viernes, 29 de abril de 2016

CONCURSO EDUEMPRENDE IDEA 2016

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA


Obxecto e ámbito de aplicación
Esta resolución ten por obxecto convocar o concurso Eduemprende Idea 2016, co fin de potenciar a realización de proxectos empresariais polo alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
Beneficiarios
Poderá participar nesta convocatoria o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2015/16 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.
b) A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
c) As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarios/as de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, segundo o indica o artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de maio de 2016.






MODIFICACIÓN PRAZO DE SOLICITUDE ÚNICA DE AXUDAS PAC/DR 2016

FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2016 pola que se comunica a modificación, pola normativa básica estatal, do prazo de presentación da solicitude única de axudas PAC/DR 2016.

 O prazo para a presentación en Galicia da solicitude única de axudas PAC/DR 2016 concluirá o 15 de maio de 2016, incluído.

ADHESION ALIADOS DIXITAIS AO PLAN DE INCLUSIÓN DIXITAL

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA



Obxecto e ámbito de aplicación
O obxecto desta resolución é regular a adhesión de «aliados dixitais» ao Plan de inclusión dixital de Galicia 2020 e o seu procedemento.
A través das denominadas «alianzas dixitais» entre a Amtega e os diferentes axentes do ecosistema dixital, no marco da mellora da inclusión dixital preténdese proporcionar á cidadanía as aptitudes dixitais que lles permitan facer pleno uso das tecnoloxías para aumentar a súa empregabilidade e favorecer a súa inserción social.
Liñas de colaboración
No marco desta resolución, os denominados «aliados dixitais» que teñan interese en participar na mellora da inclusión dixital poderán colaborar nos seguintes ámbitos:
• Organización e desenvolvemento de actividades formativas, conferencias, seminarios ou xornadas de alfabetización e capacitación dixital, promoción da innovación social dixital, así como produtos ou servizos concretos sobre os beneficios e usos das TIC en xeral.
• Fomento do emprego de novas aplicacións, das vantaxes do uso dos novos dispositivos e de boas prácticas que favorezan unha utilización responsable e axeitada dos contidos, servizos e aplicacións da sociedade dixital.
• Elaboración e cesión de contidos dixitais propios e/ou espazos físicos para o seu aproveitamento colectivo por parte do resto de axentes do ecosistema e cidadanía no marco da inclusión dixital.
• Co-creación de espazos e coñecemento dirixidos a toda a cidadanía galega.
• Deseño e posta en marcha de proxectos e iniciativas singulares para a inclusión dixital en colaboración co resto dos axentes.
• Participación en eventos ou iniciativas para a difusión, divulgación e dinamización das TIC entre a poboación de Galicia.
• Difusión da inclusión dixital e as súas actuacións.
Procedemento de adhesión de «aliados dixitais»
A presentación de solicitudes efectuarase de xeito unicamente electrónico a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das comunicacións será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

CONVOCATORIA PROBAS XESTOR DE TRANSPORTE EN EMPRESAS DE TRANSPORTE POR ESTRADA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Primeiro. Os exercicios da primeira convocatoria do ano 2016 das probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estrada terán lugar o 14 de maio de 2016, no Pazo de Congresos e Exposicións de Galicia (Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, San Lázaro, Santiago de Compostela).
Segundo. Os/as aspirantes que fosen admitidos/as para a realización das probas serán citados/as en chamamento único segundo a seguinte distribución:
a) Transporte interior e internacional de viaxeiros/as: todos/as eles/as ás 9.00 horas.
b) Transporte interior e internacional de mercadorías:
Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras A-L (ambas as dúas inclusive): 9.00 horas. Non obstante, todos/as aqueles/as aspirantes incluídos/as nesta relación que estean admitidos/as tamén para as probas de viaxeiros/as quedan convocados/as para as 16.15 horas.
Aqueles/as aspirantes cuxa primeira letra do primeiro apelido estea comprendida entre as letras M-Z (ambas as dúas inclusive): 16.15 horas.
Terceiro. Unha vez situados/as os/as aspirantes dentro da aula, non se permitirá a súa saída, agás no suposto de entrega do exercicio. Non obstante, o tribunal poderá apreciar a concorrencia de circunstancias médicas debidamente acreditadas, como no suposto de mulleres embarazadas, toma de medicamentos ou similares, que fagan necesario que o/a aspirante teña que ir ao baño.
Cuarto. Os/as aspirantes deberán presentarse provistos/as de DNI en vigor ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, tamén en vigor; a súa falta dará lugar á non admisión do/a aspirante á realización das probas. Recoméndase igualmente aos/ás aspirantes que concorran provistos/as da copia da solicitude de admisión e da folla xustificativa do pagamento das taxas de exame.
Así mesmo, deberán dispor dun lapis do número 2 e goma de borrar para realizar o exame, de xeito que se poida efectuar a súa corrección mediante mecanismos automatizados. Poderán tamén levar máquinas calculadoras sen memoria RAM para realizar as operacións matemáticas que resulten necesarias.
Quinto. Non se permitirá o acceso á sala onde se realizarán os exercicios con teléfonos móbiles.
Igualmente, tampouco se permitirá o acceso e tenza de axendas ou outros dispositivos de carácter electrónico, agás o indicado no punto anterior respecto das máquinas calculadoras. Do mesmo xeito, queda prohibido o acceso con calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización das probas.

