viernes, 29 de diciembre de 2023

FELIZ ANO NOVO


 

MODIFICACIÓNS.- PROGRAMAS DA AXENCIA DO INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 5 de xuño de 2023 pola que se aproba a convocatoria para o ano 2023 do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalación de enerxías renovables térmicas en edificios non residenciais, establecementos e infraestruturas do sector público, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422O).


RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos para a implantación de instalacións de enerxías renovables térmicas en diferentes sectores da economía, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN422N).


RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).


RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes aos programas de incentivos 4 e 5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422J e IN422K).

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DO SECTOR AUDIOVISUAL CELEBRADOS EN GALICIA 2024

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT215B).

Finalidade
Determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para impulsar o apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas legalmente constituídas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS CAUSADOS AOS BOSQUES POR INCENDIOS, DESASTRES NATURAIS E CATÁSTROFES EN MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN E EN SOCIEDADES DE FOMENTO FORESTAL (SOFOR) 2023

 CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que modifica a Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B).

OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2023 DO PERSOAL SANITARIO FUNCIONARIO AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA

 CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 156/2023, do 14 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público, para o ano 2023, do persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas do persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma.

LEI 10/2023 DE MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas

LEI 9/2023 DE ORZAMENTOS XERAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O ANO 2024

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

jueves, 28 de diciembre de 2023

OFERTAS DE EMPREGO 2023 DA UNIVERSIDADE DE VIGO, PERSOAL DOCENTE INVESTIGADOR E PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

 UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal docente e investigador para o ano 2023.


RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público (OEP) do persoal de administración e servizos para o ano 2023.

SUBVENCIÓNS PARA A ESCRITA DE GUIÓNS AUDIOVISUAIS 2024

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a escrita de guións audiovisuais e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT404G).

Finalidade
Promover a escrita de guións orixinais ou adaptacións literarias, en calquera dos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia, para longametraxes cinematográficas de ficción ou animación e series de ficción para televisión, de autoría galega, que permitan seguir impulsando un marco de actuación cultural do sector audiovisual baseado en tres premisas substanciais:
a) O apoio á creación de contidos audiovisuais de calidade e con vocación de difusión internacional.
b) A consolidación de industrias audiovisuais competitivas, con posibilidades de exportar e dar rendibilidade social e económica á cultura galega.
c) A busca da excelencia nos produtos culturais galegos, coa posta en valor da cultura galega a través da creación e divulgación de produtos audiovisuais galegos.

Persoas beneficiarias
a) As persoas físicas que poidan acreditar a súa vinculación previa coa realización dunha obra audiovisual ou formación académica no ámbito da creación ou produción audiovisual, ou ben a súa participación en cursos ou obradoiros relacionados coa creación audiovisual e desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia. Ademais, non poderán figurar como directores/as ou guionistas de series para TV ou asinar a autoría de máis de dúas longametraxes que figuren cualificadas na base de datos do ICAA para a súa estrea comercial.
b) As persoas físicas (autónomas) que se encontren de alta na epígrafe do IAE 864 no momento de presentar a solicitude, desenvolvan a súa actividade habitual maioritariamente en Galicia e que acrediten ter participado como guionista.
Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias desta subvención as agrupacións de dúas persoas físicas sempre que ambas se poidan encadrar na mesma tipoloxía de persoas beneficiarias descritas nos puntos anteriores e non constitúan personalidade xurídica.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZEMENTARIA DE SUBVENCIÓNS Á REALIZACIÓN DE PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 7 de setembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedades no ano 2023 (código de procedemento SI452A) (Diario Oficial de Galicia número 179, do 20 de setembro de 2023).

REASIGNACION DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DE AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN E ÁS SÚAS ENTIDADES PROMOTORAS

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 26 de decembro de 2023 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 26 de decembro de 2023 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 24 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

CONTINUIDADE DURANTE O MES DE XANEIRO DE 2024 Á MINORACIÓN ADICIONAL E TEMPORAL NAS TARIFAS BONIFICADAS DE APLICACIÓN NO TRANSPORTE PÚBLICO INTERURBANO DA COMPETENCIA DA XUNTA DE GALICIA

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 22 de decembro de 2023 pola que se dá continuidade durante o mes de xaneiro de 2024 á minoración adicional e temporal nas tarifas bonificadas de aplicación no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, establecida na Orde do 30 de agosto de 2022.

miércoles, 27 de diciembre de 2023

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE EMPREGO A TRAVÉS DOS PROGRAMAS DE COOPERACIÓN NO ÁMBITO DE COLABORACIÓN COAS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 21 de decembro de 2023 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 31 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR352A).

