jueves, 31 de marzo de 2011

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO



Actuacións subvencionables:
Liña A) de axudas destinadas a proxectos relativos á creación de aldeas rurais para a realización de actividades de turismo rural. Enténdese por aldea de turismo rural «o conxunto de, como mínimo, 3 casas situadas no mesmo núcleo rural, que sexan explotadas de forma integrada e pertenzan ao mesmo titular. O conxunto das vivendas da aldea de turismo rural gardará entre si unha distancia máxima de 500 m».
Liña B) de axudas destinadas a proxectos de mellora, modernización e remodelación de aldeas rurais, ou establecementos existentes de turismo rural.
Liña C) de axudas destinadas a proxectos de creación ou mellora da oferta complementaria nos establecementos existentes de turismo rural en actividades tales como turismo de natureza, turismo mariñeiro, enoturismo, hípica, golf, náuticas e aqueloutras actividades recreativas que supoñan oferta turística complementaria no medio rural, sempre que estean insertas e vinculadas a eles.
Beneficiarios:  As empresas autónomas ou as constituídas baixo calquera tipo de sociedade mercantil, civil ou comunidade de bens e sexan titulares dos establecementos nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/04/2011

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto: A promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios:  Os titulares dos establecementos restaurantes inscritos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia, que se subvencionen terán que serpropietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. O dito título de disposición terá que ser outorgado en escritura pública e inscrito no Rexistro da Propiedade. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/04/2011

miércoles, 30 de marzo de 2011

XEFATURA DO ESTADO

Lei 5/2011, de 29 de marzo de Economía Social

Ministerio de Industria, Turismo e Comercio


Obxecto: convocatoria de axudas que teñan por obxecto:
- Incrementar o uso avanzado de servizos dixitais pola cidadanía.
- Desenvolver as capacidades tecnolóxicas do sector TIC.
- Promover a incorporación das tecnoloxías da información nas empresas, fundamentalmente as pequenas e medianas (PEME).
- Fortalecer o sector de contidos dixitais.
- Desenvolver as TIC verdes.
Convócanse axudas para as seguintes áreas temáticas:
- Área temática de Fomento do Uso e Confianza en Internet.
- Área temática de Impulso da Industria TIC Española en Sectores Estratéxicos.
Beneficiarios: as entidades que para cada subprograma se indiquen.
Prazo de presentación de solicitudes: consultar en función do subprograma.

Enlaces relacionados:
Bases, réxime de axudas e xestión do Plan Avanza2 

IGAPE- PROGRAMA DE PRÉSTAMOS

Obxecto: convocatoria de axudas para financiar proxectos de investimento en Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos. Investimentos e gastos que poden ser obxecto de financiamento:
- A adquisición de activos materiais.
- Os investimentos relacionados con activos inmateriais.
- O aumento con carácter permanente do capital circulante necesario para o crecemento do negocio.
Beneficiarios: as empresas promotoras de investimentos elixibles que teñan a consideración de peme independente.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 29/06/2011

IGAPE/PROGRAMA INNOEMPRESA



Obxecto: convocatoria de axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas:
- Proxectos de innovación organizativa e xestión avanzada.
- Proxectos de innovación tecnolóxica e calidade.
- Proxectos de innovación en colaboración.
Beneficiarios: As pequenas e medianas empresas dos sectores de industria (incluída a agroalimentaria), construción, turismo, comercio e servizos, e os organismos intermedios que desenvolvan proxectos para pemes destes sectores.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 06/05/2011

Enlace Relacionado: Bases reguladoras do Programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa)

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: convocatoria de subvencións para a integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, a través dos seguintes programas:
- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria:
a) Subvención pola contratación indefinida.
b) Subvención pola contratación indefinida de traballadores/ as con discapacidade dun enclave laboral.
c) Subvención pola contratación temporal.
d) Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio.
- Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo:
a) Subvencións aos promotores de proxectos de emprego con apoio.
b) Subvencións para o fomento de novos proxectos de emprego con apoio.
Beneficiarios:- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria: os empregadores e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos/as, sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadores e traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados en Galicia.
- Programa de emprego con apoio: As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que subscriban o correspondente convenio de colaboración coa empresa que vai contratar os traballadores con discapacidade aos cales se lles vai prestar o emprego con apoio.