Advírtese de que non haberá servizo de recolla de teléfonos móbiles.

INSTRUCCIÓNS PARA ACCESO ÁS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES PARA ESTUDIANTES QUE NON ESTEAN EN POSESIÓN DO TÍTULO DE BACHAREL

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Obxecto
Convocar a proba de acceso, para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaoito anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática, de Deseño, e de Conservación e Restauración de Bens Culturais, para o curso escolar 2016/17, así como para os aspirantes que non estean en posesión do título de bacharel ou equivalente e fagan dezaseis anos no ano 2016, ás ensinanzas artísticas superiores de Música, que se rexerá polas seguintes instrucións
Inscrición para realizar a proba
a) A inscrición realizarase na secretaría dos seguintes centros educativos entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 30 de maio, ambos inclusive:
– Conservatorio Superior de Música da Coruña.
– Conservatorio Superior de Música de Vigo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.
– Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.
– Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
– Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
b) Para a formalización das solicitudes de admisión, os centros superiores facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto cunha copia compulsada do DNI ou NIE ou pasaporte.
c) Os centros superiores onde se realice a inscrición deberán enviarlle á dirección xeral, a través do correo electrónico sxeefp@edu.xunta.es, o día 31 de maio, a relación de persoas inscritas para realizar a proba de acceso, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade ou do documento acreditativo.
d) A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada centro o día 31 de maio, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es .
e) Poderanse presentar reclamacións contra a listaxe provisional entre os días 1 e 2 de xuño, ambos os dous incluídos, no mesmo centro onde se realizou a inscrición (ou a través do correo electrónico sxeefp@edu.xunta.es).
f) A relación definitiva de persoas admitidas e excluídas para a realización da proba farase pública o día 3 de xuño no taboleiro de anuncios de cada centro, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es .
 Desenvolvemento da proba
a) A proba de acceso realizarase o día 6 de xuño, ás 9.00 horas, no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela, de acordo co seguinte horario:
– 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 10.30 horas: Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).
– Das 10.30 ás 11.30 horas: Lingua Castelá e Literatura.
– Das 12.00 ás 13.00 horas: Lingua Galega e Literatura.
– Das 13.00 ás 14.00 horas: Filosofía e Cidadanía ou Historia da Filosofía.
– Das 16.00 ás 17.00 horas: Historia de España ou Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
b) As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu documento oficial de identidade e copia da folla de solicitude de inscrición.
Tribunal e cualificacións
a) A proba de acceso será administrada e avaliada polo tribunal que se recolle no anexo a esta resolución.
b) Os membros deste tribunal terán dereito á percepción de asistencias de acordo co establecido no capítulo IV do Decreto 144/2001, do 7 de xuño.
c) A proba de acceso será cualificada cos termos de apto e non apto.

INSTRUCCIÓNS PARA ACCESO E ADMISION DO ALUMNADO EN ENSINANZAS SUPERIORES DE ARTE DRAMÁTICO CURSO 2016/17

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Acceso
a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010 para o acceso ás ensinanzas de grao en Arte Dramática, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
b) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato poderán realizar a dita proba e, no caso de obter praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido, e deberán acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo perderán o dereito á matrícula e á praza.
c) De conformidade co artigo 5.6 do Real decreto 630/2010, a superación desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas.
 Inscrición para realizar as probas
a) A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 14 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.
b) Para a formalización das solicitudes de admisión, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na Secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:
– Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezaoito anos ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude, e quedará condicionada á superación dela.
c) O día 15 de xuño, a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia exporá a lista provisoria de admitidos nas probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclamación entre os días 16 e 17 de xuño, ambos incluídos.
d) A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia deberá enviar á comisión, a través do correo electrónico asesoria.musicasuperior@edu.xunta.es, o día 20 de xuño, a relación de persoas inscritas para realizar as probas de acceso en cada especialidade, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade.
e) A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia o día 21 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es .
Desenvolvemento das probas
a) As probas específicas de acceso comezarán o día 29 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.
b) A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organizará a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.
c) Proba específica. O sistema de acceso constará dunha única proba, que comprenderá dous exercicios. O primeiro exercicio é común a todas as especialidades e consistirá en dúas probas escritas. A primeira consistirá na análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda consistirá na análise dun fragmento dun ensaio teatral. O segundo exercicio estará referido á especialidade pola cal opten.
Matrícula
a) O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 12 e 22 de xullo.
b) Para a formalización das solicitudes de matrícula a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia facilitaralles ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na Secretaría da escola, que se xuntará á documentación xa presentada. A falta de formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xustificadas, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2016/17.
c) A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnos e alumnas admitidos, e non se cuantifica para estes efectos o alumnado repetidor.

