viernes, 21 de junio de 2013

AXUDAS Á MODERNIZACÍÓN EXPLOTACIÓNS AGRARIAS, INCORPORACIÓN DE MOZOS E FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE INSTALACIÓNS E EQUIPAMENTO EN COMÚN

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

 Obxecto e beneficiarios1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2013 das seguintes liñas de axuda:
a) Plans de mellora nas explotacións agrarias.
b) Primeira instalación de agricultores/as mozos ou mozas.
c) Fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común para a mellora dos
procesos produtivos en réxime asociativo.
2. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións ou que pretendan selo para as axudas establecidas nos anteriores parágrafos 1.a) e 1.b), e as cooperativas agrarias,as súas unións, e as cooperativas de explotación comunitaria da terra, para as axudas establecidas no parágrafo 1.c), que, en todos os casos, teñan por obxecto prioritario levar a cabo actuacións na produción primaria e que cumpran os requisitos recollidos nesta orde.
Prazo de solicitude: ata o 22 de xullo de 2013.

SUBVENCIÓNS O COMERCIO DE PROXIMIDADE PARA A INCORPORACIÓN ÁS TIC E FOMENTO DO COMERCIO ELECTRÓNICO.

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto: Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico.
 En concreto, considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17 a adquisición de:
1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial.
2. Paquetes de software de xestión
3. Páxinas web comerciais
4. Periféricos e outros compoñentes
5. TPV integrados.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas.
Prazo de solicitude: ata o 22 de xullo de 2013.

PROGRAMA EMEGA 2013

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Obxecto:Esta resolución ten por obxecto convocar para o ano 2013, en réxime de concorrenciacompetitiva, as axudas do programa Emega para fomento do emprendemento feminino, a ravés das seguintes liñas:
a) Liña Emprende: programa de axudas económicas a través de primas para estimular a posta en marcha de iniciativas empresariais e a creación de emprego indefinido para mulleres por conta propia e allea.
b) Liña Innova: programa de axudas económicas mediante primas para promover a realización de melloras innovadoras nas empresas lideradas por mulleres que comparten a creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
c) Liña Activa: programa de axudas económicas a través de primas para favorecer a reactivación e consolidación de empresas lideradas por mulleres por medio da aplicación de medidas de renovación, relanzamento, ampliación ou cambio de localización da actividade coas cales acadar o equilibrio empresarial buscando o seu mantemento e promoción no contexto económico actual.
d) Liña Concilia: programa de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar dirixido ás empresas que acceden a calquera dos programas das liñas Emprende, Innova ou Activa nas cales existan promotoras con fillas/os menores de tres anos, para favorecer o exercicio profesional das emprendedoras que compatibilizan a súa actividade co exercicio da maternidade en idades temperás e/ou nas cales, a través de acordos, convenios ou contratos de teletraballo, se implementen novos sistemas de organización, que comparten flexibilidade no uso dos tempos para a execución do traballo e o desenvolvemento sustentable dos recursos, para facilitar a conciliación da vida persoal e laboral e o exercicio das responsabilidades familiares compartidas do equipo humano que integra a empresa.
Beneficiarias:Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas formadas por mulleres emprendedoras,
con domicilio social e establecemento de produción en Galicia, validamente constituídas na data de finalización do prazo de solicitudes e que cumpran os requisitos e as obrigas establecidas nas bases reguladoras aprobadas pola Resolución do 14 de maio de 2012 para cada liña de axuda. A actividade mercantil será realizada por empresarias autónomas ou sociedades, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, con categoría de microempresas ou pequenas empresas. Con carácter específico quedan excluídas o ámbito desta resolución as empresas públicas ou participadas e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
Os requisitos para seren beneficiarias deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período de permanencia da actividade.
Prazo de solicitude: ata o 22 de xullo de 2013.