Prazo xeral de presentación de solicitudes:
- Programa de fomento da contratación das persoas con discapacidade na empresa ordinaria: ata o 30/09/2011
- Programa de emprego con apoio: ata o 31/05/2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: convocatoria de subvencións para impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica en Galicia. Tipos de axuda:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade.
Beneficiarios: as empresas privadas, incluídos os autónomos/as, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Enlaces relacionados:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMÓNS. PÚBLICAS E XUSTIZA

Subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información

Obxecto: convocatoria de subvencións para potenciar o desenvolvemento do sector empresarial da sociedade da información. Son actuacións subvencionables:
a) Desenvolvementos TIC:
a.1) Desenvolvementos centrados en áreas tecnolóxicas: Converxencia e accesibilidade IP; Mobilidade, localización e GIS; Avance na TDT; Eficiencia enerxética; Fogar dixital; Tecnoloxías RFID, transporte e sector marítimo.
a.2) Desenvolvementos centrados no cidadán: Servizos sociais e sanitarios; Educación; Outros ámbitos de servizos electrónicos de interese xeral, non necesariamente vinculados á Administración.
Beneficiarios: as empresas privadas, con personalidade xurídica validamente constituídas no momento de presentación das solicitudes, que realicen actividades con ánimo de lucro, así como os empresarios individuais, que teñan a súa sede social ou algún centro de EN Galicia, que reúnan os requisitos establecidos. 
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 29/04/2011 

lunes, 28 de marzo de 2011

MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE E MEDIO RURAL E MARIÑO

Real Decreto 420/2011, do 25 de marzo, polo que se modifican determinados artigos do Real Decreto 1680/2009, do 13 de novembro, sobre aplicación do réxime de pagamento único na agricultura e a integración de determinadas axudas agrícolas neste a partir do 2010.

Enlaces relacionados:
Real Decreto 1680/2009, do 13 de novembro, sobre aplicación do réxime de pagamento único na agricultura e a integración de determinadas axudas agrícolas neste a partir do 2010

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR


Obxecto: convocatoria de incentivos á contratación indefinida das persoas traballadoras coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos traballadores e das traballadoras con maiores dificultades e dos incentivos á contratación temporal coa finalidade de favorecer a inserción laboral das persoas traballadoras que presentan desvantaxes e dificultades para reincorporarse ao mercado de traballo e para fomentar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, a través dos seguintes programas.
a) Programa de fomento da contratación indefinida inicial.
b) Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos.
c) Programa de incentivos á contratación temporal.
Beneficiarios: os empregadores e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos os autónomos, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011
As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de xullo de 2010, ata o 28/04/2010

CONSELLERÍA TRABALLO E BENESTAR

Programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares ou titulares de explotacións agrarias 

SOLICITUDE

Obxecto: convocatoria do programa de incentivos para promover a afiliación á Seguridade Social das persoas cotitulares e titulares de explotacións agrarias de Galicia, especialmente das mulleres, coa finalidade de promover a creación do emprego e a mellora laboral no agro galego, facilitando mediante incentivos a súa alta na Seguridade Social.
Beneficiarios:a) Persoas incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios.
b) Mulleres incorporadas ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios.
c) Mulleres de 45 ou menos anos de idade na data de alta na Seguridade Social incorporadas a partir do 17 de xullo de 2010 e ata o 30 de setembro de 2011 ao réxime especial de traballadores por conta propia ou autónomos a través do sistema especial para traballadores por conta propia agrarios, titulares de explotacións agrarias.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto: convocatoria do Programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego promovidas por persoas desempregadas, coa finalidade de xerar emprego estable, principalmente entre os mozos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais, con especial atención aos concellos do rural galego. Tipos de axuda:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica.
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Beneficiarios: as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Prazo xeral de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011
Nota: Atender ao prazo establecido en cada unha das correspondentes liñas de axuda.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto: convocatoria de subvencións para fomentar o sector artesanal de Galicia, a través do apoio ás asociacións profesionais e empresariais do sector. Son actuacións subvencionables:
a) Investimentos en equipamento, mellora da loxística e das comunicación.
b) Divulgación e promoción de produtos artesanais.
c) Participación como expositor con caseta propia en feiras de carácter profesional.
d) Incorporación do deseño ás novas liñas de produto, mediante a colaboración con axentes externos profesionais que desenvolvan a dita actividade a título principal.
e) Actuacións específicas realizadas polas asociacións profesionais e empresariais de artesáns e artesás tales como: actividades de información e orientación comercial, organización de conferencias, xornadas técnicas, mesas redondas, orientadas e deseñadas en liña coas características e especificidades do sector artesanal e encamiñadas ao fomento e desenvolvemento deste.
Beneficiarios: as asociacións profesionais e empresariais de artesáns e artesás que acrediten a inscrición dun mínimo de dez artesáns ou artesás no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, e o seu ámbito de actuación se desenvolva integramente na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28/04/2011

