martes, 31 de diciembre de 2024

ORZAMENTOS XERAIS DE GALICIA PARA 2025 E MEDIDAS FISCAIS E ADMINISTRATIVAS.

Presidencia da Xunta de Galicia

LEI 4/2024, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.


LEI 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

AMPLIACIÓN DO PRAZO DE SOLICITUDE DO PROGRAMA MOVES III

 Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2024 pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes recollido na Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos á mobilidade eléctrica (programa Moves III) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN421Q e IN421R).

AXUDAS A PEMES, AUTÓNOMOS, ASOCIACIÓNS E FUNDACIÓNS DE GALICIA PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a pequenas e medianas empresas, autónomos, asociacións e fundacións da Comunidade Autónoma de Galicia para a construción e ampliación de instalacións de preparación para a reutilización (en diante PxR) de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e construción de instalacións de reciclado de residuos téxtiles ao tempo que se fai pública a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V).

Entidades beneficiarias
1. Con carácter xeral, poderán ser persoas beneficiarias destas axudas, pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, de 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da UE (Regulamento xeral de exención por categorías), calquera que fora súa forma xurídica, que, cumprindo o establecido neste artigo, desenvolvan ou materialicen o proxecto ou actuación obxecto da subvención no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Considerarase empresa, aos efectos das presentes bases reguladoras e segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica incluídas as asociacións e fundacións sen ánimo de lucro. Inclúense nesta definición, en particular, os autónomos, comunidades de bens e calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda que carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial.
3. Cando se trate de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica e sempre que se axuste ao sinalado no apartado 2 deste artigo, poidan desenvolver o proxecto, actividade ou comportamento para o que se solicita a axuda deberase facer constar expresamente tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos integrantes da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a condición de persoa beneficiaria. Deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación con poderes bastantes para cumprir coas obrigas propias dos beneficiarios dunha subvención. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
4. Unha empresa non pode concorrer á convocatoria de maneira simultánea para a mesma actuación de maneira individual e a través dunha agrupación na que se integre. De darse o caso inadmitirase a solicitude que, de conformidade coa data de presentación, fose posterior no tempo. En cambio, si será posible que unha mesma empresa concorra a esta convocatoria de maneira simultánea para as diferentes liñas subvencionables as que se refire o artigo 3, para o que deberá presentar unha solicitude para cada unha das liñas subvencionables, de ser o caso.
5. Non poderán ter a condición de persoa beneficiaria:
a) As entidades ou empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) As entidades ou empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento UE nº 651/2014), sempre que a situación de empresa en crise fose anterior ao 31 de decembro de 2019.
c) As entidades ou empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
d) No caso de que a subvención supere os 30.000 euros e a persoa solicitante estea incluída no ámbito de aplicación subxectivo da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade en operacións comerciais, e cumpra os requisitos establecidos no artigo 258 do Real decreto lexislativo 1/2010, do 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de sociedades de capital para os efectos de presentación da conta de perdas e ganancias abreviada, non poderán ter a condición de beneficiaria as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na mencionada lei. Deberá achegarse declaración responsable de que se atopa ao corrente no cumprimento dos prazos de pago establecidos no artigo 4 de dita Lei 3/2004, de 29 de decembro (anexo I).

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.
En todo caso, non se admitirán a trámite e se ditará resolución de inadmisión e arquivo daquelas solicitudes que se presenten fora do prazo establecido neste artigo.

Outros datos
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, (anexo I), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal (código de procedemento MT975V).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

SUBVENCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS 2025

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento PR945C).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar a convocatoria do ano 2025 de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, en réxime de concorrencia competitiva, para o desenvolvemento de actividades deportivas (código de procedemento PR945C).

Entidades beneficiarias
Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas (liña I), así como os núcleos de adestramento deportivo especializados (liña II) xestionados por algunha das entidades anteriores, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia.
No caso dos núcleos de adestramento deportivo especializados, deberán estar recoñecidos na data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Actuacións subvencionables e compatibilidade
5.1. Na liña de actuación I serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial en 2024.
5.2. Na liña de actuación II serán subvencionables os gastos derivados da participación en competicións de carácter oficial e os gastos correntes do núcleo de adestramento deportivo especializado no período comprendido entre o 1 de decembro de 2024 e o 30 de novembro de 2025.
5.3. As subvencións concedidas ao abeiro destas bases poderán ser concorrentes con subvencións doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, incluídas as axudas ás sociedades anónimas suxeitas ao réxime de minimis, sen prexuízo da obriga de comunicarlle ao órgano concedente a súa obtención. O importe total das subvencións en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, ingresos ou recursos, supere o gasto realizado pola entidade beneficiaria. Esta circunstancia deberá ser acreditada pola entidade beneficiaria conforme o establecido no artigo 15 destas bases.
5.4. As axudas desta orde reguladas nas liñas I e II son compatibles entre si, polo que unha mesma entidade poderá optar á subvención pola participación en competicións de carácter oficial e, de ser o caso, como núcleo de adestramento deportivo especializado.