PROGRAMA DE INCENTIVOS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN LABORAL (EIL)


Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2013, coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de que poidan cumprir a súa función social.
Prazo de solicitude: O prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 30 de setembro de 2013.

20 BOLSAS DE FORMACIÓN EN PROMOCIÓN EXTERIOR


Obxecto: O obxecto destas axudas é a concesión de 20 bolsas de formación en promoción exterior coa finalidade de formar a especialistas no ámbito da captación internacional de investimentos, a expansión exterior da empresa galega, a detección de potenciais investidores estranxeiros cara a Galicia, a busca de oportunidades de negocio e a investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.
Prazo de solicitude: ata o 19 de xullo.

AXUDAS AOS PRODUTORES QUE PARTICIPEN NOS PROGRAMAS DE PRODUCIÓN E MELLORA DOS PRODUTOS AGROALIMENTARIOS GALEGOS CON CALIDADE DIFERENCIADA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos produtores que participen nos programas de produción e mellora dos produtos agroalimentarios galegos con calidade diferenciada, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2013, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo.
Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios destas axudas os produtores que participen nalgún dos programas de calidade diferenciada dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2, recollidos no PDR de Galicia 2007-2013.
 Programa de calidade diferenciada dos alimentos: aquel que se atope nalgún dos seguintes casos:b.1) Produción agrícola ecolóxica, regulada polo Regulamento (CE) nº 834/2007 do Consello, do 28 de xuño de 2007 sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos.
b.2) Indicacións xeográficas protexidas (IXP), denominacións de orixe protexidas (DOP) e especialidades tradicionais garantidas de produtos agroalimentarios, reguladas polo Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 21 de novembro de 2012, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios.
b.3) Viños de calidade con denominación xeográfica de orixe protexida e indicación xeográfica protexida regulados polo Regulamento (CE) nº 1234/2007 do Consello, do 22 e outubro de 2007, polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM), na súa redacción dada polo Regulamento (CE) nº 491/2009 do Consello, do 25 de maio de 2009.
b.4) As bebidas espirituosas con denominación xeográfica de acordo coa Lei 2/2005 do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega.
Prazo de solicitude: ata o 19 de xullo.

jueves, 20 de junio de 2013

PROGRAMAS DE FOMENTO DO EMPREGO EN EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL E PROMOCIÓN DO COOPERATIVISMO

 CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 11 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de fomento do emprego en empresas de economía social e de promoción do cooperativismo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.


Obxecto:  orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria das axudas e subvencións establecidas pola Consellería de Traballo e Benestar, coa finalidade de promover a incorporación de persoas desempregadas ás entidades de economía social e apoiar o desenvolvemento de proxectos de creación deste tipo de empresas a través dos seguintes programas:
Programa I. Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais.
Programa II. Fomento do acceso á condición de socio/a traballador/a.
Programa III. Impulso de proxectos empresariais cooperativos e asistencia técnica.
Prazo de solicitude: O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda non será inferior a un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e respectaranse, de ser o caso, os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda, no anexo I das bases.

SUBVENCIONS PARA GASTOS DE FUNCIONAMENTO DE ENTIDADES ASOCIATIVAS GALEGAS

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2013 das subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización e funcionamento das entidades asociativas de Galicia de persoas traballadoras autónomas, das entidades sociativas de Galicia de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de Galicia de empresas de inserción laboral, coa finalidade de apoiar de forma eficaz a consecución e o cumprimento dos fins que lle son propios, a través dos seguintes programas de axudas:
– Programa de axudas ás entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas (anexo A).
– Programa de axudas ás entidades asociativas de centros especiais de emprego (anexo B).
– Programa de axudas ás entidades asociativas de empresas de inserción laboral(anexo C).
Prazo de solicitude: ata o 19 de xullo de 2013.

