jueves, 30 de julio de 2020

AMPLIACIÓN PRAZO DE SOLICITUDE DAS AXUDAS AOS PROXECTOS DE EMPRESAS GALEGAS PARA GARANTIR A SEGURIDADE LABORAL E XERAR CONFIANZA NO CONSUMIDOR

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

AMPLIACION PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS AXUDAS AOS PROXECTOS DOS COMERCIOS RETALLISTAS GALEGOS PARA CONTRIBUIR Á REACTIVACIÓN DO COMERCIO GALEGO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

AXUDAS AO SECTOR DO LÚPULO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Finalidade
As axudas recollidas nesta orde teñen como finalidade fomentar a produción do cultivo do lúpulo con novas plantacións, a reconversión e a mellora das plantacións existentes e a súa mecanización para asegurar o futuro do sector do lúpulo, evitar a tendencia ao abandono e adecuar a produción á demanda da industria, garantir a súa permanencia, rendibilidade e viabilidade a longo prazo.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde:

Liña A) Axudas para o establecemento de novas plantacións de lúpulo e a reconversión e mellora das explotación existentes:
As persoas físicas ou xurídicas, ou agrupacións de persoas físicas ou xurídicas incluídos entes sen personalidade xurídica, titulares de explotación agraria inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Comunidade Autónoma de Galicia (Reaga), con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación suficiente e que presenten unha memoria valorada na que se describa a viabilidade do investimento ou da actuación. Así mesmo, en caso de novas plantacións deberán presentar un plan de mellora no que se recollan os requisitos establecidos no anexo IV e en caso de reconversión varietal segundo o anexo V desta orde, que deberán recoller aspectos medioambientais.

Liña B) Axudas para a adquisición de maquinaria específica:
a) As Sociedades Cooperativas e as súas agrupacións ou unións.
b) Sociedades Agrarias de Transformación (SAT).
c) Asociacións de Produción Integrada en Agricultura ( APRIAS).
d) Outras agrupacións agrarias sen personalidade xurídica propia baseadas nun pacto contractual, recoñecido pola autoridade competente e subscrito por un mínimo de sete persoas físicas titulares de explotacións agrarias, aínda que excepcionalmente e en casos concretos, debidamente xustificados polas características do equipo para subvencionar, poderán reducirse os compoñentes destas agrupacións.
e) Agrupacións de produtores ou agricultores individuais que teñan unha superficie cultivada de lúpulo que faga viable a adquisición.
f) As persoas físicas ou xurídicas con experiencia no ámbito da actividade agraria ou que conten co nivel de capacitación profesional suficiente e requirido pola autoridade competente e que presenten un proxecto viable desde o punto de vista técnico e económico.
Poderanse presentar solicitudes conxuntas entre varios beneficiarios para a adquisición de maquinaria agrícola e equipos específicos, grupos de presión e máquinas ou instrumentos de modernización e mellora dos sistemas de seca da flor de lúpulo xa existentes e a súa instalación sempre e cando non supere o máximo por persoa beneficiaria establecido no artigo 38 do Real decreto 284/2019, do 22 de abril.
En ambos casos deberán cumprir os requisitos especificados no artigo 3 da orde da convocatoria.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

miércoles, 29 de julio de 2020

MODIFICACIÓN.- AXUDAS Á ETAPA PREDOUTORAL NAS UNIVERSIDADE DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA, ORGANISMOS PÚBICOS DE INVESTIGACIÓN E NOUTRAS ENTIDADE DO SISTEMA GALEGO DE I+D+i

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

ORDE do 20 de xullo de 2020, conxunta da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se modifica a Orde do 20 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa predoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, cofinanciadas parcialmente no ámbito das universidades do Sistema universitario de Galicia polo Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (códigos de procedemento ED481A e IN606A).

AXUDAS DE MOBILIDADE COMPLEMENTARIAS ÁS ACHEGADAS POLA UNIÓN EUROPEA NO MARCO DO PROGRAMA COMUNITARIO ERASMUS +

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2019/20.

Requisitos
Cidadáns/cidadás da Unión Europea ou estranxeiros/as non comunitarios/as con residencia legalizada no Estado español, matriculados/as no curso 2019/20 en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan ensinanzas artísticas superiores, que obtivesen unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2019/20 e non gozasen desta axuda en convocatorias anteriores.

Prazo de presentación de solicitudes
Un mes desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

martes, 28 de julio de 2020

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE TURISMO INTERIOR ELIXE GALICIA

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Primeiro. Datas de desenvolvemento do programa

1. Na anualidade 2020, o programa desenvolverase entre o 15 de setembro de 2020 e o 30 de novembro de 2020 para todas as modalidades e colectivos.

2. No que respecta á anualidade 2021, o programa executarase entre o 10 de marzo e o 30 de novembro de 2021 por quendas que agrupen as persoas beneficiarias por modalidade e colectivo coa excepción do período comprendido entre o 21 de xuño e o 10 de setembro e os períodos de Semana Santa, pontes ou festivos.