Prazo para presentar as solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

viernes, 27 de diciembre de 2024

ESGOTAMENTO DE CRÉDITO DO PROGRAMA DE APOIO PARA A CONTRATACIÓN DE MULLERES EN OCUPACIÓNS MASCULINIZADAS E PARA A ADAPTACIÓN DE ESPAZOS NAS EMPRESAS.

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2024, da Secretaria Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ao esgotamento de crédito do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas (código de procedemento TR349W) da Orde do 9 de xullo de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de apoio para a contratación de mulleres en ocupacións masculinizadas e para a adaptación de espazos nas empresas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 139, do 18 de xullo).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS ÁS EMPRESAS DE INSERCIÓN (EI)

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 23 de decembro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 13 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás empresas de inserción (EI) e ás súas entidades promotoras (códigos de procedemento TR356A e TR356C).

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE AXUDAS A CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO (CEE) 2024

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 20 de decembro de 2024 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 5 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (códigos de procedemento TR341K, TR341E, TR341N e TR341M).

jueves, 26 de diciembre de 2024

SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE CREACIÓN, PRODUCIÓN, PROMOCIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL 2025

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical e se procede á convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT207L).

Finalidade
Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para proxectos de creación, produción, promoción e difusión musical

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións todas as empresas e as persoas traballadoras autónomas con sucursal, ou oficina permanente, de polo menos un ano previo a esta convocatoria, na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade habitual en Galicia e que se dediquen ao management de artistas ou formacións musicais ou a edición fonográfica.
Enténdese por management a xestión, promoción, asesoramento e planificación da carreira profesional de artistas e formacións musicais nun mercado profesional e competitivo.
Enténdese por edición fonográfica a fixación de audio nun soporte para a súa comunicación ou publicación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN DE CRÉDITO DAS AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS 2024

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 23 de decembro de 2024 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT809E).

lunes, 23 de diciembre de 2024

SUBVENCIÓNS DO PLAN RENOVA O TEU VEHÍCULO 2025

 Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativas ao Plan Renova o teu vehículo, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria, mediante tramitación anticipada, para a anualidade 2025 (códigos de procedemento IN421T e IN421U).

Obxecto
1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a adquisición no ano 2025 de vehículos do Plan Renova o teu vehículo por parte de persoas físicas e empresas que cumpran cos requisitos e as condicións establecidos nos artigos desta resolución.
2. A concesión destas axudas realizarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3. As solicitudes presentaranse a través dos concesionarios de automóbiles que actuarán como entidades colaboradoras.

Persoas beneficiarias
1. Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os suxeitos que se enumeran a seguir:
a) As persoas físicas con residencia habitual no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarios destas axudas:
a) Non poderán ser destinatarios últimos das axudas os concesionarios ou puntos de venda cuxa epígrafe da sección primeira das tarifas do imposto sobre actividades económicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 1175/1990, do 28 de setembro, sexa o 615.1 ou 654.1.
b) Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as empresas en que concorra algunha das causas de exclusión previstas no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 2831/2023 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.
3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Forma e prazo de presentación de solicitudes
1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará a partir do primeiro día hábil seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución e rematará o 15 de setembro de 2025, e para solicitar a súa adhesión a entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de adhesión (anexo II).
2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 22 de xaneiro de 2025 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2025 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).
A adquisición do vehículo obxecto da subvención e o achatarramento do vehículo que se renova poderase efectuar a partir do 1 de xaneiro de 2025.
3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos para os dous procedementos, a través do formulario normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou ben desde a páxina web do Inega (http://www.inega.gal), de acordo co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (LPACAP).

AMPLIACION DE CRÉDITO DAS AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO 2024

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se publica a ampliación do crédito da Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MT809B).

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO LOBO 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809B).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código do procedemento MT809B).

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando que se especifica no anexo I e que fose afectado por ataques de lobos dentro da Comunidade Autónoma.

Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 1 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será dun mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o ataque do xeito e no prazo previsto na Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo lobo e se convocan para o ano 2024.
b) Para os danos ocasionados a partir da entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS PARA PALIAR OS DANOS PRODUCIDOS POLO XABARIL NOS CULTIVOS AGRÍCOLAS 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809E).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas afectadas polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabaril, coa finalidade de compensar estes danos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT809E).

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas:
a) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril, inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As persoas, físicas ou xurídicas, titulares de explotacións agrarias de autoconsumo onde se constaten os danos aos cultivos agrícolas producidos polo xabaril.

Prazo de presentación de solicitudes
a) Para os danos comunicados entre o 11 de outubro de 2024 e a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.
É requisito imprescindible que se teña previamente comunicado o dano do xeito e no prazo previsto na Orde do 19 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabaril nos cultivos agrícolas e se convocan para o ano 2024.
b) Para os danos comunicados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación da solicitude de axuda será dun mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano ao teléfono 012, de acordo co establecido no artigo 6 desta orde.
Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS PARA AS PERSOAS TITULARES DE TERREOS CINEXÉTICOS ORDNADOS, DESTINADOS AO FOMENTO DA RIQUEZA E XESTIÓN DOS RECURSOS CINEXÉTICOS 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 3 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas ao fomento da riqueza e xestión dos recursos cinexéticos, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT723A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer un réxime de axudas destinadas ás persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia (código de procedemento MT723A).