AXUDAS PARA PARLIAR OS DANOS OCASIONADOS POLO OSO PARDO 2024

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 14 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT815A).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT815A).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:
a) Para os danos que fosen comunicados aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entre o 1 de outubro de 2023 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
b) Para os danos ocasionados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano realizado, de acordo co establecido no artigo 5 desta orde.

Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.

PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓN DE CELEBRACIÓN DE BINGOS SOCIAIS (PR307C)

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se regula o procedemento de comunicación de celebración de bingos sociais (código de procedemento PR307C).

Obxecto
Regular o procedemento de comunicación de celebración de bingos sociais, que terá asignado o código de procedemento PR307C.
Publicar o modelo de comunicación do procedemento, que se recolle no anexo I desta resolución.

Prazo
O procedemento PR307C é un procedemento administrativo de prazo aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Requisitos
As persoas ou entidades comunicantes da celebración dun bingo social deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Organizadores:
– Residencias da terceira idade.
– Centros de día.
– Asociacións culturais ou deportivas legalmente inscritas.

b) Número de sesións: non poderá superarse o número de 4 sesións nun mes.

c) Cantidades xogadas: as cantidades xogadas, é dicir, a recadación pola venda de cartóns de bingo non poderá superar os 300 euros por sesión.

d) Premios: os premios outorgados non poderán superar os 300 euros por sesión. Poderán ser en metálico ou en especie.

e) Desenvolvemento do xogo: o xogo debe desenvolverse a través de medios manuais ou mecánicos sen que, en ningún caso, interveñan aplicacións informáticas ou programas de software.

f) Lugar de celebración:
– Residencia da terceira idade.
– Centro de día.
– Local que figure como domicilio social da correspondente asociación.

g) Menores: durante o desenvolvemento da sesión, en ningún caso poderán estar presentes na sala menores de idade.

Forma e lugar de presentación
As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria
As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:
– Declaración responsable de que no desenvolvemento do xogo non se lles permitirá o acceso ao local aos menores de idade.
– Declaración responsable de que no desenvolvemento do xogo non se utilizará ningún tipo de aplicación informática ou programa de software.
– Declaración responsable do cumprimento dos requisitos exixidos no artigo 2.b).1º, 2º e 5º da Lei 3/2023, reguladora dos xogos de Galicia.
– Certificación acreditativa da inscrición da asociación no Rexistro autonómico de asociacións co carácter de cultural ou deportiva e do local que figura como domicilio da dita asociación.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da comunicación e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

martes, 26 de diciembre de 2023

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA MOVES III

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa MOVES III), no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

INCREMENTO DE CRÉDITO DE SUBVENCIÓNS A PROGRAMAS DE INTERESE XERAL PARA FINS DE CARÁCTER SOCIAL

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 20 de decembro de 2023 pola que se fai público o incremento do crédito previsto na Orde do 30 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado por esta consellería (código de procedemento BS623D).

AXUDAS PARA A CONSERVACIÓN, PROTECCIÓN E MELLORA DAS ÁRBORES E FORMACIÓNS INCLUÍDAS NO CATÁLOGO GALEGO DE ÁRBORES SELLEIRAS 2024

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

ORDE do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT804C).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento MT804C).

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde.
Outros datos
As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables recollidos no artigo 2 que fosen realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2024.

jueves, 21 de diciembre de 2023

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE GASES RENOVABLES 2024

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de gases renovables, para o ano 2024, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento IN421Z).

Obxecto
Apoiar proxectos integrais de gases renovables consistentes na produción de hidróxeno de orixe renovable ou de biogás/biometano, obtido por dixestión anaerobia, para o seu aproveitamento en centros de demanda situados en Galicia, favorecendo e fomentando deste xeito o uso racional das enerxías renovables (código de procedemento IN421Z).

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases:
a) Empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
b) Empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo corresponden a entidades incluídas no ámbito de actuación das presentes bases e, en concreto, das actividades recollidas na letra a) deste artigo e amparadas polo Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior.
2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.
3. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación de solicitudes será de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no DOG, ás 9.00 horas. Se o remate do prazo coincide en día inhábil, se prorrogará ata o seguinte día hábil.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 30 de xuño de 2027.

martes, 19 de diciembre de 2023

SUBVENCIÓNS A SALAS DE ARTES ESCÉNICAS DE TITULARIDADE PRIVADA 2024

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a salas de artes escénicas de titularidade privada e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento CT402D).

