viernes, 28 de abril de 2023

INFORMACIION XUVENIL: SEMANA DO 21 AO 28 DE ABRIL

 



 







Subliña o bo trato, risca o maltrato

 

Ata o 2 de maio pódese solicitar praza nos Campamentos de verán... e a partir do mesmo día 2 de maio pódese solicitar praza nos Campos de voluntariado doutras comunidades autónomas...

Acción de Verán

 







Axudas aos concellos para formación e contratación de mocidade

 









Axudas para a realización de actividades no capítulo de Mocidade do Programa «Erasmus+»

 









Axudas para a realización de actividades do Programa Corpo Europeo de Solidariedade

 







O TDAH e a Universidade

 








Adiccións e Mocidade

 










Benestar emocional da mocidade

 





Pornografía e adolescencia

 












Curso de Organización do Transporte e Distribución

 








A túa Carreira Dixital: curso de márketing dixital

  










Bolsas MAEC-AECID para capacitación de mozos e mozas

 

 









Boletín de bolsas, axudas e subvencións

 

 









Bolsas de Investigación e Formación no Museo do Prado

 


 

 










Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo

 






Talento audiovisual galego, axudas á creación audiovisual

 


 


 










Actividades durante o mes de Maio nas Casas da Mocidade de Oleiros.

 



 










Desactiva os teus prexuízos. Pénsao outra vez

 








Certame de Poesía e Microrrelato do Concello de Cabanas

 







VersionaThyssen XVI

  












Palabras de amor: #140enpositivo

 


 





Concurso de microvídeos "De fronte á violencia de xénero"

 


 






Concurso de bandas "Sons Mans"

 










Ofertas de emprego

EVENTOS PARA PYMES, AUTÓNOMOS Y EMPRENDEDORES

 En el mes de mayo os invitamos desde la Oficina Acelera Pyme Rural Asime Lugo a dos eventos de interés para pymes, autónomos y emprendedores de la provincia de Lugo. Como siempre, todas nuestras actividades son gratuitas y abiertas al público. Es necesario inscribirse, con aforo limitado. Adjunto los banners de los eventos.

 

  1. El día 2 de mayo de 16.00 a 19.00hs organizaremos una demostración gratuita de las Herramientas de gestión y optimización en el Hotel Restaurante Roma en Sarria. Las personas interesadas podrán asistir en cualquier momento durante la duración de la demostración, pero se solicita inscripción previa por límites de aforo. Las pymes podrán ver en persona como funcionan diferentes herramientas de Gestión de clientes (CRM), Gestión empresarial (ERP), Oficina Digital, Pasarela de pago y la Oficina sin papeles.

 

Más información aquí: https://lnkd.in/dYBj5asW

            Inscripción: https://lnkd.in/dgud2RfQ

 

  1. El día 3 de mayo a las 16.00hs organizamos una jornada gratuita con el título “Descubre cómo el diseño web y el SEO pueden impulsar tu negocio online”, en la Casa de la Cultura de Sarria.

 

Más información aquí: https://lnkd.in/gPEtG-7D

Inscripción: https://lnkd.in/g7SDciH3

 


 



martes, 25 de abril de 2023

EVENTOS PARA PYMES, AUTÓNOMOS Y EMPRENDEDORES DE LA PROVINCIA DE LUGO

En los meses de abril y mayo os invitamos desde la Oficina Acelera Pyme Rural Asime Lugo a dos eventos de interés para pymes, autónomos y emprendedores de la provincia de Lugo. Como siempre, todas nuestras actividades son gratuitas y abiertas al público. Es necesario inscribirse, con aforo limitado. Adjunto los banners de los eventos.

 

  1. El día 27 de abril a las 18.00hs organizaremos una jornada divulgativa con el título: Pymes en la era digital: cómo aprovechar las oportunidades de la presencia web en colaboración con la empresa CT Galega en el hotel Parador de Monforte de Lemos.