Contía da subvención e financiamento das actividades subvencionadas

1. Na anualidade 2020, a contía da axuda, a cargo da Axencia Turismo de Galicia, será variable atendendo a tempada de desfrute e modalidade do programa mentres que o prezo, a cargo das persoas beneficiarias (IVE incluído), será fixo atendendo a modalidade do programa sen distinción entre tempadas de desfrute.

O prezo fixo que deben pagar os usuarios é o correspondente á tempada baixa establecido na Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021:

Vacacións en zonas costeiras Rutas de patrimonio histórico e cultural Rutas de natureza e montaña 
Tempada        144 €                                       117 €                                                   117 €  

Estadías en balnearios

         198 €

2. Polo que respecta á anualidade 2021, a contía da axuda, a cargo da Axencia Turismo de Galicia, será variable atendendo a tempada de desfrute e modalidade do programa mentres que o prezo, a cargo das persoas beneficiarias (IVE incluído), será fixo atendendo a modalidade do programa sen distinción entre tempadas de desfrute.

O prezo fixo que deben pagar os usuarios é o establecido para a tempada media na Resolución do 21 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas para o programa de turismo interior Elixe Galicia de estadías de ocio para a mocidade, familias e maiores, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021:


Vacacións en zonas costeiras Rutas de patrimonio histórico e cultural Rutas de natureza e montaña 

  Tempada           180 €                                   129 €                                               129 €    

Estadías en balnearios

Tempada          222 €

Terceiro. Prazo de presentación de solicitudes para a tempada do ano 2021

As solicitudes presentaranse entre o 1 de outubro e o 1 de novembro de 2020 nas axencias comercializadoras do programa que teñan asinado o correspondente contrato coa empresa adxudicataria do contrato.

REGULAMENTO DA INDICACIÓN XEOGRÁFICA PROTEXIDA PAN GALEGO/PAN GALLEGO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

AMPLIACIÓN PRAZO XUSTIFICACIÓN SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN DE VIVEIROS INDUSTRIAIS DE EMPRESAS EN PARQUES EMPRESARIAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

MODIFICACIÓN.- PROMOCIÓN E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO A TRAVÉS DO PROGRAMA I E II

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

AMPLIACION ORZAMENTARIA SUBVENCIÓNS PROGRAMAS DIRIXIDOS A MULLERES EN SITUACIÓN DE ESPECIAL VULNERABILIDADE

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE DO 27 DE XULLO DE 2020 POLA QUE SE ESTABLECEN MEDIDAS DE PREVENCIÓN PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19 EN RELACIÓN COA CHEGADA Á GALICIA DE PERSOAS PROCEDENTES DOUTROS TERRITORIOS

lunes, 27 de julio de 2020

CHEQUE AUTONOMO #SeguimosAdiante


ESGOTAMENTO DO CRÉDITO DESTINADO Á AXUDAS AOS PROXECTOS DE REORGANIZACIÓN PRODUTIVA DAS EMPRESAS GALEGAS PARA A FABRICACIÓN DE EQUIPAMENTO SANITARIO

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

TARXETA BONO TURÍSTICO #QuedamosenGalicia

AXENCIA TURISMO DE GALICIA



Obxecto, contía e réxime das subvencións
Esta resolución ten por obxecto establecer as condicións polas que se rexerá a concesión do Bono turístico #QuedamosenGalicia, que se fará efectivo a través dunha tarxeta prepagamento que se cargará dunha soa vez cun total de 250 €, para a súa utilización nos establecementos e/ou para as prestacións turísticas ofertadas polas empresas adheridas ao programa Bono turístico e que se atopan publicadas na web da Axencia turismo de Galicia no portal promocional de Turismo de Galicia, https://www.turismo.gal/QuedamosenGalicia (código de procedemento TU985B).
O procedemento de concesión do Bono turístico é de outorgamento de subvencións en concorrencia non competititiva, ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo á orde de presentación de solicitudes ata o esgotamento do crédito previsto na presente resolución.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias deste bono aquelas persoas empregadas públicas, tanto persoal funcionario, estatutario ou persoal laboral, fixo ou temporal, que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
a) Todo o persoal do Sistema público de saúde de Galicia, tanto dependente da Consellería de Sanidade como do Servizo Galego de Saúde e das entidades públicas dependentes deste organismo.
b) Persoal empregado público destinado nos centros residencias de maiores, discapacidade e menores, calquera que sexa a súa categoría laboral.
2. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:
a) Que a persoa solicitante teña a condición de empregado publico das categorías establecidas no número anterior.
b) Que a persoa solicitante estivese prestando servizos dentro do período comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de xuño de 2020.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución ata o dia 30 de novembro de 2020 (incluído).