Entidades beneficiarias
Poderán acollerse a estas axudas tanto as persoas titulares de terreos cinexéticos ordenados (tecor) de Galicia, regulados no artigo 13 da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, como as agrupacións destes que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, fagan unha solicitude conxunta. Neste último caso, os terreos cinexéticos deberán ser estremeiros e estaren situados nunha mesma provincia. Para cada tecor só será admisible unha única solicitude.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

miércoles, 18 de diciembre de 2024

SUBVENCIÓNS Á CREACIÓN ESCÉNICA E A SÚA CONVOCATORIA PARA 2025

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, á creación escénica e a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento CT403B).

Finalidade
Determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción da creatividade escénica, no marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Persoas beneficiarias
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas, así como as sociedades civís e comunidades de bens –ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia–, así como as unións temporais de empresas, que teñan social ou estatutariamente como obxecto ou fin social o desenvolvemento de actividades escénicas que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia e estean dadas de alta nas epígrafes 965 da sección de actividades empresariais ou as agrupacións incluídas na división 01: áreas de teatro e circo ou división 02: área de danza da sección 3 de actividades artísticas e cumpran cos requisitos establecidos nestas bases.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

MODIFICACIÓN.-AXUDAS DESTINADAS Á MELLORA DAS ESTRUTURAS DE PRODUCIÓN DAS EXPLOTACIÓNS AGRARIAS

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 12 de decembro de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G).

lunes, 16 de diciembre de 2024

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DAS AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA EN GALICIA 2024

 Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 12 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das axudas para a adquisición de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento VI501A) e se amplía a dotación orzamentaria das modalidades A e B do citado programa.

SUBVENCIÓNS A FESTIVAIS DO SECTOR AUDIOVISUAL CELEBRADOS EN GALICIA 2025

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a festivais do sector audiovisual celebrados en Galicia e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento CT215B).

Finalidade
Determinar as condicións de concesión en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións establecidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para impulsar o apoio á realización de festivais de cinema de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas e xurídicas privadas legalmente constituídas domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, así como as entidades locais galegas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DE SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA EN GALICIA DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS, 2024

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 29 de decembro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código do procedemento PR937A).

NORMAS DE PESCA NAS AUGAS CONTINENTAIS DE GALICIA DURANTE A TEMPADA 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 4 de decembro de 2024 pola que se establecen as normas de pesca nas augas continentais da Comunidade Autónoma de Galicia durante a tempada de 2025.

CONVOCATORIA PROBAS DE APTITUDE PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE XESTOR ADMINISTRATIVO

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

Requisitos
Para concorreren ás probas de aptitude, as persoas aspirantes deberán posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da publicación da relación de aspirantes declarados «aptos», os seguintes requisitos:
a) Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo, ou dun país que conceda reciprocidade de títulos e dereitos. No caso de cidadáns doutros Estados, as persoas aspirantes deberán acreditar o permiso de residencia en España.
b) Ser maior de idade.
c) Non ter sido condenado a penas que inhabiliten para o exercicio de funcións públicas nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas no ámbito de ningún dos Estados membros da Unión Europea, dos demais signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou dos países con que existan convenios de reciprocidade.
d) Estar en posesión dalgún dos seguintes títulos académicos:
– Licenciatura en Dereito, en Ciencias Económicas, en Ciencias Empresariais ou en Ciencias Políticas, de conformidade co artigo 6.e) do Decreto 424/1963, do 1 de marzo, de aprobación do Estatuto orgánico de xestor administrativo.
– Licenciatura no ámbito das Ciencias Económicas e Empresariais, do Dereito e das Ciencias Políticas que as sucederon no extinto Catálogo de títulos universitarios oficiais de España.
– Máster universitario implantado ao abeiro do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, ou do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, adscrito á rama de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas e vinculado ao campo disciplinar dalgunha das licenciaturas requiridas polo estatuto orgánico.
– Titulación universitaria oficial obtida noutros Estados que acredite a súa equivalencia ao nivel MECES 3 na área de coñecementos das Ciencias Sociais e Xurídicas e vinculados ao ámbito disciplinar dalgunha das licenciaturas requiridas polo estatuto orgánico.

Solicitude
1. As persoas que desexen participar nas expresadas probas de aptitude presentarán a correspondente solicitude, dirixida á persoa titular da Presidencia do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia, conforme o modelo que consta no anexo III.
2. O impreso de solicitude será facilitado polo Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (rúa Durán Loriga, 2, 1º, 15003 A Coruña), e estará á disposición dos interesados na páxina web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (www.ga-galicia.com).

Presentación de solicitudes
As solicitudes deberán presentarse no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, por calquera dos procedementos seguintes:
a) Presentación en soporte papel:
As solicitudes presentaranse na sede do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (rúa Durán Loriga, 2, 1º, 15003 A Coruña) ou nas súas delegacións de Lugo (rúa Bolaño Rivadeneira, 2, entresollado, 27001 Lugo), Ourense (rúa do Concello, 14, entresollado, 34003 Ourense), Pontevedra (rúa Blanco Porto, 9, 1º, 36001 Pontevedra) e Vigo (rúa Montero Ríos, 14, 1º, 36201 Vigo), ou a través das oficinas de Correos mediante envío certificado.
b) Presentación telemática:
As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través da páxina web do Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia (www.ga-galicia.com).



martes, 10 de diciembre de 2024

AXUDAS PARA O DESENVOLVEMENTO DO SECTOR DOS VIDEOXOGOS NA COMUNIDADE AUTONOMA DE GALICIA 2025

 Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento do sector dos videoxogos na Comunidade Autónoma de Galicia para a anualidade 2025 (código de procedemento CT207K).