INSTRUCCIÓNS PARA O ACCESO E ADMISIÓN DO ALUMNADO A ENSINANZAS SUPERIORES DE MÚSICA CURSO 2016/17

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA


Acceso
a) De acordo co establecido no artigo 16 da Orde do 30 de setembro de 2010 para o acceso ás ensinanzas de grao en música, requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
b) Aquelas persoas que desexen realizar a proba específica de acceso e teñan pendente algunha das materias do bacharelato, poderán realizar a dita proba e, no caso de obteren praza, matricularse de forma provisional no prazo establecido, e deben acreditar a obtención do título de bacharel antes do inicio do curso no mes de setembro; no caso de non acreditalo, perderán o dereito á matrícula e á praza.
c) A nota media do expediente académico do grao profesional de música do alumnado que estea en posesión do título profesional de música ou equivalente suporá un 40 % da cualificación final da proba de acceso. Para tales efectos, e en termos de cómputo, farase unha media ponderada da cualificación media obtida nos estudos do grao profesional.
d) No relativo ao cálculo da nota media do alumnado das ensinanzas profesionais de música, será tido en conta o establecido polo Real decreto 1953/2009, do 18 de decembro, polo que se modifican o Real decreto 1577/2006, do 22 de decembro, o Real decreto 85/2007, do 26 de xaneiro, e o Real decreto 1467/2007, do 2 de novembro.
e) De conformidade co artigo 5.6 do Real decreto 631/2010, do 14 de maio, a superación desta proba específica permitirá acceder a calquera dos centros do Estado onde se cursen estas ensinanzas, sen prexuízo da súa dispoñibilidade de prazas.
Inscrición para realizar as probas
a) A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 6 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, os centros deberán expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.
b) Para a formalización das solicitudes de admisión, os conservatorios superiores facilitarán ás persoas interesadas o modelo para o efecto. Unha vez cuberto, entregarase unha única instancia na secretaría do centro, xunto coa documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:
• Título de bacharel ou titulación equivalente, ou certificación de ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos. No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso a estas ensinanzas para maiores de dezaseis anos ou algunha materia do bacharelato, farano constar na solicitude e queda condicionada á súa superación.
• Título profesional de música ou certificación académica en que figure ter realizado o depósito do correspondente título, ou o libro de cualificacións das ensinanzas profesionais, se é o caso.
c) O día 7 de xuño os conservatorios superiores de música exporán a lista provisoria de admitidos ás probas. O alumnado que non sexa admitido poderá presentar a súa reclamación os días 8 e 9 de xuño.
d) Os conservatorios onde se realice a inscrición deberán enviar á comisión, a través do correo electrónico asesoria.musicasuperior@edu.xunta.es, o día 10 de xuño, a relación de persoas inscritas para realizar as probas de acceso en cada especialidade e itinerario, ordenadas alfabeticamente, con apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, e centros a que opte, ordenados segundo a súa preferencia.
e) A relación de persoas inscritas será exposta no taboleiro de anuncios de cada centro o día 13 de xuño, así como no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es
Desenvolvemento das probas
a) As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.
b) Os conservatorios organizarán a distribución horaria e de espazos de actuación de cada tribunal.
Matrícula
a) O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 7 e 15 de xullo.
b) Para a formalización das solicitudes de matrícula os conservatorios facilitarán ás persoas interesadas os modelos para o efecto. Unha vez cubertos, entregarase unha única instancia na secretaría do conservatorio, que se xuntará á documentación xa presentada. A falta de formalización de matrícula no prazo estipulado, salvo causas debidamente xustificadas, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2016/17.
c) A posta en marcha de cada especialidade estará condicionada á existencia dun número mínimo de alumnos e alumnas admitidos. Non se cuantifica para estes efectos o alumnado repetidor.

jueves, 28 de abril de 2016

SUBVENCIÓNS PARA ADQUIRENTES, ADXUDICATARIOS OU PROMOTORES INDIVIDUAIS PARA USO PROPIO DE VIVENDA QUE CONTEN CO FINANCIAMENTO CUALIFICADO DO PLAN DE VIVENDA E REHABILITACIÓN 2009-2012

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2016, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a afrontar os gastos derivados da adquisición, da adxudicación ou da promoción individual de vivenda para uso propio, por parte de persoas que obtivesen financiamento cualificado do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas físicas:
a) As adquirentes de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
b) As adquirentes de vivendas libres de prezo limitado, así como de vivendas usadas.
c) As adxudicatarias de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral promovidas en réxime de cooperativa.
d) As promotoras individuais para uso propio de vivendas de protección autonómica de réxime especial ou xeral.
2. En todo caso, será requisito necesario que as persoas beneficiarias estean acollidas ao sistema de financiamento para o primeiro acceso á vivenda en propiedade do Plan de vivenda e rehabilitación 2009-2012, así como ter formalizado un préstamo convido entre o 6 de novembro de 2009 e o 31 de decembro de 2012 e, ademais:
a) No caso de persoas adquirentes ou adxudicatarias, que conten coa escritura pública de compravenda ou adxudicación inscrita no Rexistro da Propiedade, onde conste, separadamente, o prezo da vivenda e de cada un dos anexos, se os tiver.
b) Cando se trate de persoa promotora individual para uso propio de vivenda protexida, que conte coa resolución de cualificación definitiva da vivenda.
Prazo de presentación de solicitudes:Ata o 28 de maio de 2016.