Finalidade
Determinar as condicións para impulsar o desenvolvemento da programación de carácter profesional das salas de artes escénicas de titularidade privada e, así, fomentar a súa estabilidade e consolidación e aprobar a convocatoria para o ano 2024.

Persoas beneficiarias
As persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas xestoras de salas de artes escénicas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, sempre que se dean as seguintes circunstancias:
a) A persoa solicitante deberá estar en posesión da correspondente licenza de apertura da sala para poder desenvolver a axuda que solicita.
b) A sala deberá ter unha capacidade igual ou inferior a 150 localidades.
c) A persoa solicitante deberá acreditar que a sala para a cal solicita a axuda realizou un mínimo de 50 representacións no ano 2023.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

LEI 8/2023 DE ARTESANÍA DE GALICIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 8/2023, do 14 de decembro, de artesanía de Galicia.

viernes, 15 de diciembre de 2023

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA E DO PRAZO DE XUSTIFICACIÓN PROGRAMA APROL ECONOMIA SOCIAL

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 7 de decembro de 2023 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria e do prazo de xustificación, para a concesión das axudas establecidas na Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento TR802G e TR802J).


SUBVENCIÓNS A CLUBS DEPORTIVOS, SOCIEDADES ANÓNIMAS DEPORTIVAS, SECCIÓNS DEPORTIVAS E NÚCLEOS DE ADESTRAMENTO DEPORTIVO ESPECIALIZADO DE GALICIA 2024

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 4 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR945C).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar a convocatoria do ano 2024 de subvencións da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades deportivas (código de procedemento PR945C).

Entidades beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas (liña I), así como os núcleos de adestramento deportivo especializados (liña II) xestionados por algunha das entidades anteriores, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
No caso dos núcleos de adestramento deportivo especializados, deberán estar recoñecidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Actuacións subvencionables e compatibilidade
5.1. Na liña de actuación I, serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial en 2023.
5.2. Na liña de actuación II, serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial e os gastos correntes do núcleo de adestramento deportivo especializado no período comprendido entre o 1 de decembro de 2023 e o 30 de novembro de 2024.
5.3. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, incluídas as axudas ás sociedades anónimas suxeitas ao réxime de minimis, sen prexuízo da obriga de comunicar ao órgano concedente a súa obtención. O importe total das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos, supere o gasto realizado pola entidade beneficiaria. Esta circunstancia deberá ser acreditada pola entidade beneficiaria conforme o establecido no artigo 15 destas bases.
5.4. As axudas desta orde reguladas nas liñas I e II son compatibles entre si, polo que unha mesma entidade poderá optar á subvención pola participación en competicións de carácter oficial e, de ser o caso, como núcleo de adestramento deportivo especializado.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 14 de diciembre de 2023

CORRECCIÓN DE ERROS.- OEP 2023 DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO PARA 2023

 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de novembro de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2023.

PLAN RENOVA O TEU VEHÍCULO

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2024 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

Obxecto
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2024 de vehículos do Plan Renova o teu vehículo por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.
2. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a continuación:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias destas axudas:
a) Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.
b) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non poderán ter a condición de persoa beneficiaria as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo a aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola e no artigo 1 do Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xullo de 2014, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.
3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente resolución e rematará o 15 de setembro de 2024 e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 17 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).
A adquisición do vehículo obxecto da subvención poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2024.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

miércoles, 13 de diciembre de 2023

AXUDAS DE INDEMNIZACIÓN ECONÓMICA DIRIXIDAS ÁS FILLAS E FILLOS MENORES DE 30 ANOS DAS VÍTIMAS MORTAIS POR VIOLENCIA DE XÉNERO, ASÍ COMO A MULLERES QUE RESULTASEN GRAVEMENTE FERIDAS COMO CONSECUENCIA DUNHA AGRESIÓN POR VIOLENCIA DE XÉNERO 2024

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento SI460A).

