lunes, 31 de mayo de 2021

PROGRAMA DE AXUDAS PARA A CONCESIÓN DE ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS, 2021

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca para o ano 2021 o programa de axudas para a concesión das estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas (código de procedemento SI447A).

Obxecto
Estas axudas, que se conceden en réxime de concorrencia competitiva, teñen por obxecto proporcionarlles ás persoas beneficiarias, citadas no punto anterior, estadías de tempo libre, que se desenvolverán preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro, incluíndo servizos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta desde o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias, que serán gratuítos para as persoas beneficiarias, cun máximo de 90 prazas. A súa finalidade é facilitarlles un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer, reforzando o seu vínculo maternofilial nun ambiente de seguridade, respecto e bo trato como modelo de convivencia.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias desta convocatoria as mulleres, preferentemente vítimas de violencia de xénero, que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Ter fillas ou fillos menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
b) Non convivir con parella afectiva.
c) Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
d) Que os ingresos brutos mensuais da solicitante non superen o límite do importe de 1,5 veces o IPREM vixente, nos seis meses anteriores á data de presentación da solicitude.
e) Non padecer ela, nin as fillas/os menores e/ou menores en acollida que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.
2. Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo e con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

MEDIDAS CUALIFICADAS DE PREVENCIÓN E MEDIDAS DE PREVENCIÓN ESPECÍFICAS FRENTE AO COVID-19

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 26 de maio de 2021 pola que se establecen medidas cualificadas de prevención para facer fronte á evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e que precisan da autorización xudicial para a súa eficacia.


ORDE do 28 de maio de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.

viernes, 28 de mayo de 2021

INFOMACION XUVENIL: SEMANA DO 24 AO 30 DE MAIO 2021

 


 

Novidades na nosa web

 

  


Hoxe é o último día para pedir campamentos:

Campamentos de verán 2021

xuventude.xunta.es

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a...

Novidades no carné:

http://xuventude.xunta.es/carnes-para-a-mocidade/carne-xove

 


 


 

Información de Campamentos elaborada por Correspondentes Xuvenís

xuventude.xunta.es

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Saturnino Montojo de Ferrol crearon un padlet para promocionar e difundir os campamentos de ver&aacu...

 



 Se estás por Noia ou cerca:

Ecopercusión en Noia

xuventude.xunta.es

Podes participar no Espazo Xove de Noia nun obradoiro de percusión con refugallo. Si estás interesado/a contacta co Espazo Xove de...

 

 

Ou por Oleiros:

Actividades xuvenís en Oleiros

xuventude.xunta.es

As actividades están dirixidas a mozas e mozos entre 14 e 30 anos de calquera concello, tendo preferencia os empadroados no Concello de Oleiros...

 

"Dialogos con": Erasmus emprendedores/as

xuventude.xunta.es

Dende a Fundación Galicia Europa queren invitarte a nova edición de "Diálogos con" que terá lugar o próximo 3 de xu...

 

 

Videoxogos. Directo de Quérote+

xuventude.xunta.es

Xa podes ver no IGTV de Quérote+ o directo sobre videoxogos ofrecido por Millán Brea Castro do centro Quérote+ de Ourense. Canle...

 



 

ABAU: ponderación...

xuventude.xunta.es

Vaste a examinar da ABAU? A Comisión Interuniversitaria de Galicia, CIUG, publica os parámetros de ponderación de materias tronca...

 

Premios fin de carreira para ensinanzas artísticas superiores

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca premios fin de carreira para o alumnado que rematou brillantemente os seus estudos de ensinanzas art&...

 



 

http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/33-cursos-de-tempo-libre

 

 


VII Premio Literario Nortear

xuventude.xunta.es

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xunto coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal convocan premio...

 

 

Relato curto e fotografía: Realidades alternativas. Que pasase se…?

xuventude.xunta.es

A Asociación Cultural «O coloquio dos cans» convoca de forma conxunta o seu concurso de relato curto e fotografía. O lema de...

 

Contos e sombras

xuventude.xunta.es

A Praza de Poe en colaboración coa Asociación Colexial de Escritores de España convocan o VII Certame Novo de Relato 2021 "Contos...

 

Premio de Pintura Nova Granada 2021

xuventude.xunta.es

O Concello de Granada convoca a XXIII edición do Premio de Pintura Nova Granada 2021, dirixida a novos artistas entre os 18 a 35 anos de calque...

 

Ciberconcurso: A prostitución: abolición ou regulación?

xuventude.xunta.es

Como cada ano desde a asociación ANIM propoñen un ciberconcurso de contos con transfondo social que nos axude a entender, analizar e loi...