 

Más información aquí: https://bit.ly/43VTJur

Inscripción: https://bit.ly/3oFIC8U

 

  1. El día 2 de mayo a las 11.00hs organizamos una visita guiada a la empresa Cafés Candelas, en el Polígono Industrial O Ceao, Lugo.

 

Más información aquí: https://bit.ly/3ApjN3u

Inscripción: https://bit.ly/3n71tJn

 

Estamos a vuestra disposición para cualquier duda o consulta adicional.

 

Muchas gracias y un saludo,

 



 

jueves, 13 de abril de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 

Gerocultor/a interno/a

Grupo Arestora | Ribeira, Lugo |

Buscamos un/a GEROCULTOR/A INTERNO/A, con experiencia en el CUIDADO de PERSONAS MAYORES, para para trabajar en un DOMICILIO particular, en la zona del BARBANZA.

SE OFRECE:

* TURNOS ROTATIVOS.
* Interesante remuneración (total del mes, a jornada completa).
* Seguro a jornada completa.
* Puesto ESTABLE. Contrato INDEFINIDO.FUNCIONES:

* Asistencia a domicilio y CUIDADO de la PERSONA.
* Apoyo o supervisión para facilitar la realización de las actividades cotidianas.
* ACOMPAÑAMIENTO en su día a día.

Requisitos mínimos:

* Experiencia constatada realizando ASISTENCIA DOMICILIARIA en el CUIDADO de PERSONAS de la TERCERA EDAD.
* Aportar referencias laborales.
* Valorable formación en el área de asistencia a personas (auxiliar en clínica, gerocultor/a, etc. ).
* Disponibilidad horaria y posibilidad de realizar el trabajo de forma INTERNA.
* Exclusividad en la prestación de servicios.
* Residencia en la zona del Barbanza y/o con posibilidad de traslado a la zona.

https://insertia.net/ver-oferta/d4bf5abd-8ec4-402f-a3fa-3b47e4e34b31 

SUBVENCIÓNS ÁS GALERIAS DE ARTE PARA A PARTICIPACIÓN EN FEIRAS E MERCADOS DE ARTE FÓRA DE GALICIA 2023

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 31 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás galerías de arte para a participación en feiras e mercados de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT215C).

Finalidade
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras do procedemento de concesión de axudas ás galerías de arte, que desenvolvan a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma galega, para facilitar a súa participación en feiras e eventos do sector que teñan lugar no ano 2023 fóra da comunidade (código de procedemento CT215C).
2. Para os efectos das presentes bases, enténdense como galerías de arte as persoas físicas ou xurídicas que teñan como actividade principal a exposición aberta ao público de obras de arte cunha finalidade comercial. A Dirección Xeral de Cultura poderá solicitar a acreditación desta circunstancia, de consideralo necesario.

Persoas beneficiarias
1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e criterios que se establecen, poderán ser beneficiarias das axudas convocadas pola presente orde as persoas físicas ou xurídicas, dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais de carácter privado, titulares de galerías de arte, que desenvolvan as súas actividades no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpran cos seguintes requisitos:
a) Ter asistido e participado nunha feira ou mercado de arte fóra da Comunidade Autónoma de Galicia entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2022.
b) Estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na actividade para a que solicitan a subvención.
c) Inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado.
d) Acreditar a relación dos asistentes coa empresa, mediante contrato ou declaración do titular da empresa beneficiaria.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarios das axudas recollidas nesta orde aquelas persoas ou entidades solicitantes en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será de un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.




Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. A solicitude irá dirixida á Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

SUBVENCIÓNS PARA PROMOVER O AUTOEMPREGO E A ACTIVIDADE EMPRENDEDORA EN GALICIA DAS PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS 2023

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas emigrantes galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR937A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega que se establezan como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia (código de procedemento PR937A).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 29 de setembro de 2023.