Obxecto
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e a súa finalidade é proporcionarlles apoio económico ás persoas beneficiarias citadas no punto anterior, cunha indemnización de axuda directa, co obxecto de garantir que o feito causante (morte da nai ou lesións graves, por mor dunha agresión por violencia de xénero) supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos, e para as propias vítimas gravemente feridas.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como aquelas mulleres que resultasen gravemente feridas, con lesións que requiran hospitalización, como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, que no momento dos feitos residan na Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os seguintes requisitos, segundo o caso:
a) Cada un dos fillos e fillas da vítima mortal da violencia de xénero, calquera que sexa a natureza da súa filiación, sempre que na data do falecemento da súa nai cumprisen algún dos seguintes requisitos:
– Ser menores de idade e convivir coa nai, independentemente da renda familiar.
– Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e/ou do pai agresor. Entenderase que existe dependencia económica cando, na data do falecemento, as persoas beneficiarias convivisen coa nai e non percibisen rendas, de calquera natureza, que en cómputo anual superasen 12 mensualidades do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente.
b) As mulleres feridas gravemente, con lesións que requiran hospitalización como consecuencia dunha agresión de violencia de xénero, sempre que na data en que producisen os feitos se cumprisen os seguintes requisitos:
– Ser muller, maior de idade ou emancipada.
– Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
No caso das mulleres estranxeiras, tamén será necesario ter permiso de residencia e de traballo.
– Atoparse nunha situación de precariedade económica. Entenderase que se produce unha situación de precariedade económica cando os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria, divididos polo número de membros que a compoñen, non superen o importe do IPREM vixente.
– Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero.
2. Estas axudas de indemnización recollidas recoñeceranse cando o feito causante se producise con posterioridade ao 1 de xullo de 2022.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2024.

martes, 12 de diciembre de 2023

(E-MARTES) SOBRE O REXISTRO ELECTRÓNICO NA XUNTA DE GALICIA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes) que se desenvolverá o día 19 de decembro de 2023 abordará os seguintes contidos:
Parte teórica e común para os dous grupos de persoas destinatarias:
– De rexistro a rexistro electrónico: pezas clave para a Administración electrónica.
Parte práctica para o grupo do persoal empregado público:
– Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
• Intranet (espazo dixital de referencia para o persoal da Administración autonómica).
• Aires (aplicación informática de rexistro de entradas e saídas).
• Rexel (recepción electrónica do Sistema único de rexistro).
• SIR (Sistema de interconexión de rexistros).
• Notificación por comparecencia espontánea.
• Expedición de copias electrónicas auténticas.

Parte práctica para o grupo de cidadanía:

– Chave365.
– Sede electrónica da Xunta de Galicia.
– Rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro:
• eServizos.
• Servizos nas oficinas.
Notificación por comparecencia espontánea.
Expedición de copias electrónicas auténticas.
• Sistema de interconexión de rexistros (SIR).
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Data: o martes 19 de decembro de 2023.
Horario: de mañá e tarde.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Duración: 7 horas lectivas.

Quinta. Número de prazas
Cincuenta (50).

. Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 14 de decembro de 2023.
Poderá obterse calquera outra información, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO DO PROGRAMA BONO CONCILIA FAMILIA

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 30 de novembro de 2023 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 22 de xuño de 2023, pola que se establecen as bases para a concesión das axudas económicas ás familias para a conciliación en situacións puntuais e en períodos de vacacións escolares a través do programa Bono Concilia Familia e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS412A).

lunes, 11 de diciembre de 2023

AXUDAS A TRAVÉS DO BONO DEPORTE

 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 5 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de promoción da actividade deportiva en idade escolar a través do Bono deporte, se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2024 e se abre o prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos (código de procedemento DE402D).

Actividade subvencionable
Por medio desta orde subvenciónase a compra de material e equipamento deportivo para o menor, así como a contratación de servizos relacionados coa práctica da actividade deportiva, entendéndose expresamente incluída entre estes servizos a cota de clubs deportivos, a través do Bono deporte e nos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos de Galicia adheridos ao programa, segundo o establecido no artigo 10 das bases reguladoras e nas condicións e datas fixadas nelas.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do Bono deporte o pai ou nai, titor/a ou persoa que teña en acollemento familiar ou garda con fins adoptivos un menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos no momento da solicitude, federado ou inscrito no programa Xogade, e que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 das bases reguladoras.
Cada menor xerará dereito a un único Bono deporte. Sen prexuízo de que o menor sexa titular de varias licenzas deportivas, dunha licenza e dun identificador Xogade, ou que simultanee distintas actividades deportivas, cada persoa beneficiaria disporá dun único Bono deporte por menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos, nos termos que se establecen nesta orde.
O identificador Xogade ou o número de licenza deportiva federada do menor con idade comprendida entre os 6 e os 16 anos deberá estar emitida durante 2023, e o menor deberá continuar no programa Xogade ou ter licenza deportiva federada no momento da descarga do bono.
2. As axudas entenderanse preconcedidas coa descarga dos bonos polas persoas beneficiarias.

