jueves, 30 de abril de 2026

PROGRAMA AVENTÚRATE CON GALICIA 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Aventúrate con Galicia, dirixido á mocidade de orixe galega ou descendente de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento PR930B).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto regular as axudas correspondentes ao programa Aventúrate con Galicia para o ano 2026, que ten por finalidade facilitarlles a 30 mozas e mozos de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no estranxeiro, a participación en determinadas actividades de verán convocadas pola Xunta de Galicia para a xuventude galega, así como o encontro cos seus familiares residentes na Comunidade Autónoma.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócase estas axudas para o ano 2026 (código de procedemento PR930B).
3. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva ata o cobertura das prazas convocadas, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Con carácter xeral, poderán optar a unha praza para participar neste programa os mozos e mozas con residencia habitual no estranxeiro que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter unha idade comprendida entre os 10 a os 17 anos o día 15 de xullo de 2026.
b) Ter nacido en Galicia ou ser descendentes de persoa emigrante galega residente no exterior.
c) Ter a nacionalidade española.
d) Carecer de enfermidades transmisibles con risco de contaxio, discapacidades e outros impedimentos que lles imposibiliten participar con normalidade nas actividades recreativas e deportivas do campamento que soliciten.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes e iniciarase ás 9.00 horas do quinto día natural seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, comezará o día hábil seguinte.
O prazo finalizará ás 20.00 horas do día en que se cumpra un mes desde a data de inicio do prazo. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ata as 20.00 horas do primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata ás 20.00 horas do último día do mes.

DATAS DAS PROBAS PARA OBTENCIÓN DO CELGA 1,2,3 E 4

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2026 (código de procedemento PL500C).

Fixar as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante a Resolución do 6 de marzo de 2026:

– Celga 4, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:
23 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A.
24 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

– Celga 3, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:
30 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2, en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid:
31 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1, en Santiago de Compostela:
6 de xuño de 2026, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas serán:
– En Santiago de Compostela: o IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10)-para o Celga 4, Celga 3 e Celga 2-e a Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2)-para o Celga 1-.
– En Ponferrada: a Escola Oficial de Idiomas desta localidade (vía Río Burbia, s/n).
– En Madrid: a Casa de Galicia en Madrid (rúa de Casado del Alisal, 8).

As probas comezarán ás 9.00 horas, de modo que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lles corresponda con antelación suficiente. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas para cada nivel e localidade. Así mesmo, na web publicarase, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. A aquelas persoas ás que, atendendo a causas xustificadas, se lles concedese algún tipo de adaptación ou apoio, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles directamente o día, a porta de acceso e mais a aula que se lles asigne.

Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta se realizará o mesmo día que a proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase no centro correspondente, así como na web da Secretaría Xeral da Lingua, unha vez que remate a proba escrita.

PROBAS DE ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE RÉXIME ESPECIAL CURSO 2026-27

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas de réxime especial para o curso 2026/27.


PROGRAMA BOLSAS SANTANDER EXCELENCIA 360º CURSO 2025-26

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 21 de abril de 2026 pola que se convocan bolsas do programa bolsas Santander excelencia 360º no curso 2025/26.

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é facilitar o acceso á educación superior a estudantado con excelentes expedientes académicos, e fomentar a inclusión educativa velando polos criterios de igualdade e equidade social (económica ou cultural).

Persoas beneficiarias
Alumnado que ten rematado unha titulación de grao na Universidade de Vigo no curso 2024/25, que está matriculado no curso 2025/26 en 60 créditos dalgunha das titulacións de máster universitario da Universidade de Vigo e que ten unha nota de acceso ao máster igual ou superior a 8,5.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 22 de abril ata o 7 de maio de 2026.

PREMIOS Á EXCELENCIA DA CALIDADE HIXIÉNICO-SANITARIA DE PRODUTORES DE LEITE CRU DE VACA DE GALICIA

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 21 de abril de 2026 pola que se convocan para o ano 2026 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.

Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2026 os premios á excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca de Galicia.
2. Esta orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estes premios todas as explotacións leiteiras de gando vacún de Galicia que realizan os seus autocontrois de calidade no Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) de tal xeito que consten na base de datos deste laboratorio os resultados das mostras de leite correspondentes ao período de referencia, que comprende desde o mes de agosto de 2025 ao mes de xullo de 2026.

Disposición adicional única. Réxime supletorio
No non previsto nesta orde será de aplicación o disposto nas bases que regulan a concesión dos premios de excelencia da calidade hixiénico-sanitaria de produtores de leite cru de vaca, establecidas na Orde do 22 de agosto de 2017, modificada pola Orde do 10 de maio de 2021.

PROGRAMA RETORNA CUALIFICA EMPREGO 2026-2027

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 24 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026 e 2027 (código de procedemento TR380A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e convocar estas subvencións para as anualidades 2026 e 2027.