Defensa 2021

xuventude.xunta.es

O Ministerio de Defensa convoca os Premios Defensa 2021. Os Premios Defensa teñen por obxecto achegar á sociedade española os tem...



http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico

CAMPAMENTOS CEMAR&MONDARIZ SPA


 



CAMPAMENTOS DE VERÁN RURALEZA EN TREVINCA


 


MODIFICACIÓN.-AXUDAS PARA PROXECTOS COLABORATIVOS NAS ÁREAS ESTRATÉXICAS DOS HUBS DE INNOVACIÓN DIXITAL

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DE ARTES ESCÉNICAS E DE MÚSICA, 2021

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 15 de abril de 2021 pola que se aproban as bases xerais de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de artes escénicas e de música, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT213A).


AXUDAS Á APICULTURA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2021

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 14 de maio de 2021 pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura e proceder á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento MR506A e MR506B).
2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

Ámbito de aplicación e requisitos
1. Poderán optar ás axudas previstas no artigo 2 da orde:
a) Aquelas persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións apícolas, incluídas aquelas de titularidade compartida recollidas na Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias. Ademais, as beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, integradas por apicultores que cumpran os requisitos para seren beneficiarios dalgunha ou algunhas das axudas recollidas no Programa 2020-2022.
2. Para poder acollerse ás ditas medidas da axuda, as persoas apicultoras, a título individual ou como integrantes dunha cooperativa ou organización representativa, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Estaren inscritos no Rexistro Oficial Apícola da Comunidade Autónoma de Galicia con anterioridade ao 1 de xaneiro do ano 2021, fóra daqueles titulares que adquirisen a dita titularidade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral do titular, sempre que o novo titular adquira a titularidade por sucesión, xubilación ou incapacidade laboral do anterior e sexa parente, como máximo, en cuarto grao del. Así mesmo, exceptúanse do devandito requisito os supostos de forza maior.
b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso dos apicultores que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.
c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un Programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.
d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil.
e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.
f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2020 antes do día 1 de marzo do ano en curso.
g) Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) segundo o recollido no artigo 7, punto 2 do Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas, modificado polo Real decreto 448/2005, do 22 de abril, e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.
As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas ao seu titular.
3. Para o caso das cooperativas apícolas, organizacións representativas e asociacións de apicultores con personalidade xurídica propia, para poderen ser beneficiarias a solicitude de axuda deberá incluír, como mínimo, 1.500 colmeas.
4. Unha mesma persoa apicultora só poderá ser beneficiaria da axuda por unha mesma actuación de forma única para cada unha das súas colmeas, ben a título individual ben como integrante dunha cooperativa apícola, organización representativa ou asociación de apicultores con personalidade xurídica propia. Deberá indicar na solicitude da axuda as liñas que solicita a través dunha cooperativa ou agrupación ou asociación apícola, de ser o caso.
Non obstante, as persoas apicultoras incluídas na solicitude de axuda presentada por unha cooperativa apícola, asociación ou organización representativas con personalidade xurídica propia, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda como integrante doutra cooperativa apícola, asociación ou organización representativas con personalidade xurídica propia.
De ser o caso, soamente se terá en conta esa persoa apicultora na solicitude da cooperativa ou agrupación ou asociación apícola que o inclúa como beneficiario naquela liña de axuda que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 9.1 desta orde de axudas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.-SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA E DE SUBVENCIÓNS COVID-19 PARA O MANTEMENTO DO AUTOEMPREGO DAS PERSOA EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se modifica a Resolución do 12 de marzo de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora e de subvencións COVID-19 para o mantemento do autoemprego na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR937A).

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROGRAMA DE AXUDAS PARA IMPLANTAR A IGUALDADE LABORAL, A CONCILIACIÓN E A RESPONSABILIDADE SOCIAL EMPRESARIAL 2021

CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 26 de abril de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de axudas para implantar a igualdade laboral, a conciliación e a responsabilidade social empresarial (RSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (códigos de procedemento TR357B, TR357C e TR357D).