BONO CONCILIA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia competitiva, para a atención educativa de nenas e nenos de 0 a 3 anos, nas modalidades establecidas no artigo 4.2, en escolas infantís 0-3 non sostidas con fondos públicos a través do programa Bono concilia (procedemento BS403A), e convocalas para o curso 2020/21.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Bono concilia as familias residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que se encontren nos supostos seguintes:
a) Ter un fillo ou filla nado ou nada con posterioridade ao 31 de decembro de 2017 e que non cumpra os requisitos para acceder ao programa de gratuidade da atención educativa para segundos fillos ou fillas e sucesivos/as.
b) Estar en calquera das circunstancias seguintes:
1º. Ter solicitado praza en calquera das escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/21 e non obtela, sempre que se exercese a opción do programa Bono concilia.
2º. Ter solicitado praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/21 exercendo a opción do programa Bono concilia e que, tendo dereito por puntuación a unha praza, o horario demandado non coincida co de apertura da escola infantil, porque ambos/as proxenitores/as traballan en quenda de tarde ou en quendas rotativas, circunstancia que se acreditará documentalmente.
3º. Obter praza en escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos para o curso 2020/2021 e que se modifiquen considerablemente as condicións en que esta foi concedida.
4º. Ter obtido axuda deste programa no curso 2019/20 e solicitala para a mesma nena ou mesmo neno.
5º. Residir en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.
c) Escolarizar o neno ou nena nunha escola infantil 0-3 non sostida con fondos públicos que conte coa autorización pertinente segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia.
2. Para os efectos da orde, enténdese por escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos: as escolas infantís 0-3 dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, as escolas infantís 0-3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, as escolas infantís 0-3 e puntos de atención á infancia (PAI) dependentes das corporacións locais e as escolas infantís 0-3 dependentes das entidades privadas de iniciativa social que reciban axudas da Xunta de Galicia para mantemento do centro.

Prazo de presentación de solicitudes
1.O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
2. Con carácter excepcional, poderán presentarse solicitudes pasado o prazo ordinario establecido no número 2 e con data límite do 31 de outubro de 2020, nos seguintes supostos:
a) As familias que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos nas cales se producira un nacemento, acollemento ou adopción da nena ou neno con posterioridade á finalización do dito prazo.
b) As mulleres vítimas de violencia de xénero que residan en concellos onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos ás cales se lles expedise a documentación acreditativa desta condición con posterioridade á finalización do dito prazo.
c) As galegas e os galegos que retornasen a Galicia durante o ano 2020, que residisen fóra de España, sempre que o dito retorno se producise con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes e para un concello onde non existan escolas infantís 0-3 sostidas con fondos públicos.

SUBVENCIÓNS ÁS GALERIAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO



Finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2020 fóra da comunidade (código de procedemento CT215C).
2. Para os efectos das presentes bases, enténdense como galerías de arte as persoas físicas ou xurídicas que teñan como actividade principal a exposición aberta ao público de obras de arte cunha finalidade comercial. A Dirección Xeral de Políticas Culturais poderá solicitar a acreditación desta circunstancia de consideralo necesario.

Persoas beneficiarias
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen, poderán ser beneficiarias das axudas convocadas pola presente orde, as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2020.
b) Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicitan a subvención.
c) Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.
d) Acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas ou entidades solicitantes nas que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Políticas Culturais da Consellería de Cultura e Turismo.

MODIFICACIÓNS.- ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA, DO 12 DE XUÑO DE 2020, SOBRE MEDIDAS DE PREVENCIÓN NECESARIAS PARA FACER FRONTE Á CRISE SANITARIA OCASIONADA POLO COVID-19, UNHA VEZ SUPERADA A FASE III DO PLAN PARA A TRANSICIÓN CARA UNHA NOVA NORMALIDADE

viernes, 24 de julio de 2020

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA AO RENDEMENTO ACADÉMICO CURSO 2019/20

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (código de procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2019/20. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que destacase polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.

Persoas beneficiarias
Alumnado que cursase durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS PARA A ACREDITACIÓN, ESTRUTURACIÓN E MELLORA DE CENTROS DE INVESTIGACIÓN DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA

jueves, 23 de julio de 2020

AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO CO FIN DE PROMOVER A INTEGRACIÓN LABORAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA


Programa I: subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional (procedemento TR341K).

Obxecto e finalidade
O obxecto deste programa é subvencionar os custos salariais e da Seguridade Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos CEE.
A finalidade é promover a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción mediante o seu emprego nos CEE da Comunidade Autónoma de Galicia. Galicia.

Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo II das bases reguladoras e, en particular:
a) Que formen parte do seu cadro de persoal traballadores e/ou traballadoras co tipo e grao de discapacidade establecido no artigo 5.2 da orde que establece as bases reguladoras destas axudas e que se define no punto terceiro deste extracto.
b) Que dispoña de unidades de apoio á actividade profesional e que estas teñan a composición establecida no artigo 31 das bases reguladoras.