Entidades beneficiarias
Poderán solicitar as subvencións previstas nesta orde as entidades xurídicas privadas que cumpran os requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e que, ademais, reúnan as seguintes condicións na data de presentación da solicitude:
a) Que teñan o seu domicilio social en Galicia ou delegación na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que carezan de fin de lucro. Considerarase que tamén carecen de fin de lucro aquelas entidades que desenvolvan actividades de carácter comercial, sempre que os beneficios resultantes destas se invistan na súa totalidade no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais.
c) Que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte solvencia económica, financeira e técnica ou profesional:
c.1) Solvencia económica e financeira:
i. Ao se tratar de persoas xurídicas, contas anuais depositadas no Rexistro de fundacións ou rexistro correspondente en función da súa natureza ou do seu réxime xurídico. As contas deberán estar asinadas pola entidade concorrente en cada unha das súas follas ou o documento contar coa sinatura electrónica do representante legal da entidade.
ii. Se por causa xustificada non é posible achegar as ditas contas, a solvencia económica acreditarase mediante a presentación do balance da situación xunto cun informe bancario.
c.2) Solvencia técnica:
i. Experiencia mínima de 2 anos na xestión e desenvolvemento de programas de formación e cualificación para o emprego e de atracción de talento, con financiamento público.
ii. Acreditar un mínimo de compromisos equivalente a 40 postos de traballo con empresa/s con centros de traballo en Galicia que ofrezan postos de traballo vacantes para ofertar ás persoas destinatarias do programa Retorna Cualifica Emprego.
d) Que teñan experiencia acreditada en actividades de asesoramento e asistencia técnica en procesos de selección de talento. Esta experiencia acreditarase mediante unha relación das actividades realizados nese ámbito, indicando o tipo ou tipos de postos de traballo obxecto de selección, así como, se é o caso, en que países se realizaron e o destinatario público ou privado destes servizos.
e) Que acrediten ter capacidade, solvencia, eficacia, experiencia e recursos humanos e materiais para a realización, organización e coordinación das accións do programa Retorna Cualifica Emprego previstas no artigo 3 da presente orde. Para estes efectos, como mínimo, deberán contar cos seguintes recursos:
e.1) Recursos humanos: un/unha prospector/a laboral, un/unha orientador/a laboral, unha persoa titulada media ou superior con experiencia e/ou coñecemento en tramitación de autorizacións administrativas necesarias para residir en España, un/unha técnico/a en selección de recursos humanos e un/unha administrativo/a. Acreditarase mediante unha descrición dos recursos humanos destinados á execución do programa, en que deberán constar as titulacións académicas e/ou profesionais, así como a experiencia laboral das ditas persoas.
e.2) Recursos materiais: instalacións para reunións, entrevistas e formación, así como sistemas de comunicación de voz e datos e medios audiovisuais. Acreditarase a través dunha descrición dos recursos materiais de que dispoña a entidade para a realización do programa.

Persoas destinatarias
1. As persoas destinatarias finais do programa Retorna Cualifica Emprego serán persoas galegas residentes no estranxeiro, que estean interesadas en integrarse laboralmente en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión da nacionalidade española.
b) Ser menor de 55 anos.
c) Residir fóra de España.
d) Acreditar un mínimo dun ano de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data de inicio de participación no programa Retorna Cualifica Emprego.
e) Estar vinculada a Galicia dalgún destes xeitos:
i. Ser persoa emigrante nacida en Galicia.
ii. Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante cinco (5) anos, con nacionalidade española antes de emigrar.
iii. Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia.
2. Poderán tamén participar nas accións do programa Retorna Cualifica Emprego o resto das persoas integrantes da unidade familiar que, sen reuniren os requisitos establecidos nas alíneas a) e e) do punto 1 do presente artigo, estean tamén en disposición de aceptar un contrato de traballo en Galicia consonte os requisitos que a normativa que sexa de aplicación exixa (permisos temporais de residencia, de traballo e calquera outro que sexa necesario). Para os efectos de participar neste programa, considéranse integrantes da unidade familiar da persoa participante que posúa a nacionalidade española os seguintes:
a) O/a cónxuxe, sempre que non se ditase acordo ou declaración da nulidade do vínculo matrimonial, divorcio ou separación legal.
b) A parella coa que se manteña unha relación análoga á conxugal inscrita nun rexistro público establecido para estes efectos e sempre que non se cancelase a dita inscrición, o que deberá ser suficientemente acreditado. As situacións de matrimonio e inscrición como parella rexistrada consideraranse, en todo caso, incompatibles entre si.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ás 9.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estenderase ata o 30 de xuño de 2026, ás 20.00 horas, sen que en ningún caso poida ser inferior a un mes ou ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria. As solicitudes presentadas antes das 9.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da súa publicación non serán admitidas.

PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA AOS PROXECTOS SOBRE CONSUMO RESPONSABLE GALICONS-NET 2026

 Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2026, conxunta da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convocan os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net (código de procedemento IN116A).

Obxecto
Convocar e regular os premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons- net (código de procedemento IN116A).

Persoas beneficiarias
Poderán participar os centros docentes non-universitarios públicos, privados e concertados da Comunidade Autónoma de Galicia que estean a participar no programa Galicons-net no curso 2025-2026 a través dalgunha destas dúas vías: a) convocatoria do Plan Proxecta+; b) solicitude formalizada do programa a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 5 de maio de 2026.

AXUDAS PARA PROGRAMAS DE CALIDADE 2026

 Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para programas de calidade desenvolvidos por consellos reguladores de denominacións de calidade agroalimentarias e se convocan para 2026 (código de procedemento MR302B).

Obxecto

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas que, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, vai conceder a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para actuacións relacionadas coa implantación e co desenvolvemento de programas de mellora e de control da calidade e da orixe dos produtos agroalimentarios galegos amparados por algunha denominación xeográfica de calidade das reguladas no capítulo II do título III da Lei 1/2024, do 11 de xaneiro, ou acollidos á produción ecolóxica a que se refire o capítulo IV do mesmo título da dita lei, así como efectuar a convocatoria para o ano 2025.


Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios destas axudas os consellos reguladores das distintas denominacións de calidade agroalimentaria existentes no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Ademais, os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.


Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 13 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR341K, TR342D e TR341M).

SUBVENCIÓNS PARA MICROPROXECTOS DE COOPERACIÓN 2026

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 13 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento PR804B).

Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións para a execución de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación (procedemento PR804B).
Para os efectos desta convocatoria, enténdese por microproxectos aquelas intervencións puntuais de cooperación ao desenvolvemento no exterior que fortalezan a capacidade de resposta ás necesidades da poboación destinataria ou que complementen actuacións levadas a cabo por axentes de cooperación no mesmo territorio, de duración non superior a 12 meses e executadas por organizacións de recente constitución ou que executen proxectos de limitada intensidade e contía.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións deberán estar inscritas no Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, na sección A: organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, e na sección D: outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

Importe
Para a concesión destas axudas destínase un crédito por un importe total de 150.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.07.331A.490.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2026.
O importe máximo que se poderá financiar será dun 95 % do orzamento total do microproxecto, ben que a subvención concedida non superará en ningún caso os 30.000,00 €.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

CONCURSO SOBRE CONSUMO RESPONSABLE E CALIDADE DE VIDA: CONSUMÓPOLIS-21

 Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2026 pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida: Consumópolis-21: Á hora de consumir, que non te domine o "click" (código de procedemento IN114A).

Obxecto
Convocar e regular a fase autonómica do concurso do curso escolar 2025/26 Consumópolis-21 sobre consumo responsable e calidade de vida, que leva por título: Á hora de consumir, que non te domine o “click” (código de procedemento IN114A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudios de 5º ou 6º de educación primaria ou de 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou formación profesional básica en calquera centro público, concertado ou privado da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. No caso dos colexios rurais agrupados (CRA) e as escolas unitarias que, polas súas especiais circunstancias xeográficas ou demográficas, teñan dificultades para conformar os equipos unicamente con alumnado de 5º e 6º cursos de educación primaria, poderán completar os ditos equipos con alumnado doutros cursos de educación primaria.

Importe
Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 5 de maio de 2026.

BOLSAS PARA PERSOAS GALEGAS RESIDENTES NO EXTERIOR PARA ESTUDOS NO CENTRO SUPERIOR DE HOSTALARÍA DE GALICIA, CUROS 2026/27

 Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para persoas galegas residentes no exterior para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2026/27 (código de procedemento TU200D).

Obxecto e réxime
Estas bases teñen por obxecto o establecemento de bolsas de matrícula ordinaria e unha axuda para gastos de primeiro establecemento e viaxe, en réxime de concorrencia competitiva, para as persoas galegas residentes no exterior que cursen as titulacións que imparte o CSHG no curso 2026/27, código de procedemento TU200D.

Tipoloxía e número de bolsas
1. As bolsas poderán ser de nova adxudicación ou de renovación.
2.1. As bolsas serán de nova adxudicación para os/as alumnos/as que se matriculen por primeira vez nunha titulación do CSHG.
O numero de bolsas será de:
• 5 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 5 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
2.2. As bolsas supoñen:
• Un desconto do 80 % no prezo da matrícula ordinaria establecido na Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, modificada pola Orde do 20 de marzo de 2026 (DOG núm. 59, do 30 de marzo).
• Unha axuda para gastos de viaxe desde o país de residencia do alumnado ata Santiago de Compostela e gastos de primeiro establecemento por unha contía máxima de 1.500 euros. Inclúense gastos de viaxe desde o país de residencia a Santiago de Compostela, aloxamento e manutención e seguro médico, no caso de que sexa necesario, ata o 1 de decembro de 2026.
3. As bolsas serán de renovación para o alumnado galego residente no exterior que obtiver a bolsa no curso anterior e que cumpra os requisitos exixidos na súa convocatoria e nas mesmas condicións en que obtivo a bolsa.

Tipoloxía e número de bolsas
1. As bolsas poderán ser de nova adxudicación ou de renovación.
2.1. As bolsas serán de nova adxudicación para os/as alumnos/as que se matriculen por primeira vez nunha titulación do CSHG.
O numero de bolsas será de:
• 5 bolsas para o grao en Xestión de Empresas Hostaleiras.
• 5 bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría.
2.2. As bolsas supoñen:
• Un desconto do 80 % no prezo da matrícula ordinaria establecido na Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes aos estudos conducentes á obtención das titulacións do Centro Superior de Hostalaría de Galicia, modificada pola Orde do 20 de marzo de 2026 (DOG núm. 59, do 30 de marzo).
• Unha axuda para gastos de viaxe desde o país de residencia do alumnado ata Santiago de Compostela e gastos de primeiro establecemento por unha contía máxima de 1.500 euros. Inclúense gastos de viaxe desde o país de residencia a Santiago de Compostela, aloxamento e manutención e seguro médico, no caso de que sexa necesario, ata o 1 de decembro de 2026.
3. As bolsas serán de renovación para o alumnado galego residente no exterior que obtiver a bolsa no curso anterior e que cumpra os requisitos exixidos na súa convocatoria e nas mesmas condicións en que obtivo a bolsa.