miércoles, 27 de abril de 2016

SUBVENCIÓNS PARA REMATE DE FACHADAS E CUBERTAS, REHABILITACIÓN E RECONSTRUCCIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NO ÁMBITO RURAL, HISTÓRICO E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO


Finalidade
Esta resolución ten por obxecto convocar para a anualidade de 2016, a través dun procedemento de concorrencia non competitiva, subvencións a fondo perdido para as persoas promotoras de actuacións de remate de fachadas e cubertas, así como de rehabilitación e reconstrución de edificios e vivendas no ámbito rural, histórico e dos Camiños de Santiago.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas promotoras das actuacións que cumpran os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e, ademais, conten coa resolución de cualificación definitiva de data anterior á mencionada no punto cuarto desta resolución.
2. Así mesmo, poderán ser persoas beneficiarias aquelas que, estando en posesión da cédula de rehabilitación de calidade, non a solicitasen nos catro anos inmediatamente anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención ou que, téndoa presentado nese período, rematase o seu procedemento sen obter subvención por esgotamento do crédito establecido na convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 27 de maio de 2016.

CONVOCATORIA PRAZAS NAS RESIDENCIAS XUVENÍS PARA O CURSO 2016-17

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
A presente orde ten por obxecto convocar para o curso académico 2016/17, en réxime de concorrencia competitiva, 220 prazas para mozos e mozas (de 16 a 30 anos) nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social.
Con esta oferta póñense as residencias xuvenís ao servizo da mocidade que, por razóns de estudo ou traballo, se vexa obrigada a permanecer fóra do concello onde ten a súa residencia habitual.
Período da estadía
O período máximo de estadía das persoas beneficiarias será de 11 meses e estará comprendido entre o 1 de setembro de 2016 e o 31 de xullo de 2017. Exceptúanse os períodos de vacacións de Nadal e Semana Santa.
As persoas beneficiarias que teñan a condición de estudantes iniciarán e finalizarán a súa estadía na residencia coincidindo co curso académico no cal estivesen matriculadas (respectando sempre o período máximo antes indicado) e, en todo caso, concluirán a súa estadía co remate dos estudos desenvolvidos.
En calquera caso, as persoas beneficiarias deberán iniciar a súa estadía na residencia como prazo máximo o 31 de outubro.
Requisitos das persoas solicitantes
3.1. Requisitos xerais, para todas as persoas solicitantes:
Poderán optar ás prazas obxecto da presente convocatoria os mozos e as mozas que reúnan os seguintes requisitos:
– Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza.
– Non ter perdido a condición de residente por causa imputable á persoa solicitante.
– Ter os 16 anos feitos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2016.
3.2. Requisitos específicos para a mocidade estudante:
– Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato, estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas.
– Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non obteña a nota de corte ou puntuación académica mínima exixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual.
3.3. Requisitos específicos para a mocidade traballadora:
– Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante.
– No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde a data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
– No caso de ser unha persoa traballadora autónoma por conta propia, será necesario que estea dada de alta no réxime de traballadores/as autónomos/as da Seguridade Social, con anterioridade á publicación da presente convocatoria.
 Prazo de presentación da solicitude: ata o 27 de maio de 2016.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA EN GALICIA

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
O outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Vivenda para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que xustificasen ante a Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non, de xeito efectivo, no referido órgano de representación.
As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, polo menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial no cal desenvolven a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 27 de maio de 2016.

martes, 26 de abril de 2016

SUBVENCIÓNS COMPLEMENTARIAS DE ALOXAMENTOS PROTEXIDOS ACOLLIDOS AO PLAN DE VIVENDA E REHABILITACIÓN 2009-2012

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA


Obxecto
Esta orde ten por obxecto convocar para a anualidade 2016, a través dun procedemento en réxime de concorrencia non competitiva, subvencións destinadas a favorecer a construción de aloxamentos protexidos.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas promotoras de aloxamentos protexidos que reúnan os requisitos establecidos nos artigos 35 e seguintes do Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, polo que se regula o Plan estatal de vivenda e rehabilitación 2009-2012, e no Decreto 402/2009, do 22 de outubro. A promoción terá que contar con cualificación definitiva emitida con anterioridade ao 31 de decembro de 2012.
Prazo de presentación de solicitudes: Ata o 26 de maio de 2016.

viernes, 22 de abril de 2016

SUBVENCIÓN REDES BANDA LARGA DE NOVA XERACIÓN EN POLÍGONOS INDUSTRIAIS

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA


Finalidade
Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade. As subvencións tramitadas ao abeiro destas bases reguladoras están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
Os despregamentos de rede estarán encamiñados á cobertura de polígonos industriais obxectivo, os solicitantes deberán indicar a súa proposta de porcentaxe de empresas que se vai cubrir para cada un dos polígonos industriais incluídos no anexo II da convocatoria.
Persoas beneficiarias
As persoas que posúan a condición de operadoras, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.
Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias, as unións temporais de empresas (UTE) en que polo menos un dos integrantes teña a condición de operador segundo se establece no parágrafo anterior.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 23 de maio de 2016.