Persoal destinatario final do programa
As persoas traballadoras dos CEE con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral. Defínense así as persoas que se atopen nalgún dos seguintes supostos:
a) Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
b) Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

Contía e condicións da subvención
As subvencións establecidas neste programa destinaranse a financiar os custos salariais e da Seguridade e Social por conta da empresa derivados da contratación indefinida do persoal traballador das unidades de apoio á actividade profesional nos CEE.
A contía base será de 2.400 euros anuais por cada persoa traballadora apoiada, co tipo e grao de discapacidade indicados no punto terceiro, con contrato indefinido ou contrato temporal de duración igual ou superior a seis meses. Esta contía reducirase proporcionalmente en función da duración dos contratos e da xornada laboral.
Serán subvencionables os custos salariais, incluídos os da Seguridade Social correspondentes ás mensualidades que se indiquen en cada convocatoria de axudas. Nos CEE cualificados de iniciativa social, a porcentaxe máxima subvencionable será o 100 % dos custos indicados no punto precedente, e nos centros que non estean cualificados como tales, subvencionarase como máximo o 80 %.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Período subvencionable e xustificación da axuda
Con cargo á anualidade de 2020 subvencionarase o período do 1 de xullo de 2020 ata o 31 de outubro de 2020
Con cargo á anualidade 2021 subvencionarase o período de 1 de novembro de 2020 ata o 30 de xuño de 2021.
A presentación da conta xustificativa necesaria para o pagamento final das axudas do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional realizarase (detallada por anualidades) ao remate do período subvencionable, como data máxima o 30 de setembro de 2021.

Programa II: axudas para a creación de postos de traballo estables, adaptación de postos e asistencia técnica para os CEE (procedementos TR341E e TR341N).

Obxecto
O obxecto deste programa é incentivar a creación de postos de traballo estables, financiar as adaptacións dos postos e as asistencias técnicas que precisen os CEE recoñecidos como centros de iniciativa social, no seu proceso de creación ou de mellora e diversificación produtiva.

Entidades beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarios das subvencións que se regulan nesta orde os CEE que, na data da solicitude da subvención, figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo III desta orde.
Igualmente, os centros de traballo para os cales se solicite subvención deberán contar coa autorización administrativa prevista no artigo 7 do devandito Decreto 200/2005.
Para seren beneficiarios das axudas deste programa, os CEE deberán estar recoñecidos como centros de iniciativa social no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de conformidade co artigo 10 do Decreto 200/2005, do 7 de xullo, ou ter solicitado o recoñecemento desta condición na data de presentación da solicitude.
Exceptúase o caso da axuda da asistencia técnica para o informe de auditoría sobre a conta xustificativa recollida no artigo 40.d) a que poderán optar todos os CEE inscritos no Rexistro Administrativo de CEE da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de axuda
1. Neste programa recóllense tres liñas de axudas:
1.1. Subvención para a creación de postos de traballo estables en función do investimento en activo fixo (procedemento TR341E).
Finánciase a creación de novos postos de traballo indefinidos para persoas con discapacidade inscritas como demandantes de emprego non ocupadas no Servizo Público de Emprego ou a transformación en indefinidos dos contratos temporais, nos CEE de iniciativa social.
Establécese unha contía base de 12.000 euros por cada posto de traballo creado con carácter indefinido e a xornada completa, que será proporcional á xornada de traballo. O importe desta contía poderá incrementarse na porcentaxe dun 25 % por cada unha das seguintes circunstancias (acumulables entre si): ser muller, ter unha discapacidade con especiais dificultades de inserción ou estar en situación de risco ou exclusión social, ser maior de 45 anos, ser emigrante, ter a condición de trans ou ter o centro de traballo nun concello rural.
A contía máxima que poderá percibir un CEE por posto de traballo creado é de 30.000 euros. Cada un dos centros de traballo CEE poderá solicitar axuda por un máximo de 15 postos de traballo.
1.2. Subvención para a adaptación de postos de traballo (procedemento TR341N).
Finánciase á adaptación de postos de traballo ás persoas con discapacidade e a eliminación de barreiras arquitectónicas nos CEE de iniciativa social.
A contía máxima será de 2.000 euros por cada posto adaptado.
1.3. Subvención para a asistencia técnica (procedemento TR341N). Consta de 4 modalidades:
a) Axuda para a contratación de persoal de dirección (máximo 2 anos).
b) Axuda para a obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións.
c) Nos casos de creación dun centro de traballo (creación dun novo CEE ou ampliación do centro de traballo, coa debida cualificación do Rexistro Administrativo de CEE de Galicia) ou nos casos de diversificación da actividade do centro suficientemente acreditada, poderán outorgarse axudas de asistencia técnica consistentes en: estudos de viabilidade, organización, comercialización, labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, auditorías e informes económicos ou auditorías económicas e sociais.
d) Asistencia técnica para auditoría da conta xustificativa dos programas I e III.
A contía máxima por CEE será de 15.000 euros para as letras a), b) e c) no seu conxunto e entre 2.000 e 4.000 euros para a letra d), segundo o número de traballadores do centro.
2. O gasto realizado tanto no investimento en activo fixo para crear postos como no investimento para a adaptación dos postos de traballo ou nos servizos de asistencia técnica, excluídos o IVE ou, de ser o caso, os impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, é subvencionable ata 100 % para os CEE cualificados de iniciativa social.
O gasto realizado en asistencia técnica para o informe do auditor sobre a conta xustificativa será subvencionable ata un 100 % para os centros de iniciativa social e ata un 80 % para os demais centros especiais de emprego.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Período subvencionable e xustificación das axudas
O período subvencionable comprende desde o 1 de xullo de 2020 ata o 30 de xuño de 2021:
– Anualidade 2020: accións subvencionables desde o 1 de xullo de 2020 ao 31 de outubro de 2020. A xustificación desta axuda deberá realizarse como máximo o 16 de novembro de 2020.
– Anualidade 2021: accións subvencionables desde o 1 de novembro de 2020 ao 30 de xuño de 2021. Neste caso a xustificación da axuda deberá realizarse como máximo o 30 de setembro de 2021.