Persoas beneficiarias
1. Para poder optar á concesión dunha bolsa deberán cumprirse as seguintes condicións:
– Ter entre os 18 e os 30 anos (incluídos).
– Estar en posesión da nacionalidade española.
– Residir fóra de España.
– Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
– Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:
• Ser persoa emigrante nacida en Galicia.
• Ser persoa emigrante non nacida en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
• Ser descendente por consanguinidade dunha persoa nacida en Galicia.
– No caso das bolsas para estudos do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras, ter solicitada a preadmisión no curso 2026/27 antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes destas bolsas ou, no caso de bolsas de renovación, estar matriculado no grao en Xestión de Empresas Hostaleiras (1º, 2º ou 3º).
– No caso das bolsas para o curso superior de Chef de Cociña e Pastelaría, ter sido admitido/a no curso 2026/27 antes de que remate o prazo de presentación de solicitudes destas bolsas.
– Non estar incurso/a en ningunha das circunstancias especificadas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. Ademais, para os estudos de grao en Xestión de Empresas Hostaleiras exíxese a homologación do título de bacharelato.
3. Para o alumnado galego residente no exterior que curse o grao de Xestión de Empresas Hostaleiras e que teña que renovar a bolsa:
– A nota media no expediente académico do curso do/da bolseiro/a ten que ser igual ou superior ao 10 % da nota media de todos os expedientes dos/das alumnos/as matriculados/as no curso polo que lle foi concedida a bolsa, cumprir os requisitos para matricularse no curso completo e que o/a bolseiro/a cumpra os requisitos académicos previstos no artigo 22.a) para o seu mantemento.
4. Quedan excluídas aquelas persoas que resultasen beneficiarias desta bolsa na convocatoria anterior e que causasen baixa ou renunciasen a ela

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 29 de maio de 2026.
Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

CORRECCIÓN DE ERROS.- CURSOS TITORIZADOS EN LIÑA PARA OBTENCIÓN COMDIX INICIACIÓN

 Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 4 de febreiro de 2026 pola que se convocan cursos titorizados en liña con aproveitamento activo e avaliación continua, para a obtención da certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no seu nivel de iniciación.

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES DE GALICIA CURSO 2026-27

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2026/27.

viernes, 24 de abril de 2026

AXUDAS Á COOPERACION PARA PROMOVER A PARTICIPACIÓN DE AGRICULTORES EN RÉXIMES DE CALIDADE DOS PRODUTOS AGRÍCOLAS E ALIMENTICIOS 2026

 Axencia Galega da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á cooperación para promover a participación de agricultores en réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento MR362A).

Obxecto
A resolución ten por obxecto establecer as bases reguladoras e efectuar a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para promover a participación de agricultores nos réximes de calidade, de acordo coa intervención 7131, Cooperación para promover a participación en réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, do Plan estratéxico da PAC 2023-2027, de conformidade coas disposicións aplicables á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (en diante, Feader) (código de procedemento MR362A).
Serán subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade e a cota anual de participación no dito réxime, incluídos, de ser o caso, os custos dos controis necesarios para comprobar o cumprimento dos requisitos do réxime. Non se considerarán subvencionables os custos internos ou de autocontrol. No caso das persoas beneficiarias por comezaren a actividade nunha nova orientación produtiva dentro da produción ecolóxica, os gastos deberán estar relacionados con esa nova orientación produtiva.
A contía da axuda será do 100 % dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación. Poderase cobrar un máximo de cinco anualidades e sempre dentro dos sete anos posteriores á incorporación ao réxime de calidade.
Non se tramitarán expedientes de contía inferior a 50 €.

Beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas ou grupos de persoas físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga) que participen por primeira vez nalgún dos réximes de calidade dos produtos agroalimentarios definidos na letra b) do artigo 2, ou que participasen por primeira vez nos cinco últimos anos. En todo caso, a data de alta debe ser anterior á data final do período subvencionable que se defina en cada convocatoria.
No caso do programa de calidade relativo á produción ecolóxica, tamén terá a consideración de nova participación aquela que se refira a agricultores/as que, tendo previamente actividade no dito programa, inicien a actividade de produción ecolóxica con destino ao mercado en relación con algunha nova orientación produtiva. En todo caso, esta nova orientación produtiva debe ter unha dimensión económica suficiente para superar a consideración de actividade de autoconsumo. Para estes efectos, no anexo III recóllense, para distintas orientacións produtivas, os valores que se deben superar para considerar que a actividade ten vocación comercial e, polo tanto, está por riba dos valores do simple autoconsumo.
Quedan excluídas destas axudas as entidades que teñan a consideración de empresas en crise, segundo os criterios establecidos no artigo 2, número 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, así como as que teñan unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de maio de 2026.

jueves, 23 de abril de 2026

BOLSAS SANTANDER MICROCREDENCIAIS, 1ª EDICIÓN 2026

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 15 de abril de 2026 pola que se convocan as bolsas Santander-Microcredenciais, primeira edición 2026.BDNS (Identif.): 899545.

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é o financiamento dunha parte dos prezos públicos de matrícula das microcredenciais incluídas no Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, no curso académico 2025/26.

Persoas beneficiarias
Alumnado maior de 18 anos que cumpra o requisito de estar admitido na seguinte microcredencial: Excel avanzado e análise de datos: dos fundamentos á integración con Power BI (docencia virtual).

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 17 de abril ata o 20 de maio de 2026.