Data de descarga dos bonos
Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonodeporte.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 8 de xaneiro de 2024 ao 29 de febreiro dese ano. Non obstante, se antes do 29 de febreiro de 2024 se esgota o crédito máximo fixado nesta orde, nese momento finalizaría o prazo de descarga, e procederase de acordo co artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

LEI 7/2023, DO 30 DE NOVEMBRO, PARA A IGUALDADE EFECTIVA DE MULLERES E HOMES DE GALICIA

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

LEI 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

jueves, 7 de diciembre de 2023

OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES DE DIXITALIZACIÓN, SUSTENTABILIDADE E LOXÍSTICA AVANZADA 2024

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, sustentabilidade e loxística avanzada para o ano 2024, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300H).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto incentivar a creación de espazos de colaboración entre empresas (mínimo 6) para explorar solucións tecnolóxicas e vías de colaboración na implementación de ferramentas dixitais, desenvolvemento e implantación de procesos ou produtos máis sustentables ou melloras a prol dunha función loxística mais avanzada e sustentable, así como oportunidades de hibridación intersectorial.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tal para efectos destas axudas:
a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, clústeres empresariais ou hubs de innovación dixital ao abeiro da Estratexia galega de HID.
b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación (Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros, BOE núm. 20, do 23 de xaneiro de 2009).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será desde as 8.00 horas do 2 de xaneiro de 2024 e ata as 14.00 horas do 2 de febreiro de 2024.

(E-MARTES) SOBRE SISTEMAS PARA A CONTRATACIÓN PÚBLICA

 ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2023 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes), que se desenvolverá o día 12 de decembro de 2023, abordará os seguintes contidos:
• A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
• Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
• O xestor de expedientes de contratación (Plation).
• Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).
• Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento

Data: o martes 12 de decembro de 2023.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Corenta e cinco (45).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen (Administración autonómica, para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou cidadanía, no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 10 de decembro de 2023.
Poderá obterse calquera outra información, das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO ORZAMENTARIO EXISTENTE DE SUBVENCIÓNS PARA A POSTA EN PRÁCTICA DE PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 30 de novembro de 2023 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 14 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a posta en práctica de programas integrados de emprego de Galicia, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento TR332A).

martes, 5 de diciembre de 2023

REDISTRIBUCIÓN E MINORACIÓN DE CRÉDITOS ORZAMENTARIOS DE SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA NAS EMPRESAS GALEGAS 2023

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se redistribúen e minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 21 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas, para o ano 2023, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027 (código de procedemento IN417Y).

MODIFICACIÓN.- AXUDAS BONOS TALENTO EMPRESA

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

ORDE do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 3 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que desenvolvan as entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2023-2024 (código de procedemento TR3O2D).

lunes, 4 de diciembre de 2023

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS PARA DESENVOLVEMENTO DE PROXECTOS AUDIOVISUAIS GALEGOS 2023

 AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 20 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT207B).

CORRECCIÓN DE ERROS.- FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL 2024

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024 correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

OEP 2023 PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

 UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023 pola que se publica a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2023.

AXUDAS A STARTUPS 2024

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a startups, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408G).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxecto é fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data da solicitude de axuda.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia. Consideraranse startups, de acordo coa definición contida no artigo 3 da Lei 28/2022, do 21 de decembro, de fomento do ecosistema das empresas emerxentes, toda persoa xurídica, incluídas as empresas de base tecnolóxica creadas ao abeiro da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, de recente creación: que non transcorresen máis de cinco anos desde a data de inscrición no Rexistro Mercantil, ou rexistro de cooperativas competente, da escritura pública de constitución, con carácter xeral, ou de sete no caso de empresas de biotecnoloxía, enerxía e industriais, e que reúna as condicións especificadas nese artigo respecto da innovación e escalabilidade.
Para acceder a estas axudas, as startups deberán cumprir, ademais, polo menos, unha das seguintes condicións no momento de solicitar a axuda:
– Dispor da certificación de ENISA prevista na Lei 28/2022.
– Acreditar a cualificación de Iniciativa de emprego de base tecnolóxica da Xunta de Galicia (EIBT).
– Ter participado nalgún proceso de aceleración en iniciativas con participación pública da Xunta de Galicia no seu desenvolvemento (Viagalicia, BFAuto, BFAero, BFFood, Turislab, Galicia Avanza).
– Acreditar mediante certificado para o efecto emitido polo centro de orixe o carácter de Spin-off das universidades, dos centros de formación profesional ou de centros tecnolóxicos.
– Estar inscritas no Rexistro de Pemes Innovadoras do Ministerio de Ciencia e Innovación.
– Dispor da certificación EA 0047:2015 ou EA 0043:2015 de peme innovadora ou xove empresa innovadora, respectivamente.
– Dispor da marca EIBT de empresa innovadora de base tecnolóxica outorgada pola Asociación Nacional de Centros Europeos de Empresas e Innovación (ANCES).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 8.00 horas do 2 de xaneiro de 2024 e rematará ás 14.00 horas do 30 de setembro de 2024, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.