martes, 18 de junio de 2013

BOLSAS DE FORMACIÓN NO CENTRO RAMÓN PIÑEIRO PARA A INVESTIGACIÓN EN HUMANIDADES

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Obxecto: Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e procédese á convocatoria de nove bolsas de formación nos proxectos concretos de investigación que se están a desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, e que se inclúen como anexos a esta orde, cales se detallan os requisitos específicos que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional ou investigadora.
As bolsas reguladas nesta orde concederanse en réxime de concorrencia competitiva e baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia.
Dotación das bolsas e orzamentoA contía das bolsas será de 990 euros brutos mensuais, nos cales van incluídos os custos da cota da Seguridade Social (cota patronal e cota obreira), en aplicación do previsto no Real decreto 1493/2011, do 24 de outubro, polo que se regulan os termos e as condicións de inclusión no réxime xeral da Seguridade Social das persoas que participen en programas de formación, en desenvolvemento do previsto na disposición adicional terceira da Lei 27/2011, do 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema da Seguridade Social.
De acordo co establecido no artigo 7.j da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas e da modificación parcial das leis dos impostos sobre sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o patrimonio, estas bolsas están exentas do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Prazo de solicitude: ata o 18 de xullo.

lunes, 17 de junio de 2013

AXUDAS Á REORIENTACIÓN E COMPETITIVIDADE DAS PEMES GALEGAS


Proxectos obxecto de apoio1.1. Co obxectivo de incentivar proxectos e actuacións empresariais de distinta tipoloxía, o Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de iniciativa:
1.1.1. Segundo a regulación específica establecida no artigo 6 poderán ser subvencionables proxectos de equipamentos tecnolóxicos para a innovación das pemes cun investimento subvencionable entre 300.001 e 500.000 € (procedemento IG103).
1.1.2. Segundo a regulación específica establecida no artigo 7 poderán ser subvencionables proxectos de equipamento das pemes no sector dos servizos cun investimento subvencionable entre 30.000 e 200.000 € (procedemento IG174).
1.2. Requisitos dos proxectos subvencionables:a) Os proxectos subvencionables terán que acreditar a súa viabilidade técnica, económica, financeira e, se é o caso, ambiental.
b) O beneficiario deberá achegar unha contribución financeira, exenta de calquera tipo de apoio público, de polo menos un 25 % dos custos, xa sexa mediante os seus recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Os proxectos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude no Igape. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención con carácter previo á solicitude da axuda; de ser así, o proxecto no seu conxunto sería non subvencionable. Serán subvencionables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude de axuda e dentro do prazo concedido para a execución dos proxectos.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 17 de xullo.

LEI 5/2013 DE FOMENTO DA INVESTIGACIÓN E DA INNOVACIÓN DE GALICIA

viernes, 14 de junio de 2013

LEI DE TRANSPORTE PÚBLICO DE PERSOAS EN VEHÍCULOS DE TURISMO DE GALICIA

PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA



LEI 4/2013, do 30 de maio, de transporte público de persoas en vehículos de turismo de Galicia.

Obxecto da lei e ámbito de aplicaciónEsta lei regula o transporte público urbano e interurbano de persoas en vehículos de turismo, por medio de taxi ou en réxime de arrendamento con condutor, que se desenvolva integramente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

jueves, 13 de junio de 2013

AXUDAS Á CONTRATACIÓN DE XESTORES IGAPEX DE INTERNACIONALIZACIÓN

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

Obxecto: Estas bases teñen como obxectivo final facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a formación de especialistas en comercio exterior e a súa incorporación ao mercado laboral.
Prazo de presentación de solicitudes: O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día final do prazo coincidise en sábado ou día inhábil en Santiago de Compostela, posporase ao día hábil seguinte.
No caso de que, en virtude das solicitudes presentadas e resoltas favorablemente, se esgotase o crédito orzamentario, poderase pechar anticipadamente a convocatoria. O esgotamento do crédito e a non admisión de solicitudes posteriores publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape.

AXUDAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIÓNS ESCRITAS EN GALEGO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

Obxecto: Esta resolución ten por obxecto convocar as axudas económicas dirixidas ás empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego para o ano 2013, de acordo coas súas bases reguladoras, aprobadas mediante a Resolución do 24 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Medios (DOG núm. 101, do 29 de maio).
Prazo de solicitude: ata o 13 de xullo de 2013

miércoles, 12 de junio de 2013

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS 2013


Obxecto: Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para o apoio a festivais artísticos de carácter profesional celebrados en Galicia  que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector, e proceder á súa convocatoria para este ano 2013.
Beneficiarios: Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas de carácter privado domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, con establecemento operativo en Galicia, así como as entidades locais galegas que leven a cabo algún dos festivais descritos no obxecto da convocatoria e cumpran os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: ata o 12 de xullo de 2013.

PROGRAMA DE AXUDAS A AUTONOMOS 2013


Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2013 dos incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
Persoas beneficiarias1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.
2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.
3. Non poderán ser beneficiarias nin as sociedades civís nin as comunidades de bens, así como as persoas socias ou comuneiras que as integran.
Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables: Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013.
A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.
Prazo de solicitude: As axudas previstas nesta orde poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte
á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

martes, 11 de junio de 2013

AXUDAS DE COMPENSACIÓN EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL


Obxecto:a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena, as bases reguladoras das axudas de compensación aos produtores agrarios polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.
b) Convocar as axudas de compensación para o ano 2013.
Prazo solicitude: ata o 15 de xullo, senon se esgota o orzamento prorrogase ata o 15 de agosto.

AXUDAS Á IDENTIFICACIÓN DE EQUINOS E POLIZAS DE SEGUROS RC

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2013 das seguintes liñas de axuda:
1. Axudas para compensar os gastos derivados da identificación do gando equino mantido nos montes de Galicia en réxime de liberdade ou semiliberdade, consonte as prescricións establecidas na medida 131 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia para o período 2007-2013, aprobado por Decisión da Comisión do 15 de febreiro de 2008, en aplicación do disposto no artigo 31 do Regulamento (CE) 1698/2005 do Consello, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Feader.
2. Axudas á subscrición de pólizas de seguro de responsabilidade civil fronte a terceiros para équidos mantidos no monte en réxime de liberdade.
Prazo de solicitude: ata o 10 de setembro de 2013.

SUBVENCIÓNS PARA A IMPLANTACION DA RSE E A IGUALDADE NAS PEMES

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

Obxecto: esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas para o ano 2013, en réxime de concorrencia competitiva, a pequenas e medianas empresas (pemes), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) e para o fomento da igualdade laboral a través da implantación de plans de igualdade, da eliminación da infrarrepresentación feminina ou da garantía da conciliación da vida familiar e laboral.
Prazo de solicitude: ata o 10 de xullo.

lunes, 10 de junio de 2013

SUBVENCION PARA A PREVENCION E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS E MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN


Obxecto: Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común e as súas agrupacións poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas establecidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva.
Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, onde supoñen aproximadamente un terzo da superficie forestal existente, e en conxunto sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.
2. De acordo co devandito obxecto establécense dúas liñas de subvencións:
a) Liña I: subvencións para o control selectivo de combustible.
b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga.
Prazo de solicitude: ata o 7 de xullo de 2013.

AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DE SERVIZOS DE ASESORAMENTO, XESTIÓN E SUBSTITUCIÓN NAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

ORDE do 27 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

Obxecto: A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2013 das liñas de axudas para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias segundo o disposto nos artigos 20, letra a), inciso v) e 25 do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Feader, e no artigo 15, 16 e anexo II punto 5.3.1.1.5 do Regulamento 1974/2006 polo que se establecen disposicións de aplicación do anterior regulamento, e convocalas para o ano 2013.
Prazo de solicitude: ata o 7 de xullo.