viernes, 25 de marzo de 2011

MINISTERIO DE ECONOMÍA E FACENDA/ IRPF


 
 
 

MINISTERIO DE TRABALLO E INMIGRACIÓN

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



Obxecto:Realizar a convocatoria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, ao abeiro do Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
O desenvolvemento do proceso terá lugar nos centros integrados de formación profesional (CIFP) recollidos no anexo II desta orde.
Beneficiarios:
Os traballadores e as traballadoras en activo ou en situación de desemprego sen acreditación oficial da súa competencia profesional e cunha experiencia profesional de polo menos tres anos completos nos últimos 15 anos.
Requisitos:
a) Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadán da Unión Europea, ou ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.
b) Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel II e III, obxecto desta convocatoria.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar.
c.1) No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres (3) anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
c.2) No caso de formación, xustificar polo menos 300 horas nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos en que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.
d) As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego polo cal teñan dereito á acreditación directa das mesmas unidades de competencia que agora se convocan. Para todo isto, presentarán declaración xurada, segundo o modelo que figura como anexo IV desta orde de convocatoria.

As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na alínea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presentaran a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa nomeará unha comisión que se encargará de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á inscrición definitiva.

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR


Programa para a promoción do emprego autónomo
Obxecto: promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras  autónomos/as ou por conta propia, así como apoiar a consolidación dos seus proxectos empresariais fomentando a creación de emprego mediante a contratación indefinida da súa primeira persoa traballadora desempregada.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas físicas que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30/09/2011

CONSELLERÍA DE MEDIO RURAL

Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Bases das axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
Obxecto: regular as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago, coa finalidade de fomentar as actuacións que sexan respectuosas co patrimonio arquitectónico e o seu contorno, de xeito que as vivendas rematadas, rehabilitadas ou reconstruídas melloren as condicións de habitabilidade e, ao mesmo tempo, permitan atender as necesidades das persoas que viven nelas.
Beneficiarios: promotores individuais ou promotores colectivos.
Prazo de presentación de solicitudes: pendente de convocatoria.


 

martes, 22 de marzo de 2011

BANDO

BANDO

D. JOSE LUIS COEDO NOVO, Alcalde-Presidente do Concello de AS NOGAIS (Lugo),

F A G O     S A B E R:

·        Que o Concello de As Nogais vai participar no PROGRAMA  MAR  ACHEGA que ten como obxectivo principal dar a coñecer os procedementos de comercialización dos produtos pesqueiros e marisqueiros que se desenvolven en Galicia, a través da programación de xornadas que constan de:
1.- Visita á unha lonxa e un porto
2.- Visita Cultural á localidade de destino
3.-Xantar-degustación con distintas receitas a base de produtos do mar que inclúe unha charla demostrativa a cargo dun cociñeiro profesional.
4.- Entrega aos participantes do folleto informativo e dun obsequio da xornada.

As visitas son totalmente gratuítas para os participantes (maiores de idade), todos aqueles que estean interesados en acudir deben inscribirse nas oficinas do Concello en horario de  9:00  á 15:00 horas. O prazo para facer as inscripcións remata o 25 de abril e as prazas son limitadas.