Finalidade
Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para o desenvolvemento do sector dos videoxogos na Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para o ano 2025.

Persoas beneficiarias
Poderán optar a estas subvencións as empresas e persoas traballadoras autónomas do sector dos videoxogos que conten cunha oficina ou sucursal permanente na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia, polo menos cun ano previo a esta convocatoria.

Así mesmo, as persoas beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DOUE-L-2014-187/1), en función dos seus efectivos, do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AMPLIACIÓN ORZAMENTARIA DAS AXUDAS PARA O FOMENTO DA UTILIZACIÓN DE MAQUINARIA AGRÍCOLA EN RÉXIME ASOCIATIVO EN GALICIA

 Consellería do Medio Rural

ORDE do 2 de decembro de 2024 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas convocadas pola Orde do 7 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento MR351A).

AXUDAS PARA A PREVENCIÓN DOS DANOS QUE CAUSAN DETERMINADAS ESPECIES DE FAUNA SILVESTRE 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 26 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a prevención dos danos que causan determinadas especies de fauna silvestre e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT809D).

Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións agrícolas e/ou gandeiras afectadas polos ataques de especies de fauna silvestre (lobo, oso e xabaril), coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentivará a adquisición de elementos preventivos dos danos que poidan ocasionar estas especies, procedendo á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT809D).

Persoas beneficiarias
1. Liña para a prevención de danos ocasionados polo lobo e oso:
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza Celta, equino e apícola que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
2. Liña para prevención de danos ocasionados polo xabaril:
Poderanse acoller a estas axudas:
a) As persoas físicas ou xurídicas que exercen a actividade agraria e estean inscritas no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga).
b) As explotacións agrarias destinadas ao autoconsumo.

Contía
a) Liña de prevención de danos ocasionados polo lobo: comprenderá ata un importe de un millón oitenta e oito mil setecentos trinta e dous euros (1.088.732 €), que se destinarán para a adquisición e mantemento de cans protectores e defensores do gando, pastores eléctricos e cerrumes móbiles de malla electrificada.
b) Liña de prevención de danos ocasionados polo oso: comprenderá ata un importe de dez mil euros (10.000 €) que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos.
c) Liña de prevención de danos ocasionados polo xabaril: comprenderá ata un importe de catrocentos cincuenta mil euros (450.000 €) que se destinarán para a adquisición de pastores eléctricos.
A repartición anterior aplicarase sen prexuízo de que, unha vez atendidas todas as solicitudes para cada liña de actuación, poida utilizarse o posible orzamento sobrante nunha delas para atender solicitudes na outra.

Subvencionarase a adquisición de:
1. Cans para a protección e defensa do gando: para súa adquisición ata un importe máximo de 300 € por can, para os gastos de mantemento ata 200 € por can.
2. Adquisición de pastores eléctricos. A contía máxima da axuda por explotación é de 600 €.
3. Adquisición de cerrumes móbiles de malla electrificada. A contía máxima da axuda será de 100 € por malla de 50 m, ata un máximo de 8 mallas por explotación.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

AXUDAS A ENTIDADES COLABORADORAS DE PESCA CONTINENTAL PARA O FOMENTO DA RIQUEZA PISCÍCOLA 2025

 Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ORDE do 26 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca continental para o fomento da riqueza piscícola e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MT808A).

Obxecto
Axudas para actividades e investimentos de fomento da riqueza piscícola.

Persoas beneficiarias
Persoas xurídicas que teñan o nomeamento de entidade colaboradora de pesca continental, de conformidade co disposto na Lei 2/2021, do 8 de xaneiro, de pesca continental de Galicia, e no Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda como no momento do pagamento desta.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 9 de diciembre de 2024

FORO DE EMPRENDIMIENTO RURAL 2024

 

🌱 ¡No te pierdas el Foro de Emprendimiento Rural 2024! Conecta, innova y crece 🌟


Te invitamos a ser parte del Foro de Emprendimiento Rural 2024, que se celebrará el 12 y 13 de diciembre en Allariz, Ourense. 

 

Este evento reunirá a emprendedores, instituciones y expertos para debatir sobre las oportunidades y desafíos del emprendimiento en el entorno rural.

 

De acceso totalmente gratuito. La organización pondrá a disposición de los participantes buses lanzadera entre la ciudad de Ourense, con parada en San Lázaro y estación de tren Ourense y el hotel del evento en Allariz para facilitar los desplazamientos.

 

🔹 ¿Qué te espera?

 

  • Ponencias de alto nivel con expertos nacionales e internacionales.
  • Networking con emprendedores, mentores y administraciones públicas.
  • Lanzamiento del Ecosistema Nacional de Apoyo al Emprendimiento Rural.
  • El Premio al Emprendimiento Rural Innovador 2024 con 15.000€ en premios.
  • Talleres, visitas a emprendimientos rurales y una feria de emprendedores.