CORRECCIÓN DE ERROS.- FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL PARA O ANO 2024

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de outubro de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2024, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

MODIFICACIÓN.- AXUDAS PARA A POSTA EN MARCHA DE CASAS DO MAIOR PARA 2023 E 2024

 CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E XUVENTUDE

ORDE do 24 de novembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 11 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, para os anos 2023 e 2024, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS212A).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DAS AXUDAS XEMPRE AUTÓNOMO 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento do crédito da aplicación 11.30.322C.472.0 prevista na Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Xempre autónomo para a promoción do emprego autónomo, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 16, do 24 de xaneiro).

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA EN GALICIA E SE CONVOCAN PARA 2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 15 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2024 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF318A).

Obxecto
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras polas que se rexerá o outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia (código de procedemento IF318A), ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan acreditada e recoñecida a súa representatividade no marco do sector profesional por resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade ao vencemento do prazo para presentar as solicitudes previstas nesta orde para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte.
As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolvan a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.
No caso de asociacións integradas en federacións ou confederacións integradas no Comité Galego de Transporte por Estrada, poderán ser beneficiarias das axudas nos termos indicados nesta orde sempre que a súa propia representatividade conste definida na documentación achegada por federación ou confederación para acreditar a súa propia representatividade.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Para poder ser beneficiario/a das subvencións deberá presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo II a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF318A.
A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do réxime contido nesta orde.
A solicitude irá acompañada, ademais, da documentación a que se fai referencia no artigo 6 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp; non obstante, a descrición detallada dos cursos incluídos no plan, a que se refire a letra d) do punto 1 do artigo 6 deberá presentarse necesariamente en formato xls, xlsx ou compatible, e de acordo co modelo facilitado para tal fin pola Dirección Xeral de Mobilidade).

miércoles, 29 de noviembre de 2023

PROGRAMA BONO ENERXIA PEME 2024

 AXENCIA INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, mediante tramitación anticipada de gasto, do procedemento de concesión de subvencións para proxectos de mellora enerxética, dirixido a autónomos e pemes do sector servizos (programa Bono enerxía peme), anualidade 2024 (código de procedemento IN417Z).

Obxecto
Regular a concesión de subvencións para a realización de proxectos de mellora enerxética, destinadas a pemes e autónomos do sector servizos dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Z).

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou centro de traballo en Galicia e cuxa actividade estea incluída entre as seguintes seccións da CNAE 2009:

Sector servizos-sección CNAE 2009     División
Sección G: comercio por xunto e polo miúdo; reparación de vehículos de motor e motocicletas 45 a 47
Sección H: transporte e almacenamento 49 a 53
Sección I: hostalaría 55 a 56
Sección J: información e comunicacións 58 a 63
Sección K: actividades financeiras e de seguros 64 a 66
Sección L: actividades inmobiliarias 68
Sección M: actividades profesionais, científicas e técnicas 69 a 75
Sección N: actividades administrativas e servizos auxiliares 77 a 82
Sección P: educación 85
Sección Q: actividades sanitarias e de servizos sociais 86 a 88
Sección R: actividades artísticas, recreativas e de entretemento 90 a 93
Sección S: outros servizos 94 a 96

2. Os requisitos para obter a condición de persoas beneficiarias deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes
Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. As solicitudes (anexo I) subscribiranas directamente os interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
2. O prazo de presentación das solicitudes comeza o 10 de xaneiro de 2024 ás 9.00 horas e rematará o 26 de xuño dese mesmo ano.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas persoas interesadas.