ESGOTAMENTO DO CRÉDITO PROGRAMA EMPRESA CIBERSEGURA 2025

 Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2026 pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito destinado á concesión das axudas para mellorar a preparación dixital fronte a ameazas cibernéticas nas empresas galegas, programa Empresa Cibersegura 2025 (código de procedemento IG408O), e se modifica o prazo de presentación da solicitude de cobramento parcial correspondente á anualidade 2026.

martes, 21 de abril de 2026

INNOVACIÓN E ECONOMÍA CIRCULAR NO SECTOR AGROALIMENTARIO DE GALICIA: OPORTUNIDADES A PARTIR DE SUBPRODUTOS


 


📢  Comeza a inscrición!
♻️ Cantas alternativas coñeces para aproveitar os refugallos dunha explotación ?
🎓 O 30 de abril de 2026 celebramos a xornada “Innovación e economía circular no sector agroalimentario galego: oportunidades a partir de subprodutos”

Da man de especialistas en sostibilidade, tratará a valorización de subproductos e residuos como fonte de novas oportunidades de negocio e diversificación produtiva:
💰 Oficina de Economía Circular

🌱 Proxecto GRAPPA: valorización de subprodutos agroalimentarios en Galicia
🩸 Proxecto Blood4Goods: aproveitamento de subprodutos da industria cárnica
🥛 Proxecto CAC: economía circular en cooperativas do sector lácteo
🗑️ Compostaxe con desperdicios alimentarios
🚜Proposta dun modelo circular na xestión de xurros

📆  Xoves 30/04/2026
🕒 De 09:30 a 14:30
🖥️  Online
💶 Inscrición gratuíta
👥 De especial interese para persoas socias e cargos directivos ou consellos reitores de cooperativas agroalimentarias.
📞  Máis información: 981 58 47 83 (Demetrio Bedriñana) 


O BOLSAS DE MOBILIDADE PARA ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO PARA PROXECTOS DE COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO NO CURSO 2025/26

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 14 de abril de 2026 pola que se convocan bolsas de mobilidade para estudantes de grao e máster universitario para participar en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento no curso 2025/26.

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é definir e poñer en marcha unha política integrada de responsabilidade social que englobe a cooperación internacional, o voluntariado, a igualdade, a sustentabilidade e a atención á diversidade, a través dunha estadía vinculada a un axente de cooperación no marco dun proxecto ou acción de cooperación dun país dos sinalados na convocatoria, e que o traballo que desenvolva sexa validado no marco de traballos de fin de carreira, prácticas ou traballos recoñecidos no marco da materia.

Persoas beneficiarias
Estudantes de grao e máster universitario que participen en proxectos e accións de cooperación ao desenvolvemento

Contía
A contía total do crédito destinado a estas axudas será de tres mil euros (3.000 €).

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 15 de abril ata o 11 de maio de 2026.


PROGRAMA INFRAESTRUTURAS COLABORATIVAS DE APOIO INDUSTRIAL ANOS 2026-2029

 Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2026 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas ao investimento para infraestruturas locais (Programa infraestruturas colaborativas de apoio industrial), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para os anos 2026-2027-2028-2029 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408C).

Obxecto
As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto apoiar a posta en marcha de proxectos de infraestruturas locais de uso compartido que teñan como finalidade o desenvolvemento do contorno das empresas e das persoas consumidoras, e a modernización e o desenvolvemento da base industrial, co fin de mellorar a súa competitividade.

Persoas beneficiarias
As pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, que adopten a forma xurídica de sociedade limitada ou sociedade anónima, preexistentes ou que se constitúan especificamente para a explotación da infraestrutura proposta.
Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Que proxecten levar a cabo un investimento nunha infraestrutura subvencionable en Galicia.
b) Que acheguen para o proxecto de infraestrutura unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 20 % dos investimentos subvencionables, xa sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.
c) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e/ou un centro de traballo en Galicia. O centro de traballo poderá ser a propia infraestrutura que se vai crear.
Co fin de facilitar o acceso á axuda, permitirase que a persoa beneficiaria se poida constituír tras a presentación da solicitude de axuda, antes da resolución de concesión.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, contados desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o dito prazo de dous meses.

MODIFICACIÓN.- APLICACIÓN DOS PAGAMENTOS DIRECTOS Á AGRICULTURA E Á GANDARÍA E DAS AXUDAS AO DESENVOLVEMENTO RURAL SUXEITAS AO SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN E CONTROL

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 15 de abril de 2026 pola que se modifica a Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239G, MR239K, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D).


viernes, 17 de abril de 2026

AXUDAS A CEE CO FIN DE PROMOVER A INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 13 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas a centros especiais de emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (códigos de procedemento TR341K, TR342D e TR341M).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das subvencións aos centros especiais de emprego (CEE), mediante axudas aos ditos CEE consonte cos seguintes programas:
a) Programa I: unidades de apoio á actividade profesional (código de procedemento TR341K).
b) Programa II: creación de postos de traballo estables para persoas con discapacidade, adaptación de postos e asistencia técnica (código de procedemento TR342D).
c) Programa III: custo salarial das persoas con discapacidade (código de procedemento TR341M).
Mediante a presente orde, procédese á convocatoria das referidas axudas para o ano 2026.
As axudas establecidas nesta orde teñen como fin de utilidade pública garantir a empregabilidade das persoas con discapacidade.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren rexistrados como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, e a súa organización e funcionamento, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda nesta orde.
Igualmente, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do dito decreto. Para os efectos desta subvención, admitiranse os centros de traballo que presentasen a solicitude ao rexistro competente para outorgar a autorización administrativa.
En todo caso, para o pagamento das axudas será necesario acreditar a dita cualificación e a inscrición da entidade e dos centros de traballo no Rexistro de Centros Especiais de Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, así como a condición de CEE de iniciativa social cando cumpra.
A integración laboral por medio de centros especiais de emprego vai dirixida a persoas desempregadas ou ocupadas que teñan un grao de discapacidade recoñecido superior ou igual ao 33 %, que teñan un contrato laboral co CEE ou que sexan persoas socias traballadoras, no caso de que o CEE sexa unha cooperativa, e que desempeñen o seu posto de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
No Programa I (Procedemento TR341K) as persoas destinatarias finais son as persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción sociolaboral, tal e como se definen no artigo 3.2.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o oitavo día hábil ao da súa publicación no DOG, ás 9.00 horas ata o día do fin de prazo ás 20.00 horas.