 

¡Es el evento ideal para conectar, aprender y dar un nuevo impulso a tu proyecto!

 

Te esperamos para construir el futuro del emprendimiento rural.

Saludos,


🔗  Inscríbete ahora

SUBVENCIÓNS PROGRAMA RETORNA CUALIFICA EMPREGO 2025

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 29 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2025 (código de procedemento TR380A).

Obxecto
Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das subvencións destinadas á realización do programa Retorna Cualifica Emprego e convocar estas subvencións para a anualidade 2025.

Entidades beneficiarias
Poderán solicitar as subvencións previstas nesta orde as entidades xurídicas privadas que cumpran os requisitos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e que, ademais, reúnan as seguintes condicións:
a) Que careza de fin de lucro. Considerarase que tamén carecen de fin de lucro aquelas entidades que desenvolvan actividades de carácter comercial, sempre que os beneficios resultantes destas se invistan na súa totalidade no cumprimento dos seus fins institucionais non comerciais.
b) Que teña plena capacidade de obrar e acrediten a seguinte solvencia económica, financeira e técnica ou profesional:
b.1) Solvencia económica e financeira:
i. Ao tratarse de persoas xurídicas, contas anuais depositadas no Rexistro de fundacións ou rexistro correspondente en función da súa natureza ou do seu réxime xurídico. As contas deberán estar asinadas pola entidade concorrente en cada unha das súas follas ou o documento contar con sinatura electrónica do representante legal da entidade.
ii. Se por causa xustificada non é posible achegar as ditas contas, a solvencia económica acreditarase mediante a presentación do balance de situación xunto cun informe bancario.
b.2) Solvencia técnica:
i. Experiencia mínima de dous (2) anos na xestión e desenvolvemento de programas de formación e cualificación para o emprego e de atracción de talento, con financiamento público.
ii. Acreditar un mínimo de compromisos equivalente a 40 postos de traballo con empresa/s con centros de traballo en Galicia que ofrezan postos de traballo vacantes para ofertar as persoas destinatarias do programa Retorna Cualifica Emprego.
c) Que teña experiencia acreditada en actividades de asesoramento e asistencia técnica en procesos de selección de talento. Esta experiencia acreditarase mediante unha relación das actividades realizadas nese ámbito, indicando o tipo ou tipos de postos de traballo obxecto de selección así como, se é o caso, indicando en que países se realizaron e o destinatario público ou privado destes servizos.
d) Que acredite ter capacidade, solvencia, eficacia, experiencia e recursos humanos e materiais para a realización, organización e coordinación das accións do programa Retorna Cualifica Emprego previstas no artigo 3 da presente orde. Para estes efectos, como mínimo, deberá contar cos seguintes recursos:
d.1) Recursos humanos: un/unha prospector/a laboral, un/unha orientador/a laboral, unha persoa titulada media ou superior con experiencia e/ou coñecemento en tramitación de autorizacións administrativas necesarias para residir en España, un/unha técnico/a en selección de recursos humanos e un/unha administrativo/a. Acreditarase mediante unha descrición dos recursos humanos destinados á execución do programa en que deberá constar as titulacións académicas e/ou profesionais, así como a experiencia laboral das ditas persoas.
d.2) Recursos materiais: instalacións para reunións, entrevistas, formación, así como sistemas de comunicación de voz e datos e medios audiovisuais. Acreditarase a través dunha descrición dos recursos materiais de que dispoña a entidade para a realización do programa.

Persoas destinatarias das accións do programa Retorna Cualifica Emprego
1. As persoas destinatarias finais do programa Retorna Cualifica Emprego serán persoas emigrantes de nacionalidade española e orixe galega residentes no exterior, que estean interesadas en integrarse laboralmente en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estar en posesión da nacionalidade española.
b) Ser menor de 55 anos.
c) Residir fóra de España.
d) Acreditar un mínimo de un ano de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data de inicio de participación no programa Retorna Cualifica Emprego.
e) Estar vinculadas a Galicia por algún destes xeitos:
i. Ser emigrante nacido en Galicia.
ii. Ser emigrante non nacido en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante seis (6) anos con nacionalidade española antes de emigrar.
iii. Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.
f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego. Este requisito poderá acreditarse con posterioridade, pero sempre antes de que a persoa formalice o contrato de traballo.
2. Poderán tamén participar nas accións do programa Retorna Cualifica Emprego o resto das persoas integrantes da unidade familiar que, sen reunir os requisitos establecidos no punto 1 do presente artigo, estean tamén en disposición de aceptar un contrato de traballo en Galicia e consonte os requisitos que a normativa que sexa de aplicación exixa (permisos temporais de residencia, de traballo, e calquera outro que sexa necesario). Para os efectos de participar neste programa, considéranse integrantes da unidade familiar do participante que posúa a nacionalidade española, os seguintes:
a) O/a cónxuxe, sempre que non recaese acordo ou declaración da nulidade do vínculo matrimonial, divorcio ou separación legal.
b) A parella coa que se manteña unha relación análoga á conxugal inscrita nun rexistro público establecido para estes efectos e sempre que non se cancelase a dita inscrición, o que deberá ser suficientemente acreditado. As situacións de matrimonio e inscrición como parella rexistrada consideraranse, en todo caso, incompatibles entre si.

Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase transcorridos cinco (5) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e estenderase ata o 20 de xaneiro de 2025, ou ata que se produza o esgotamento do crédito asignado a esta convocatoria. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE VEHICULOS ADAPTADOS A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA(EUROTAXI), VEHÍCULOS TAXI DE EMISIÓNS CERO E VEHÍCULOS TAXI ECO, 2025

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 22 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2025 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF303A).

Obxecto
1. O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo eco.
2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2025 (código de procedemento IF303A). Os prazos serán diferentes para as distintas liñas:
a) Para as liñas de taxi de cero emisións e eco, poderán ser obxecto de subvención os vehículos novos que se adquiran entre o 1 de maio de 2024 e a data establecida nesta orde para xustificar a axuda (31 de outubro de 2025). Porén, esta data límite do 31 de outubro para xustificar só lles será de aplicación a aqueles interesados que reciban a notificación de concesión con posterioridade ao 30 de xuño de 2025, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.
b) Para a liña Eurotaxi, poderán ser obxecto de subvención os seguintes vehículos:
• Os vehículos que xa fosen adquiridos, en calquera momento, e estean adscritos ou non a unha autorización no momento de presentación da solicitude, sempre que manteñan o compromiso de manter a titularidade do vehículo e o seu destino efectivo á actividade de taxi durante, polo menos, cinco (5) anos desde a data da presentación da solicitude da axuda ou, no suposto de non estaren adscritos a unha autorización nese momento, desde a data da súa adscrición.
• Os vehículos novos que se adquiran con posterioridade á presentación da solicitude e a data límite establecida na orde para xustificar a axuda.
A data límite será o 31 de outubro de 2025, pero só para aqueles interesados que reciban a notificación da resolución de concesión con posterioridade ao 30 de xuño de 2025, de conformidade co artigo 18.1 desta orde.
Os solicitantes non poderán ter sido persoas beneficiarias dunha axuda análoga da Xunta de Galicia nos termos indicados no artigo 4.2 c).
3. O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva, de acordo co previsto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes.
Para xeraren dereito á axuda, as autorizacións indicadas no punto anterior deberán axustarse ás seguintes regras:
a) Terán que estar domiciliadas en Galicia.
b) Deberán estar vixentes no momento da presentación da solicitude.
c) Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das cales sexa titular a persoa solicitante, agás no suposto de que a mesma persoa interesada acadase a condición de persoa beneficiaria con base en convocatorias anteriores de axudas efectuadas pola Xunta de Galicia desde o ano 2019, este incluído, para a mesma autorización VT-N, segundo os seguintes criterios:
– Os que obtivesen a condición de persoa beneficiaria na liña para taxi cero emisións non a poderán obter para a mesma liña nin para a liña taxi eco. Do mesmo xeito, os que obtivesen a condición de persoa beneficiaria na liña para taxi eco non a poderán obter para a mesma liña nin para a liña para taxi cero emisións. Non obstante, en ambos os casos, sen prexuízo das obrigas de reintegro que poidan proceder pola subvención outorgada con anterioridade, poderán ser persoas beneficiarias da liña para taxi adaptado (Eurotaxi).
– Os que obtivesen a condición de persoa beneficiaria na liña para taxi adaptado (Eurotaxi) non poderán obter esa condición para ningunha das tres liñas.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 14 de outubro de 2025.

Outros datos
A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado co código de procedemento IF303A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Este modelo irá acompañado, ademais, da documentación relacionada no artigo 6, que necesariamente se deberá anexar en formato electrónico.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN NO ÁMBITO DO TRANSPORTE POR ESTRADA DE GALICIA 2025

 Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 22 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia mediante tramitación anticipada e se convocan para 2025 (código de procedemento IF318A).

Obxecto
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras polas que se rexerá o outorgamento de subvencións da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia (código de procedemento IF318A), ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

Beneficiarios
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan acreditada e recoñecida a súa representatividade no marco do sector profesional por resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, con anterioridade ao vencemento do prazo para presentar as solicitudes previstas nesta orde para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte.
As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue, ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolvan a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.
No caso de asociacións integradas en federacións ou confederacións integradas no Comité Galego de Transporte por Estrada, poderán ser beneficiarias das axudas nos termos indicados nesta orde sempre que a súa propia representatividade conste definida na documentación achegada por federación ou confederación para acreditar a súa propia representatividade.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Outros datos
Para poder ser beneficiario/a das subvencións deberá presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo II a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF318A.
A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do réxime contido nesta orde.
A solicitude irá acompañada, ademais, da documentación a que se fai referencia no artigo 6 que, necesariamente, deberá anexarse en formato electrónico. Para isto, no proceso de presentación electrónica permitirase anexar á solicitude os arquivos informáticos necesarios (en formato pdf, odt, ods, doc, xls, docx, xlsx, jpg, png, tiff e bmp; non obstante, a descrición detallada dos cursos incluídos no plan, a que se refire a letra d) do punto 1 do artigo 6 deberá presentarse necesariamente en formato xls, xlsx ou compatible, e de acordo co modelo facilitado para tal fin pola Dirección Xeral de Mobilidade).

jueves, 5 de diciembre de 2024

CORRECCIÓN ERROS.- FESTAS LABORAIS DE CARÁCTER LOCAL 2025

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 6 de novembro de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2025, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 220, do 14 de novembro, é necesario facer as seguintes correccións:

No anexo III, provincia de Ourense, na páxina 60347, onde di: «83. Viana do Bolo: 5 de marzo, Mércores de Cinza; 18 de agosto», debe dicir: «83. Viana do Bolo: 5 de marzo, Mércores de Cinza; 28 de febreiro».