Programa III: axudas ao mantemento do custo salarial nos CEE (procedemento TR341M).

Obxecto
O obxecto deste programa é axudar aos CEE a financiar o custo salarial de todas as persoas traballadoras con discapacidade contratadas en centros de traballo do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Entidades beneficiarias
Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia, a súa organización e funcionamento (DOG núm. 138, do 19 de xullo), sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos no capítulo IV das bases reguladoras.
Así mesmo, poderán ser beneficiarias aquelas entidades que, na data de presentación da solicitude de axudas, teñan solicitado a súa cualificación como centro especial de emprego ou ampliación de novos centros de traballo.

Contía e condicións da subvención
Subvencionarase cun importe do 50 % do salario mínimo interprofesional (SMI) correspondente ás mensualidades indicadas na convocatoria, para as persoas con discapacidade contratadas nos centros especiais de emprego que estean de alta na Seguridade Social.
Para as persoas con discapacidade incluídas nalgún dos supostos do artigo 5.2, o importe será o 60 % do SMI.
No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a contía da subvención reducirase proporcionalmente. No suposto de que nun mesmo mes se produzan variacións na duración da xornada, soamente se terá en conta a porcentaxe da xornada laboral inferior para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Período subvencionable e xustificación das axudas
Con cargo á anualidade 2020, subvencionaranse as mensualidades de xullo a outubro de 2020.
Con cargo á anualidade orzamentaria de 2021, subvenciónanse as mensualidades de novembro e decembro de 2020 e as mensualidades de xaneiro a xuño de 2021.
A presentación da conta xustificativa necesaria para o pagamento final das axudas do Programa III de subvencións ao custo salarial (detallada por anualidades) será ao remate do período subvencionable, como data máxima o 30 de setembro de 2021.

miércoles, 22 de julio de 2020

TIPO DE XURO PARA O 2º SEMESTRE 2020 CONVENIOS E PROGRAMAS IGAPE

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Primeiro. Os tipos de xuro de referencia para o segundo semestre do ano 2020 para as operacións acollidas aos seguintes convenios e programas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) serán os seguintes:

– Préstamos dos convenios de apoio financeiro ás pemes 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005 e 2006: -0,14305 %.

– Préstamos do convenio de apoio financeiro ao sector pesqueiro de Galicia (DOG núm. 133, do 10 de xullo de 2001): -0,14305 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 222, do 15 de novembro de 2004): -0,14305 %.

– Convenio polo que se establece unha liña de avais do Igape para financiar a adquisición de dereitos de pesca por parte de armadores e agrupacións de produtores para o acceso da frota galega a caladoiros, subscrito entre o Igape e as entidades financeiras (DOG núm. 195, do 9 de outubro de 2006): -0,14305 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 101, do 28 de maio de 2007): -0,14305 %.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 244, do 19 de decembro de 2007): -0,14305 %.

– Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 58, do 25 de marzo de 2009): -0,14305 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, liñas Peme Xove e Peme Competitiva, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (DOG núm. 47, do 4 de marzo de 2008): -0,14305 %.

– Bases reguladoras das axudas para a habilitación de liñas de financiamento subsidiado para microempresas, proxectos emprendedores e investimentos das pemes para a mellora competitiva na Comunidade Autónoma de Galicia, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Programa Re-Imaxina), liñas 2 e 3 (DOG núm. 148, do 30 de xullo de 2009): -0,14305 %.

– Bases reguladoras para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol) (DOG núm. 142, do 27 de xullo de 2010; DOG núm. 40, do 28 de febreiro de 2011, e DOG núm. 110, do 7 de xuño de 2012): -0,14305 %.

Segundo. As entidades financeiras deberán comunicarlles aos beneficiarios dos préstamos subvencionados a variación do tipo de xuro.

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2020

CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO


Obxecto e contido dos premios
1. Concederase un único premio en cada unha das modalidades e non poderá recaer máis dun premio na mesma persoa ou entidade en modalidades distintas.
2. O premio consistirá nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

Candidaturas
1. Poderán ser candidatas as persoas, colectivos ou entidades, que se distingan pola súa traxectoria vinculada ao obxecto da modalidade correspondente de acordo co sinalado no artigo 1.
Na data de formalización da candidatura as persoas propostas como candidatas teñen que estar vivas, e os colectivos e entidades obxecto das candidaturas deben ter actividade.
2. As candidaturas só poderán ser presentadas por institucións e entidades culturais ou profesionais, públicas ou privadas, relacionadas co obxecto de cada premio, sen que os candidatos se poidan postular a si mesmos.