Prazo para a execución da instalación
A data límite para executar o proxecto e presentar a documentación xustificativa dos investimentos será o 2 de outubro de 2024.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE EUROTAXI, VEHICULOS TAXI DE EMISIÓNS CERO E VEHICULOS TAXI ECO PARA 2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

ORDE do 17 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2024 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF303A).

Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo eco.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2024 (código de procedemento IF303A). Os prazos serán diferentes para as distintas liñas:
a) Para as liñas de taxi de cero emisións e eco poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 28 de febreiro de 2023 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2024). Porén, esta data límite do 31 de outubro para xustificar só será de aplicación a aqueles interesados que reciban a notificación de concesión con posterioridade ao 31 de xuño de 2024, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.
b) Para a liña Eurotaxi, poderán ser obxecto de subvención os seguintes vehículos:
Os vehículos que xa fosen adquiridos, en calquera momento, e estean adscritos ou non a unha autorización no momento de presentación da solicitude, sempre que manteñan o compromiso de manter a titularidade do vehículo e o seu destino efectivo á actividade de taxi durante, ao menos, cinco (5) anos, desde a data da presentación da solicitude da axuda ou no suposto de non estar adscritos a unha autorización nese momento, desde a data da súa adscrición.
Os vehículos novos que se adquiran con posterioridade á presentación da solicitude e a data límite establecida na orde para xustificar a axuda.
A data límite será o 31 de outubro de 2024, pero só para aqueles interesados que reciban a notificación da resolución de concesión con posterioridade ao 31 de xuño de 2024, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.
Os solicitantes non poderán ter sido persoas beneficiarias dunha axuda análoga da Xunta de Galicia nos termos indicados no artigo 4.2 c).
3. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de Mobilidade competentes.
Para xeraren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberán axustarse ás seguintes regras:
a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante, agás no suposto de que a mesma persoa interesada acadase a condición de persoa beneficiaria con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Xunta de Galicia desde o ano 2018, este incluído, para a mesma autorización VT-N, segundo os seguintes criterios:
– Os que obtivesen a condición de persoa beneficiaria na liña para taxi cero emisións non poderán obtela para a liña para taxi eco, e viceversa. Non obstante, en ambos os casos, sen prexuízo das obrigas de reintegro que puidesen proceder pola subvención outorgada con anterioridade, poderán ser persoas beneficiarias da liña para taxi adaptado (Eurotaxi).
– Os que obtivesen a condición de persoa beneficiaria na liña para taxi adaptado (Eurotaxi) non poderán obter esa condición para ningunha das tres liñas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2024.

Outros datos
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co código de procedemento IF303A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Este modelo irá acompañado ademais da documentación relacionada no artigo 6 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico.

martes, 28 de noviembre de 2023

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DAS AXUDAS E DOS PRÉSTAMOS PARCIALMENTE REEMBOLSABLES PARA O FINANCIAMENTO DOS PROXECTOS DE INVESTIMENTO EMPRESARIAL

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas e dos préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento dos proxectos de investimento empresarial (código de procedemento IG408A).

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO AXUDAS PARA MISIÓNS COMERCIAIS DAS GRANDES EMPRESAS

 INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas para misións comerciais das grandes empresas, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG423A).

PROBAS DE CONSTATACIÓN DA CUALIFICACIÓN INICIAL PARA O EXERCICIO DA ACTIVIDADE DE CONDUTOR/A PROFESIONAL DE DETEMINADOS VEHICULOS DESTINADOS AO TRANSPORTE DE MERCADORÍAS OU DE VIAXEIROS/AS POR ESTRADA EN GALICIA 2024

 CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 8 de novembro de 2023 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro de 2023) e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2024.