CORRECCIÓN DE ERROS.- SUBVENCIÓNS DO PROGRAMA DE AXUDAS ECONÓMICAS INDIVIDUAIS PARA PERSOAS RESIDENTES NO EXTERIOR PARA 2023

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

CORRECCIÓN DE ERROS. Extracto da Resolución do 22 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2023 (código de procedemento PR925A).

miércoles, 12 de abril de 2023

OFERTA DE EMPREGO

 

Administrativo/a

Faster | Mos, Lugo |

Faster Empleo selecciona, para empresa ubicada en Mos, a un/a administrativo/a para su departamento de gestión nacional. Se ofrece contrato a jornada completa. Incorporación inmediata.

Sus funciones principales serán:

- Tareas administrativas facturación, albaranes, etc.

- Atención y trato con clientes y proveedores

- Gestión de archivo y documentación

- Apoyo al departamento internacional

Requisitos mínimos:
Los requisitos mínimos exigidos, son;

- Formación en Ciclo Superior de Administración y Finanzas, Ade o similar.

- Experiencia en las tareas descritas

- Buen manejo de herramientas de ofimática

- Proactividad, empatía, trabajo en equipo

- Buen nivel de inglés, valorable francés.

https://insertia.net/ver-oferta/2f2ac43f-e333-4d93-afc9-52506f1e8c38

PROGRAMA DE AVAIS PARA A MOCIDADE 2023

 INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras do Programa de avais para a mocidade, se dá publicidade ao convenio que asinarán este instituto e as entidades financeiras para a concesión destes avais e se procede á convocatoria do programa para o ano 2023 (código de procedemento VI402B).

Obxecto
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar o programa de avais para a mocidade e dar publicidade ao convenio que asinarán o Instituto Galego da Vivenda e Solo (en adiante, IGVS) e as entidades financeiras para a concesión destes avais.
2. Así mesmo, por medio desta resolución convócase este programa para a anualidade 2023 (código de procedemento VI402B) .
3. A concesión das garantías outorgadas en virtude desta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na correspondente convocatoria.

Requisitos para poder ser persoa beneficiaria do programa
1. Para poder ser beneficiaria do programa é preciso que na data da presentación da solicitude se cumpran os seguintes requisitos:
a) Que a persoa solicitante, que deberá ser quen vaia adquirir a vivenda, posúa a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea. En caso de persoas estranxeiras provenientes de países terceiros, estas deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
b) Que a persoa solicitante sexa maior de idade e teña menos de trinta e seis anos. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
c) Que a persoa solicitante estea empadroada en Galicia. No suposto de que a vivenda sexa adquirida por máis dunha persoa, todas elas deberán cumprir este requisito.
d) Que a persoa solicitante dispoña duns ingresos mínimos de 2 veces o IPREM e uns ingresos máximos de 5,5 veces o IPREM. A devandita porcentaxe máxima será do 6,5 veces o IPREM, se a vivenda é adquirida por máis dunha persoa.
Para estes efectos, partirase da contía da base impoñible xeral e do aforro, reguladas nos artigos 48 e 49, respectivamente, da Lei 35/2006, do 28 de novembro, do imposto sobre a renda das persoas físicas (en diante, IRPF), correspondentes aos datos fiscais da/das persoa/s solicitante/s, relativos ao período impositivo que se determine na correspondente convocatoria.
2. Así mesmo, para a obtención do aval é preciso que concorran os seguintes requisitos:
a) Que a vivenda para a cal se outorga a garantía estea situada na Comunidade Autónoma de Galicia e vaia ser destinada a residencia habitual e permanente da/das persoa/s adquirente/s durante, cando menos, todo o período en que estea vixente a garantía.
b) Que o prezo de adquisición da vivenda, sen os gastos e tributos inherentes á adquisición, non supere os prezos de adquisición, segundo as zonas territoriais fixadas no anexo II onde se localice a vivenda:
− Concellos correspondentes ao ámbito territorial de prezo máximo superior: 240.000 euros.
− Concellos correspondentes á zona territorial 1: 180.000 euros.
− Concellos correspondentes á zona territorial 2: 130.000 euros.
3. Non se outorgará a garantía cando a vivenda que se pretende adquirir non vaia constituír a primeira vivenda en propiedade da/s persoa/s adquirente/s. Tampouco se outorgará o aval cando a/as persoa/s adquirente/s sexan propietarios/as ou usufrutuarios/as dunha vivenda en España. Exceptuarase este requisito nos seguintes casos:
a) Cando o dereito recaese unicamente sobre unha parte alícuota da vivenda e se adquirise por herdanza ou mediante transmisión mortis causa sen testamento.
b) Cando non se dispoña da vivenda por causa de separación ou divorcio, situacións catastróficas ou situacións de violencia de xénero ou ameaza/vítima de terrorismo.
c) Cando a vivenda resulta inaccesible por situacións sobrevidas de dependencia ou discapacidade da/das persoa/s adquirente/s da vivenda ou dalgún dos membros da súa unidade de convivencia, cun grao de discapacidade recoñecido oficialmente igual ou superior ao 33 %.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 28 de abril e rematará o 30 de novembro de 2023 e, en todo caso, no momento do esgotamento do importe máximo de avais que se concedan no ano 2023, que se fixa en cinco millóns de euros. O dito esgotamento, caso de producirse antes do 30 de novembro de 2023, farase público no DOG mediante resolución da persoa titular do IGVS.