PROGRAMA XUVENTUDE CREA

CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

ORDE do 3 de xuño de 2013 pola que se convoca o programa Xuventude Crea.
Obxecto: Esta disposición ten por obxecto establecer as bases que rexen o programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2013 por parte da Consellería de Traballo e Benestar, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.
Destinatarios/as: Poderán solicitar a participación os/as mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2013, agás o establecido no capítulo II segundo cada especialidade.
Prazo de solicitude: ata o 31 de xullo de 2013.

SUBVENCIÓNS SECTOR MINEIRO

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

Obxecto: aprobar as bases (que se inclúen como anexo I) polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria dirixidas a entidades sen ánimo de lucro, para o fomento do sector mineiro galego.
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2013.
Prazo de solicitude: ata o 7 de xullo.

PROGRAMA INNOEMPRESA


Obxecto: Convocar, para o exercicio 2013, en réxime de concorrencia competitiva, as seguintes liñas de axuda das bases reguladoras das axudas do Igape ao programa de apoio á innovación das pequenas e medianas empresas en Galicia (Programa Innoempresa):
1. Proxectos de adopción de novos modelos empresariais innovadores (procedemento IG127).
2. Proxectos de deseño de novo produto (procedemento IG129).
3. Proxectos de desenvolvemento tecnolóxico aplicado (procedemento IG131).
4. Proxectos de implantación e certificación de proxectos de I+D+i e de sistemas de xestión (procedemento IG132).
5. Proxectos de innovación en colaboración na cadea de valor (procedemento IG134).
6. Proxectos de identificación de necesidades tecnolóxicas, desenvolvemento de solucións técnicas e organizativas comúns e utilización de servizos avanzados compartidos por grupos de pemes (procedemento IG135).
Prazo de solicitude: ata 6 de xullo.

BOLSAS DE FORMACION E PRACTICAS DA CONSELLERIA DE MEDIO RURAL E DO MAR

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

Obxecto: convocatoria de 71 bolsas de prácticas, en réxime de concorrencia competitiva, en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes e en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, distribuídas da seguinte maneira:
16 bolsas de formación de tecnólogos, coa seguinte repartición por titulacións: 2 bolsas para licenciado en Enoloxía, 2 bolsas para licenciados en Ciencias Químicas, 2 bolsas para licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas, 2 bolsas para enxeñeiros de montes, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos forestais e 2 bolsas para licenciados en Bioloxía.
14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación coa seguinte repartición: 2 bolsas para o ciclo superior de Industria Alimentaria; 3 bolsas para o ciclo medio de Elaboración de Viño e Outras Bebidas, 2 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Agraria, e 7 bolsas para os ciclos formativos de grado medio e/ou superior da familia Química.
9 bolsas de prácticas ás cales poderán optar estudantes do 2º curso ou recentemente titulados en ciclos da familia Agraria e 7 bolsas de prácticas para os alumnos do primeiro curso dos ciclos da familia Agraria, nos centros de formación e experimentación agroforestal, dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.24 bolsas de prácticas en empresas e entidades relacionadas co sector agroforestal e alimentario, así como en unidades dependentes da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, para os recentemente titulados como enxeñeiros agrónomos, enxeñeiros técnicos agrícolas, enxeñeiros de montes, enxeñeiros técnicos forestais, licenciados en Veterinaria, licenciados en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Licenciados en Bioloxía.
Prazo de solicitude: ata o 6 de xullo.

PROGRAMA DE INCENTIVOS EMPRESAS IEBT


Obxecto: Coa finalidade de impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á súa convocatoria para o ano 2013 do programa de incentivos ás empresas previamente cualificadas e inscritas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
Entidades beneficiarias: Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
O cadro de persoal no mes en que se proceda á primeira contratación por conta allea deberá estar constituído, como mínimo, nun 25 por cento por persoas con titulación universitaria.
Tipos de axuda: As empresas cualificadas como IEBT poderán solicitar as seguintes modalidades de axudas:
a) Subvención á creación directa de emprego estable.
b) Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación.
c) Apoio á función xerencial.
d) Subvención financeira.
e) Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade
Prazo de solicitude: O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axudas do programa regulado nesta orde finalizará o 30 de setembro de 2013.

