, para seren beneficiarias da subvención, teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 15 de outubro de 2026.
Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
lunes, 10 de agosto de 2026
TIPO DE XURO PARA O SEGUNDO SEMESTRE DE 2026
Instituto Galego de Promoción Económica
Primeiro. Os tipos de xuro de referencia para o segundo semestre do ano 2026 para as operacións acollidas aos seguintes convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes:
– Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: 2,536 %.
– Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG núm. 133, do 10 de xullo de 2001): 2,536 %.
– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 222, do 15 de novembro de 2004): 2,536 %.
– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 195, do 9 de outubro de 2006): 2,536 %.
– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 101, do 28 de maio de 2007): 2,536 %.
– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 244, do 19 de decembro de 2007): 2,536 %.
– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 58, do 25 de marzo de 2009): 2,536 %.
– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 47, do 4 de marzo de 2008): 2,536 %.
– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Programa Re-Imaxina), liñas 2 e 3 (DOG núm. 148, do 30 de xullo de 2009): 2,536 %.
– Bases reguladoras para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol) (DOG núm. 142, do 27 de xullo de 2010, DOG núm. 40, do 28 de febreiro de 2011, e DOG núm. 110, do 11 de xuño de 2012): 2,536 %.
Segundo. As entidades financeiras deberán comunicarlles aos beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.
SUBVENCIÓNS AO FOMENTO DA CONTRATACIÓN POR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DE MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO 2026
Consellería de Política Social e Igualdade
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2026 e con carácter plurianual, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións destinadas a financiar a contratación, por parte das entidades sen ánimo de lucro, de mulleres que sofren violencia de xénero, ao abeiro do disposto na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, ata un máximo de 12 mensualidades, para mellorar e facilitar a súa inserción laboral coa finalidade de apoiar a recuperación e a integración social e laboral destas persoas.
Por medio desta convocatoria as entidades terán a posibilidade de obter axudas para a contratación por conta allea de mulleres que sofren violencia de xénero (código de procedemento SI461B).
2. A súa finalidade é contribuír a que as mulleres acaden unha maior autonomía a través da promoción da súa independencia económica e do seu empoderamento, reforzando, ao mesmo tempo, as posibilidades dunha posterior inserción laboral estable, co obxectivo fundamental de lograr a súa plena integración na vida económica e social.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser entidades beneficiaras das subvencións:
a) As entidades sen ánimo de lucro.
b) As cooperativas sen ánimo de lucro, segundo o establecido na disposición adicional cuarta da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, que acrediten o cumprimento das previsións da dita lei respecto dos topes máximos de traballadores ou traballadoras por conta allea.
2. Para seren beneficiarias, as entidades e as cooperativas relacionadas no número anterior deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma.
b) Cumprir os requisitos e as condicións establecidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes e comezará a computar transcorridos 5 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte; a hora de inicio será ás 9.00 horas e a hora de fin de prazo será ata as 20.00 horas.
viernes, 7 de agosto de 2026
BOLSAS DE FORMACIÓN EN UNIDADES E ÁREAS DIRIXIDAS AO ESTUDANTADO DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O CURSO 2026/27
Universidade de Vigo
Obxecto
Desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través do fomento dunha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación en que se matricula.
Persoas beneficiarias
Estudantado que está matriculado en centros propios no curso 2026/27 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II, no campus en que se opta á bolsa.
Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 3 de agosto ata o 10 de setembro de 2026.
jueves, 6 de agosto de 2026
BOLSAS SANTANDER EXCELENCIA ACADÉMICA ESTUDOS DE DOUTORAMENTO NA UNIVERSIDADE DE VIGO CURSO 2025/26
Universidade de Vigo
Obxecto
Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria atendendo de maneira especial o novo estudantado da Universidade de Vigo que está a realizar no curso académico 2025/26 estudos oficiais de doutoramento e que destaca particularmente por unha traxectoria académica de excelencia nos estudos previos aos de doutoramento.
Persoas beneficiarias
Alumnado matriculado por primeira vez en estudos de doutoramento da Universidade de Vigo no curso académico 2025/26.
Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 31 de xullo ata o 15 de outubro de 2026
BOLSAS MOBILIDADE DA ESCOLA INTERNACIONAL DE DOUTORAMENTO 2025/26
Universidade de Vigo
Obxecto
Impulsar a internacionalización e a multiculturalidade, contribuindo a paliar os gastos ocasionados ao estudantado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da realización de viaxes e demais actividades incluídas na súa programación académica que impliquen desprazamento fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
Alumnado que estea matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2025/26 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo e que realice durante o curso a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento fóra de Galicia para a asistencia ou presentación de comunicacións orais ou escritas ou proxectos creativos, en congresos, exposicións de creación artística, e reunións científicas, nacionais ou internacionais.
Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 30 de xullo ata o 15 de outubro de 2026.
BOLSAS SANTANDER _PREMIOS Á EXCELENCIA ACADÉMICA INICIO ESTUDOS DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO 2026/27 UNIVERSIDADE DE VIGO
Universidade de Vigo
Obxecto
Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria incentivando a cultura do mérito e a excelencia, a través do recoñecemento ao estudantado cos mellores resultados académicos nos estudos previos ao seu ingreso na titulación.