Prazo de formalización das candidaturas
1. O prazo de presentación de candidaturas será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes, segundo o establecido nos artigos 30 e 31 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
2. Non serán admitidas en ningún caso candidaturas presentadas fóra do prazo e da forma establecidos na presente orde.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO CURSO 2019/20

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Persoas beneficiarias
Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

martes, 21 de julio de 2020

AXUDAS PARA A MELLOREA DA CALIDADE DA AUGA

AUGAS DE GALICIA


Obxecto
Bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a mellora da calidade da auga proporcionada por comunidades de usuarios de augas de consumo na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento AU232A).

Entidades beneficiarias
Poderá ser beneficiarias destas axudas as comunidades de usuarios coa finalidade de abastecemento de auga para consumo humano legalmente constituídas na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas previsións do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

BASES PARA A CONCESIÓN DE PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS DEPENDENTES DESTA CONSELLERÍA E SE CONVOCAN PARA O CURSO ACADÉMICO 2020/21

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


 Obxecto
1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de adxudicación de prazas para residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e convocalas para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.
2. O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias é a seguinte:

Cidade                      Residencia                                                                    Núm. prazas

Lugo                        Centro Residencial Xuvenil LUG                               74 home/muller

Ourense                    Florentino López Cuevillas                                        55 home/muller

Vigo                          Altamar                                                                      87 home/muller

3. Do total de prazas resérvase un 9 % de prazas para as persoas solicitantes que desempeñen unha actividade profesional, tanto por conta propia como allea, distribuídas do seguinte xeito:

Cidade                         Residencia                                                              Núm. de prazas

Lugo                          Centro Residencial Xuvenil LUG                            7 home/muller

Ourense                       Florentino López Cuevillas                                     5 home/muller

Vigo                              Altamar                                                                   8 home/muller

No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

4. Así mesmo, do total de prazas resérvase tamén un 9 % para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. A distribución de prazas é:

Cidade                             Residencia                                                               Núm. de prazas

Lugo                         Centro Residencial Xuvenil LUG                                 7 home/muller

Ourense                      Florentino López Cuevillas                                         5 home/muller

Vigo                                       Altamar                                                             8 home/muller

No suposto de que non se cubran todas as prazas coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.
5. Os códigos de procedemento administrativo son BS303B (prazas de residencias xuvenís para estudantes) e BS303D (prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras).
6. Con este procedemento póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.

Requisitos das persoas solicitantes
1. Poderán optar ás prazas nas residencias xuvenís as persoas que reúnan os seguintes requisitos xerais:
a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento de presentación da solicitude.
b) Non ter perdido a condición de residente en convocatorias anteriores por causa imputable á persoa solicitante.
c) Ter feitos os 16 anos e non superar os 30 en data 31 de decembro do ano da presente convocatoria.
2. Requisitos específicos para as persoas solicitantes estudantes:
a) Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente, e estudos de másteres universitarios oficiais.
Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios nos cales a persoa solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
b) No concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar a persoa solicitante.
3. Requisitos específicos para as persoas solicitantes traballadoras:
a) Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
b) No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida, que teña unha duración mínima de tres meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
c) No caso de ser unha persoa traballadora por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.

Presentación de solicitudes
1. As persoas solicitantes que estean cursando estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou estudos de másteres universitarios oficiais, as persoas solicitantes traballadoras por conta propia e as persoas solicitantes traballadoras por conta allea que sexan empregadas das administracións públicas están obrigadas a presentar a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, e sempre que o prazo de presentación non rematase, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. En todo caso, a solicitude non será admitida a trámite se a presentación electrónica se realiza despois de rematado o prazo de presentación de solicitudes.
2. As persoas solicitantes que estean cursando estudos de formación profesional ou ciclos formativos ou de bacharelato, e as persoas solicitantes traballadoras por conta allea, non obrigadas á presentación electrónica, presentarán preferiblemente a súa solicitude por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, anexo I para as solicitudes de prazas de residencias xuvenís para estudantes, e o anexo II para as solicitudes de prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras.
Opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
3. Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.
O día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

CORRECCIÓN DE ERROS.- PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIÓN DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS QUE SE DESENVOLVAN EN MÁIS DUN TERMO MUNICIPAL DE GALICIA

viernes, 17 de julio de 2020

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE PRODUTOS, PROXECTOS E OBRAS REALIZADOS CON MADEIRA 2020

AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL


Actuacións obxecto de apoio
Ao abeiro destas bases reguladoras, as convocatorias anuais recollerán as seguintes liñas de apoio:
– Liña 1.1 (código de procedemento IN502B): axudas á redacción de proxectos de execución de construción nova, rehabilitación ou reforma de naves e establecementos de negocio que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
– Liña 1.2 (código de procedemento IN502C): axudas a proxectos para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou publicidade no lugar de venda (expositores PLV) realizados con madeira.
– Liña 1.3 (código de procedemento IN502D): axudas á redacción de proxectos de execución de novas vivendas unifamiliares ou de rehabilitación ou reconstrución de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
– Liña 2 (código de procedemento IN502E): axudas á realización de obras de reforma ou acondicionamento de locais comerciais ou de negocio con produtos de madeira.