PROGRAMA DE INCENTIVOS Á CONTRATACIÓN DAS PERSOAS TRABALLADORAS


Obxecto: fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2013 dos programas de incentivos á contratación por conta allea que teñen por finalidade favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral, en especial as persoas novas sen cualificación profesional, as persoas desempregadas de longa duración, as persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade e as persoas que esgotasen as prestacións por desemprego, a través dos seguintes programas:
I. Programa de incentivos á contratación indefinida inicial. Programa Conii (anexo I).
II. Programa de incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos. Programa Estabiliza (anexo II).
III. Programa de incentivos á contratación temporal de colectivos en risco de exclusión social. Programa Inserta (anexo III).
Entidades beneficiarias1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde e que acrediten a
condición de entidade colaboradora segundo o establecido no artigo 2.
No caso de sociedades civís, comunidades de bens e unións temporais de empresas deberá facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación. No suposto de unións temporais de empresas, cada empresa que forme parte desta unión deberá reunir os requisitos exixidos para acceder ás axudas.
2. Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
3. Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorran algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de solicitude: As axudas previstas nos diferentes programas desta orde poderán solicitarse ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido.
O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2013, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

AXUDAS PARA O LIBRO GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Obxecto: Convócanse axudas á produción editorial para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas.
Prazo de presentación de solicitudes: será un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

martes, 4 de junio de 2013

AXUDAS UTILIZACIÓN SERVIZOS DE ASESORAMENTO POR PERSOAS TITULARES DE EXPLOTACIÓNS AGRARIAS


Obxecto: A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias e con vocalas para o ano 2013, segundo o disposto nos artigos 20, letra a), inciso iv) e 24 do Regulamento (CE) nº 1698/2005 de Feader, e no artigo 15 e anexo II punto 5.3.1.1.4 do Regulamento 1974/2006, polo que se establecen disposicións de aplicación do anterior regulamento, e nos que se prevén axudas destinadas a agricultores para faceren fronte
aos custos de utilización de servizos de asesoramento destinados a mellorar o rendemento global da explotación.
Prazo de solicitude: ata o 4 de xullo

PROGRAMA FORCON

CONSELLERÍA DE TRABAJO Y BIENESTAR

Obxecto: Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e proceder á convocatoria para o ano 2013 da fase de emprego do programa mixto de formación e contratación (programa Forcon) dirixido a mozos e mozas con baixa cualificación que sexan contratados en ocupacións incluídas nos sectores estratéxicos de Galicia.
Entidades beneficiarias: Poderán ser beneficiarias todas aquelas entidades que, pertencendo aos sectores
estratéxicos establecidos no Plan estratéxico Galicia 2010-2014, teñan a condición de entidade colaboradora.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.
Non poderán obter a condición de entidade beneficiaria das subvencións establecidas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Serán subvencionables ao abeiro deste programa:a) As contratacións temporais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 ata o 30  de setembro de 2013.
b) As contratacións temporais que se realicen con persoas desempregadas mozas sen cualificación que participasen como alumnos e alumnas na etapa formativa do programa Forcon, nos cursos relacionados no anexo IX da Orde do 3 de agosto de 2012, pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á formación e contratación –programa Forcon– cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2012, sempre que se formalicen desde o 1 de outubro de 2012 e ata 2 meses despois da data de publicación desta orde.
c) As transformacións en indefinidos dos contratos temporais formalizados con persoas alumnas que participasen na etapa formativa do programa Forcon nos cursos relacionados no anexo IX da Orde do 3 de agosto de 2012 sempre que a transformación se realice ao rematar a vixencia destes, e ata o 30 de setembro de 2013.
Prazo de solicitude: ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido. Se o último día de prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.Este prazo rematará o 30 de setembro de 2013.