Categoría A: convócanse 105 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de grao.
Categoría B: convócanse 35 premios destinados ao estudantado que inicia estudos de máster universitario.
Persoas beneficiarias
Estudantado que inicia estudos de grao e máster na Universidade de Vigo no curso 2026/27.
Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 30 de xullo ata o 13 de outubro de 2026.
CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA 2026
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
miércoles, 5 de agosto de 2026
AXUDAS EXTRAORDINARIAS POLA PERDA TEMPORAL OU DEFINITIVA DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE DA RESIDENCIA HABITUAL COMO CONSECUENCIA DOS TERREMOTOS DO 24 DE XUÑO EN VENEZUELA
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras e convocar en réxime de concorrencia non competitiva as axudas extraordinarias destinadas a paliar a situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da residencia habitual das persoas galegas residentes en Venezuela afectadas polos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 (código de procedemento EM900A).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas que, reunindo os requisitos previstos neste artigo, como consecuencia dos terremotos ocorridos o 24 de xuño de 2026 se atopen nunha situación de necesidade derivada da perda temporal ou definitiva das condicións de habitabilidade da súa vivenda habitual:
1. As persoas emigrantes nacidas en Galicia e residentes en Venezuela.
2. Os/as fillos/as daquelas que residan en Venezuela sempre que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
3. Os/as descendentes de emigrantes galegos ata o segundo grao por consanguinidade que teñan a nacionalidade española e se atopen vinculados/as con calquera concello galego no Padrón de españois residentes no exterior (PERE).
Unicamente poderá presentarse unha solicitude por vivenda afectada.
Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo fose inhábil, comezará o día hábil seguinte.
2. O prazo rematará o 1 de decembro de 2026.
AXUDAS PARA A MATRÍCULA NUN MÁSTER UNIVERSITARIO OFICIAL OFERTADO POLAS UNIVERSIDADES DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2026/27 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 6 de outubro de 2026.
martes, 4 de agosto de 2026
lunes, 3 de agosto de 2026
AXUDAS PARA A SUBMINISTRACIÓN DE FROITAS FRESCAS, CASTAÑAS E LEITE LÍQUIDO DE CONSUMO AO ALUMNADO DE CENTROS ESCOLARES CURSO 2026/27
Fondo Galego de Garantía Agraria
Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras do réxime de axudas destinadas á subministración, incluídos os custos de loxística e repartición, ao alumnado de centros escolares na Comunidade Autónoma de Galicia, de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo, recollidas nesta resolución.
Igualmente é obxecto desta resolución a convocatoria das devanditas axudas para o curso escolar 2026/27, consonte o disposto no Regulamento (UE) nº 2016/791 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de maio de 2016, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1308/2013 e (UE) nº 1306/2013 no que se atinxe ao réxime de axudas para a distribución nos centros escolares de froitas e hortalizas, plátanos e leite, e no Regulamento (UE) nº 2016/795 do Consello, do 11 de abril de 2016, que modifica o Regulamento (UE) nº 1370/2013 polo que se establecen medidas relativas á fixación de axudas e restitucións en relación coa organización común de mercados dos produtos agrícolas, e os regulamentos que os desenvolven e complementan.
A axuda abrangue dous procedementos diferenciados: o procedemento MR265B, de solicitude de axuda para a subministración de produtos aos centros escolares, e o procedemento MR265C, de solicitude de pagamento da axuda para a subministración de produtos aos centros escolares.
Persoas destinatarias
Será destinatario final da axuda o alumnado que asista regularmente aos centros ou establecementos escolares, administrados ou recoñecidos polas autoridades competentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que pertenza aos seguintes niveis de ensino:
a) Educación infantil de segundo ciclo.
b) Educación primaria.
c) Educación secundaria, que comprenderá a educación secundaria obrigatoria (ESO), o bacharelato e a formación profesional básica e de grao medio.
As persoas destinatarias poderán recibir a axuda unicamente durante os días lectivos de desenvolvemento do curso escolar.
Prazo de presentación de solicitudes de axuda
O prazo de presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2026 (incluído).
SUBVENCIÓNS DESTINADAS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE C
Consellería de Sanidade
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria de axudas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro, destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais e dos trastornos adictivos (código de procedemento SA500A).
O contido dos programas que se desenvolverán durante o ano 2026 deberá axustarse, de conformidade coa tipoloxía de cada programa recollido no anexo I, ás seguintes liñas de actuación:
Liña I: Proxectos de investimento en melloras en centros sanitarios e sociosanitarios cuxa actividade principal sexa o desenvolvemento de programas asistenciais e psicosociais en materia de trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
Liña II: Programas de intervención comunitaria en persoas con trastorno mental (incluídos os trastornos adictivos).
Liña III: Programas de prevención terciaria en adiccións comportamentais e outras adiccións.
Liña IV: Programas de incorporación social e fomento do emprego en persoas con trastornos mentais (incluídos os trastornos adictivos).