Dado en As Nogais, a 22 de marzo de 2011

O ALCALDE


lunes, 7 de marzo de 2011

AXUDAS ECONÓMICAS, PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA DE RECUALIFICACIÓN PROFESIONAL DAS PERSOAS QUE ESGOTEN A PRESTACIÓN POR DESEMPREGO

REQUISITOS:
-Persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral que, desde o 16 de febreiro de 2011 ata o 15 de agosto de 2011, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego, ou ben esgoten os subsidios incluídos as súas prórrogas, e que estean inscritas como persoas demandantes de emprego nos Servizos Públicos de Emprego.
-Non poderán percibir as axudas reguladas neste programa as persoas que percibisen a prestación extraordinaria do programa temporal por desemprego e inserción, nin as que esgotasen ou puidesen ter dereito á renda activa de inserción, nin que esgotasen a renda agraria ou o subsidio por desemprego, ambos a favor das persoas traballadoras eventuais do Réxime Especial Agrario da Seguridade Social.
-As persoas beneficiarias deste programa deberán carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 por cento do salario mínimo interprofesional excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias. A estes efectos, aínda que a persoa solicitante careza de rendas, nos termos anteriormente establecidos, se ten cónxuxe e/ou fillos menores de 26 anos, ou maiores desa idade con, polo menos unha discapacidade do 33% ou menores acollidos, unicamente entenderase cumprido o requisito de carencia de rendas previsto no parágrafo anterior, cando a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar así constituída, incluída a persoa solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75 por cento do salario mínimo interprofesional, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
A solicitude deberá realizarse no prazo máximo de dous meses desde a data en que esgotasen o dereito á prestación.

Más información en BOE do 16 de febreiro de 2011

XEFATURA DO ESTADO

Lei 2/2011, de 4 de marzo, de Economía Sostible

miércoles, 2 de marzo de 2011

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL



Obxecto: convocatoria de subvencións destinadas ás agrupacións de produtores e plantas vivas da floricultura para a mellora da súa produción, comercialización e formación.
Beneficiarios: as agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura.
Prazo de presentación de solicitudes:ata o 2 de abril de 2011

Enlaces relacionados:
Bases reguladoras das axudas destinadas ás agrupacións de produtores de plantas vivas e produtos da floricultura para a mellora da súa produción, comercialización e formación

NORMATIVA:CORTES XERAIS

 Resolución do 24 de febreiro de 2011, polo que se ordena a publicación do Acordo de validación do Real Decreto-lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

Subvencións para as persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivenda, que conten co financiamento cualificado do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012
SOLICITUDE
Obxecto: convocatoria de subvencións destinadas a axudar a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que conten co financiamento cualificado do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
Beneficiarios: aquelas persoas adquirentes, adxudicatarias ou promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral, ou adquirentes de vivendas usadas ou vivendas de prezo limitado acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 25/03/2011

Enlaces relacionados:

Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

 Subvencións para actuacións de rehabilitación ao abeiro do Programa Renove do Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
SOLICITUDE
Obxecto: convocatoria de subvencións destinadas aos promotores de actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas existentes acollidos, mediante cualificación protexida, ao Plan de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012.
Beneficiarios: as comunidades de propietarios, persoas fisicas ou xurídicas, que teñan promovido actuacións de rehabilitación.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 01/04/2011

Enlaces relacionados:

Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012

MINISTERIO DE INDUSTRIA, TURISMO E COMERCIO

 Orde ITC/362/2011, de 21 de febreiro, pola que se regulan as bases, o réxime de axudas e a xestión do Plan Avanza2, no marco da acción estratéxica de telecomunicacións e sociedade da información, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, 2008-2011
Liñas de axuda:- Avanza Formación
- Avanza Competitividade I+D+I
- Avanza TIC Verdes
- Avanza Contidos Dixitais
Beneficiarios: as entidades que para cada subprograma se sinalen.
Prazo de presentación de solicitudes: pendente de convocatoria.