PROGRAMA XUVENTUDE CREA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL

ORDE do 11 de abril de 2016 pola que se convoca o programa Xuventude Crea.

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen o programa Xuventude Crea e proceder á súa convocatoria para o ano 2016 pola Consellería de Política Social e que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.
Destinatarios/as
1. Poderán solicitar a participación os/as mozos ou mozas galegos/as, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016, agás o establecido no capítulo II segundo cada especialidade.
2. Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
3. Enténdese por profesional, para os efectos da presente disposición, aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta en que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónoma nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
4. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.
5. A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta disposición, e unicamente a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación destas, así como para decidir a suspensión dunha especialidade no caso de non acadarse unha participación mínima de dez solicitantes logo de comunicación a estes.
6. A información contida neste artigo debe ser fornecida de acordo co disposto no capítulo II (parte específica).
Prazo de presentación das solicitudes e emenda de defectos
1. O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta disposición no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de xuño de 2016.
2. Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, requirirá a persoa solicitante para que, no prazo de 10 días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa petición, de conformidade co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de resolución, que será ditada nos termos do artigo 42.

PREMIOS DE ARQUITECTURA E REHABILITACIÓN DE GALICIA 2016

CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA

ORDE do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Comunidade Autónoma de Galicia 2016.

 Modalidades de premios
Establécense as seguintes modalidades de premios:
1. Premio galego de arquitectura. O xurado poderá outorgar o premio galego de arquitectura entre os proxectos de nova planta relativos a actuacións que xerasen unha nova edificación ou obras de ampliación e que teñan suficiente entidade propia como para poder ser valorados de forma independente á construción orixinal.
Dotación económica: 6.000 €.
2. Premio galego de rehabilitación. O xurado poderá outorgar o premio galego de rehabilitación entre os proxectos de rehabilitación relativos a intervencións de recuperación e adecuación do parque edificado existente.
Dotación económica: 6.000 €.
3. Mencións. Entre as actuacións que non obtivesen premio poderán destacarse con mención aquelas que o xurado aprecie como merecedoras dun especial recoñecemento.
4. Premios especiais. O xurado poderá outorgar premios nas categorías especiais que se indican a continuación:
a) Á sustentabilidade. Destinado a destacar aquela actuación que supoña a implementación dunha arquitectura responsable co ambiente, os recursos e as xeracións futuras.
Dotación económica: 4.000 €.
b) Á traxectoria profesional. Recoñecemento á meritoria traxectoria profesional a favor da arquitectura, no territorio galego, que o outorgará o xurado con base nas propostas formuladas polas entidades integrantes do xurado.
Dotación económica: 4.000 €.
Condicións dos proxectos e das persoas premiadas
1. Poderán optar a estes premios, agás do especial á traxectoria profesional, os proxectos arquitectónicos de edificacións finalizadas entre os días 1 de xaneiro de 2011 e 31 de decembro de 2015 dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. As persoas físicas ou xurídicas autoras dos citados proxectos deberán ser profesionais da arquitectura.
3. Poderán propoñerse para o premio especial á traxectoria profesional as persoas arquitectas que pola súa contribución a favor da arquitectura no territorio galego sexan merecedoras dun especial recoñecemento.
Prazo de presentación de candidaturas aos premios de arquitectura e rehabilitación e ao premio especial de sustentabilidade
1. O prazo de presentación de candidaturas será de corenta días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación da presente orde.
2. Unha vez finalizado o prazo de presentación de candidaturas, a persoa secretaria do xurado levantará acta dos proxectos presentados, que será publicada na web do IGVS.

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO INICIAL DAS AXUDAS ECONÓMICAS DIRIXIDAS A EMPRESAS QUE REALICEN PUBLICACIÓNS PERÍODICAS ESCRITAS INTEGRAMENTE EN GALEGO