Procedemento de concesión e período subvencionable
O procedemento de concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia non competitiva.
O período subvencionable comprenderá desde o 1 de outubro de 2025 ata o 30 de setembro de 2026.

PREMIOS RSE GALICIA 2026

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 6 de abril de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026 (Premios RSE Galicia 2026) (código de procedemento TR320A).

Obxecto
Aprobar as bases reguladoras e convocar os Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia (Premios RSE Galicia) (código de procedemento TR320A).

Entidades candidatas
Poderán optar aos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia todo tipo de empresas, públicas ou privadas, galegas ou que conten con sede ou con centros de traballo en Galicia, caso en que a información deberá referirse ás actuacións da dita sede ou centro.
Exclúense as empresas con sancións firmes de carácter grave ou moi grave nos últimos tres anos no ámbito laboral, social ou ambiental.Tipoloxía dos premios
Os recoñecementos dos Premios Responsabilidade Social Empresarial de Galicia son de dous tipos:
1. Premio á Responsabilidade Social Empresarial, no cal haberá 3 categorías, pequena, mediana e grande empresa, e
2. Mención á Conciliación, que non ten categorías.

Categorías
O Premio á Responsabilidade Social Empresarial, en función do tipo de empresa, contará con tres categorías:
Categoría a) Pequena empresa: para empresas que ocupen ata 49 persoas traballadoras.
Categoría b) Mediana empresa: para empresas que ocupen 50 e ata 249 persoas traballadoras.
Categoría c) Grande empresa: para empresas que ocupen 250 ou máis persoas traballadoras.

Prazo de presentación das candidaturas
O prazo para a presentación das candidaturas será de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A presentación de candidaturas ou, de ser o caso, a súa posterior aceptación, implica o sometemento ao establecido nesta convocatoria.
Todos os requisitos exixidos ás entidades solicitantes se entenderán cumpridos na data de finalización do prazo de presentación de candidaturas.

SUBVENCIÓNS A INSTITUCIÓNS SEN FIN DE LUCRO PARA GASTOS CORRENTES DE FESTIVAIS, FEIRAS, MOSTRAS, CICLOS E CERTAMES DE ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS DE CARÁCTER AFECCIONADO

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 6 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a institucións sen fin de lucro destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT215A).

Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten como obxecto o establecemento das bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións destinadas a financiar os gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado para o ano 2026, de acordo co establecido na orde.
2. Estas axudas contribúen á promoción e cooperación cultural, á difusión e animación sociocultural e, en definitiva, á promoción da cultura en Galicia, por considerar que as artes escénicas e musicais son elementos clave da creatividade artística e da dinamización cultural da nosa comunidade autónoma.

Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nesta convocatoria as institucións sen ánimo de lucro de carácter privado, sen prexuízo do cumprimento da totalidade da normativa aplicable.
Non poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes institucións sen fin de lucro:
– Entidades ou asociacións que pertenzan ao ámbito educativo.
– Asociacións ou federacións de veciños, e da terceira idade.
As fundacións que se acollan a esta convocatoria non poderán percibir subvencións nin axudas públicas se non cumpren coa obriga de presentarlle as contas ao protectorado, segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

Prazo de presentación de solicitudes
As entidades solicitantes relacionadas no artigo 3 da orde de convocatoria que desexen acollerse a estas axudas deberán presentar a correspondente solicitude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN 2026

 Presidencia da Xunta de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 23 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento PR852A).

jueves, 16 de abril de 2026

BOLSAS PARA REALIZAR MICROCREDENCIAIS

 Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 9 de abril de 2026 pola que se convocan bolsas para realizar microcredenciais incluídas no Plan de desenvolvemento de microcredenciais universitarias, no marco da compoñente 21, investimento 6, do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Obxecto
O obxecto desta convocatoria é dar resposta ás necesidades relacionadas coa formación permanente, de xeito que contribúa á cohesión social e a reducir as desigualdades.

Persoas beneficiarias
Alumando entre 25 e 64 anos que está matriculado en microcredenciais no curso 2025/26 e que se encontre nalgunha das seguintes situacións: discapacidade, desemprego ou vítima de violencia de xénero.

Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 10 ata o 27 de abril de 2026.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDAS VINNOVATE GALICIA 2025

 Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2026 pola que se amplía o crédito orzamentario existente para a concesión das axudas previstas na Resolución do 10 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas VInnovate Galicia ao abeiro da segunda convocatoria do mecanismo de financiamento interrexional VInnovate, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN848G).

SUBVENCIÓNS PARA A PARTICIPACIÓN EN RESIDENCIAS LITERARÍAS FÓRA DE GALICIA 2026

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 30 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT215D).

