viernes, 21 de enero de 2022

AXUDAS A CENTROS MUSEÍSTICOS DE GALICIA 2022

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

ORDE do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento CT110C).

Obxecto e finalidade
Constitúe o obxecto desta orde, por unha banda, o establecemento das bases reguladoras das axudas destinadas aos museos e outros centros museísticos que formen parte do Sistema Galego de Centros Museísticos para a realización de actuacións e actividades museísticas que faciliten a conservación, a seguranza, a documentación, a investigación, a difusión e, por outra, a convocatoria das axudas para o ano 2022 (código de procedemento CT110C).

Entidades beneficiarias
Poderán optar a estas axudas os entes locais e as entidades privadas sen fin de lucro galegas, titulares de museos, coleccións museográficas ou centros de interpretación, inscritas no Rexistro Xeral de Centros Museísticos de Galicia que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, con exclusión de:
a) Fundacións ou padroados en cuxo órgano de goberno participe a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e achegue recursos para financiar o seu funcionamento.
b) Entidades titulares de museos e centros museísticos destinatarios de subvencións nominativas coa mesma finalidade, consignadas nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, nas partidas de gasto correspondentes á Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.