AMPLIACIÓN DO CRÉDITO INICIAL DAS AXUDAS A EMPRESAS XORNALÍSTICAS E DE RADIODIFUSIÓN

jueves, 21 de abril de 2016

PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
Concesión dos Premios Camiño de Santiago como un recoñecemento institucional e social ás iniciativas destinadas a conservar, mellorar e embelecer a contorna das distintas rutas do Camiño de Santiago, así como a aqueloutras que supoñan novos servizos ou a mellora daqueles que se prestan aos peregrinos, e ás accións específicas de divulgación e promoción, de xeito que se contribúa a un aumento da conservación, promoción e difusión, así como á posta en valor do Camiño de Santiago, da cultura xacobea e do seu patrimonio.
Os Premios Camiño de Santiago constarán das seguintes categorías:
1ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polos concellos, as agrupacións de concellos, as mancomunidades, os consorcios locais, as áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais, todos eles da Comunidade Autónoma de Galicia e polos que discorra calquera das rutas do Camiño de Santiago.
2ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou actuacións presentadas polas asociacións de amigos do Camiño de Santiago.
3ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades desenvolvidas polas persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
4ª categoría: destinada a distinguir as iniciativas ou as actividades de carácter académico, investigador ou educativo, con dúas modalidades:
a) Os traballos de investigación e estudo do Camiño de Santiago e da peregrinación e/ou cultura xacobea, e/ou do patrimonio cultural ligado ao Camiño de Santiago desenvolvidos por centros de investigación, universidades ou similares.
b) Os traballos de carácter educativo relacionados coa temática do Camiño de Santiago levados a cabo polos centros de ensino de educación primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios
1. Poderán participar nesta convocatoria, segundo as categorías establecidas:
a) Na primeira categoría, os concellos, as agrupacións de concellos de Galicia, mancomunidades de concellos de Galicia, os consorcios locais galegos e as áreas metropolitanas, se as houber, ou outras entidades locais de Galicia que presenten un proxecto.
Para os efectos desta resolución, considérase agrupación de concellos unha candidatura subscrita por dous ou máis concellos.
b) Na segunda categoría, as asociacións de amigos do Camiño de Santiago legalmente constituídas.
c) Na terceira categoría, as persoas físicas ou as persoas xurídicas constituídas baixo calquera forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que estean comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme).
d) Na cuarta categoría, modalidade a), as universidades, centros de investigación ou investigadores independentes.
e) Na cuarta categoría, modalidade b), os centros de ensino de educación primaria e secundaria de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 21 de maio de 2016.
Prazo de aceptación ou renuncia ao premio
O prazo para a aceptación ou renuncia ao premio será de 10 días hábiles desde a notificación da resolución da concesión.

AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA EN REXIME ASOCIATIVO

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL


Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da media 4, Investimentos en activos físicos, submedida 4.1, Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (procedemento MR351A), así como convocalas para o ano 2016.
Así pois, serán subvencionables os seguintes investimentos:
a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.
Non se subvencionarán:
a) A simple reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) O IVE e outros impostos que sexan recuperables.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias, as cooperativas de utilización de maquinaria agrícola (CUMA), as cooperativas de explotación comunitaria da terra ou sociedades agrarias de transformación.
Prazo de presentación de solicitudes:ata o 21 de maio de 2016.

miércoles, 20 de abril de 2016

BOLSAS DE ESTADÍA NA CASA DE VELÁQUEZ EN MADRID

CONSELLO DA CULTURA GALEGA


Obxecto
Bolsas de estadía do Consello da Cultura Galega na Casa de Velázquez en Madrid coa finalidade de contribuír ao estudo e investigación da proxección e relación da cultura galega, especialmente no mundo francófono.
Persoas beneficiarias
Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea, que están en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao e que rematasen os seus estudos no curso 2010/11 ou posterior.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 20 de maio de 2016


CORRECCIÓN DE ERROS.- AXUDAS AOS INVESTIMENTOS EN TECNOLOXÍAS FORESTAIS, PROCESADO, MOBILIZACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS FORESTAIS

CORRECCIÓN DE ERROS.- USO DE INSTALACIÓNS XUVENÍS EN RÉXIME DE OFERTA CONCERTADA DURANTE A CAMPAÑA DE VERÁN 2016

lunes, 18 de abril de 2016

PROGRAMA DESEÑANDO O TEU FUTURO

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL


Obxecto
A finalidade das axudas é financiar os proxectos dirixidos a que os mozos e as mozas entre 14 e 18 anos realicen estadías-visitas non remuneradas nos distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia, para os efectos de que adquiran competencias, habilidades e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e a súa formación.
O período do proxecto será de dous meses e terá como data límite de realización o 15 de novembro de 2016.
A duración das estadías-visitas será entre 5 e 15 días hábiles. As xornadas diarias nas empresas/entidades públicas ou privadas serán de 4 horas como mínimo.
O número de mozos/as participantes non poderá ser superior a 30.
Beneficiarios/as
A) Entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia, que presten servizos á mocidade, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das entidades que as conforman.
B) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes:ata o 18 de maio de 2016.

viernes, 15 de abril de 2016

AXUDAS PERIÓDICAS DE APOIO A MULLERES QUE SOFREN VIOLENCIA DE XÉNERO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA



Obxecto
Son axudas económicas individuais de carácter periódico que se conceden en réxime de concorrencia non competitiva, e a súa finalidade é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para intentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica.
2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos ou condicións: a) Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica; b) Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce (12) meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude; c) Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia; d) Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2016.

AXUDAS DE MEDIDAS DE PROTECCIÓN INTEGRAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

VICEPRESIDENCIA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA



Obxecto
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e a súa finalidade é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres maiores de idade ou emancipadas vítimas de violencia de xénero.
2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos: a) non conviviren co agresor; b) estaren empadroadas e teren residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, teren permiso de residencia; c) teren especiais dificultades para obteren un emprego; d) careceren de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 % do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
3. Non poderán ser beneficiarias as mulleres que percibisen con anterioridade esta axuda ou a axuda periódica establecida no artigo 39 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de novembro de 2016.

EXTRACTO da Resolución do 5 de abril de 2016, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (axudas de indemnización establecidas no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero).