AXUDAS 2023 PARA ACTIVIDADES DE CONFEDERACIÓNS E FEDERACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO E DAS ASOCIACIÓNS DE NAIS E PAIS DO ALUMNADO DE CENTROS DE EDUCACIÓN ESPECIAL

 CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

ORDE do 24 de marzo de 2023 pola que se convocan axudas para o ano 2023 co fin de financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial (código de procedemento ED507A).

Obxecto
As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, da adquisición de material non inventariable e do mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2023.

Beneficiarias
As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

lunes, 10 de abril de 2023

SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS DE ACCIÓN HUMANITARIA NO EXTERIOR 2023

 VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES

ORDE do 24 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento PR811A).

Obxecto
Estas bases regulan a concesión de subvencións ás organizacións non gobernamentais para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior (código de procedemento PR811A).
Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte a iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés), aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises –provocadas por seres humanos ou por desastres naturais–, así como os destinados á prevención e reforzo da capacidade de resposta e a resiliencia para cando se produzan estas situacións.
A acción humanitaria inclúe a protección de vítimas, así como a provisión de auga, comida, saneamento, refuxio, atención sanitaria e outros tipos de asistencia, emprendidos a favor das persoas afectadas, para facilitar o retorno á vida normal e aos seus medios de vida e sustento; tamén incorpora a redución e prevención do risco de desastres.
Así mesmo, no actual contexto da pandemia provocada pola COVID-19, considerarase fundamental reforzar os sistemas de saúde a través da provisión de recursos materiais, infraestruturas adaptadas, protocolos de actuación e formación e apoio psicosocial para persoal de saúde, para rematar coa transmisión do virus e prever e tratar futuras crises sanitarias e pandemias; reforzar os sistemas de protección social, promover o exercicio dos dereitos sociais básicos e mitigar o impacto socioeconómico desta crise.

Entidades beneficiarias
As entidades beneficiarias da concesión de subvencións serán as organizacións non gobernamentais que estean inscritas na sección A: organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, e que teñan entre os seus fins o desempeño de actuacións de acción humanitaria ou que demostren contrastada experiencia neste sector.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

AXUDAS EXTRAORDINARIAS A PERSOAS EMIGRANTES GALEGAS RETORNADAS 2023

 PRESIDENCIA DA XUNTA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PR905A).

Obxecto
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións da Secretaría Xeral da Emigración que teñen por finalidade a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas, dirixidas a persoas emigrantes galegas retornadas que carezan dos recursos suficientes, para axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios da unidade familiar derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento PR905A).

Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes persoas que, residindo fóra de España con nacionalidade española, establezan a súa residencia na Comunidade Autónoma galega:
a) As persoas galegas e nacidas en Galicia.
b) Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal das persoas galegas e nacidas en Galicia.
c) Os/as descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 29 de setembro de 2023, incluído.