No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 60348, onde di: «4. Barro: 13 de xuño, festa do Viño; 5 de outubro, romaría de San Breixo», debe dicir: «4. Barro: 13 de xuño, festa do Viño; 3 de outubro, romaría de San Breixo».

No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 60349, onde di: «16. Dozón: 22 de xullo, 2 de setembro», debe dicir: «16. Dozón: 21 de xullo, Luns da Virxe do Carme; 8 de setembro, Luns da Pena de Francia».

No anexo IV, provincia de Pontevedra, na páxina 60350, onde di: «35. Nigrán: 24 de xuño, San Xoán; 24 de agosto, San Roque Camos», debe dicir: «35. Nigrán: 24 de xuño, San Xoán; 1 de agosto, San Fiz».

MODIFICACIÓN.- PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN E INCENTIVACIÓN DO CONSUMO NOS COMERCIOS RETALLISTAS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA A TRAVÉS DOS BONOS ACTIVA COMERCIO

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 4 de decembro de 2024 pola que se amplía a dotación orzamentaria e se modifica a Orde do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Artigo 1. Ampliación da dotación orzamentaria prevista na Orde do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B)

Amplíase a dotación orzamentaria prevista na antedita orde de convocatoria do Programa bonos Activa comercio. O incremento da dotación será de 2.500.000,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 44.06.751A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Unha vez efectuado este incremento, o importe total da segunda convocatoria do Programa bonos Activa comercio para o ano 2024 ascenderá a 5.000.000,00 €. Por conseguinte, as referencias feitas ao orzamento do programa nos artigos 3.1, 13.4, 16.3 e 17 das bases reguladoras deben entenderse referidas ao importe total de 5.000.000,00 €.

Artigo 2. Modificación da Orde do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B)

Modifícase o artigo 17 das bases reguladoras, que queda redactado nos seguintes termos:
«Os bonos estarán dispoñibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 9 de decembro ás 9.00 horas ata o 31 de decembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance os 5.000.000,00 €.

Mediante orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración poderanse modificar as anteditas datas se razóns organizativas ou doutra índole así o aconsellan, do que se dará a oportuna publicidade».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

FIN DO PROCEDEMENTO DAS AXUDAS Á CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIARA E LABORAL POR REDUCIÓN DA XORNADA DE TRABALLO 2024

 Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de novembro 2024, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a Resolución do 26 de novembro de 2024 que pon fin ao procedemento de concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento SI440A).

miércoles, 4 de diciembre de 2024

(E-MARTES) SOBRE O REXISTRO ELECTRÓNICO NA XUNTA DE GALICIA

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Data: o martes 17 de decembro de 2024.
Horario: de mañá e tarde.
Modalidade de impartición: presencial.
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP); rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas
Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só se poderá realizar por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizaren a súa inscrición nesta actividade, todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e cos requisitos de selección establecidos nas bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica», para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía», no caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade (Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa) e despois seleccionar en «nome do curso» a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre o rexistro electrónico na Xunta de Galicia.
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata as 23.59 horas do día 11 de decembro de 2024.
Poderá obterse calquera outra información, das 9.00 ás 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.

FIN DO PROCEDEMENTO DE CONCESIÓN DE AXUDAS DO PROGRAMA EMEGA 2024

 Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2024, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se publica a Resolución do 26 de novembro de 2024 que pon fin ao procedemento de concesión das axudas do programa Emega para o fomento do emprendemento feminino en Galicia, convocadas pola Orde do 13 de agosto de 2024, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento SI429A).

jueves, 28 de noviembre de 2024

SUBVENCIÓNS PARA BOLSAS E AXUDAS PARA PERSOAS TRABALLADORAS DESEMPREGADAS QUE PARTICIPEN EN ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL

 Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 13 de novembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de subvencións para a concesión directa de bolsas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, competencia deste departamento, ou de formación no traballo do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal correspondentes aos exercicios 2024 e 2025 (código de procedemento TR301V).

Obxecto, finalidade e ámbito de aplicación
1. A orde ten por obxecto regular o réxime da concesión directa de subvencións por parte da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en concepto de bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de Formación Profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal, financiadas por esta consellería.
Non se inclúe no ámbito de aplicación desta orde a formación impartida nos programas integrados de emprego, nos obradoiros de emprego ou nas accións formativas financiadas con fondos procedentes do Mecanismo para a recuperación e resiliencia.
2. Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións, referidas ás accións formativas que se inicien no período comprendido entre o 1 de decembro de 2024, día da entrada en vigor desta orde, e o 31 de outubro de 2025 (ambos incluídos).