Obxecto
Estas axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e a súa finalidade é facer valer o dereito recoñecido por sentenza xudicial ditada por xulgados e tribunais con sede no territorio galego.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas de indemnización as mulleres, maiores de idade ou emancipadas, vítimas de violencia de xénero e todas as persoas que dependan económica e/ou asistencialmente dunha muller que sufra violencia de xénero.
2. Ademais, entre outros, deberán cumprir os seguintes requisitos: a) non conviviren co agresor; b) estaren empadroadas e teren residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, teren permiso de residencia; c) teren dereito á percepción dunha indemnización por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Comunidade Autónoma de Galicia; d) que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento; e) que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 31 de outubro de 2016.

miércoles, 13 de abril de 2016

BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



Obxecto
Establecer as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas de formación en biblioteconomía, con acompañamento de titor, para o tratamento técnico dos fondos así como calquera outra actividade que permita a súa formación e coñecemento dos diversos servizos bibliotecarios.
Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias as persoas solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:
– Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación, grao en Información e Documentación, licenciatura ou grao en Historia ou Xeografía e Historia, Filoloxía ou Lingua e Literatura, Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Humanidades.
– Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio da orde.
– Non se ter beneficiado anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.
– Non poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas que se atopen nalgún dos supostos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e deberán achegar, para estes efectos, unha declaración responsable de que non concorre ningunha das circunstancias previstas no referido artigo.
A concesión da bolsa será incompatible con outras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, de acordo co disposto no artigo 14.1.p) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de maio de 2016.

BOLSAS DE FORMACIÓN EN MATERIA DE PATRIMONIO MOBLE GALEGO

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA



Finalidade
Para impulsar a formación do futuro persoal técnico en materia de museos e posibilitar a dita aprendizaxe, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca oito (8) bolsas de formación en materia de patrimonio moble galego en museos propios e xestionados pola Consellería cunha duración de seis (6) meses.
A finalidade das bolsas é proporcionar unha formación teórico-práctica que, engadida á formación académica, contribúa a completar o currículo académico. As bolsas concederanse en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade.
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias destas bolsas os/as solicitantes que cumpran os seguintes requisitos:

1.a) Solicitantes de bolsas de documentación de fondos de patrimonio moble:
– Licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, con formación académica nalgunha das materias que se relacionan a continuación:
• Historia ou Antropoloxía.
• Historia da Arte.
• Arqueoloxía.
b) Solicitantes de bolsas de restauración de fondos de museos e coleccións visitables de Galicia:
– Diplomatura universitaria en Conservación e Restauración de Bens Culturais ou equivalente, nas especialidades de:
• Arqueoloxía.
• Pintura ou Escultura.
2. Acreditar dominio da lingua galega, nivel iniciación, mediante certificación oficial ou certificado Celga 3.
3. Non ter desfrutado, con anterioridade á publicación da respectiva convocatoria, de bolsas dun período de tempo igual ou superior a vinte e catro meses (24) das convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para inventario, catalogación e restauración de fondos de patrimonio moble.
4. Non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda.
5. Non ter sido sancionado por infracción cometida por razón de bolsas concedidas para a formación en materia de patrimonio moble galego.
6. Cada solicitante só poderá presentar unha solicitude para unha bolsa como máximo.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 13 de maio de 2016.

martes, 12 de abril de 2016

LEI 4/2016 DE ORDENACIÓN DA ASISTENCIA XURÍDICA DA ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA E DO SEU SECTOR PÚBLICO

SUBVENCIÓNS PARA O FOMENTO DE COMERCIALIZACIÓN DA ARTESANÍA GALEGA E IMPULSO DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR ARTESÁN

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA

Obxecto
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega para actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2016, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2015 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2016 e, se for o caso, os gastos efectivamente realizados e pagados das feiras que teñan lugar entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2016.
Beneficiarios
Titulares de obradoiros artesanais que figuren inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia.
Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.
Considéranse actuacións subvencionables:
Para titulares de obradoiros artesáns:
A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se efectúa venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma galega, que se realicen nos mercados nacionais ou internacionais.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.
A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.
A porcentaxe subvencinable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.
O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar os 7.000 euros, IVE excluído.
Para concellos:
Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluída a edición en curso. A porcentaxe subvencianable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.
Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluída a edición en curso. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se conta cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non acaden o 80 % dos expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 euros.
Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns:
Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia de distintos oficios cun número de 15 edicións, incluída a edición en curso, e que conten cun mínimo de 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000 euros.
Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se efectúa venda directa con retirada de mercadoría.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá ser superior aos 15.000 euros.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 12 de maio de 2016.

lunes, 11 de abril de 2016

SUBVENCIÓNS Á COOPERACIÓN ENTRE PEQUENOS OPERADORES TURÍSTICOS

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
Fomento da cooperación entre pequenos operadores turísticos para colaborar na organización de procesos de traballo conxuntos e compartir recursos de cara ao desenvolvemento e á comercialización do turismo.
Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos de Galicia.
Os produtos turísticos terán carácter innovador e deberán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:
a) Produtos cabeceira de marca de Galicia.
– Camiño de Santiago.
– Bosques de Galicia (natureza).
– Mananciais de Galicia (termalismo).
– Paseando entre viñedos (enogastronomía).
– Turismo mariñeiro.
– Ruta das camelias (xardíns de Galicia).
– Faros e praias salvaxes.
– Patrimonio oculto.
– Santuarios máxicos.
b) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar.
c) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo senior.
d) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».
e) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.
f) Creación de rutas turísticas innovadoras.
g) Produtos construídos baixo a idea da cultura celta de Galicia.
h) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.
Beneficiarias
Epresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que estean inscritas, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de acordo cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónomas galegas situadas no ámbito rural de Galicia, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de xeito efectivo a colaboración na súa actividade comercial, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 11 de maio de 2016.