Obxecto
1. Esta convocatoria ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de subvencións para estadías en residencias literarias, que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galega para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia.
As estadías terán como finalidade que as persoas creadoras realicen a tradución das súas obras, que a súa estadía sexa necesaria para o proceso de investigación previo á creación da obra obxecto da residencia ou que precisen dun espazo e ambiente de traballo que lles permita continuar co desenvolvemento dun proxecto xa iniciado.
2. Para os efectos desta orde, considéranse persoas creadoras as definidas polo artigo 5.1 da Lei 17/2006, do 27 de decembro, do libro e da lectura de Galicia: as que interveñen no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro.
3. Para os efectos desta orde, considéranse gastos:
1) Gastos de inscrición ou matrícula na residencia literaria de destino.
2) Gastos de viaxe.
2.1) Inclúe os gastos asociados ao desprazamento (ida e volta) da persoa participante ao lugar de realización da residencia.
2.2) A Xunta de Galicia non asumirá en ningún caso os gastos de repatriación en caso de enfermidade ou falecemento das persoas subvencionadas a través desta orde.
3) Gastos de transportes internos.
Inclúe os gastos xerados polo uso de medios de transporte para desprazamentos na localidade ou localidades de realización da residencia apoiada, incluíndo gastos xerados polos traslados desde e cara ao aeroporto ou estación de chegada ou partida; gastos para o desprazamento entre localidades se a participación da persoa creadora ten lugar en distintas localizacións ou gastos xerados polo traslado cara a ou desde a localidade de realización da residencia cando o traxecto cuberto polo billete principal, incluído dentro dos gastos de viaxe, non cubra a totalidade do percorrido.
4. Gastos de aloxamento e manutención.
5. Gastos de subscrición dunha póliza de seguro de viaxe.
Correspóndense cos gastos de contratación dunha póliza de seguro que cubra os gastos das eventualidades que poidan xurdir durante a viaxe das persoas creadoras subvencionadas.
6. Gastos de subscrición dunha póliza de seguro médico.
Correspóndense cos gastos de contratación dunha póliza de seguro que cubra os gastos das eventualidades de saúde que poidan xurdir durante a estadía das persoas residentes.
7. De acordo co artigo 31.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a persoa beneficiaria da subvención deberá xustificar que os gastos subvencionables deben ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, de morosidade nas operacións comerciais.
8. Así mesmo, ten por obxecto convocar a dita subvención para o ano 2026.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas nesta orde aquelas persoas físicas ás cales se refire o artigo 1 desta orde:
Persoas físicas que interveñan no proceso de creación do libro nos correspondentes labores de escritura, tradución, deseño gráfico e ilustración do libro, que acrediten esta condición e desenvolvan o seu traballo no ámbito da Comunidade Autónoma galega.
2. As persoas solicitantes deben estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
2. Non serán admitidas en ningún caso solicitudes presentadas fóra do prazo e da forma establecida nesta orde.

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS AO ERASMUS+ DESTINADAS AO ALUMNADO QUE CURSA ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES CURSO 2025/26

 Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 31 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2025/26 (código de procedemento ED322A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2025/26.

Persoas beneficiarias
O alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia e que obtivese unha axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación cunha mobilidade en países do programa no curso 2025/26.

Requisitos
1. Poderá solicitar estas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado/a en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel MECES 2) no curso 2025/26 en calquera dos centros públicos de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Ser beneficiario/a no curso 2025/26 da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación cunha mobilidade en países do programa.
c) Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún país do que é nacional.
3. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

miércoles, 15 de abril de 2026

PROCEDEMENTO PARA A CONCESIÓN DO USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS PARA DESENVOLVER PROGRAMAS DE LECER EDUCATIVO E TEMPO LIBRE DURANTE A CAMPAÑA DE VERÁN 2026

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 30 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento para a concesión do uso de instalacións xuvenís para desenvolver programas de lecer educativo e tempo libre durante a Campaña de verán 2026 para colectivos xuvenís (código de procedemento BS304A).

Obxecto
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convoca o procedemento de concesión do uso das súas instalacións xuvenís dentro da programación da Campaña de verán 2026 para o desenvolvemento de programas de lecer e tempo libre, sen ánimo de lucro, dirixidas á mocidade, nos termos que se establecen nesta orde e de acordo coa distribución de prazas que se recolle no anexo I (código de procedemento BS304A).

Entidades e grupos destinatarios
Poderán solicitar o uso das instalacións de referencia:
a) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
b) Os consellos locais e municipais de xuventude.
c) As corporacións locais.
d) Outras entidades públicas ou privadas debidamente constituídas que realicen actividades coa mocidade.
e) Os grupos de persoas mozas non asociadas que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para desenvolver un programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Unha persoa integrante do grupo asumirá o papel de representante deste e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como destinatario, lle corresponden ao grupo e, en consecuencia, a todas as persoas que o forman. Será necesario que o grupo teña unha denominación que o identifique.

Forma, lugar e prazo de presentación de solicitudes
1. De acordo co establecido nos números 2 e 3 do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e co artigo 10.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. No caso da solicitude de instalacións para o desenvolvemento de actividades de tempo libre, no número de prazas solicitadas polas entidades e/ou grupos relacionados no artigo 3 incluiranse as correspondentes ás persoas integrantes do equipo de animación e calquera outra persoa, relacionada coa entidade ou grupo, que vaia estar na instalación durante o período solicitado.
3. O prazo de presentación de solicitudes será de sete (7) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

PROGRAMA CAMPAÑA DE VERÁN 2026

 Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

ORDE do 30 de marzo de 2026 pola que se regula a oferta de prazas para actividades xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2026 e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS303A).