Intensidade, réxime e concorrencia das axudas
1. As axudas que se concedan ao abeiro destas bases concederanse en forma de subvención, como unha porcentaxe do custo subvencionable dentro dos límites de intensidade previstos para cada liña que se indican a seguir e de acordo cos requisitos recollidos nos artigos 6 e 8 destas bases:
a) Liña 1.1.
O importe máximo da subvención será do 80 % do custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos, sen superar en ningún caso os 25.600 euros.
b) Liña 1.2.
O importe máximo da subvención será ata do 80 % do proxecto para o desenvolvemento de envases, embalaxes ou PLV, incluídos, se é o caso, os custos de ensaios ou verificacións, así como a fabricación, sen superar en ningún caso os 12.000 euros.
c) Liña 1.3.
O importe máximo da subvención será do 80 % do custo dos honorarios técnicos de redacción dos proxectos básico e de execución, sen superar en ningún caso os 16.000 euros.
d) Liña 2.
O importe máximo da subvención será do 80 % do investimento subvencionable, sen superar en ningún caso os 20.000 euros.

Persoas e entidades beneficiarias
1. Poderán ter a condición de beneficiarias nas correspondentes convocatorias anuais destas axudas:
– Para as liñas 1.1, 1.2 e 2: empresas e organismos intermedios.
Para os efectos destas bases, considerarase empresa calquera entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que desenvolvan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, as sociedades de persoas e as asociacións que desenvolvan unha actividade económica de forma regular.
Para os efectos destas bases, entenderase como organismo intermedio as organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia, que de forma habitual presten servizos de apoio ás pemes e dispoñan de recursos materiais e humanos para impulsar e orientar os proxectos.
– Para a liña 1.3: persoas físicas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar as solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta convocatoria e permanecerá aberta ata o 30 de setembro de 2020, ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esta data.

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN ESCÉNICA 2019

MODIFICACIÓN.- SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DO SECTOR AUDIOVISUAL CELEBRADOS EN GALICIA E SE CONVOCAN PARA O ANO 2020

jueves, 16 de julio de 2020

AXUDAS PARA INVESTIMENTO NA MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO DAS ESCOLAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DE ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto e finalidade
1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de axudas económicas ás entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro para a adecuación e mellora das escolas infantís 0-3 da súa titularidade a través da realización das obras menores e da compra do equipamento precisos, na consideración de que a calidade das infraestruturas e do mobiliario e recursos educativos utilizados son un factor básico de impulso da calidade da atención prestada (código de procedemento administrativo BS403F).
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas axudas para o ano 2020.

Entidades beneficiarias
1. As entidades privadas de iniciativa social sen ánimo de lucro que teñan en funcionamento unha ou máis escolas infantís 0-3 que desenvolva/n a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia sempre que a/s escola/s para a/s que solicita/n a axuda cumpra/n os seguintes requisitos:
a) Os establecidos no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección de servizos sociais en Galicia, entre eles, a inscrición no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, no Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención á infancia, no Decreto 192/2015, do 29 de outubro, polo que se define a Carteira de servizos sociais de familia, infancia e adolescencia, así como na normativa de desenvolvemento, se é o caso.
b) Aplicar unha tarifa de prezos equivalente ao réxime de prezos previsto na normativa autonómica aplicable.
2. A entidade beneficiaria non poderá ter recibido axudas financiadas con Fondos Estruturais e de Investimento Europeos 2007-2013 (en diante, fondos EIE) para o mesmo concepto de gasto.
3. Non se poderá obter a condición de entidade beneficiaria destas subvencións cando concorra algunha das circunstancias ou prohibicións sinaladas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Todos os requisitos e condicións esixidos deberán cumprirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

Accións e gastos subvencionables
Subvencionaranse actuacións destinadas á realización de obras menores de adecuación e mellora das infraestruturas dos centros de atención á primeira infancia, así como obras novas de escasa contía que melloren a accesibilidade ou doten o edificio de servizos necesarios, a compra de mobiliario interior e exterior e de material didáctico e de xogo e a dotación de conexión á internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula, tales como ordenadores, encerados dixitais, gravadoras, cámaras de vídeo ou similares.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

miércoles, 15 de julio de 2020

II PREMIO EMPREGADOS/AS PÚBLICOS/AS INNOVADORES/AS 2020

AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN


Obxecto
A finalidade do premio é recoñecer o compromiso e a actitude innovadora do persoal ao servizo da Xunta de Galicia xa que fai posible unha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora capaz de satisfacer as necesidades da cidadanía (código do procedemento IN822D).

Persoas beneficiarias
Poderá participar nesta convocatoria todo o persoal funcionario e laboral, incluído no artigo 4.a), 4.c) e 4.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (https://boe.es/boe/dias/2015/05/23/pdfs/BOE-A-2015-5677.pdf).