(E-MARTES) XORNADA SOBRE O REXISTRO ELECTRÓNICO NA XUNTA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2021 pola que se convocan, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, as xornadas de formación práctica dixital (E-martes) sobre o Rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

Contidos.
As Xornadas de formación práctica dixital (E-martes) correspondentes ao mes de xuño estarán dedicadas ao Rexistro electrónico na Xunta de Galicia. Os seus contidos adaptaranse aos dous grupos de persoas destinatarias desta actividade; constarán dunha introdución xurídica, común aos dous grupos e titulada De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica, e unha posterior parte práctica, nas aulas de informática da escola, cos seguintes contidos específicos:
– Grupo de persoal empregado público: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica), Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas), Rexel (Recepción electrónica do Sistema único de rexistro) e SIR. Copia auténtica e notificación por comparecencia.
– Grupo de cidadanía: sede electrónica da Xunta de Galicia. Chave365. Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro: eServizos, servizos nas oficinas e Sistema de interconexión de rexistros (SIR).

Persoas destinatarias.
As persoas destinatarias destas actividades son:
– O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
– A cidadanía: profesionais e persoas interesadas no manexo das aplicacións descritas na súa relación coa Administración.

Desenvolvemento.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Datas: os martes 1 e 15 de xuño de 2021.
Horario: mañá e tarde.
Duración: 6 horas lectivas cada xornada.

Número de prazas.
• Persoal empregado público: 16.
• Cidadanía: 13.
O número de prazas convocadas vén determinado pola capacidade das aulas e é adaptado ás medidas de seguridade e hixiene previstas na normativa vixente para a prevención da COVID-19.

Inscrición.
1. A inscrición nestas actividades formativas só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nestas actividades todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo cos requisitos de selección establecidos no punto 3 desta convocatoria. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega e dos seus entes instrumentais, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área na que están integradas estas actividades (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a xornada na que desexen matricularse:
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: Rexistro electrónico, 1 de xuño.
• Xornada E-martes de formación práctica dixital: Rexistro electrónico, 15 de xuño.
As persoas que resulten seleccionadas para a primeira xornada, no caso de ter solicitadas as dúas xornadas, serán excluídas da listaxe de persoas seleccionables á segunda xornada do mes, salvo renuncia recibida coa antelación prevista no punto 10 desta resolución.

Os prazos para a inscrición nestas actividades serán os seguintes:
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 1 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 28 de maio de 2021.
• Para a xornada E-martes que se desenvolverá o día 15 de xuño: desde as 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 14.00 horas do día 9 de xuño de 2021.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA EMPREGA MULLER 2019

 CONSELLERÍA DE EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 12 de maio de 2021 pola que se modifica a Orde do 3 de abril de 2019, pola que que se establecen as bases reguladoras do programa Emprega Muller para a contratación por conta allea, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e a formación das mulleres desempregadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

PREMIOS FIN DE CARREIRA DE ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES NO CURSO 2019/20


 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019/20 en centros públicos de Galicia (código de procedemento ED311G).

Obxecto
Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, os premios fin de carreira da Comunidade Autónoma para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2019/20 nos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoas beneficiarias
Estudantes que remataron brillantemente os seus estudos conducentes a unha titulación superior de ensinanzas artísticas no curso 2019/20, nos centros dependentes da Xunta de Galicia, cunha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

martes, 25 de mayo de 2021

AXUDAS Á VALORIZACIÓN E Á SEGUNDA TRANSFORMACIÓN DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT

 AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas á valorización e á segunda transformación das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do contract (código de procedemento IN500B).

Obxecto
1. Poderán ser subvencionables os proxectos de investimento realizados polas pequenas e medianas empresas descritas no artigo 2 desta resolución nos seus procesos de produción e que teñan como obxectivo aumentar a súa produtividade ou a implantación de técnicas que permitan obter novos produtos ou produtos valorizados ou procesos que favorezan a minoración do impacto ambiental.
2. Considéranse subvencionables os seguintes investimentos:
a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de produción da empresa, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos da madeira.
b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.
c) Tecnoloxías da información e comunicación (TIC).
d) Outros bens de equipamento que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.
e) Implantación e certificación da cadea de custodia de madeira certificada, de normativas de calidade e plans de mellora de xestión empresarial.
f) Servizos, bens, equipamentos, tecnoloxías e obras de acondicionamento necesarios para a obtención de selos de calidade, marcas de garantía, marcas colectivas ou implantación da marcación CE de produtos e condicionados á obtención destes dentro do prazo de xustificación da axuda.
g) Ensaios de caracterización de produto realizados conforme a normativa oficial por un laboratorio acreditado para a realización do ensaio.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas do sector da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos agroalimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño de 2014. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. Os solicitantes da axuda para acadar a condición de beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe do seu imorte ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida na conta por importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria-modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dados de alta nalgún código CNAE que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
3. Así mesmo, as persoas solicitantes con persoal contratado por conta allea en número igual ou superior a tres traballadores, deberán ter, na data de publicación da convocatoria, polo menos, o 40 % do cadro de persoal da empresa con contratos por conta allea e tempo indefinido. Para as empresas de nova creación, entendendo como tales as creadas dentro dos 18 meses anteriores á data publicación da convocatoria, bastará o compromiso de acadar, como mínimo, o 40 % de estabilidade laboral ao remate do prazo concedido para xustificar o investimento.
O persoal en réxime de autónomos non se computará para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego recollidas nesta resolución.
Para os efectos do cálculo das porcentaxes de estabilidade de emprego, o persoal contratado a tempo parcial computarase porcentualmente ao tempo que conste no contrato de traballo ou na vida laboral da empresa.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍAS RENOVABLES TÉRMICAS PARA O ANO 2021

                AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2021, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421G).

Obxecto e normativa de aplicación
1. O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica (código de procedemento IN421G).

2. O procedemento administrativo para a concesión de subvencións será o de concorrencia competitiva e axustarase ao disposto nas propias bases, sen prexuízo do establecido na seguinte normativa de alcance xeral: Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE núm. 276, do 18 de novembro); Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño); Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro); Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. As axudas recollidas nesta bases reguladoras, a excepción daquelas en que os beneficiarios sexan administracións públicas locais ou entidades xurídicas sen ánimo de lucro que non poidan emprender actividades económicas que repercutan en terceiros, están suxeitas ás condicións que se establecen no capítulo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías) publicado no DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014.

As entidades xurídicas sen ánimo de lucro cando realicen actividades económicas de forma regular estarán suxeitas ás condicións que se establecen no citado capítulo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

A presente convocatoria refírese ás axudas que aparecen definidas no capítulo III, sección 7, artigo 41.6.b) (Axudas ao investimento para a promoción de enerxía procedente de fontes renovables) do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 14 de xuño de 2014.

Beneficiarias
1. Poderán acceder á condición de beneficiarias das presentes subvencións:
a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.

2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarias deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será de un (1) mes, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no DOG.
A publicación dos formularios de solicitude no DOG faise unicamente para efectos informativos.

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS PARA O CURSO 2021/22

   CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de maio de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/22.

lunes, 24 de mayo de 2021

NOVIDADES DE SEMANA: SEMANA DO DEZASETE AO VINTE E TRES DE MAIO.

 


  


Novidades na web de Xuventude...

 

 


Campamentos de verán 2021

xuventude.xunta.es

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a...

Queres montar o teu propio campamento?:

Uso das instalacións de Xuventude por colectivos xuvenís

xuventude.xunta.es

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado abre un prazo para solicitar o uso de instalacións xuvenís pa...

 

Campamentos de verán específicos para persoas con discapacidade 2021

xuventude.xunta.es

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia oferta 185 prazas de campamentos de verán específicos para persoas co...

Campos de voluntariado (18-30 anos):

http://xuventude.xunta.es/images/PROGRAMA_2021_CAMPOS_VOLUNTARIADO_def.pdf

 

 



Correspondentes Xuvenís do IES Barral de Ponteareas

xuventude.xunta.es

O equipo de Correspondentes Xuvenís do IES Barral de Ponteareas envíannos dous fanzines que elaboraron para difundir información...

 



 

Para centros educativos:

Inmersión Lingüística en inglés para 2º da ESO e 6º Primaria

xuventude.xunta.es

O Ministerio de Educación convoca 272 axudas (144 axudas para grupos de alumnos/as de 6º de Educación Primaria e 128 axudas para gr...

 

Na provincia de Lugo:

Musiqueando pola provincia de Lugo

xuventude.xunta.es

A Deputación de Lugo convoca o programa Musiqueando co fin de potenciar as festas de marcado carácter popular que se levan a cabo na pro...

 

 



Necesitas aloxamento para o próximo curso?:

Universidade de Santiago de Compostela: prazas nas súas residencias

xuventude.xunta.es

A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento nas súas Residencias.O número total de prazas oferta a Universidad...

Máis aloxamentos:

http://xuventude.xunta.es/images/FORMACI%C3%93N/Residencias_para_estudantes4.pdf

 

Queres estudar ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño?

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación publica as normas para acceder ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño pa...

Estudos artísticos superiores en Galicia

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Co...



 

 

 




Tarxeta Xente Nova xa en toda Galicia

xuventude.xunta.es

A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas EN TODA GALIC...

Axudas para libros de texto e material escolar

xuventude.xunta.es

A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar desti...



 


http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/33-cursos-de-tempo-libre

 



http://xuventude.xunta.es/component/k2/itemlist/category/45-emprego-publico

 

 

 

Saúdos