Obxecto
1. A través desta orde, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude oferta as prazas para actividades xuvenís dentro da programación da Campaña de verán para o ano 2026 que se detalla no anexo I (código de procedemento BS303A), para facilitar que a xuventude galega poida participar en actividades de tempo libre de calidade.
As actividades que integran esta programación levaranse a cabo en diferentes quendas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
2. A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina web https://xuventude.xunta.gal

Persoas participantes
1. Poderán solicitar a súa participación nas actividades xuvenís ofertadas nesta convocatoria as persoas mozas residentes en Galicia, nacidas no ano sinalado no anexo I para cada actividade. Para participar nestas actividades, o/a menor solicitante deberá ter expedido e en vigor o DNI ou NIE na data de presentación da solicitude.
2. En canto ás idades mínima e máxima para participar na Campaña de verán 2026, as persoas nacidas no ano 2017 deberán ter 9 anos ao inicio do campamento e as persoas nacidas no ano 2008 non poderán facer os 18 anos antes da finalización do campamento.
3. Para ser admitida/o no campamento será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Para estes efectos, as persoas admitidas deberán comunicar se padecen algunha enfermidade transmisible con risco de contaxio cubrindo a epígrafe correspondente do anexo III-Cuestionario de saúde e autonomía persoal e declaración de saber nadar.
Para os campamentos que inclúan na súa programación actividades acuáticas, é requisito saber nadar, sen prexuízo do sinalado para as persoas con discapacidade no número 5. No formulario de solicitude a persoa representante do/da menor declarará responsablemente, segundo o caso, que este/a sabe nadar ou que non sabe nadar, para os efectos de participación en actividades acuáticas do campamento solicitado na Campaña de verán da Xunta de Galicia.
4. Ningunha persoa participante poderá ser admitida en máis dun campamento nesta convocatoria. A praza adxudicada será intransferible.
5. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán facer constar esta circunstancia na epígrafe que figura no anexo de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisa.
Para facilitar a selección dos campamentos e instalacións xuvenís máis axeitadas ás condicións das persoas participantes, a programación de actividades e as características das instalacións en que se desenvolven poderanse consultar na páxina web https://xuventude.xunta.gal
En función do tipo de discapacidade, poderá exceptuarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.
No caso de persoas participantes cunha discapacidade igual ou superior ao 33 %, deberase optar, de conformidade co artigo seguinte, polas prazas do procedemento xeral indicadas no anexo I, epígrafe A, no anexo I, epígrafe B (minicampamentos Coñece Galicia) e no anexo I, epígrafe D (intercambios noutras comunidades autónomas), ou polas prazas reservadas para inclusión relacionadas no anexo I, epígrafe C. Para tal efecto, deberán indicar no anexo de solicitude se solicitan ou non unha praza reservada para inclusión.
6. As persoas menores en situación de tutela ou garda pola Administración e que se atopen en acollemento residencial poderán participar nesta convocatoria, esta condición deberá indicarse no anexo de solicitude marcando o recadro correspondente.
7. O incumprimento dos requisitos sinalados neste artigo impedirá a participación da persoa solicitante no campamento.

Prazo
O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

martes, 14 de abril de 2026

XORNADA FORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADES DE NEGOCIO/ KIWI EN GALICIA: CLAVES PARA EMPRENDER CON ÉXITO NUN CULTIVO LÍDER




 

🥝 Queres coñecer as claves para emprender con éxito na produción de kiwi en Galicia?

O vindeiro 28 de abril de 2026 celebramos unha nova xornada formativa dentro do ciclo de oportunidades de negocio:

🎓 “Kiwi en Galicia: claves para emprender con éxito nun cultivo líder”

Da man de profesionais do sector, abordaremos aspectos clave como:
🌿 Condicións de cultivo e variedades (kiwi verde, amarelo e novas opcións)
💧 Planificación produtiva, rego e fertilización (incluíndo ecolóxica)
✂️ Calendario de labores: poda, pragas e manexo
💰 Investimento, rendibilidade e axudas dispoñibles
📦 Comercialización e tendencias de consumo

📆 28/04/2026
🕘 De 09:30 a 14:30
🖥️ Online
🎟️ Inscrición gratuíta
✍️ Reserva a túa praza aquí: https://us06web.zoom.us/meeting/register/Y5eUbefSTzi0t3bT47V4jg#/registration





AXUDAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN 2026

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento PR852A).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto establecer subvencións ás empresas xornalísticas que, estando debidamente inscritas no Rexistro Mercantil ou no que corresponda segundo a forma empresarial que adopten, realicen a súa actividade informativa orientada a alentar a defensa da identidade de Galicia, a promoción dos seus valores, a normalización da lingua e a defensa da súa cultura, e efectuar a convocatoria para o ano 2026.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Entidades beneficiarias
1. De acordo co establecido no Decreto 71/1999, do 18 de marzo, as beneficiarias destas axudas serán as empresas xornalísticas que publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións que cumpran co obxecto destas axudas e co resto dos requisitos establecidos nesta resolución.
2. As empresas beneficiarias deben acreditar un cadro medio de traballadores en alta de polo menos cinco traballadores e elaborar e difundir toda ou parte da súa produción informativa de forma específica no territorio da Comunidade Autónoma no ano natural anterior ao da convocatoria.
3. Quedan excluídas da concesión de axudas:
a) As empresas que emitan a través do sinal de televisión.
b) As entidades sen personalidade xurídica e/ou sen ánimo de lucro.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

miércoles, 8 de abril de 2026

XORNADA FORMATIVA SOBRE OPORTUNIDADE DE NEGOCIO_ HORTA GALEGA: CULTIVOS TRADICIONAIS E EMERXENTES

 



Para poder asistir e participar na Xornada PRODUCIÓN DE HORTA é preciso inscribirse previamente no enlace seguinte: https://us06web.zoom.us/meeting/register/aqwViIAEQOyJtg9R5Kss5Q#/registration Procedan a inscribirse para recibir o enlace á videoconferencia e poder participar. Pregamos non se esquezan de inscribirse.