lunes, 3 de junio de 2013

SUBVENCIÓNS A TITULARES DE VIVENDAS ARRENDADAS NO MARCO DO PROGRAMA ALUGA, 2013


Obxecto1. Esta resolución ten por obxecto proceder á convocatoria no exercicio 2013, en réxime de concorrencia non competitiva, das seguintes liñas de axuda:
a) Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas, regulada nos artigos 38 a 41 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
b) Subvención de gastos derivados do alugamento, regulada nos artigos 38 e 42 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
2. Esta convocatoria tamén será de aplicación ás solicitudes de axuda presentadas ao abeiro do establecido nas disposicións transitorias segunda e terceira do Decreto 84/2010, do 27 de maio, así como na disposición adicional quinta do citado decreto.
 Subvención de obras e actuacións de reforma nas vivendas BeneficiariosSerán beneficiarias da subvención de obras e actuacións de reforma as persoas físicas titulares dunha vivenda arrendada no marco do Programa Aluga, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 38 do Decreto 84/2010, do 27 de maio, e se trate de obras subvencionables de acordo co establecido no seu artigo 39. Tamén poderán optar a esta modalidade de axuda as persoas xurídicas nos supostos previstos nas disposicións transitorias segunda e terceira do citado decreto.
Prazo de presentaciónAs solicitudes deberán presentarse entre a data de formalización do primeiro contrato de arrendamento e o día 15 do mes seguinte.
 Subvención de gastos derivados do alugamento.BeneficiariasSerán beneficiarias da subvención de gastos derivados do alugamento as persoas físicas que sexan titulares dunha vivenda arrendada no marco do Programa Aluga no ano 2012, sempre que se cumpran os requisitos e condicións establecidos no artigo 38 do Decreto 84/2010, do 27 de maio.
Prazo de presentaciónO prazo de presentación das solicitudes desta subvención estenderase desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de xullo de 2013.

SUBVENCIÓN PARA O REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO


Obxecto1. A presente resolución ten por obxecto abrir a convocatoria no exercicio económico de 2013, nun procedemento de concorrencia non competitiva, das subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
2. As bases reguladoras destas subvencións aprobáronse no Decreto 44/2011, do 10 de marzo, polo que se regulan as axudas autonómicas para o remate de fachadas e cubertas, rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos camiños de Santiago.
Persoas beneficiarias1. De acordo co establecido no artigo 26 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo, poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia e, ademais, teñan unha resolución de cualificación definitiva con data anterior ao 18 de abril de 2012 (non incluída) para as actuacións no medio rural e con data anterior ao 25 de abril de 2012 (non incluída) nas actuacións en conxuntos históricos e camiños de Santiago. Así mesmo, deberán destinar a vivenda a domicilio habitual e permanente seu ou da persoa inquilina, no caso de rehabilitación para aluguer, e cumprir os requisitos establecidos na presente convocatoria.
2. Poderán presentarse a esta convocatoria de subvencións, de acordo co establecido na disposición transitoria 4, e no artigo 36 do Decreto 44/2011, do 10 de marzo , as persoas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non tivesen presentado previamente a solicitude de subvención, ou que téndoa presentado, rematasen o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.
3. Tamén poderán presentarse aquelas persoas con solicitudes xa presentadas que non puidesen obter a subvención por non cumpriren o requisito do prazo temporal establecido na convocatoria anterior, figurando na resolución de conformidade unha data de finalización das obras posterior ao 31 de decembro de 2010.
4. No suposto de actuacións promovidas polas comunidades de propietarios, poderán ser persoas beneficiarias as titulares do inmoble ou dun dereito real que permita acometer as ditas actuacións, en función da súa porcentaxe de participación no orzamento protexible das obras.
Prazo de solicitude: ata o 8 de xullo.