Desenvolvemento das probas

1. A data e hora de realización dos exercicios serán acordados polo tribunal, dentro do calendario publicado na Resolución do 8 de novembro de 2023 e publicaranse na web da Dirección Xeral de Mobilidade cunha antelación mínima de dez días hábiles á celebración do primeiro exercicio, de conformidade co disposto na sección 2ª do anexo V do Real decreto 284/2021, do 20 de abril. O lugar de realización será na cidade de Santiago de Compostela. Sen prexuízo do anterior, a distribución definitiva horaria e espacial das persoas aspirantes poderá ser modificada por decisión do presidente e do secretario do tribunal ata o momento da realización do exame por razóns organizativas.
2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en único chamamento e perderá o dereito a realizar a proba quen non compareza.
3. As persoas aspirantes deberán presentarse á realización das probas provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal; a súa omisión dará lugar á súa non admisión á realización das probas. Poderán presentarse ás probas convocadas pola Comunidade Autónoma galega con independencia do seu lugar de residencia habitual e do lugar en que realizasen o curso preceptivo, ao abeiro do artigo 18 do Real decreto 284/2021, do 20 de abril.
4. O tempo para a realización do exame será de 2 horas.
5. As respostas correctas valoraranse con 1 punto e as erroneamente contestadas penalizaranse con 0,5 puntos negativos. As preguntas non contestadas ou que conteñan máis dunha resposta non puntuarán positiva nin negativamente.
6. Para aprobar será necesario obter unha puntuación non inferior á metade do total de puntos posibles.
7. Unha vez rematado o exame, publicarase a relación de respostas estimadas correctas, coa maior brevidade posible, na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade.
Durante o día seguinte á publicación da relación de respostas correctas, as persoas aspirantes poderán facer chegar as impugnacións que consideren oportunas sobre as preguntas formuladas e remitilas á/ao secretaria/o do Tribunal a través do seguinte enderezo electrónico: formacion.transportes@xunta.gal. Pasado o prazo indicado, non se admitirán novas impugnacións de respostas e respostas, nin se tomarán en consideración as ditas alegacións respecto da revisión de exames.
Á vista das impugnacións presentadas, o tribunal elaborará a relación definitiva de respostas correctas e procederá acto seguido a corrixir os exercicios de acordo con ela.
A relación definitiva de respostas correctas, así como a provisional de aptos/as e non aptos/as, serán publicadas na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade. A partir de entón abrirase un prazo de dous días hábiles para que as persoas interesadas fagan chegar á/ao secretaria/o do tribunal as peticións de revisión; para a súa toma en consideración. As solicitudes de revisión deberán presentarse directamente ante a/o secretaria/o do tribunal, dentro do referido prazo de dous días, mediante a remisión ao enderezo electrónico formacion.transportes@xunta.gal
Revisados os exercicios, o tribunal procederá a adoptar o acordo definitivo sobre as persoas aspirantes aprobadas.

jueves, 23 de noviembre de 2023

MODIFICACIÓN DOS PRAZOS DE XUSTIFICACIÓN DESEÑAPEME E INNOVAPEME 2023


CORRECCIÓN ERROS.- ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DO PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN POR CONTA ALLEA E Á FORMACIÓN 2023

 CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 8 de novembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito do Programa de incentivos á contratación por conta allea e á formación (código de procedemento TR342C) da Orde do 10 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 21, do 31 de xaneiro).

martes, 21 de noviembre de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 



Animador/a infantil papa noel y elfo

Lugo, Lugo |

FASTER EMPLEO selecciona a Animadores/as Infantiles para interpretar a PAPA NOEL y su ELFO en el CENTRO COMERCIAL AS TERMAS DE LUGO.

Se valolara experiencia como actor o animaciones dirigidas a público infantil. Deseable apariencia similar al del personaje a interpretar.

Disponibilidad para trabajar del 16 al 24 de Diciembre en horario de 17:00 a 20:00. El dia 22 disponibilidad para ir a visitar la planta infantil de dos Hospitales de Lugo de 9:00 a 12:30.

Requisitos mínimos:
- Que le gusten los niños. Don de gentes, buena disposición y amabilidad.

- Tener presente la importancia del personaje para los niños.

- Tener disponibilidad del 16 al 24 de Diciembre.

https://insertia.net/ver-oferta/c1c0538e-7777-415c-9d2b-3add854add4f

Animador/a infantil reyes magos

Lugo, Lugo |

FASTER EMPLEO selecciona a Animadores/as Infantiles para interpretar a los 3 REYES MAGOS en el CENTRO COMERCIAL AS TERMAS DE LUGO.

Se valolara experiencia como actor o animaciones dirigidas a público infantil. Deseable apariencia similar al del personaje a interpretar.

Disponibilidad para trabajar el 3 y 4 de Enero de 17:00 a 20:00.

Requisitos mínimos:
- Que le gusten los niños. Don de gentes, buena disposición y amabilidad.

- Tener presente la importancia del personaje para los niños.

- Tener disponibilidad el 3 y 4 de Diciembre.

https://insertia.net/ver-oferta/20430e4e-384b-4a7b-8e68-27aa463839ef