A forma de participación poderá realizarse a título individual ou conformando un equipo de traballo. O número máximo de persoas para conformar unha candidatura é de tres persoas e, neste caso, indicarase expresamente a persoa física designada como portavoz do equipo, que será a encargada das comunicacións.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de dos meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.Persoas beneficiarias


REDISTRIBUCIÓN CRÉDITOS ORZAMENTARIOS SUBVENCIÓNS ÁS ENTIDADES COLABORADORAS DA REDE EUSUMO PARA REALIZAR ACTIVIDADES DE PROMOCIÓN E IMPULSO DO COOPERATIVISMO E DA ECONOMÍA SOCIAL, 2020-21

martes, 14 de julio de 2020

REAPERTURA DAS RESIDENCIAS XUVENÍS, ALBERGUES E CAMPAMENTOS XUVENÍS E DAS RESIDENCIAS DE TEMPO LIBRE

PREMIOS DE EXCELENCIA ACADÉMICA AO ALUMNADO DE GRAO UNIVERSITARIO OFICIAL

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar os premios de excelencia académica de grao para o alumnado do Sistema universitario de Galicia.

Persoas destinatarias
1. Os premios destínanse ao alumnado universitario de grao oficial que obtivese as mellores cualificacións no curso 2018/19 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
2. Concederase un premio por cada curso dos plans de estudos das titulacións oficiais de grao de cada centro, ao alumnado que finalizase, no curso académico mencionado no punto anterior deste artigo, os estudos de primeiro, segundo ou terceiro curso nas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Para o alumnado dos graos oficiais con máis de catro cursos, segundo o plan de estudos das ditas titulacións, estenderase o premio ata o cuarto curso, para os graos de 5 anos, e ata o quinto curso, para o grao de 6 anos.
Para o alumnado dos programas de simultaneidade de graos estenderase o premio ata o penúltimo curso da organización docente.

Procedemento para a determinación dos premios: obrigas das universidades
1. Os premios outorgaranse de oficio por proposta das universidades do Sistema universitario de Galicia.
2. O órgano competente en materia de xestión académica de cada unha das universidades do Sistema universitario de Galicia remitirá á Secretaría Xeral de Universidades, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria, a súa proposta mediante a certificación incluída como anexo I desta orde, na cal constan os datos correspondentes ás persoas coa nota media máis alta en cada un dos cursos dos plans de estudos oficiais de grao de cada centro, así como dos programas de simultaneidade de grao.
Ao día seguinte de finalizado ese prazo, as universidades publicarán na súa páxina web a relación das persoas propostas para recibir o premio.
3. As universidades do Sistema universitario de Galicia, unha vez determinadas as persoas que cumpren os requisitos establecidos nesta orde, deberán:
1º. Publicar na páxina web da universidade, no prazo establecido no punto segundo deste artigo, a relación do alumnado seleccionado. Nela, indicarán a necesidade de manifestar a súa aceptación expresa á Secretaría Xeral de Universidades no prazo dun mes desde a dita publicación, utilizando para iso o anexo II desta orde, advertíndolles que, de non presentala nese prazo, entenderase que renuncian ao premio.
2º. As persoas propostas deberán presentar obrigatoriamente a súa aceptación expresa por medios electrónicos a través do formulario PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
4. As universidades presentarán obrigatoriamente a súa proposta, realizada segundo o anexo I, á Secretaría Xeral de Universidades por medios electrónicos a través do formulario PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
5. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

PRAZAS DE TECNIFICACIÓN E RENDEMENTO DEPORTIVO TEMPADA 2020/21

DECRETO 98/2020, 2 DE XULLO, PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIÓN DA CELEBRACIÓN DE ESPECTÁCULOS PÚBLICOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS QUE SE DESENVOLVAN EN MÁIS DUN TERMO MUNICIPAL DE GALICIA

viernes, 10 de julio de 2020

MODIFICACIÓN.- MARCO DE APOIO AO ACCESO AO CRÉDITO DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS

INDEMNIZACIÓNS EN MATERIA DE SANIDADE VEXETAL

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto:
a) Establecer, no marco dos programas de control e loita contra pragas de corentena, as bases reguladoras para a concesión de indemnizacións polas medidas fitosanitarias adoptadas sobre os vexetais afectados polos organismos de corentena.
b) Convocar a concesión de indemnizacións para o ano 2020 (procedemento MR465A).

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas indemnizacións as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica cuxos produtos vexetais fosen afectados polas medidas fitosanitarias adoptadas en virtude dunha declaración da presenza da praga pola autoridade competente, orixinada polo desenvolvemento dun programa oficial de erradicación dos organismos de corentena dos determinados na correspondente convocatoria. As empresas poderán ser beneficiarias sempre que teñan a consideración de pequena e mediana empresa agraria, segundo o establecido nas directrices comunitarias sobre axudas estatais ao sector agrario e forestal para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
2. No caso de produtores de plantas de viveiro, estes deberán estar inscritos nos correspondentes rexistros oficiais, polo que non será posible o outorgamento de indemnización se no momento da inspección inicial o viveiro non cumpre este trámite.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fora inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

REAPERTURA DOS CENTROS DE ATENCIÓN DIURNA PARA PERSOAS MAIORES E PERSOAS CON DISCAPACIDADE, CENTROS OCUPACIONAIS E CASAS DO MAIOR