Liña V: Programas de prevención do suicidio e posvención.
Liña VI: Programas de atención integral á saúde mental na infancia e adolescencia, incluídos os trastornos do neurodesenvolvemento con trastorno mental comórbido.
2. Os programas de investimento da liña I deberán esta vencellados univocamente a un programa asistencial no eido do trastorno mental e/ou adictivo, que deberá ser achegado nunha memoria resumida xunto coa solicitude.
3. No caso dos programas das liñas II, III, IV, V e VI estes deberán:
3.1º. Basearse nunha metodoloxía de intervención avalada pola evidencia científica.
3.2º. Contar con persoal cualificado e axeitado ás características do programa. Entre este persoal deberá figurar a persoa coordinadora, responsable da execución do proxecto.
3.3º. Ter un mínimo de horas de atención directa presencial semanal non inferior a 10 horas.
3.4º. Contar cun plan de comunicación do programa para dar a coñecer a actividade que está a desenvolver á cidadanía xeral e ao colectivo de potenciais persoas beneficiarias, que deberá achegarse xunto coa solicitude.
3.5º. Contar cun plan de formación continuada de profesionais, que deberá achegarse xunto coa solicitude
Habilítase na sede electrónica da Xunta de Galicia o código SA500A para este procedemento administrativo.
Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades definidas no artigo 2 da Lei 43/2015, do 9 de outubro, do terceiro sector de acción social, e outras organizacións, sempre que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas, polo menos, con dous anos de antelación á data da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG) e debidamente inscritas no correspondente rexistro administrativo de ámbito autonómico. As entidades solicitantes deberán de estar inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS). O cumprimento deste requisito será comprobado de oficio pola Administración. Este requisito entenderase cumprido coa presentación da solicitude de inscrición dentro do prazo de presentación das solicitudes que establece o artigo 8.3. En todo caso, a entidade deberá estar debidamente inscrita no momento de pagamento da subvención.
b) Carecer de ánimo de lucro.
c) Ter o seu domicilio social ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
d) Non atoparse en ningunha das situacións establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. A acreditación de non estaren incursas nas ditas circunstancias realizarase mediante declaración responsable da persoa representante da entidade.
e) Ter entre os seus fins estatutarios a atención ás necesidades ou o desenvolvemento de actividades dirixidas a persoas con trastorno mental grave e/ou adiccións.
f) Desenvolver as súas actividades de xeito efectivo, contando con medios persoais e materias necesarios, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
g) Segundo indica o artigo 82 da Lei 4/2023, do 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva de persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, non se outorgarán subvencións a ningunha entidade que cometa, incite ou promocione LGTBIfobia, incluíndo a promoción ou realización de terapias de conversión.
Todos os requisitos sinalados deberán cumprirse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e manterse durante todo o período de execución do programa subvencionado.
2. Dentro dos límites da lexislación autonómica tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de organizacións sen personalidade xurídica nos seguintes termos:
a) Cada un dos seus membros deberá cumprir os requisitos establecidos no número 1 deste artigo.
b) Deberán indicar os compromisos asumidos por cada un dos seus membros e o importe da subvención a aplicar que se vai cada un deles.
c) Deberán nomear unha persoa en representación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
d) Non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro e 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
3. As entidades que formen parte dunha federación ou persoa xurídica similar de ámbito autonómico poderán solicitar as axudas a través destas.
4. No caso de que algunha das entidades solicitantes sexa unha federación, confederación ou persoa xurídica similar que integre no seu seo varias entidades, poderá propoñer de entre estas unha ou varias entidades para executar os programas, as cales actuarán no nome e por conta da entidade solicitante.
5. Non se entenderán incluídos dentro da tipoloxía destas entidades do terceiro sector de acción social os organismos ou entidades de dereito público adscritos ou vinculados a unha Administración pública, as universidades, os partidos políticos e as fundacións deles dependentes, os colexios profesionais, as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación, as sociedades civís, as organizacións empresariais e os sindicatos, e outras entidades con análogos fins específicos e natureza que os citados anteriormente.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O dito prazo deberá computarse de conformidade co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Outros datos
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (anexo II).
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
AXUDAS ECONÓMICAS DIRIXIDAS ÁS PERSOAS CON ESCLEROSE LATERAL AMIOTRÓFICA OU DOS SEUS FENOTIPOS 2026
Consellería de Política Social e Igualdade
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas destinadas ás persoas con diagnóstico de ELA ou dos seus fenotipos, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento administrativo BS215A).
Persoas beneficiarias
1. Poderán solicitar as axudas económicas as persoas físicas vivas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da súa solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos.
b) Estar empadroadas nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima de 6 meses con anterioridade á presente convocatoria das axudas.
c) Estar diagnosticadas da enfermidade da esclerose lateral amiotrófica (en diante, ELA) ou calquera dos seus fenotipos.
d) Ter recoñecida a situación de dependencia ou ter solicitado o seu recoñecemento con anterioridade á presentación da solicitude.
2. Ademais, as persoas beneficiarias da axuda teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o quinto día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 3 de novembro de 2026.
Cando o ultimo día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.