Persoas beneficiarias
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións en concepto de bolsas e axudas obxecto da presente convocatoria as persoas traballadoras desempregadas que participen nas accións formativas recollidas no artigo 1 e que reúnan os requisitos exixidos con carácter xeral nesta orde, así como os particulares establecidos para cada tipo de bolsa ou axuda.
2. Para os efectos do indicado no punto 1 deste artigo, terán a consideración de persoas traballadoras desempregadas aquelas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia con situación laboral como non ocupadas, na data de validación da acta de selección do alumnado polas oficinas de emprego.
Tamén poderán obter a condición de beneficiarias as persoas traballadoras que, tendo a condición laboral de ocupadas no momento de validación da acta de selección polas oficinas de emprego naqueles procedementos e supostos en que estea permitida a participación de persoas traballadoras ocupadas, adquiran a condición de persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia durante o período de desenvolvemento da acción formativa.
Neste caso, só terán dereito a percibir as axudas que lles poidan corresponder desde o primeiro día do mes seguinte a aquel en que adquiran a condición de persoa desempregada. No suposto de que desapareza o feito causante, perderase o dereito a percibir a axuda a partir do primeiro día do mes seguinte a aquel en que teña lugar esta situación.
A persoa beneficiaria debe comprometerse a manter os requisitos que lle permiten o acceso á subvención durante todo o período de tempo inherente ao recoñecemento de tal dereito, de tal maneira que, se deixase de cumprilos, estará obrigada a comunicalo por escrito ao órgano competente para resolver, no prazo de cinco días hábiles desde que se produza tal circunstancia.

Tipoloxía de bolsas e axudas
As tipoloxías de bolsas e axudas reguladas por esta orde son as seguintes:
• Bolsas de asistencia para os seguintes colectivos:
◦ Persoas con discapacidade recoñecida en grao igual ou superior ao 33 %.
◦ Membros integrantes dunha familia numerosa.
◦ Membros integrantes dunha familia monoparental.
◦ Vítimas de violencia de xénero.
• Axudas por participar na acción formativa:
◦ Para transporte público, urbano e interurbano.
◦ Para transporte en vehículo propio.
◦ Para manutención.
◦ Para aloxamento e manutención.
◦ Para conciliación.

Prazo de presentación de solicitudes
A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa, ou desde que teña lugar o feito causante que determina o dereito.
A presentación da solicitude fóra de prazo dará lugar á súa inadmisión sen máis trámites.

Forma e lugar de presentación das solicitudes
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado do anexo I, procedemento TR301V, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Data de entrada en vigor da orde
A orde entrará en vigor o día 1 de decembro de 2024.

martes, 26 de noviembre de 2024

(E-MARTES) SOBRE SISTEMAS DE CONTRATACIÓN PÚBLICA

 Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2024 pola que se convoca, no marco da iniciativa Universo EGAP Innova, a Xornada de formación práctica dixital (e-martes) sobre sistemas para a contratación pública.

Contidos
A xornada de formación práctica dixital (E-martes), que se desenvolverá o día 10 de decembro de 2024, abordará os seguintes contidos:
• A plataforma de contratos públicos de Galicia (CPG).
• Como facer unha presentación electrónica das ofertas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex).
• O xestor de expedientes de contratación (Plation).
• Como darse de alta no Rexistro Xeral de Contratistas (RXC).
• Como presentar unha factura electrónica a través do Sistema electrónico de facturación (SEF) da Xunta de Galicia.
Os dous grupos de persoas destinatarias participarán de xeito conxunto na parte teórica da formación, que na súa parte práctica se adaptará aos requirimentos específicos de cada grupo de persoas destinatarias.

Persoas destinatarias
As persoas destinatarias desta actividade son:
• O persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional. Neste grupo de persoas destinatarias priorizarase a inscrición daquelas persoas solicitantes que poidan xustificar debidamente que as súas funcións están directamente relacionadas coa materia impartida.
• A cidadanía: profesionais e persoas interesadas na materia impartida.

Desenvolvemento
Data: o martes 10 de decembro de 2024.

Modalidade de impartición: presencial.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Horario: de mañá e tarde.

Duración: 7 horas lectivas.

Número de prazas

Cincuenta (50).

Inscrición
1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
2. Antes de formalizar a súa inscrición nesta actividade todas as persoas deberán introducir ou actualizar os datos da súa área de matrícula, de acordo coas persoas destinatarias e requisitos de selección establecidos na bases terceira e oitava, respectivamente. En concreto, deberán indicar correctamente o colectivo de persoas destinatarias ao cal pertencen («Administración autonómica»: para o persoal empregado público da Administración autonómica galega, dos seus entes públicos instrumentais e da Administración institucional, ou «cidadanía»: para o caso de non ser persoal empregado público).
3. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas da actividade solicitada e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
4. As persoas interesadas deberán seleccionar primeiro a área en que está integrada esta actividade («Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa») e despois seleccionar en «Nome do curso» a «Xornada de formación práctica dixital (E-martes) sobre sistemas para a contratación pública».
5. O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 3 de decembro de 2024.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 9.00 horas ata as 14.00 horas, nos teléfonos 981 54 62 39 e 981 54 62 41.