AXUDAS INDIVIDUAIS DESTINADAS Á ADQUISICIÓN DE SERVIZOS DE PROMOCIÓN DA AUTONOMÍA PERSOAL, ADQUISICIÓN DE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE ASITENCIA PERSOAL

GALEUROPA, PROGRAMA DE MOBILIDADE TRANSNACIONAL XUVENIL

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL



Obxecto
O obxecto é a concesión de axudas de mobilidade transnacional xuvenil, para que os mozos e mozas menores de 30 anos inscritos no ficheiro do SNGX no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia poidan realizar prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos, durante un período mínimo de 2 meses e máximo de 4.
Beneficiarios/as
BS324A. Mozos e mozas individualmente, inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
BS324B. Entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.
BS324C. Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 9 de maio de 2016.
Outros datos
Todas as entidades e persoas ás cales se lles conceda a axuda recibirán un anticipo do 80 % sobre o total da cantidade concedida, se así o solicitan.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva e efectúase, en cada procedemento, por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.
As axudas están suxeitas ao réxime de custos simplificados baseados en custos unitarios. Na convocatoria establécense unhas táboas, que varían en función do país de destino, do número e da duración das mobilidades, así como do número de persoas que participen nos proxectos. Os conceptos subvencionables son:
– No procedemento BS324A, custos de viaxe ao país de destino (ida e volta), custos de aloxamento e manutención (inclúe transporte local e seguros) e axudas para o apoio lingüístico.
– Nos procedementos BS324B e BS324C, ademais dos custos de viaxe, aloxamento e manutención da mocidade participante, establécense outros gastos para a organización do proxecto (que inclúen gastos como a convocatoria e selección, o apoio lingüístico e a preparación sociocultural de participantes) e gastos de execución dos proxectos (apoio para as viaxes de mentores da entidade de envío e apoio para os gastos da entidade de acollida).

SUBVENCIÓNAS A ESTABLECEMENTOS DE TURISMO RURAL, HOTELEIROS, RESTAURANTES, CAFETARÍAS, BARES ETC, PARA A OBTENCIÓN OU MANTEMENTO DA MARCA Q

AXENCIA TURISMO DE GALICIA


Obxecto
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á certificación, ao seguimento e á renovación da marca Q de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE).
2. Consideraranse actuacións subvencionables as dirixidas á mellora da calidade turística: procesos de primeira certificación, seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE, correspondentes ao ano 2016 e que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2016.
3. Os conceptos obxecto desta axuda son aqueles procedentes de colaboracións externas e servizos asociados aos procesos de certificación cuxos custos sexan soportados directamente polos establecementos:
• Custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación do sistema, facturados por entidade auditora acreditada polo ICTE para a realización da auditoría de certificación, seguimento ou renovación. Só se terán en conta as xustificacións de gasto con data da auditoría de certificación posterior, e quedarán excluídos os gastos xerados polo persoal dependente dos establecementos, así como aqueles gastos en que incorra o solicitante durante o proceso de implantación da correspondente norma UNE. Os importes obxecto de subvención serán os derivados, exclusivamente, dos custos de auditoría do ano 2016.
• Custos derivados dos dereitos de uso da marca Q no ano 2016, unha vez acadada a certificación, seguimento e/ou renovación do establecemento, facturados polo ICTE ao establecemento.
Só se pagará a axuda no caso do logro efectivo da certificación correspondente, que se deberá acreditar de maneira fidedigna ante a Axencia Turismo de Galicia, e non se pagará, en ningún caso, a axuda sen esta condición.
4. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Persoas beneficiarias
1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, as persoas xurídicas constituídas baixo forma mercantil ou civil e as comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e que teñan inscrita conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), a actividade turística para a cal se solicita a axuda, de acordo cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Os anteditos beneficiarios deben estar comprendidos na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así, pequena empresa é aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocios anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é a que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede os 43 millóns de euros.
Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir coa documentación achegada polo solicitante da subvención. No caso de que o representante legal non sexa o mesmo que figura no REAT, deberá acreditarse esta condición coa presentación da solicitude.
2. Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
3. Non poderán obter a condición de beneficiario aqueles nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursos nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado.
4. Unha vez ditada a resolución de concesión, os cambios na persoa titular do establecemento subvencionado terán que ser previamente autorizados pola Administración concedente e darán lugar á modificación da resolución de concesión nos termos do disposto no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o novo titular subrogarase na posición xurídica de beneficiario da subvención.
Prazo de presentación de solicitudes:ata o 7 de maio de 2016.